A Audiencia Nacional imputa o presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, a otro conselleiro da multinacional e a dous accionistas por varios delictos, entre eles os de falsear contas e uso de información privilexiada. O xuiz Pablo Ruz citaos a declarar a primeiros de xullo.
A Xunta deulle hoxe o visto e prace ao proxecto de lei de emprendedores que reduce a 24 horas o tempo para tramitar a creación dunha nova empresa. (23/05/13)
Vaise asentando a situación anticiclónica. unha situación que está a permitir que diminúa a nebulosidade pero que tamén fai baixar as temperaturas. (23/05/13)
En Galicia ondearán este verán128 bandeiras azuis, dúas máis ca o ano pasado.
A nosa é comunidade que máis bandeiras consegue.
A Xunta deulle hoxe o visto e prace ao proxecto de lei de emprendedores que reduce a 24 horas o tempo para tramitar a creación dunha nova empresa. (23/05/13)
En Galicia ondearán este verán128 bandeiras azuis, dúas máis ca o ano pasado.
A nosa é comunidade que máis bandeiras consegue.
Ademáis dos areais recoñecidos, o Concello de Burela recibiu un premio pola súa información e xestión ambiental e o de Ribadeo pola xestión de resíduos urbáns no seu territorio, que conta con famosos areáis coma o das Catedráis.
A Xunta deulle hoxe o visto e prace ao proxecto de lei de emprendedores que reduce a 24 horas o tempo para tramitar a creación dunha nova empresa. Tamén suprime a licencia municipal previa para os novos emprendementos e reduce a un os número órganos que asesoran á Consellería de economía.
O Consello tamén analizou un informe sobre o absentismo laboral na administración que se reduciu o ano pasado, un 31%.
O Xogador do Deportivo Juan Carlos Valerón adía o anuncio da súa decisión sobre se vai continuar ou non no clube. Hoxe dixo que xa tén tomada a decisión pero que non a vai facer pública ata ao remate da tempada. (23/05/13)
Inaugurada unha nova central hidroeléctrica na bacía do río Sil, en Ourense. Está situada a 100 metros baixo terra para aproveitar a auga que a antiga central de Santo Estevo tiña que liberar ao río sen turbinala pola súa incapacidade para xestionar todo o caudal acumulado na presa // A Dirección Xeral de Tráfico considera improcedentes as denuncias efectuadas por dous axentes pola sinalización en Galego das peaxes da Autoestrada do Atlántico. Unhas denuncias que propuñan sancións de ata 162.000 euros. 22/05/13
O Porto Exterior de Punta Langosteira e a costa coruñesa en xeral conta dende hoxe cun novo e moderno instrumento de medición da situación do mar. Unha nova boia oceanográfica acaba de ser fondeada a un kilómetro das instalacións // O secretario xeral do PsdeG, Pachi Vázquez di que os socialistas van participar nas consultas abertas polo grupo popular para abordar a proposta de reducción do número de deputados do Parlamento. Levará unha contraproposta que, di, aporte máis eficacia á cámara. O Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, di que o grupo maioritario está disposto a negociar // O empresario Jorge Dorribo, principal imputado na Operación Campeón, e a sua muller volveron hoxe ós xulgados de Lugo para responder por delitos fiscais na súa declaración da renda. Son parte das últimas dilixencias desta macrooperación antes de que a xuíza Estela San José remate a instrucción. 22/05/13
O Porto Exterior de Punta Langosteira e a costa coruñesa en xeral conta dende hoxe cun novo e moderno instrumento de medición da situación do mar.Unha boia oceanográfica a un kilómetro das instalacións // O secretario xeral do PsdeG, Pachi Vázquez di que os socialistas van participar nas consultas para abordar a proposta de reducción do número de deputados do Parlamento. O Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, di que o grupo maioritario está disposto a negociar. 22/05/13
Máis claros ca nubes nes te mércores no que as temperaturas continuan frescas. As máximas moveranse entre os 16 graos da Coruña ou Lugo e os 21 de Ourense. 22/05/13
O Presidente da Xunta vai viaxar a Cuba despois do verán. Busca reforzar o apoio aos 38 mil galegos que viven naquela illa. O Goberno Galego lembra que Cuba está vivindo un proceso de reformas que ofrece oportunidades para as empresas galegas // Na localidade ourensá de Viana do Bolo a empresa que vai reabrir a mina da Penouta comezou a recoller os currículos dos interesados en traballar no proxecto. Os promotores pensan contratar a perto dun cento de operarios. 21/05/13
Na localidade ourensá de Viana do Bolo a empresa que vai reabrir a mina da Penouta comezou a recoller os currículos dos interesados en traballar no proxecto. Os promotores pensan contratar a perto dun cento de operarios, dende enxeñeiros ata mecánicos ou soldadores. Ata agora xa recibiu máis de 2.000 de toda España // O Tribunal Supremo confirma a ilegalidade de 52 chalets de luxo construídos no Grove, ao pe da praia dos Raeiros. A constructora tiña licenza para levantar un aparthotel en solo rustico, pero acabou construindo vivendas individuais. A sentenza xa é firme, pero non plantexa o derrube da urbanización // O aeroporto de Lavacolla estrea hoxe unha ruta aérea directa a Estambul coa compañía Turkish Airlines. Voará desde Santiago á capital turca tres días á semana. Este enlace non establece ninguha contrapartida economica para a compañia aerea. 21/05/13
Na localidade ourensá de Viana do Bolo a empresa que vai reabrir a mina da Penouta comezou a recoller os currículos dos interesados en traballar no proxecto. Os promotores pensan contratar a perto dun cento de operarios // O aeroporto de Lavacolla estrea hoxe unha ruta aérea directa a Estambul coa compañía Turkish Airlines. 21/05/13
Moitas nubes neste martes no que pode chubiñar algo polo norte. As temperaturas serán algo máis frescas por ahí, en torno os 17 graos e subirán ata os 19 polo sur. 21/05/13
Xa están en Galicia o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo, e máis a vintena de embaixadores da unión europea que veñen para analizar a correcta utilización dos 6 mil millóns de euros de fondos comunitarios que se investiron na nosa comunidade nos ultimos 7 anos // O Presidente da Real Academia, Alonso Montero declarouse partidario de que calquer norma linguística sirva para favorecer o galego como língua do ensino. Dixo comprender que outras comunidades anunciasen recursos contra a proposta lexislativa do goberno central, a coñecida coma Lei Wert. 20/05/13
Xa están en Galicia o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo, e máis a vintena de embaixadores da unión europea que veñen para analizar a correcta utilización dos 6 mil millóns de euros de fondos comunitarios que se investiron na nosa comunidade nos ultimos sete anos // Comezou na Coruña o xuízo polo asesinato dun mozo colombiano de 25 anos. O fiscal solicita 20 anos de cárcere para unha muller acusada de inducir o crime ao enterarse de que tamén mantiña relacións coa su filla menor de idade // O Deportivo depende de si mesmo para seguir en Primeira, logo da vitoria en Riazor fronte ao Español e a derrota na casa do Zaragoza, o principal adversario // Histórica clasificacion do Blusens Monbus Obradoiro que por vez primeira xogará a liguiña polo titulo. Venceu ao Bilbao Basket cun pavillon do Sar a reventar, cunha afeccion que acaba de merecer un premio polo apoio ao equipo. No primeiro partido polo titulo enfrontarase ao Real Madrid. 20/05/13
Xa están en Galicia o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo, e máis a vintena de embaixadores da unión europea que veñen para analizar a correcta utilización dos fondos comunitarios // O Deportivo depende de si mesmo para seguir en Primeira, logo da vitoria en Riazor fronte ao Español e a derrota na casa do Zaragoza, o principal adversario // Histórica clasificacion do Blusens Monbus Obradoiro que por vez primeira xogará a liguiña polo titulo. 20/05/13
Comezamos semana con máis sol ca nubes e con temperaturas máximas que soben. Valores que rondarán os 16 polo norte e os 18 polo sur da comunidade. 20/05/13
Galicia homenaxea a Roberto Vidal Bolaño, considerado o renovador do teatro galego.A súa figura centrou a sesión extraordinaria no día das letras da Real Academia Galega. Vista Alegre. Milleiros de persoas manifestáronse hoxe polas rúas de santiago en defensa da lingua galega e como crítica á política da Xunta nesta materia. (17/05/13)
Galicia homenaxea a Roberto Vidal Bolaño, considerado o renovador do teatro galego.
Milleiros de persoas manifestáronse hoxe polas rúas de santiago en defensa da lingua galega e como crítica á política da Xunta nesta materia. (17/05/13)
O cambio de tempo e a baixada das temperaturas levou a neve ás montañas por riba dos 1.000 metros. Moitas persoas aproveitan que hoxe é festivo e non hai actividade escolar para disfrutar cos fillos dunha visita á neve cando estamos mediando o mes de maio. (17/05/13)
Galicia homenaxea a Roberto Vidal Bolaño, considerado o renovador do teatro galego.
A súa figura centrou a sesión extraordinaria no día das letras da Real Academia Galega, coa asistencia das primeiras autoridades pero tamén outros máis sinxelos coma o descubrimento dunha placa conmemorativa na casa onde naceu o dramaturgo, na compostelá barriada de Vista Alegre.
Milleiros de persoas manifestáronse hoxe polas rúas de santiago en defensa da lingua galega e como crítica á política da Xunta nesta materia.
Á marcha, convocada pola plataforma "Queremos Galego" asistiron representantes dos grupos da oposición no Parlamento , PSdeG-PSOE, AGE e BNG.
Os participantes pediron a retirada do decreto de plurilinguismo e a volta á lei de normalización linguistica anterior. (17/05/13)