Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

PSA Peugeot Citroen presentou hoxe en Vigo as novas furgonetas Partner e Berlingo, na súa versión eléctrica, que empezaron a fabricarse na factoría da cidade.Chegarán aos concesionarios este verán // A gran cantidade de vieira da ría de Ferrol chega, en ocasións, a obrigar aos 200 mariscadores que a recollen a devolver algunhas capturas ao mar, por falla de capacidade de depuración. Estes días volveron pescala, logo de dez anos case ininterrumpidos de veda. 03/04/13

As novas furgonetas Partner e Berlingo, na súa versión eléctrica empezaron a fabricarse na factoría automobilística que PSA Peugeot Citroën tén en Vigo. Coas novas furgonetas eléctricas e outros dous novos modelos de coches que monta en exclusiva, a factoría de Vigo agarda ampliar este ano en mil empregados o seu cadro de persoal // O Presidente da Xunta di que, unha vez que o Xuiz que encarcerou a Marcial Dorado, falou, está rematado o que califica coma infamia, referíndose á publicación, nun xornal, das fotos nas que aparecía con Dorado // Socialistas e nacionalistas cren que as declaracións do Xuiz Vazquez Taín, sobre as escoitas telefónicas que serviron para encarcerar a Dorado, demostrarían que a relación de Feijóo co narco seguía, despois dos anos 90 // As protestas dos afectados polas participacions preferentes fai suspender o pleno municipal de Nigrán. En Tui, foron desaloxados do salon de plenos do concello, onde levaban 3 meses pechados. 03/04/13

As novas furgonetas Partner e Berlingo, na súa versión eléctrica empezaron a fabricarse na factoría automobilística que PSA Peugeot Citroën tén en Vigo. Chegarán aos concesionarios este verán. As protestas dos afectados polas participacions preferentes fai suspender o pleno municipal de Nigrán. 03/04/13

O paro rexistrado en Galicia descendeu en 1.600 persoas durante o mes de marzo // O Presidente da Xunta comparecerá a semana que vén no Parlamento para explicar as fotografías nas que aparece en compañía do narcotraficante Marcial Dorado. 02/04/13

O paro rexistrado en Galicia descendeu en 1.600 persoas durante o mes de marzo. É a primeira baixada do desemprego neste mes nos últimos cinco anos // Hoxe algo mais de 291.000 parados rexistrados. Son un 5 por cento mais ca o ano pasado // Os encoros galegos están ó 92 por cento da sua capacidade, debido ás abondosas choivas caidas nas ultimas semanas. Ainda asi, está controlado o risco de desbordamento dos rios galegos // O Presidente da Xunta comparecerá a semana que vén no Parlamento para explicar as fotografías nas que aparece, a mediados dos anos 90, en compañía de Marcial Dorado quen posteriormente sería condenado por narcotráfico // 230 toneladas de lixo acumulanse nas ruas de Vilalba, logo de 16 dias de folga por parte dos traballadores da empresa Urbaser. 02/04/13

O paro rexistrado en Galicia descendeu en 1.600 persoas durante o mes de marzo. É a primeira baixada do desemprego neste mes nos últimos cinco anos // Os encoros galegos están ó 92 por cento da sua capacidade, debido ás abondosas choivas caidas nas ultimas semanas // O Presidente da Xunta comparecerá a semana que vén no Parlamento para explicar as fotografías nas que aparece en compañía de Marcial Dorado. 02/04/13

O Presidente da Xunta di que tén a conciencia moi tranquila e que nunca formalizou ningún contrato con Marcial Dorado. Os grupos da oposición califican os feitos coma da máxima gravidade, e pídenlle que dimita // Concentracions de repulsa pola morte dunha muller en Lugo, presuntamente a mans do seu home, o pasado venres. 01/04/13

O Presidente da Xunta di que actuou sempre dentro da lei e que non asinou ningún tipo de contrato con Marcial Dorado, logo da publicación dunhas fotos nas que aparece en compañía de Dorado, actualmente encarcerado por delictos de narcotráfico. Os grupos da oposición pedíronlle responsabilidades. O lider dos socialistas di que Feijoo non pode seguir no cargo, e os voceiros de AGE e BNG piden tamén a súa demisión // Concentracions de repulsa pola morte dunha muller en Lugo, presuntamente a mans do seu home, o pasado venres // Representantes do concello e da corporación provincial mativeron 5 minutos de silencio // O Deportivo aférrase á posibilidade da permanencia na primeira división despois da convincente vitoria de onte fronte ó Mallorca, por 2 goles a 3. O Celta tamén segue en postos de descenso pero síntese reforzado logo do empate a dous goles contra o Barcelona en Balaidos. 01/04/13

O Presidente da Xunta di que actuou sempre dentro da lei e que non asinou ningún tipo de contrato con Marcial Dorado. Os grupos da oposición piden a súa demisión // Concentracions de repulsa pola morte dunha muller en Lugo, presuntamente a mans do seu home, o pasado venres. 01/04/13

A Xunta non vai recorrer o fallo xudicial que anula os convenios cos 5 colexios que separan os alumnos en funcion do sexo. // Unha nova protesta dos afectados polas preferentes obrigou a suspender outra vez o Pleno do concello de Ponteareas. O equipo de goberno abandoou o edificio escoltado por forzas de seguridade. (27/03/13)

A predicción do tempo anuncia para estes próximos días festivos a continuación do ambiente chuvioso. Somente nos intervalos entre as sucesivas frontes notaremos alguna melloría. (27/03/13)

Unha Semana Santa pasada por auga.

É o que nos están a deixar estas choivas, dun mes de marzo que remata, igual que empezou. Unhas insistentes precipitacións que afectan á ocupación hoteleira. Para as próximas horas está anunciado un novo empeoramento, que se vai notar máis, mañá pola tarde//O presidente da Xunta defende a nova norma, de pagamento nos comedores escolares, en funcion da renda, que califica de SOCIALDEMÓCRATA. Dixoo Alberto Nuñez Feijoo en resposta ó socialista Pachi Vazquez, que amenazou con levar a norma ó Tribunal Constitucional.//A bonoloto deixa un premio de 3 millóns de euros en Melide. Segundo se conta na vila coruñesa, o agraciado é un peregrino de Córdoba que estaba facendo, o camiño de Santiago. (27/03/13)

Unha Semana Santa pasada por auga. É o que nos están a deixar estas choivas, dun mes de marzo que remata, igual que empezou. Unhas insistentes precipitacións que afectan á ocupación hoteleira. //O presidente da Xunta defende a nova norma, de pagamento nos comedores escolares, en funcion da renda, que califica de SOCIALDEMÓCRATA.//A bonoloto deixa un premio de 3 millóns de euros en Melide. Segundo se conta na vila coruñesa, o agraciado é un peregrino de Córdoba que estaba facendo, o camiño de Santiago. (27/03/13)

Un grupo de damnificados polas preferentes foron desaloxados pola policía local das dependencias municipais de Sanxenxo e, no Parlamento Galego, eses productos bancarios foron asunto de debate por mor das peticións dos grupos da oposición de incluír na orde do día unha comparecencia do Presidente da Xunta.// Os comercios de alimentación da provincia de Pontevedra abriron hoxe con normalidade ó desconvocarse a folga, que estaba prevista ata o sábado. //Seguen os actos da Semana Santa, pese ao tempo húmido. En Lugo a procesión da Virxe da Esperanza volveu congregar a milleiros de persoas nas rúas . //O presidente do Celta lamenta o pobre resultado das fichaxes do club nesta temporada, entre elas as de seis xogadores internacionais. Son responsables, en parte,di, da delicada situación na que se encontra o equipo. (26/03/13)

Un grupo de damnificados polas preferentes foron desaloxados pola policía local das dependencias municipais de Sanxenxo.// Os comercios de alimentación da provincia de Pontevedra abriron hoxe con normalidade ó desconvocarse a folga. //O presidente do Celta lamenta o pobre resultado das fichaxes do club nesta temporada, entre elas as de seis xogadores internacionais. (26/03/13)

A chuvia instalouse entre nos e parece que aqui vai quedar. Vai seguir chovendo esta tarde, ...con máis forza nas rias atlánticas. Para mañá, agárdanse máis chuvias ...na primeira metade do día. (26/03/13)

Seguen as protestas dos afectados polas participacions preferentes. Nos concellos pontevedreses de Salvaterra, As Neves e Gondomar obrigaron a suspender os plenos.

Os traballadores da Fábrica de Armas da Coruña pecháronse nas instalaciòns da factoría en demanda dunha solución política ao anuncio da multinacional propietaria de que a vai pechar a finais de abril . (25/03/13)