- Los siete ediles renunciarán a su acta y recurrirán la sentencia
- Aprobaron pagar con dinero público al abogado de un edil imputado
- El abono no se materializó porque el imputado lo rechazó, tras haberlo pedido
A sociedade galega, coma toda a española, viuse sorprendida na mañá deste luns polo anuncio da abdicación do Rei Don Xoán Carlos e a conseguinte posta en marcha do mecanismo sucesorio, para que sexa o Príncipe Felipe quen ocupe o trono. As primeiras valoracións recoñecen o papel do Monarca na consolidación da nosa democracia, aínda dependendo de matizacións políticas // 9 anos de inhabilitación para os 7 concelleiros de Santiago por prevaricar ao aprobar pagarlle con fondos públicos a defensa doutro edil, acusado na operación Pokemon. A sentenza establece que actuaron de xeito arbitrario para beneficio particular dun compañeiro. Os grupos da oposición reclaman que abandonen a corporación de inmediato. O PP di que espera añinda coñecer os detalles do fallo xudicial // A Coruña seguirá esta tarde celebrando a volta do Dépor a Primeira. 02/06/14
A Coruña é estes días a capital da seguridade marítima mundial. Hoxe recibiu a visita da princesa Ana de Inglaterra. Asistiu a conferencia de axudas á navegación, a IALA que reúne a 600 expertos na seguridade na navegación de todo o mundo // A Axencia de cualificación de débeda STANDARD & POOR'S mellora a consideración de Galicia, e mesmo prevé un crecemento da nosa economía para este ano unha décima superior ao establecido pola Xunta. Calcula que neste 2014 a actividade medrará un 1,3%. A cualificación de Galicia establécea no nivel tres Bs POSITIVO, igual que a da media de España // Un punto separa o Dépor do retorno a Primeira. Os siareiros coruñeses, encherán mañá Riazor, fronte ao Jaén, e agardan que os xogadores superen o bache de xogo. 30/05/14
A Coruña é estes días a capital da seguridade marítima mundial. Hoxe recibiu a visita da princesa Ana de Inglaterra. Asistiu a conferencia de axudas á navegacion, a IALA que reúne a 600 expertos na seguridade na navegación de todo o mundo // A Axencia de cualificación de débeda STANDARD & POOR'S mellora a consideración de Galicia, e mesmo prevé un crecemento da nosa economía para este ano unha décima superior ao establecido pola Xunta. Calcula que neste 2014 a actividade medrará un 1,3%. A cualificación de Galicia establécea no nivel tres Bs POSITIVO, igual que a da media de España // Un punto separa o Dépor do retorno a Primeira. Os siareiros coruñeses, encherán mañá Riazor, fronte ao Jaén, e agardan que os xogadores superen o bache de xogo. 30/05/14
A Coruña é estes días a capital da seguridade marítima mundial // A Axencia de calificación de débeda STANDARD & POOR'S mellora a consideración de Galicia // Un punto separa o Dépor do retorno a Primeira. 30/05/14
Mellora o tempo. A entrada do aire anticiclónico vai ir propiciando o descenso da nubosidade e a suba das temperaturas. 30/05/14
Empezan a disolverse as plataformas creadas polos afectados polas participacións preferentes, logo de tres anos de reclamacións. Hoxe escenificou a súa desaparición a da Coruña. Os seus 400 membros aseguran que recuperaron practicamente todos os seus aforros // O PIB galego medrou un 0.2% no primeiro trimestre deste ano, con respecto ao mesmo período de 2013. É a primeira vez en tres anos, que se rexistran cifras positivas interanuais // Vellas glorias do celtismo xogarán hoxe en Vigo un partido para apoiar a candidatura das Illas Cíes coma Patrimonio da Humanidade. Saltarán ao céspede, nomes tan grandes do clube, como Patxi Salinas,Gustavo López ou Karpin. 29/05/14
Empezan a disolverse as plataformas creadas polos afectados polas participacións preferentes, logo de tres anos de reclamacións. Hoxe escenificou a súa desaparición a da Coruña. Os seus 400 membros aseguran que recuperaron practicamente todos os seus aforros // O PIB galego medrou un 0.2% no primeiro trimestre deste ano, con respecto ao mesmo período de 2013. É a primeira vez en tres anos, que se rexistran cifras positivas interanuais // Visto para sentenza en Lugo o xuízo pola retirada de multas. O fiscal rebaixou a súa petición de penas para o ex subdelegado do goberno na cidade, de 7 a un ano e medio de cadea. Retirou a acusación o alcalde de Pedrafita, e mantén unha petición de penas similares para o ex xefe de trafico en Lugo. 29/05/14
Empezan a disolverse as plataformas creadas polos afectados polas participacións preferentes, logo de tres anos de reclamacións // O PIB galego medrou un 0.2% no primeiro trimestre deste ano, con respecto ao mesmo período de 2013 // Visto para sentenza en Lugo o xuízo pola retirada de multas. 29/05/14
Seguimos con inestabilidade peso a proximidade do anticiclón do Atlántico fará que o tempo vaia mellorando, nas próximas xornadas. 29/05/14
A xunta vai destinar cartos para ampliar o servizo de axuda no fogar a outras 500 persoas dependentes. O consello tamén aprobou un plan para que 600 beneficiarios da Renda de integración social (Risga) consigan un traballo. A mesma reunión deulle o visto e prace ao plan antiincendios deste verán, que pretende reducir o numero de lumes e de danos, e aumentar a investigación das causas // Rematou a comparecencia ante o xuíz dos once exdirectivos do ADIF que xestionaban ao administrador ferroviario no momento no que entrou en servizo a vía de Santiago na que, o pasado verán descarrilou o Alvia // En Narón continúan as investigacións para dar co dono da serpe que mordeu a unha veciña cando estaba no baño da súa casa. Hoxe mesmo a policía local pediu máis documentación a unha tenda de mascotas da vila para poder dar co dono da serpe. 28/05/14
A xunta vai destinar cartos para ampliar o servizo de axuda no fogar a outras 500 persoas dependentes. O consello tamén aprobou un plan para que 600 beneficiarios da Renda de integración social (Risga) consigan un traballo. A mesma reunión deulle o visto e prace ao plan antiincendios deste verán, que pretende reducir o numero de lumes e de danos, e aumentar a investigación das causas // O prezo medio da vivenda segue a baixar en Galicia e situase en case 1.200 euros por metro cadrado. A maior caída no prezo dos inmobles no último ano rexistrouse en Lugo, con descensos superiores ao 10% // 719 millóns de euros son as perdas coas que rematou o ano pasado Pescanova. A multinacional pesqueira acumula un burato patrimonial de máis de 2.200 millóns. Son os últimos datos aportados pola administración concursal á Comisión Nacional do Mercado de Valores. 28/05/14
A xunta vai destinar cartos para ampliar o servizo de axuda no fogar a outras 500 persoas dependentes // O prezo medio da vivenda segue a baixar en Galicia e situase en case 1.200 euros por metro cadrado // 719 millóns de euros son as perdas coas que rematou o ano pasado Pescanova. 28/05/14
Seguimos con tempo húmido e frío, pero menos. Hoxe as temperaturas mínimas subiron algo e as máximas vanse aproximando timidamente cara os 20 graos. 28/05/14
A Xunta vai intensificar a vixilancia contra incendios nesas 79 parroquias que, nos últimos 5 anos rexistraron un número sospeitosamente alto de incendios. Tamén quere potenciar a concienciación dos veciños contra o lume // Renunciou ao seu cargo Adrián Varela, o xove concelleiro de Santiago imputado na operación Pokemon. O anuncio prodúcese despois de que sete dos seus compañeiros foran xulgados, acusados dun presunto delicto de prevaricación por ter votado a favor de que o concello lle pagase o avogado // Preocupación entre aforradores da Costa da Morte, na Coruña, temerosos polo destino dos seus cartos. Sospeitan que un axente de banca que traballa na zona de Laxe puido desviar de xeito irregular os fondos que lle confiaran. 27/05/14