Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A borrasca que nos está a afectar deixou xa intensas precipitacións. Na zona coruñesa de Boiro acadáronse os 70 litros por metro cadrado. En Cedeira, tamén na costa coruñesa, o vento superou os 130 km/hora e as temperaturas baixaron dez graos, respecto ás que tiñamos hai unha semana // Arden dúas casas en Betanzos esta madrugada. Ao parecer un cepo de madeira que quedou prendido toda a noite nunha lareira, puido ser a causa do lume. Hai dous feridos leves entre eles a filla do dono das vivendas // O tamaño dos barcos que constrúen os estaleiros galegos estalles a impedir aproveitar os beneficios fiscais do novo Tax Lease, autorizado pola Unión Europea.  Mentres os vascos están a fabricar xa buques duns 40 millóns de custe, os de Vigo aínda non conseguiron ningún contrato novo con este sistema. 03/11/14

A borrasca que nos está a afectar deixou xa intensas precipitacións. Na zona coruñesa de Boiro acadáronse os 70 litros por metro cadrado. En Cedeira, tamén na costa coruñesa, o vento superou os 130 km/hora e as temperaturas baixaron dez graos, respecto ás que tiñamos hai unha semana // O consello de contas pide mais medios e material para poder previr a corrupción, no caso de que este órgano fiscalizador do sector publico asuma ese novo cometido // A busca de saídas laborais está a mudar a demanda de estudos superiores. Cada vez son máis os que optan pola formación profesional. A FP duplicou o número de alumnos nos últimos cinco anos chegando aos cincuenta mil. 03/11/14

A borrasca que nos está a afectar deixou xa intensas precipitacións // O consello de contas pide mais medios e material para poder previr a corrupción // A busca de saídas laborais está a mudar a demanda de estudos superiores. Cada vez son máis os que optan pola formación profesional. 03/11/14 

Precipitacións xeneralizadas e descenso das temperaturas. Ese é o resumo do prognóstico do tempo. Pola noite, as chuvias quedarán en forma de chuvascos  intermitentes. 03/11/14

A Xunta confirma o interese da multinacional Gestamp por establecer en Ferrol unha factoría de torres para aeroxeneradores mariños. Aproveitaría instalacións de Navantia agora sen uso. De materializarse, o proxecto suporía un investimento de 100 millóns de euros e a creación duns 700 postos de traballo // Os cemiterios de toda Galicia reciben hoxe os útimos retoques para os días do ano nos que reciben máis visitas. A colocación das flores nos nichos e panteóns é outra das esceas que se repiten por toda a nosa xeografía. Rosas e crisantemos son as máis demandadas, nunha data na que soben considerablemente de prezo // 3 persoas están ingresadas, en estado grave, en Ourense, debido á inxestión de cogomelos velenosos. Trátase dun matrimonio e o seu fillo, veciños de Seixalbo. Foron hospitalizados, logo de consumir algún exemplar do xénero Amanitas. Teñen moi danados o fígado e os riles. 31/10/14

Os cemiterios de toda Galicia reciben hoxe os últimos retoques para os días do ano nos que reciben máis visitas. A colocación das flores nos nichos e panteóns é outra das escenas que se repiten por toda a nosa xeografía. Rosas e crisantemos son as máis demandadas, nunha data na que soben considerablemente de prezo // A Xunta confirma o interese da multinacional Gestamp por establecer en Ferrol unha factoría de torres para aeroxeneradores mariños. Aproveitaría instalacións de Navantia agora sen uso. De materializarse, o proxecto suporía un investimento de 100 millóns de euros e a creación duns 700 postos de traballo // Riazor prepárase para recibir ao Getafe esta noite. O Dépor quere aproveitar a boa racha que lle permitiu sumar puntos nos dous últimos encontros e manterse alonxados da parte baixa da táboa. Mentres, o Celta xa está en Barcelona onde adestrará esta tarde antes do difícil compromiso de mañá ante o Barça do seu extécnico Luís Enrique. 31/10/14 

Os cemiterios de toda Galicia reciben hoxe os últimos retoques para os días do ano nos que reciben máis visitas // A Xunta confirma o interese da multinacional Gestamp por establecer en Ferrol unha factoría de torres para aeroxeneradores mariños // Riazor prepárase para recibir ao Getafe, mentres o Celta xa está en Barcelona para o difícil compromiso de mañá ante o Barça. 31/10/14

A familia dun mozo da localidade pontevedresa de Cuntis, captado pola organización relixiosa descabezada polo bispado de Tui, di que lle cambiou a personalidade dende que ingresou nela. Hoxe explicaron que investigan, xunto con outras familias afectadas, se son verdade as acusacións de abusos sexuais e delito fiscal, tal como investiga un xulgado de Tui // A Xunta pon en marcha un programa de atención sanitaria que xerará automaticamente citas médicas para os pacientes que reciban altas hospitalarias. Serán chamados aos seus centros de saúde en 72 horas para ver resultados de probas ou realizar curas // Condenado por abusar de dous menores o exadestrador de fútbol base de Pontevedra Rafael "Chito" Lavía, de 70 anos. En prisión dende agosto do ano pasado, confesou hoxe que abusara de dous nenos romaneses de 11 e 13 anos. Durante 9 anos, non poderá achegarse nin comunicarse cós rapaces, e deberá pagarlle a cada un 7.500 euros de indemnización. 30/10/14

A familia dun mozo da localidade pontevedresa de Cuntis, captado pola organización relixiosa descabezada polo bispado de Tui, di que lle cambiou a personalidade dende que ingresou nela. Hoxe explicaron que investigan, xunto con outras familias afectadas, se son verdade as acusacións de abusos sexuais e delito fiscal, tal como investiga un xulgado de Tui // A Xunta pon en marcha un programa de atención sanitaria que xerará automaticamente citas médicas para os pacientes que reciban altas hospitalarias. Serán chamados aos seus centros de saúde en 72 horas para ver resultados de probas ou realizar curas // Declaran como imputados  por carrexar anciáns, algúns con alzheimer, nas últimas eleccións autonómicas. En Lugo prestaron declaración esta mañá por un delito electoral o expresidente do PP na provincia, José Luís Iravedra, e unha exconcelleira popular no concello. 30/10/14

A familia dun mozo da localidade pontevedresa de Cuntis, captado pola organización relixiosa descabezada polo bispado de Tui, di que lle cambiou a personalidade dende que ingresou nela // A Xunta pon en marcha un programa de atención sanitaria que xerará automaticamente citas médicas para os pacientes que reciban altas hospitalarias // Declaran como imputados  por carrexar anciáns, algúns con alzheimer, nas últimas eleccións autonómicas. 30/10/14 

O Presidente da Xunta destacou que foi o Goberno Galego quen denunciou a suposta fraude de subvencioóns en cursos de formacion, da operacion zeta, e di que o seu executivo se vai personar na causa. Díxoo en resposta aos grupos da oposicion, que acusaron ao goberno de permitir un financiamento irregular do PP a través dun grupo de empresarios // Deteñen a un dos narcos máis buscados pola policía. É o lider dunha rede que tentou introducir 54 kilos de cocaína polo Porto de Marín nun cargamento de plátanos e que levaba fuxido da Xustiza dende 2007. Ten pendente unha condena 17 anos pola súa relación con outro alixo dunha tonelada de cocaína // Máis de seis mil galegos sofren cada ano un accidente cerebrovascular. Un tipo de doenza que é a primeira causa de morte entre as mulleres e a segunda entre os homes. Hoxe, cando se celebra o día mundial adicado a ela, destácase tamén que, deses afectados, 1.500 morren e mais de tres mil quedan con algún tipo de secuela. 29/10/14