Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Xulgado de Lugo manda ao cárcere ao delegado de Aquagest en Santiago, José Luis Míguez, detenido na operación "Manga" e acusado de suborno, malversación e tráfico de influencias. Esta tarde está previsto que declaren o concelleiro de Seguridade de Compostela e Ángel Espadas, que foi asesor do anterior alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa. // A fábrica de armas da Coruña pechará dentro dun mes e os seus 177 traballadores serán despedidos. Así o anunciou a empresa, General Dynamics. Das cinco factorías que ten o grupo en España a da Coruña é a única que pecha, aínda que en todas hai previstos ERES. // Esta noite vaise interpretar na catedral de Ourense o primeiro oratorio en castelán, composto por Pedro Martínez Orgambide en 1704. A partitura desta composición deuse por perdida durante séculos, por iso leva sen ser interpretada case trescentos anos. 15/02/13

Comezan a declarar no Xulgado de Lugo os catro detidos onte en Santiago na operación Manga, derivada da Pokemon. // A fábrica de armas da Coruña pechará dentro dun mes e os seus 177 traballadores serán despedidos. // Dez empresas negocian nestes momentos coa Xunta para incorporarse á formación dual que promove a Consellería de Educación. // Un armador de Ribeira leva un ano retido en Liberia, co seu barco e 15 membros da tripulación, acusado de pesca ilegal. A autoridades do país africano esixenlle o pagamento de case 88.000 euros. // Fernando Vázquez estrease esta noite no Sanchez Pizjuan de Sevilla como novo técnico deportivista. O Celta visita mañá ao Getafe. // Primicia en Ourense: O oratorio en castelán máis antigo. 15/02/13

Comezan a declarar os catro detidos en Santiago na operación Manga. // A fábrica de armas da Coruña pechará dentro dun mes. // Dez empresas negocian coa Xunta para incorporarse á formación dual. // Un armador de Ribeira leva un ano retido en Liberia. // Fernando Vázquez estrease esta noite en Sevilla. // O oratorio en castelán máis antigo. 15/02/13

Ceos pouco nubrados, unicamente coa presenza de nubes altas, pero con néboas matinais no interior ocasionalmente persistentes e intervalos de nubes baixas no litoral Norte, onde pode haber algún chuvasco ocasional. Ventos frouxos de dirección variable. Temperaturas mínimas sen cambios e máximas en ascenso lixeiro. 15/02/13

Catro novos detidos en Santiago na operación Pokemon. Son o concelleiro de Seguridade, Albino Vázquez, o ex asesor do anterior alcalde da Cidade, Ángel Espadas, e dous empresarios, entre eles o xerente en Santiago de Aquagest, a empresa concesionaria do servizo municipal da auga. // Novagalicia Banco e tres dos sindicatos do comité van asinar estar tarde o acordo para a regulación de emprego que suporá a saída de 1.850 empregados da entidade. Os que quedan aceptan unha reducción da xornada laboral. Un terzo das oficinas do banco abrirán tamén pola tarde. // Comunidades de veciños de Vigo acusan de estafa á empresa de administación que lles levaba as contas. Supostamente, a xestoría non fixo os pagamentos das comunidades, que agora teñen as contas bloqueadas e reciben cartas de apremio por impostos que consideraban pagados. 14/02/13

Catro novos detidos en Santiago na operación Pokemon. Son o concelleiro de Seguridade, Albino Vázquez, o ex asesor do anterior alcalde da Cidade, Ángel Espadas, e dous empresarios. // Novagalicia Banco e tres dos sindicatos do comité asinan o acordo para a regulación de emprego na entidade que suporá a saída dun máximo de 1.850 empregados. // O consello da Xunta aproba actualizar e facer públicos os bens dos conselleiros, para fomentar a transparencia. Tamén o presidente da Xunta publicará a próxima semana a súa renda e patrimonio polo menos desde o ano 2008. // Comunidades de veciños de Vigo acusan de estafa á empresa de administación de fincas que lles levaba as contas. // Unha exposición no Museo Pedagóxico de Galicia recupera a pegada das escolas creadas polos emigrantes. 14/02/13

Catro novos detidos en Santiago na operación Pokemon. // Novagalicia Banco e tres dos sindicatos do comité asinan o ERE para 1.850 empregados. // Consello da Xunta. // Comunidades de veciños de Vigo acusan de estafa á empresa de administación de fincas que lles levaba as contas. // As escolas dos indianos. 14/02/13

Bancos de néboa matinais no interior e intervalos de nubes baixas no resto, que irán desaparecendo co avance da mañá. No Norte da Coruña, chuvias intermitentes. A partir do mediodía, predominio de ceos pouco nubrados en Ourense e Sur de Lugo, e ceos parcialmente anubrados no resto. Ventos moi frouxos de dirección variable. Temperaturas mínimas en descenso lixeiro e máximas sen cambios. 14/02/13

Preacordo para a regulación de emprego en Novagalicia Banco. A entidade e tres sindicatos, CC.OO., UGT e Csica, que xuntos son maioría no comité, están conformes en rebaixar os despedimentos a 1.850, reducir xornada para os empregados que quedan, e ampliar o horario de 190 oficinas, que abrirán tamén polas tardes. // Traballadores do sector naval de Ferrol levan ata as portas do Parlamento galego a súa reclamación de carga de traballo para os estaleiros e dun dique de reparacións que garanta a continuidade da actividade en Navantia. No Congreso, Cristóbal Montoro di que en marzo se vai comezar a construir o flotel para Pemex. // As rutas do viño de Galicia, na palma da man. Turgalicia presenta unha aplicación gratuita para teléfonos móbiles con todos os datos para coñecer as adegas, as zonas de produción e os recursos turísticos de cada comarca. Trátase de promocionar o enoturismo. 13/02/13

Preacordo para a regulación de emprego en Novagalicia Banco. A entidade e tres sindicatos, CC.OO., UGT e Csica, que xuntos son maioría no comité, están conformes en rebaixar os despedimentos a 1.850. // Traballadores do sector naval de Ferrol levan ata as portas do Parlamento galego a súa reclamación de carga de traballo para os estaleiros e dun dique flotante de reparacións que garanta a continuidade da actividade en Navantia. // Alberto Núñez Feijóo anuncia que vai publicar os datos da súa renda e patrimonio desde antes de ser presidente da Xunta. // Unha comisión do Parlamento europeo comproba hoxe o nivel de contaminación das rías de Ferrol e O Burgo, na Coruña. // As rutas do viño de Galicia, na palma da man. Turgalicia presenta unha aplicación gratuita para teléfonos móbiles para promocionar o enoturismo. 13/02/13

Preacordo para a regulación de emprego en Novagalicia Banco. // Traballadores do sector naval de Ferrol levan ata as portas do Parlamento galego a súa reclamación de carga de traballo. // Alberto Núñez Feijóo anuncia que vai publicar os datos da súa renda e patrimonio. // Unha comisión do Parlamento europeo comproba hoxe o nivel de contaminación das rías de Ferrol e O Burgo, na Coruña. // As rutas do viño de Galicia nunha aplicación gratuita para teléfonos móbiles. 13/02/13

Ceos anubrados con chuvias débiles e illadas, máis probables no terzo Norte durante a mañá. Ventos frouxos con predominio do compoñente Oeste. Temperaturas en ascenso entre lixeiro e moderado, con sensación térmica moi suave. 13/02/13

É unha delegación da Unión Europea, que está a investigar as denuncias sobre o alto nivel de contaminación nas rías galegas. Esta mañá estiveron en Vigo e mañá analizarán o estado das rías de Ferrol e do Burgo, na Coruña. A visita responde a once peticións de cidadáns e asociacións galegas. // A Consellería de Medio Rural vai poñer a disposición dos agricultores e gandeiros máis de 6.000 hectáreas de fincas de propietarios descoñecidos, que pertenencen ao Patrimonio do Estado. Galicia é a primeira comunidade na que se pon en marcha esta iniciativa, co obxectivo de aumentar o tamaño das explotacións. // O Parlamento galego estrea sistema de control do acceso dos convidados ás sesión plenarias. Todos os que hoxe estiveron no hemiciclo tiveron que asinar un documento aceptando unhas normas que prohiben amosar pancartas ou camisetas reivindicativas, ou facer fotos. 12/02/13

Unha delegación da Unión Europea está a investigar as denuncias sobre o alto nivel de contaminación nas rías galegas. Esta mañá estiveron en Vigo e mañá analizarán o estado das rías de Ferrol e do Burgo, na Coruña. // O Parlamento galego estrea sistema de control do acceso dos convidados ás sesión plenarias. Todos os que hoxe estiveron no hemiciclo tiveron que asinar un documento aceptando as novas normas. // A industria láctea, a distribución e o ministerio de agricultura acordan a promoción do leite sostible. // A Consellería de Medio Rural vai poñer a disposición dos agricultores e gandeiros máis de 6.000 hectáreas de fincas de propietarios descoñecidos, que pertenencen ao Patrimonio do Estado. // Fernando Vázquez dirixe a primeira sesión de adestramento como novo técnico do Deportivo. 12/02/13

Unha delegación da Unión Europea está a investigar as denuncias sobre o alto nivel de contaminación nas rías galegas. // O Parlamento galego estrea sistema de control do acceso dos convidados. // A industria láctea, a distribución e o ministerio de agricultura acordan a promoción do leite sostible. // A Consellería de Medio Rural vai poñer a disposición dos agricultores e gandeiros as fincas de propietarios descoñecidos. // Fernando Vázquez, primeiro adestramento co Deportivo. 12/02/13

Ceos anubrados con chuvascos ou chuvias débiles dispersas e ocasionais, máis frecuentes no terzo norte e nas zonas altas. Temperaturas sen cambios significativos ou en ascenso lixeiro, especialmente as máximas. Ventos frouxos do norte e do noroeste, con intervalos moderados no litoral pola mañá. 12/02/13

Vaise normalizando o tráfico nas principais estradas, tras unha mañá e unha madrugada moi complicadas para circular a causa da neve. Tamén o mar, no litoral de Galicia, está hoxe en alerta. Ondas de cinco metros, obrigan a permanecer amarrada nos portos á maior parte da flota pesqueira de baixura. // "Deep Orient", un buque de apoio a plataformas petrolíferas feito en Vigo. As autoridades que acudiron á súa entrega confían en que simbolice a recuperación da actividade nos estaleiros galegos. A Xunta pide máis tempo para conseguir os avais para construir os floteis de Pemex. // Últimos días para negociar a regulación de emprego en Novagalicia Banco. O xoves remata o prazo e, se non hai acordo, aplicarase a proposta da empresa que supón 2.250 despedimentos. 11/02/13

Vaise normalizando o tráfico nas principais estradas, tras unha mañá e unha madrugada moi complicadas para circular a causa da neve. // Mar de vento e mar de fondo, con ondas de cinco metros, obrigan a permanecer amarrada nos portos á maior parte da flota pesqueira de baixura. // "Deep Orient", un buque de apoio a plataformas petrolíferas feito en Vigo, que hoxe pasou a ser propiedade da navieira francesa que o encargou. Confían en que simbolice a recuperación da actividade nos estaleiros galegos. // Últimos días para negociar a regulación de emprego en Novagalicia Banco. O xoves remata o prazo. // Fernando Vázquez será o novo adestrador do deportivo tras a demisión de Domingos Paciencia. // Luns de Entroido en Laza. 11/02/13

Vaise normalizando o tráfico nas principais estradas, tras unha mañá e unha madrugada moi complicadas para circular a causa da neve. // Temporal no mar. // "Deep Orient", un buque de apoio a plataformas petrolíferas feito en Vigo. // Últimos días para negociar a regulación de emprego en Novagalicia Banco. // Fernando Vázquez será o novo adestrador do deportivo tras a demisión de Domingos Paciencia. // Luns de Entroido en Laza. 11/02/13

Intervalos anubrados con chuvascos, ocasionalmente tormentosos e acompañados de sarabia. Cota de neve entre os 200 e os 400 metros de altitude nas primeiras horas, aumentando ata os 700 metros co paso das horas. Ventos moderados do noroeste, con intervalos fortes no litoral, reducíndose co paso das horas. Descenso moderado das temperaturas, con xeadas débiles no interior e moderadas nas zonas montañosas. 11/02/13