Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Milleiros de persoas participaron nas manifestacións que acompañaron, esta mañá, á folga convocada en tódolos niveis do ensino contra a política educativa do Goberno Central // O Congreso aprobará esta tarde a reforma da lei de costas, que en Galicia legalizará unas oito mil vivendas. Tamen abre á porta a que ENCE quede na Ría de Pontevedra máis aló de 2018. 09/05/13

Moitas aulas baleiras hoxe e outras con poucos alumnos. Son os efectos da folga contra a política educativa do Goberno e a reforma plantexada polo Ministro Wert. Unha folga acompañada por manifestacións que tiveron lugar este mediodía nas principais cidades e en máis dunha ducia de vilas e nas que participaron milleiros de persoas // Os fabricantes galegos de conserva ven perigar 10 mil empregos no sector en Galicia se se eliminan os aranceis á importacion de atun deTailandia, que é o primeiro productor mundial. Acaban de pedirlle o ministro de Pesca, que os defenda ante Bruselas // O Congreso aprobará esta tarde a reforma da lei de costas, que en Galicia legalizará unas 8 mil vivendas. Tamen abre á porta a que ENCE quede na Ría de Pontevedra máis aló de 2018 // O Celta xogou unha boa primeira parte, pero xusto no inicio da segunda o Atletico de Madrid marcou o primeiro dos 3 goles, cos que deixa aos celestes a un paso de segunda division. 09/05/13

Moitas aulas baleiras hoxe e outras con poucos alumnos. Son os efectos da folga contra a política educativa do Goberno e a reforma plantexada polo Ministro Wert // O Congreso aprobará esta tarde a reforma da lei de costas. En Galicia legalizará unas 8 mil vivendas. 09/05/13

A predicciòn do tempo anuncia que comeza a restablecerse a influencia anticiclónica. Esta tarde empezaranse a abrir claros ao tempo que soben as temperaturas máximas pero baixan as mínimas. 09/05/13

Detidos a parella de ladróns fuxidos despois de cometeren varios atracos na comarca do Salnés. Levaban catro días evadindo os controis das forzas policiáis // Dous matrimonios de anciáns de Moaña reclamaron, nun xuízo celebrado esta mañá, á Novagalicia banco trescentos mil euros que teñen en preferentes // No que vai de ano, 35 persoas morreron nas estradas de Galicia, dúas menos que o ano pasado por estas mesmas datas. 08/05/13

Detidos a parella de ladróns fuxidos despois de cometeren varios atracos na comarca do Salnés. Levaban catro días evadindo os controis das forzas policiáis // Dous matrimonios de anciáns de Moaña reclamaron, nun xuízo celebrado esta mañá, á Novagalicia banco trescentos mil euros. Foi o que aforraron mentres estiveron emigrados, e que agora teñen atrapados en participacións preferentes // No que vai de ano, 35 persoas morreron nas estradas de Galicia, dúas menos que o ano pasado por estas mesmas datas. O 2012 rematou con 142 vítimas mortais, menos tamén que no 2011 // Quedan menos de 300 entradas á venda en Balaidos. Ás 7 e media desta tarde o Celta xogase gran parte das posibilidades de seguir en Primeira. En fronte terá ao mellor Atletico dos ultimos 20 anos, segundo di do seu anterior equipo o adestrador olivico Abel Resino. 08/05/13

Detidos a parella de ladróns fuxidos despois de cometeren varios atracos na comarca do Salnés. Levaban catro días evadindo os controis das forzas policiáis // Dous matrimonios de anciáns de Moaña reclamaron, nun xuízo celebrado esta mañá, á Novagalicia banco trescentos mil euros que teñen en preferentes // Quedan menos de 300 entradas á venda en Balaidos. Ás 7 e media desta tarde o Celta xogase gran parte das posibilidades de seguir en Primeira. 08/05/13

Máis nubes ca choiva neste mércores no que comeza a mudar o tempo. Xa de cara a tarde agardamos que vaian remitindo as precipitacións. As temperaturas seguen en valores semellantes os destes días. Mínimas en torno a 13 graos e máximas arredor dos dezaoito. 08/05/13

O embaixador de Noruega en España afirma que o seu pais ve con interés a cooperación dos estaleiros galegos coa petroleira mexicana PEMEX. O representante do país nórdico mantivo hoxe unha reunión co Presidente da Xunta // Unha granxa de Cualedro, en Ourense sofriu o quinto roubo de gando que se rexistra este ano na zona. Os ladróns levaron, neste caso, 59 becerros, listos para vender e valorados nuns 75 mil euros. 07/05/13

Unha granxa de Cualedro, en Ourense sofriu o quinto roubo de gando que se rexistra este ano na zona. Os ladróns levaron, neste caso, 59 becerros, listos para vender e valorados nuns 75 mil euros. Sospéitase que as reses son levadas a Portugal para sacrificalas de xeito clandestino // Recupérase no hospital a moza de 20 anos rescatada onte logo de caer co seu coche ó rio Limia, en Lobios, Ourense, por un barranco de 25 metros de altura. O vehiculo quedou case sumerxido e a moza puido sair por ela soa e pedir axuda desde unha zona de moi dificil acceso. Fracturou os dous nocellos // A asma é a enfermidade crónica mais común durante a infancia e a causa que provoca mais ingresos hospitalarios dos nenos. Co inverno tan chuvioso que tivemos, unha primavera seca aumentaralles aos asmáticos os problemas polo alto nivel de pole. 07/05/13

Unha granxa de Cualedro, en Ourense sofriu o quinto roubo de gando que se rexistra este ano na zona. Os ladróns levaron, neste caso, 59 becerros, listos para vender e valorados nuns 75 mil euros // Recupérase no hospital a moza de 20 anos rescatada onte logo de caer co seu coche ó rio Limia, en Lobios, Ourense, por un barranco de 25 metros de altura. 07/05/13

As previsións anuncian chuvias. Sobre todo nesta provincia onde a aemet mesmo activou a alerta amarela. Poden acumularse ata 45 litros de auga por metro cadrado en doce horas. 07/05/13

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou, o pasado mes de abril, en 728 persoas // A dirección do estaleiro Barreras confirma que Pemex vai construir nas instalacións vigueras máis barcos que o flotel que estaba encargado // A Garda Civil segue buscando a unha parella de atracadores (home e muller) que, a pasada fin de semana, lograron fuxir a pé tras eludir o cerco das forzas da orde, no medio dun considerable despregue. 06/05/13

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou, o pasado mes de abril, en 728 persoas. A cifra representa un descenso de dúas décimas con respecto a marzo. Con estes datos o total de desempregados na nosa comunidade é de 290.459 // A dirección do estaleiro Barreras confirma que Pemex vai construir nas instalacións vigueras máis barcos que o flotel que estaba encargado. A Xunta de accionistas decidiu hoxe a ampliación de capital de 10 millóns de euros dos que a petroleira mexicana aportará o cincuenta e un por cento // Aurelia Rey, a muller octoxenaria da Coruña que evitara ser desafiuzada dun piso de aluguer, estrea un de promocion autonomica concedido polos Servizos Sociais // O empate na casa co Atletico de Madrid devolve ao Deportivo a postos de descenso, ser adiantado polo Zaragoza por gañarlle ao Rayo. O Celta salvou un punto no empate ante o Atletic de Bilbao, e este mercores enfrontase ao Atletico de Madrid. 06/05/13

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou, o pasado mes de abril, en 728 persoas // A dirección do estaleiro Barreras confirma que Pemex vai construir nas instalacións vigueras máis barcos que o flotel que estaba encargado // O empate na casa co Atletico de Madrid devolve ao Deportivo a postos de descenso. O Celta salvou un punto no empate ante o Atletic de Bilbao. 06/05/13

Despois dunha fin de semana de Verán volven a rua paraguas e abrigos, Galicia volve cubrirse de nubes. Este cambio de tempo trae consigo temperaturas que descenderán de xeito moderado. 06/05/13

A compra da maioría do capital do estaleiro Barreras de Vigo por Pemex é recibida con entusiasmo polos traballadores e a industria auxiliar do naval. Aprecian a oportunidade que pode supor a renovación da flota da petroleira // O ERE da Deputación provincial de Ourense non se axusta a dereito. Así o entende o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que estima parcialmente a demanda contra o Expediente de Regulación que supuxo o despido de 25 traballadores. 03/05/13

Grazas a tres grandes cruceiros, atracados no porto, A Coruña conta hoxe con sete mil habitantes máis dos habituais. É a cifra de viaxeiros que chegaron, de xeito case simultáneo, a primeira hora da mañá ao peirao coruñés, onde están a facer escala, procedentes de Lisboa, Porto e Cádiz // A adquisición anunciada da maioría do capital do estaleiro vigués barreras pola petroleira mexicana PEMEX é recibida con entusiasmo polos traballadores e a industria auxiliar do naval. Aumentan as exportacións de madeira e os seus derivados. O ano pasado subiron máis dun 2 por cento, respecto ás vendas ao exterior do 2011 e foron decesivas para manter o sector // A Xustiza condena a Deputación da Coruña a indemnizar con mais de 25 mil euros a unha nena vítima de acoso escolar. 03/05/13

Sete mil viaxeiros que chegaron hoxe á Coruña a bordo de tres grandes procedentes de Lisboa, Porto e Cádiz // A adquisición anunciada da maioría do capital do estaleiro vigués barreras pola petroleira mexicana PEMEX é recibida con entusiasmo polos traballadores e a industria auxiliar do naval // A Xustiza condena a Deputación da Coruña a indemnizar con mais de 25 mil euros a unha nena vítima de acoso escolar. 03/05/13

Os termómetros seguen a subir de cara a fin de semana na que nos vai acompañar o sol. As máximas superarán os 20 graos e incluso en Ourense poden chegar os 27. Martín Barreiro tén a previsión completa. 03/05/13