Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os afectados por preferentes de Unión Fenosa acollen con satisfacción moderada a oferta da compañía eléctrica de recomprarlles as súas participacións, se aceptan unha quita do sete por cento // A Xunta di que a partida de mexillón detectada en Francia con toxina non presenta a documentación que garantice a trazabilidade do producto, e que polo tanto, non se pode dicir que sexa galego // Accionistas de Pescanova estudan demandar ao presidente Manuel Fernández de Sousa por tomar decisións cando xa non era en realidade o accionista maioritaría da compañía, xusto antes de coñecerse a crise da multinacional. 17/04/13

Os afectados polas participacións pedíronlle ao Conselleiro Agustín Hernández que a Xunta faga xestións para que se axilicen as arbitraxes.Os que tiñan preferentes de Unión Fenosa acollen con satisfacción moderada a oferta da compañía eléctrica de recomprarlles as súas participacións, se aceptan unha quita do sete por cento // A Xunta di que a partida de mexillón detectada en Francia con toxina non presenta a documentación que garantice a trazabilidade do producto, e que polo tanto, non se pode dicir que sexa galego // O Presidente da Xunta amósase satisfeito dos resultados da súa viaxe a México.Salienta que o máximo mandatario daquel País, Enrique Peña Nieto, avalase a busca de novos contratos para o sector naval galego e o interés da petroleira mexicana PEMEX por entrar no accionariado de estaleiros da Ría de Vigo. 17/04/13

Os afectados por preferentes de Unión Fenosa acollen con satisfacción moderada a oferta da compañía eléctrica de recomprarlles as súas participacións, se aceptan unha quita do sete por cento // Os responsables sanitarios e educativos estiman coma moi pouco probable a extensión da meninxite que causou a morte dunha nena de 11 anos da localidade pontevedresa de Baiona. 17/04/13

Sol e máis calor. Sobre todo no interior da comunidade. Lugo con 26 e ourense con 28 graos marcarán as máximas. Nas últimas horas notouse, na zona atlántica, un aumento da nubosidade que mesmo pode deixar algunha precipitación feble. 17/04/13

Pescanova só lles garante aos seus traballadores o cobro da nómina do mes de abril. A presentación do concurso de acredores deixa en mans da xustiza a xestión da multinacional // Falece a nena de 12 anos que ingresara o sabado no hospital xeral de vigo, todo parece indicar que afectada de meninxitis bacteriana // O Narcotraficante Marcial Dorado vai ser xulgado, de novo, na audiencia nacional. Está acusado dos delitos de blanqueo, violación de segredos e contra a facenda pública en relación cunha operación por tráfico de cocaina no ano 2003. 16/04/13

Preocupación entre os traballadores de Pescanova (uns 1.500 en Galicia e 10 mil en todo o mundo), ante os problemas da compañía, logo de que fixera efectiva a súa solicitude de concurso de acreedores. Din que só lles aseguran os soldos deste mes de abril // Unha nena de 12 anos está en morte cerebral por un posible caso de meninxite bacteriolóxica, hospitalizada no Xeral de Vigo. No colexio Belesar de Baiona, onde estuda, continua a actividade escolar con normalidade, despois de que se aplicaran as necesarias medidas preventivas // A petroleira mexicana Pemex quere entrar no accionariado dos estaleiros de Vigo, segundo lle manifestaron ao presidente da Xunta de viaxe en Mexico // O Celta encaixa un gol en Mallorca na derradeira xogada do partido,e agora é o último da clasificacion, posto no que releva aos mallorquins. 16/04/13

Preocupación entre os traballadores de Pescanova (uns 1.500 en Galicia e 10 mil en todo o mundo), ante os problemas da compañía, logo de que fixera efectiva a súa solicitude de concurso de acreedores // A petroleira mexicana Pemex quere entrar no accionariado dos estaleiros de Vigo, segundo lle manifestaron ao presidente da Xunta de viaxe en Mexico. 16/04/13

Segue o tempo solleiro e con temperaturas que soben sobre todo polo sureste. As máximas superarán os vinte graos na maior parte de Galicia e en Ourense chegaran os 25. 16/04/13

Pescanova asegura que hoxe lle vai enviar a documentación económica do segundo semestre de 2012 á Comisión Nacional do mercado de valores // A Consellería do Medio Rural e do MAR espera do informe sobre a orixe do mexillón detectado en Francia, e ao que se lle atribuíron casos de intoxicación. 15/04/13

Pescanova asegura que hoxe lle vai enviar a documentación económica do segundo semestre de 2012 á Comisión Nacional do mercado de valores. As doce da noite remata o terceiro prazo que lle deu o organismo regulador, que mantén suspendida a cotización da compañía dende hai un mes // A Consellería do Medio Rural e do MAR Está á espera de que a Axencia Española de Seguridade Alimentaria informe sobre a orixe do mexillón detectado en Francia e ao que se lle atribuíron casos de intoxicación // Os ultimos estudos sobre violencia de xenero din que hai un alto indice de violencia nas parellas de adolescentes, e que tanto elas coma eles, asumen as agresions coma algo normal. 15/04/13

Pescanova asegura que hoxe lle vai enviar a documentación económica do segundo semestre de 2012 á Comisión Nacional do mercado de valores // A Consellería do Medio Rural e do MAR Está á espera de que a Axencia Española de Seguridade Alimentaria informe sobre a orixe do mexillón detectado en Francia e ao que se lle atribuíron casos de intoxicación. 15/04/13

Tempo de primavera. Tras o paso dunha pequena fronte esta pasada noite, chega o ambiente seco, ainda que quedan algunhas nubes. E o pronóstico indica que vai seguir así nos próximos días. 15/04/13

O expresidente da Deputación de Ourense será finalmente xulgado por un presunto delicto de prevaricación continuada.Ordenouno o xuíz que investigou a Xosé Luis Baltar por contratar a principios do ano 2010 a 104 persoas sen sacar as prazas a concurso // Un xuiz de Vigo obriga a Novagalicia banco a devolver mil oitocentos euros traspasados dunha cartilla infantil a participacións preferentes cando a nena cumpriu dezaoito anos. 12/04/13

Seguen as protestas dos afectados polas participacións preferentes, un día despois de que o Congreso dos Deputados aprobara a quita do 43 % para os seus propietarios. Hoxe volveron a reclamar nas rúas a devolución íntegra dos seus cartos. Todo ás poucas horas de coñecerse unha sentenza que obriga a Novagalicia Banco a devolver os cartos que pasou dunha cartilla de aforro infantil a participacións preferentes cando a titular cumpriu a maioría de idade // Rematou a folga de recollida de lixo de Vilalba, logo de 25 dias sen servizo. Empresa e traballadores chegaron a un acordo polo que estes aceptan unha reducion salarial de 33 euros ao mes, fronte aos 190 que pedia a empresa Urbaser. 12/04/13

Seguen as protestas dos afectados polas participacións preferentes, un día despois de que o Congreso dos Deputados aprobara a quita do 43 % para os seus propietarios // Rematou a folga de recollida de lixo de Vilalba, logo de 25 dias sen servizo. Empresa e traballadores chegaron a un acordo. 12/04/13

O congreso dos Deputados convalidou hoxe o real decreto que establece un novo fondo bancario para os afectados das preferentes e crea una comisión de seguemento dos casos máis vulnerables // O Presidente da Xunta inicia hoxe unha viaxe a México onde se entrevistará co máximo mandatario daquel país, Enrique Peña Nieto co fin de impulsar as relacións comerciais. 11/04/13

Rios desbordados e campos anegados. É a imaxe de entrado este mes de abril. Nas últimas 24 horas chegaron a acumularse máis de 100 litros de auga por metro cuadrado en localidades da Coruña, coma Santa Comba // Un grupo accionistas minoritarios presentaron en Madrid unha querela contra os responsables de Pescanova, da súa Auditora e da Comisión do Mercado de Valores por presuntos delitos como falseamento de contas // O Presidente da Xunta inicia hoxe unha viaxe a México onde se entrevistará co máximo mandatario daquel país, Enrique Peña Nieto co fin de impulsar as relacións comerciais. 11/04/13

Nas últimas 24 horas chegaron a acumularse máis de 100 litros de auga por metro // Un grupo accionistas minoritarios presentaron en Madrid unha querela contra os responsables dePescanova // O Presidente da Xunta inicia hoxe unha viaxe a México onde se entrevistará co máximo mandatario daquel país, Enrique Peña Nieto co fin de impulsar as relacións comerciais. 11/04/13

A esta hora xa quedou desactivada a alerta por choivas pero caeron con forza durante as primeiras horas do día, especialmente na provincia de Pontevedra. Hai zonas nas que caeron máis de sesenta litros de auga por metro cadrado. 11/04/13