Os termómetros están escalando rápidamente cara a perto dos corenta graos, en moitas comarcas do Sur de Galicia, sobre todo na beira do Miño e en Valdeorras onde está decretada unha alerta laranxa que lles afecta tamén ao Sur e ao Noroeste da provincia ourensá.
O Presidente da Xunta suxeriu que había interés no Banco de España e o Goberno Central anterior en facer desaparecer as caixas galegas despois de fusionalas. A oposiciòn demandou que se depuren responsabilidades políticas pola desaparición das entidades de aforrro
Para hoxe está previsto un novo intento de acordo entre a Consellería do Mar e os naseiros que se opoñen aos plans de regulación da pesca do polbo.Un novo contacto que chega tras unha negociación infructuosa de case dez horas. As diferenzas seguen a estar na obrigatoriedade de identificar as nasas de cada barco e retiralas do mar nas fins de semana.Medidas coas que a Consellería quere protexer o recurso e que algúns pósitos consideran inadmisibles e discriminatorias. (05/07/13)