Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta aprobou unha modificación do regulamento das parellas de feito co fin de evitar fraudes. Tamén un plan de actuación para evitar a venda de productos agrarios sen etiquetar e controlará especialmente viño, licores, mel e queixos.  Ademáis deulle o visto e prace  a un anteproxecto de lei para incentivar que os propietarios de terras agrarias abandonadas, as cultiven ou as cedan ao banco de terras 

  50 persoas detidas, 22 delas en Galicia, por contrabando de tabaco procedente de Andorra e Gibraltar dentro da Operación Smuggling-Pentágono. A garda civil e a axencia tributaria  incautáronse de 266 mil paquetes de tabaco sen precintos que acadarían no mercado un valor de máis dun millón de euros.

 A roupa e o calzado son os responsables de que os prezos subiran en Galicia o mes pasado ata un 0.7%, dúas décimas máis ca  media nacional. Os prezos mantéñense sen variación con respecto a outubro de 2013 pese a que no que vai de ano están en taxas negativas. (13/11/14)

A Xunta aprobou unha modificación do regulamento das parellas de feito co fin de evitar fraudes. Tamén un plan de actuación para evitar a venda de productos agrarios sen etiquetar e controlará especialmente viño, licores, mel e queixos.  

  50 persoas detidas, 22 delas en Galicia, por contrabando de tabaco procedente de Andorra e Gibraltar dentro da Operación Smuggling-Pentágono. A garda civil e a axencia tributaria  incautáronse de 266 mil paquetes de tabaco sen precintos que acadarían no mercado un valor de máis dun millón de euros.

 A roupa e o calzado son os responsables de que os prezos subiran en Galicia o mes pasado ata un 0.7%, dúas décimas máis ca  media nacional. Os prezos manteñense sen variación con respecto a outubro de 2013 pese a que no que vai de ano están en taxas negativas. (13/11/14)

A Xunta aprobou unha modificación do regulamento das parellas de feito co fin de evitar fraudes.   

50 persoas detidas, 22 delas en Galicia, por contrabando de tabaco procedente de Andorra e Gibraltar.

 A roupa e o calzado son os responsables de que os prezos subiran en Galicia o mes pasado ata un 0.7%. (13/11/14)

Tres anciáns seguen hospitalizados en Lugo, afectados por lexionella. Dous deles están graves pero estables. O outro evoluciona favorablemente. A Xunta, titular da residencia onde residen, dá por controlado o brote, que se orixinou nos condutos da auga quente // Seguen os interrogatorios aos dous detidos coma sospeitosos do crime do meniño do que o corpo foi atopado a pasada semana en Asturias. Son a nai do pequeno e a súa parella, un home de 33 anos , natural da localidade coruñesa de Cambre // O presidente da Xunta negou que ningún intermediario actuase no seu nome ou no do goberno galego, en relación coas empresas implicadas na Operación Zeta, sobre presuntas irregularidades en cursos de formación laboral. 12/11/14 

Seguen os interrogatorios aos dous detidos coma sospeitosos do crime do meniño do que o corpo foi atopado a pasada semana en Asturias. Son a nai do pequeno e a súa parella, un home de 33 anos, natural da localidade coruñesa de Cambre // Tres anciáns  seguen hospitalizados en Lugo, afectados por lexionella. Dous deles están graves pero estables. O outro evoluciona favorablemente. A Xunta, titular da residencia onde residen, dá por controlado o brote, que se orixinou nos condutos da auga quente // O dianteiro do Celta Nolito está concentrado coa selección, en Madrid. Di que espera xogar algúns minutos nos partidos contra Bielorrusia, o sábado en Huelva, e contra Alemaña, o martes en Balaídos. 12/11/14 

Seguen os interrogatorios aos dous detidos coma sospeitosos do crime do meniño atopado morto en Asturias // Tres anciáns seguen hospitalizados en Lugo, afectados por lexionella // O dianteiro do Celta Nolito está concentrado coa selección, en Madrid. 12/11/14 

Pasou a disposición xudicial a muller detida coma sospeitosa de terlle dado morte, en Carballo, a Carmen Taibo Gesto, a octoxenaria que apareceu morta no seu domicilio. A Garda Civil atopou na  casa da detida xoias pertencentes á vítima // Toda a costa galega está en alerta laranxa, salvo a Mariña onde é amarela. Un temporal marítimo que arrecia a estas horas e que pode deixar ondas de ata seis metros // Comezou na Audiencia Nacional o xuízo contra á maior rede galega de transporte de droga. O fiscal pide para os vinteseis procesados máis de trescentos anos de cárcere e catro mil millóns de multa. Eran os presuntos integrantes de dúas organizacións de narcotransportistas arousáns que usaban os cárteles sudamericáns para introducir a droga en España e Europa. 11/11/14

Pasou a disposición xudicial a muller detida coma sospeitosa de terlle dado morte, en Carballo, a Carmen Taibo Gesto, a octoxenaria que apareceu morta no seu domicilio. A Garda Civil atopou na casa da detida xoias pertencentes á vítima // Toda a costa galega está en alerta laranxa, salvo a Mariña onde é amarela. Un temporal marítimo que arrecia a estas horas e que pode deixar ondas de ata seis metros // Comezou na Audiencia Nacional o xuizo contra á maior rede galega de transporte de droga. O fiscal pide para os vinteseis procesados máis de trescentos anos de cárcere e catro mil millóns de multa // Eran os presuntos integrantes de duas organizacións de narcotransportistas arousáns que usaban os cárteles sudamericáns para introducir a droga en España e Europa. 11/11/14

Pasou a disposición xudicial a muller detida coma sospeitosa de terlle dado morte, en Carballo á octoxenaria que apareceu morta no seu domicilio // Toda a costa galega está en alerta laranxa, salvo a Mariña onde é amarela // Comezou na Audiencia Nacional o xuízo contra á maior rede galega de transporte de droga. 11/11/14 

A prisión por incumprir as medidas cautelares que lle impuxera o Xulgado.  É a  nova situación na que se atopa Jorge Dorribo, o empresario lucense, principal implicado na Operación Campeón sobre presuntas irregularidades na concesión de axudas públicas.

Teresa Romero reclámalle 150 mil euros ao conselleiro de sanidade de Madrid, quen dixera que a auxiliar de enfermería galega mentira sobre o seu contaxio de ébola.

 Dimite como concelleiro o exalcalde de Santiago Anguel Currás, que se  reincorporará á praza de profesor dun instituto compostelán. (10/11/14)

A prisión por incumprir as medidas cautelares que lle impuxera o Xulgado.    É a  nova situación na que se atopa Jorge Dorribo, o empresario lucense, principal implicado na Operación Campeón.  A xuíza que leva o caso ordenou a súa detención ante o risco de fuga, debido á alta pena que lle piden, de 24 anos de prisión e multas de máis de 16 millóns de euros. 

Teresa Romero reclámalle 150 mil euros ao conselleiro de sanidade de Madrid, quen dixera que a auxiliar de enfermería galega mentira sobre o seu contaxio de ébola.Teresa Romero acúsao dun delito contra o honor.    Teresa e máis o seu marido tamén esixen responsabilidades ao goberno madrileño polo sacrificio do seu can Excalibur e reclamanlle outros 150  mil euros .

Dimite como concelleiro o exalcalde de Santiago Anguel Currás, que se  reincorporará á praza de profesor dun instituto compostelán.  Currás, imputado na operación Pokemon, dimitira  como alcalde o pasado mes de xuño, produto da crise de goberno, do PP, pola inhabilitación de sete concelleiros e a dimisión doutros dous. (10/11/14)

A prisión por incumprir as medidas cautelares que lle impuxera o Xulgado. 

  É a  nova situación na que se atopa Jorge Dorribo, o empresario lucense, principal implicado na Operación Campeón.

Teresa Romero reclámalle 150 mil euros ao conselleiro de sanidade de Madrid.

  Dimite como concelleiro o exalcalde de Santiago Anguel Currás. (10/11/14)

Comezamos semana con ceos grises e chuvias. Poden ser persistentes sobre todo na costa atlántica onde mesmo dende unha hora quedará activada unha alerta amarela. Poden caer ata 15 litros de auga por metro cadrado nunha hora e ata 40 en doce horas. As temperaturas seguen en valores semellantes aos destes días. (10/11/14)