Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A débeda publica de Galicia é de 8.228 millóns de euros. O que supon o 14,6 por cento do Producto Interior Bruto. Segun datos do Banco de España // Xunta e Consello Xeral do Poder Xudicial ultiman a aplicación do convenio polo que os xuíces quedarán habilitados para paralizar provisionalmente os desafiuzamentos. 15/03/13

Os xogadores do Deportivo e do Celta xa están na Coruña, cada equipo concentrado no seu hotel. Un partido, que tén a tensión de poder supor a salvación para calquera dos dous, o Dépor derradeiro e o Celta penúltimo // Máis de 30 mil siareiros estarán nas bancadas de Riazor para presenciar encontro e desenlace // Xunta e Consello Xeral do Poder Xudicial ultiman a aplicación do convenio polo que os xuíces quedarán habilitados para paralizar provisionalmente os desafiuzamentos, co fin de que o Goberno autónomo poida ofrecer vivendas sociais aos afectados, en casos de especial vulnerabilidade. A Xunta vai estudar o fallo do Tribunal superior de xustiza de Galicia que invalida os concertos educativos cos 5 colexios que separan os alumnos por sexos antes de decidir se o recorren ou non // Os Paradores de Tui, Verín e Vilalba figuran entre os 11 de toda España que reabren hoxe, logo do periodo de peche por vacacións que se prolongaba dende o pasado 21 de xaneiro. 15/03/13

Os xogadores do Deportivo e do Celta xa están na Coruña, cada equipo concentrado no seu hotel. Faltan poucas horas para que en Riazor se despute un partido, que ademáis do derbi galego, tén a tensión de poder supor a salvación para calquera dos dous // Xunta e Consello Xeral do Poder Xudicial ultiman a aplicación do convenio polo que os xuíces quedarán habilitados para paralizar provisionalmente os desafiuzamentos, co fin de que o Goberno autónomo poida ofrecer vivendas sociais aos afectados, en casos de especial vulnerabilidade. 15/03/13

O papa Francisco será invitado polo arcebispo de santiago e mais polo presidente da Xunta para que visite Compostela // O Consello de Administración de Pescanova está reunido para analizar a situación financeira e ver como refinanciar a elevada débeda, calculada en 2.500 millons de euros // A xunta non vai recorrer as sentenzas que anulan parte do decreto do galego no ensino non universitario. 14/03/13

O novo papa Francisco vai ser invitado a visitar Santiago, por ser desta cidade un dos berces da cristiandade e meta de peregrinación. O arcebispo compostelán, Julian Barrio transmitiulle os parabens pola sua elecion // O Consello de Administración de Pescanova analiza a situación financieira da empresa e deseña a estratexia para refinanciar a débeda. // A Xunta non vai recorrer as sentenzas do Tribunal Superior que anulan parte do decreto do galego no ensino non universitario. Alberto Nuñez Feijoo di que as acatará como una forma de oferta de pacto á oposicion sobre a lingua // O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín fixo finalmente efectiva a súa demisión coma Presidente da Real Academia Galega. Fíxoo ante un plenario que lamentou a súa marcha e rexeitou a súa renuncia como membro numerario, unha vacante que non se cubrirá. 14/03/13

O novo papa Francisco I vai ser invitado a visitar Santiago, por ser desta cidade un dos berces da cristiandade e meta de peregrinación // O Consello de Administración de Pescanova analiza a situación financieira da empresa e deseña a estratexia para refinanciar a débeda./A Xunta non vai recorrer as sentenzas do Tribunal Superior que anulan parte do decreto do galego no ensino non universitario // O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín fixo finalmente efectiva a súa demisión coma Presidente da Real Academia Galega. 14/03/13

A partir do próximo curso as familias coas rendas mais altas deberán pagar nos comedores escolares. Entre 1 euro e catro euros e medio, segundo o nivel de ingresos // Inditex gañou un 22% máis en 2012, grazas sobre todo á expansión do mercado asiático. Os beneficios da textil galega sumaron máis de 2.300 millóns de euros o ano pasado. 13/03/13

Nas provincias da Coruña e Lugo foi a zona máis afectada polas nevaradas que tinguiron de branco a paisaxe // A Consellería de Educación di que máis da mitade dos usuarios actuáis dos comedores escolares seguirán beneficiándose deste servizo debalde. As familias coas rendas mais altas teñan pagar en función dos seus ingresos // Inditex obtivo en 2012, un beneficio de 2.300 millóns, cun aumento de ventas do 16%. As ganacias da multinacional de Arteixo subiron un 22% con respecto o ano anterior // Psoe e Bng pidenlle a Nuñez Feijoo que actue nos casos de corrupcion que implican ao Partido Popular. O presidente da Xunta di que asumirá as suas responsabilidades e, para aumentar a transparencia, proponlles reformar o regulamento do parlamento para publicar por lei o patrimonio e os bens de todos os deputados // O deputado Carlos Aymerich renuncia ao seu escano no parlamento deixa a sua acta de deputado do BNG en discrepancia coa actual liña politica do Bloque. 13/03/13

O norte da comunidade, nas provincias da Coruña e Lugo foi a zona máis afectada polas nevaradas que tinguiron de branco a paisaxe // A Consellería de Educación di que máis da mitade dos usuarios actuáis dos comedores escolares seguirán beneficiándose deste servizo debalde, unha vez que, a partir do próximo curso, as familias coas rendas mais altas teñan pagar en función dos seus ingresos // Inditex obtivo, o ano pasado, un beneficio de 2.300 millóns, cun aumento de ventas do 16 por cento. //o deputado Carlos Aymerich renuncia ao seu escano no parlamento deixa a sua acta de deputado do BNG en discrepancia coa actual liña politica do Bloque. 13/03/13

Ainda van seguir baixando as temperaturas, á vez que persiste o risco de precipitacións. Onde caian seguirán sendo de neve por riba de cotas duns 300 metros. 13/03/13

A cotización de Pescanova, suspendida na Bolsa de Madrid, mentres a Comisión Nacional do Mercado de Valores investiga os movementos recentes de compra e venda de accións, por se se produciu abuso de mercado. A multinacional admite que hai diferencias significativas entre a contabilidade e a débeda que se coñecía // A Xunta manterá o decreto de plurilinguismo no Ensino, pese os pronunciamentos do Tribunal Superior de Xustiza. Díxoo o Conselleiro de Educación nunha sesión na que os grupos da oposiciòn o acusaron de practicar recortes neste eido. 12/03/13

A Comisión Nacional do Mercado de Valores investiga se a empresa Pescanova, os administradores ou terceiras persoas incurreron en abuso de mercado, o que quere dicir, se utilizaron información privilexiada para beneficiarse das caídas do prezo das accións dende que o pasado día un presentara preconcurso de acreedores // A neve fixo xa acto de presenza nas zonas máis altas da montaña de Lugo. Unha neve que vai ir en aumento nas próximas horas para cando está anunciado que a cota descenda por debaixo dos 500 metros // Mesmo en zonas coma o interior da provincia de Pontevedra poden acumularse capas de varios centímetros, ao tempo que baixarán as temperaturas // Veciños dunha parroquia de pontevedra retiveron aos ladrons que entraran nunha vivenda. O fillo dos donos da casa pediulles axuda a berros ,e entre todos conseguiron reter aos 4 sospeitosos ata que chegaron varias patrullas da policia nacional.

A Comisión Nacional do Mercado de Valores investiga se a empresa Pescanova, os administradores ou terceiras persoas incurreron en abuso de mercado // A neve fixo xa acto de presenza nas zonas máis altas da montaña de Lugo. Unha neve que vai ir en aumento nas próximas horas para cando está anunciado que a cota descenda por debaixo dos 500 metros // Veciños dunha parroquia de pontevedra retiveron aos ladrons que entraran nunha vivenda. O fillo dos donos da casa pediulles axuda a berros ,e entre todos conseguiron reter aos sospeitosos ata que chegaron varias patrullas da policia nacional. 12/03/13

Segue o tempo chuvioso en toda Galicia. Chuvias que durante a tarde irán a menos coincidindo coa baixada da cota de neve que se agarda para últimas horas do día ata os 300 metros. 12/03/13

Traballo para os estaleiros de Ferrol, que os afectados por preferentes poidan recuperar o seu investimento en cartos e non en bonos ou accións. Son algunhas das peticións que hoxe lle plantexou o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao do Goberno Mariano Rajoy // As zonas afectadas polas trombas mariñas da fin de semana traballan para recuperarse dos danos sofridos // A Garda Civil busca aos responsables da explosión na sucursal de Novagalicia Banco do Rosal atribuida a Resistencia Galega. Hoxe foi un día para retirar cascallos, avaliar danos e tratar de volver á normalidade. 11/03/13

Reunión na Moncloa entre os Presidentes do Goberno e da Xunta. Mariano Rajoy , cando se cumpen cen días de Feijóo á fronte do novo executivo na Xunta, logo de revalidar a maioría absoluta nas eleccións autonómicas // As zonas máis afectadas pola tromba mariña da fin de semana reparan os danos causados e tratan de recuperar a normalidade. Na comarca coruñesa da Barbanza, unhas das máis castigadas, concellos coma o de Ribeira, pídenlle axuda á xunta para paliar os desperfectos // A Garda Civil busca aos responsables da explosión na sucursal de Novagalicia Banco do Rosal atribuida a Resistencia Galega e que afectou a varios edificios. Hoxe procédese a avaliar os danos, mentres os clientes son atendidos nunha oficina móvil // Un bo Celta fíxolle fronte ao Real Madrid en Balaídos, pero caeu cos dous goles de Cristiano Ronaldo, fronte ó de Iago Aspas. Peor imaxe ofreceu o Deportivo no camp nou contra o Barcelona, que o derrotou por dous goles a cero e segue de ultimo. 11/03/13

Reunión na Moncloa entre os Presidentes do Goberno e da Xunta. Mariano Rajoy , cando se cumpen cen días de Feijóo á fronte do novo executivo na Xunta, logo de revalidar a maioría absoluta nas eleccións autonómicas // As zonas máis afectadas pola tromba mariña da fin de semana reparan os danos causados e tratan de recuperar a normalidade // A Garda Civil busca aos responsables da explosión na sucursal de Novagalicia Banco do Rosal atribuida a Resistencia Galega e que afectou a varios edificios. 11/03/13

A chuvia segue sen darnos tregua pero o peor aínda está por vir. O tempo vaise complicar nas próximas horas porque ademais de auga teremos vento, frío e neve. 11/03/13