Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A petroleira pública Pemex asinou co estaleiro Barreras unha carta de intencións para mercar o cincuenta e un por cento da firma viguesa onde vai construir un dos floteis que comprometera para Galicia // A Xunta envía ao Parlamento a nova lei de garantía e protección sanitaria que posibilita a libre elección de médico e de centro hospitalario e garante o dereito a unha segunda opinión nun prazo de 10 días // Declaran ante a fiscalía en Vigo os pais e o neno de 11 anos que leva máis dun mes na casa logo de ser agredido no colexio. Insisten en pedir o traslado de centro para o menor e tamen para o seu irman. 02/05/13

A entrada de capital mexicano no estaleiro vigués de Barreras empeza a tomar corpo. A multinacional petroleira PEMEX asinou co maior privado galego unha carta de intencións para mercar o cincuenta e un por cento da constructora naval viguesa // Executivos da consultora Deloitte, designada polo xulgado para administrar Pescanova, traballan desde esta mañá nas oficinas centrais da compañía en Chapela // Declaran nun xulgado de Vigo os pais e o neno de 11 anos que leva máis dun mes na casa logo de ser agredido no colexio. Os pais apoiaron os seus testimonios con un informe psicolóxico do pequeno para defenderse da acusación de absentismo escolar inxustificado // A liga de futbol investiga se o partido Levante-Deportivo, que rematou con vitoria coruñesa por 0-4, estaba amañado. O capitan levantino Barkero acusou a compañeiros seus de aceptar cartos do rival por deixarse gañar, ainda que despois rectificaria e pediría disculpas. 02/05/13

A multinacional petroleira PEMEX asinou co maior privado galego unha carta de intencións para mercar o cincuenta e un por cento da constructora naval viguesa Barreras // Declaran nun xulgado de Vigo os pais e o neno de 11 anos que leva máis dun mes na casa logo de ser agredido no colexio // A liga de futbol investiga se o partido Levante-Deportivo, que rematou con vitoria coruñesa por 0-4, estaba amañado. 02/05/13

As protestas dos afectados polas preferentes volveron facerse presentes hoxe durante un acto institucional. Os alcaldes de Nigrán e Gondomar tiveron que sair escoltados por gardas civís e policías locais do Concello de Baiona // A siniestralidade nas estradas galegas diminui nun 43% nos últimos anos.Segundo os datos que ofreceu hoxe a Xunta o número de víctimas mortais pasou de 76, no 2008, a 43, o ano pasado. 30/04/13

A siniestralidade nas estradas galegas diminui nun 43% nos últimos anos.Segundo os datos que ofreceu hoxe a Xunta o número de víctimas mortais nestas vías de comunicación pasou de 76, no 2008, a 43, o ano pasado // Faise pública a sentenza sobre o accidente laboral que custou a vida, hai case oito anos, a 4 traballadores en Navantia-Ferrol . Tres dos acusados foron condenados a 9 meses de prisión por un delicto de homicidio por imprudencia grave. As familias das vítimas serán indemnizadas con case un millón e medio de euros // Novagalicia banco perdeu o ano pasado case 8.000 millons de euros, ao tempo que fixo saneamentos e provisions por valor de 8.200 millons de euros // O Deportivo logrou un punto valioso no campo do Betis, que aspira a competicions europeas. Os galegos adiantáronse no marcador cun gol espectacular de Riki, igualado despois polos andaluces. 30/04/13

O nordés segue a deixarnos fríos un día máis. Os termómetros semella que se resisten a subir e as máximas hoxe quedarán por baixo dos quince graos na maior parte de Galicia. 30/04/13

A siniestralidade nas estradas galegas diminui nun 43% nos últimos anos. Faise pública a sentenza sobre o accidente laboral que custou a vida, hai case oito anos, a 4 traballadores en Navantia-Ferrol // O Deportivo logrou un punto valioso no campo do Betis, que aspira a competicions europeas. 30/04/13

Xa está funcionando a plataforma loxística construída polo SERGAS na localidade coruñesa de Negreira. De momento só abastece aos centros hospitalarios da zona de Santiago pero o ano que vén subministrará ás entidades sanitarias de toda Galicia // Rescatan por aire a un condutor que se precipitou por un barranco e quedou suspendido nel sobre unha rocha. Sucedeu onte á noite na Serra da Groba en Oia, Pontevedra. Él mesmo chamou o 112. 29/04/13

O Comercio minorista non pasa polos seus mellores momentos. As súas vendas baixaron no último ano. En Galicia esa reducción foi de algo máis do 12 por cento, entre marzo do ano pasado e este último.As tendas de alimentación figuran entre as que menos descenso de vendas experimentaron // O banco Etcheverría e o seu Socio o Banesco de Venezuela van levar a cabo un proxecto de expansión en Galicia que suporá a posta de 200 millóns de euros a disposición do sistema produtivo e a apertura de setenta novas oficinas // Xa está funcionando a plataforma loxística construída polo SERGAS na localidade coruñesa de Negreira. De momento só abastece aos centros hospitalarios da zona de Santiago pero o ano que vén subministrará ás entidades sanitarias de toda Galicia. 29/04/13

Pois, precisamente, pola estación, hoxe as temperaturas tenden a subir nun día que como viamos comezou solleiro. De cara a tarde os prognósticos din que van ir aumentando as nubes que apenas deixarán chuvia no norte e no leste da comunidade. 29/04/13

As vendas do comercio minorista baixaron no último ano. En Galicia esa redución foi de algo máis do 12 por cento, entre marzo do ano pasado e este último // O banco Etcheverría e o seu Socio o Banesco de Venezuela van levar a cabo un proxecto de expansión en Galicia // Xa está funcionando a plataforma loxística construída polo SERGAS na localidade coruñesa de Negreira. 29/04/13

As protestas de centos de afectados polas participacións preferentes impediron hoxe a celebración dun pleno da Deputación de Pontevedra // Namentres, un Xulgado da Coruña, condenou a Novagalicia Banco a reintegrar a un matrimonio de Lugo, case 90.000 euros // O Partido Popular mantén a petición de demisión de Xosé Manuel Beiras, a raiz do incidente protagonizado polo portavoz de AGE no Pleno do Parlamento antonte, cando petou no escano do Presidente da Xunta, mentres Núñez Feijóo estaba intervindo. 26/04/13

A roupa de abrigo volve verse hoxe nas rúas e centros de traballo, logo de varios días de ambiente primaveral. O tempo cambiou bruscamente nas últimas horas. Ademáis hai alerta amarela na costa onde se rexistran refachos de vento de ata 80 quilómetros á hora // O sindicato maioritario de Pescanova, CC.OO vai estar presente no proceso concursal da empresa. A Xunta califica a posta en marcha do concurso coma unha boa nova para garantir a continuidade da multinacional // O Celta espera continuar mañá ante o Levante a remontada para sair do descenso. O Deportivo visita o luns ao Betis, tamen coa idea de seguir sumando puntos. 26/04/13

O sindicato maioritario de Pescanova, CC.OO vai estar presente no proceso concursal da empresa // O Celta espera continuar mañá ante o Levante a remontada. O Deportivo visita o luns ao Betis, tamen coa idea de seguir sumando puntos. 26/04/13

Na nosa comunidade máis de 287.000 persoas en paro. Son datos da enquisa de poboación activa do primeiro trimestre deste ano

O lider dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, acolle con satisfacción o anuncio, coñecido hoxe, de que o PSOE elexirá mediante primarias aos seus secretarios xerais en toda España. Vázquez espera agora poder pactar a data para a elección

A Xunta destina 138 millóns de euros a facilitarlles o acceso ao emprego a 37 mil parados. (25/04/13)

Na nosa comunidade máis de 287.000 persoas en paro. Son datos da enquisa de poboación activa do primeiro trimestre deste ano. O 22,35 por cento dos galegos en idade de traballajar están sen emprego. Son case 22.000 máis que hai un ano. O paro afecta especialmente aos máis novos, un de cada dos menores de 25 anos non atopan traballo./ O lider dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, acolle con satisfacción o anuncio, coñecido hoxe, de que o PSOE elexirá mediante primarias aos seus secretarios xerais en toda España. Así o anunciou hoxe o secretario de Organización Oscar López, facendo así xeneralizado o sistema anunciado polos socialistas galegos. /A Xunta destina 138 millóns de euros a facilitarlles o acceso ao emprego a 37 mil parados. Promoverá obradoiros de emprego, a incentivación de contratacións e o fomento de microempresas. O Consello tamén lle deu o visto e prace ao proxecto de lei do RISGA que posibilita a compatibilización destas axudas con rendas do traballo. (25/04/13)

Na nosa comunidade máis de 287.000 persoas en paro. Son datos da enquisa de poboación activa do primeiro trimestre.. A Xunta destina 138 millóns de euros a facilitarlles o acceso ao emprego a 37 mil parados. (25/04/13)

Ás portas de que mude o tempo radicalmente de cara a fin de semana hoxe aínda disfrutamos de sol e temperaturas máximas que rondarán os 23 graos. En Ourense rozarán os 30. (25/04/13)