A previsión anuncia un lixeiro refrescamento para as próximas datas e o domingo mesmo haberá alternancia entre nubes e claros. (19/07/13)
O secretario Xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, non vai ser candidato nas primarias para elexir ao novo titular do cargo.
Hoxe remata o primeiro prazo para que se matriculen os 12 mil alumnos galegos que aspiran a praza nalgunha das 141 titulacións que ofrecen as nosas universidades.
O Celta comeza hoxe unha concentración de nove días en Melgaço, na outra beira do Miño, para completar a integración no equipo das últimas fichaxes. (19/07/13)
Os estaleiros privados con actividade voltaron hoxe ao traballo con normalidade, logo de coñecida xa a decisiòn da Comisión Europea sobre a devoluciòn das axudas fiscais.Namentres Os sindicatos do sector instan ao Goberno a resolver este mesmo mes os requerimentos de Bruxelas sobre a devolución para que se poidan concretar con seguridade xurídica os contratos que están negociando os estaleiros.
Os servizos xurídicos do goberno español estudan xa a presentación dun recurso contra a resolución europea sobre o tax lease. Anunciouno o Ministro de Industria que tamén lle pediu á Uniòn Europea apoio para un sector vital para a nosa economía e defendeu que actuou sempre conforme ao principio de seguridade xurídica
Pesar na clase politica polo falecemento de Anxo Guerreiro, aos 67 anos de idade, logo de pasar uns ultimos anos enfermo. Geluco, como tamen se lle coñecia,é unha figura historica da politica galega. Como representante do partido comunista participou na comisión que redactou o Estatuto de Autonomía de Galicia e foi deputado no Parlamento galego en dúas lexislatura. (18/07/13)
A calor continua hoxe con temperaturas máximas que na coruña ou Vigo rondarán os 25 graos. Mentres no interior superarán os trinta graos coma en Lugo e Ourense onde poden acadar os 37graos. (18/07/13)
Os estaleiros privados con actividade voltaron hoxe ao traballo con normalidade, logo de coñecida xa a decisiòn da Comisión Europea sobre a devoluciòn das axudas fiscais.
Os servizos xurídicos do goberno español estudan xa a presentación dun recurso contra a resolución europea sobre o tax lease.
Pesar na clase politica polo falecemento de Anxo Guerreiro, aos 67 anos de idade. (18/07/13)
A Comisión Europea esíxelle, finalmente a España a recuperación das axudas fiscais concedidas ao sector naval entre os anos 2007 e 2011 ao considerar que foron ilegais. E o acordo do Colexio de Comisarios, adoptado esta mañá e que daba a coñecer pouco antes do mediodía o comisario da Competencia, Joaquín Almunia // Os traballadores do sector naval temen que o acordo da Comisión faga perigar os seus empregos e que disuada a futuros clientes. A Xunta xa lle pediu ao Ministro de Industria que recorra a Estrasburgo e solicite a suspensión da devolución das axudas // Reuniuse dende primeira hora da mañá o Consello de Administración de Pescanova. É a primera vez que o fai despois de coñecerse o informe que revelaba práticas contables irregulares para ocultar a débeda da empresa que se aproxima os 3.300 millóns de euros. 17/07/13
A Comisión Europea esíxelle, finalmente a España a recuperación das axudas fiscais concedidas ao sector naval entre os anos 2007 e 2011 ao considerar que foron ilegais. E o acordo do Colexio de Comisarios, adoptado esta mañá e que daba a coñecer pouco antes do mediodía o comisario da Competencia, Joaquín Almunia // Os traballadores do sector naval temen que o acordo da Comisión faga perigar os seus empregos e que disuada a futuros clientes. A Xunta xa lle pediu ao Ministro de Industria que recorra a Estrasburgo e solicite a suspensión da devolución das axudas // Reuniuse dende primeira hora da mañá o Consello de Administración de Pescanova. É a primera vez que o fai despois de coñecerse o informe que revelaba práticas contables irregulares para ocultar a débeda da empresa que se aproxima os 3.300 millóns de euros. 17/07/13
A Comisión Europea esíxelle, finalmente a España a recuperación das axudas fiscais concedidas ao sector naval entre os anos 2007 e 2011 ao considerar que foron ilegais // Os traballadores do sector naval temen que o acordo da Comisión faga perigar os seus empregos e que disuada a futuros clientes // Reuniuse dende primeira hora da mañá o Consello de Administración de Pescanova. 17/07/13
Un día máis o sol e a calor seguen a ser os protagonistas do tempo que prácticamente vai ser idéntico o destes días. 17/07/13
Os Principes de Asturias presidiron en Marín, na Escola Naval Militar, a entrega dos despachos ós novos oficiais da armada // Os traballadores dos estaleiros privados galegos agardan con Asembleas e peches dos representantes a decisión sobre a devolución das bonificacións fiscais do tax lease // Inditex aprobou as contas do ano 2012. Un exercicio no que o grupo téxtil medrou e acadou un beneficio neto de 2.400 millóns de euros. 16/07/13
Os Principes de Asturias presidiron en Marín, na Escola Naval Militar, a entrega dos despachos ós novos oficiais da armada, tras cumplir o seu ciclo de 3 ou 5 anos de estudos. Nesta ocasión, a bretema axudou a facer máis levadeiro o calor do patio de armas // Os traballadores dos estaleiros privados galegos agardan con Asembleas e peches dos representantes a decisión sobre a devolución das bonificacións fiscais do tax lease, que se vai tomar mañá en Bruxelas. As filtracións, procedentes de Bruxelas sobre que a devolución podería afectar só ás axudas posteriores a 2007 non satisfai nin ao sector nin ás administracións // Celebrouse na sede da empresa, en Arteixo, a xunta ordinaria de accionistas de Inditex, que aprobou as contas do ano 2012. Un exercicio no que o grupo téxtil medrou e acadou un beneficio neto de 2.400 millóns de euros, un 22% superior ao anterior. O seu presidente, Pablo Isla, calificouna de empresa sostible, creadora de emprego e con vocación de futuro. 16/07/13
Os Principes de Asturias presidiron en Marín, na Escola Naval Militar, a entrega dos despachos ós novos oficiais da armada // Os traballadores dos estaleiros privados galegos agardan con Asembleas e peches dos representantes a decisión sobre a devolución das bonificacións fiscais do tax lease // Inditex aprobou as contas do ano 2012. Un exercicio no que o grupo téxtil medrou e acadou un beneficio neto de 2.400 millóns de euros. 16/07/13
Seguimos con sol e con temperaturas máximas que hoxe poden descender algo. Tamén se agardan treboadas nas provincias do interior. 16/07/13
O presidente do Goberno saiu hoxe en defensa do sector naval ante o da Uniòn Europea. Mariano Rajoy lembroulle a Durao Barroso que as decisiòns da Comisión deben ser xustas cos paises membros // Patrullas militares colaboran dende hoxe nas labores de prevención dos lumes forestais. Son 25, diseminadas fundamentalmente en zonas das provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña. Se o risco aumentase doblariase o seu numero, e incluso poderìan chegar a 75, coa incorporacion de dous helicopteros, que cederia a armada. 15/07/13
Patrullas militares colaboran dende hoxe nas labores de prevención dos lumes forestais. Son 25, diseminadas fundamentalmente en zonas das provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña. Se o risco aumentase doblariase o seu numero, e incluso poderìan chegar a 75, coa incorporacion de dous helicopteros, que cederia a armada // Policias a cabalo incorporanse por vez primeira ó dispositivo antiincendios, para evitar que prendan lume nos montes. Vixían especialmente as 77 parroquias que teñen maior risco de lumes forestais, e sobre as que a Xunta está estudando en detalle os motivos polos que nelas se producen cada veran 20 ou 30 incendios // A Conselleira galega do Medio Rural e do Mar representa en Bruxelas ás comunidades autónomas nas negociacións sobre o reparto do Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro para o período 2014 a 2020. Entre 6.660 millóns e 7300 millóns de euros dos que A España lle poden corresponder 1800 e a Galicia uns 800 millóns. 15/07/13
Patrullas militares colaboran dende hoxe nas labores de prevención dos lumes forestais // A Conselleira galega do Medio Rural e do Mar representa en Bruxelas ás comunidades autónomas nas negociacións sobre o reparto do Fondo Europeo Marítimo. 15/07/13
Comezamos semana cun tempo moi silimar ao que tivemos ao remate da pasada. Seguen os ceos, en xeral despexados e con só algunhas brétemas matinais, como puidemos comprobar esta mañá, en moitas comarcas. As temperaturas van seguir tamén sen grandes cambios. 15/07/13
Reunión hoxe en Vigo do Presidente da Xunta coa patronal afectada pola ameaza de devolución das axudas fiscal á construcción de Barcos. Núñez Feijóo pídelle ao presidente do Goberno Mariano Rajoy que se entreviste co da Comisión europea Durao Barroso, antes do próximo día 17, cando se vai tomar a decisión definitiva // Presentado en Vigo un exemplar único da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. A peza, de gran valor, inclúe unha fotografía da escritora non coñecida ata agora, ou un autógrafo cós primeiros versos da obra // Ortigueira está xa tomada por milleiros de mozos. Ata o vindeiro domingo disfrutarán da 29 edición deste festival no que van actuar bandas procedentes de media ducia de países. Esta noite farano grupos galegos e irlandeses e mañá os míticos Gwendall, da Bretaña. 12/07/13
Reunión hoxe en Vigo do Presidente da Xunta coa patronal afectada pola ameaza de devolución das axudas fiscal á construcción de Barcos. Núñez Feijóo pídelle ao presidente do Goberno Mariano Rajoy que se entreviste co da Comisión europea Durao Barroso, antes do próximo día 17, cando se vai tomar a decisión definitiva // Presentado en Vigo un exemplar único da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. A peza, de gran valor, inclúe unha fotografía da escritora non coñecida ata agora, ou un autógrafo cós primeiros versos da obra. É dos poucos textos manuscritos que se conservan de Rosalía, pois mandou queimar os seus documentos antes de morrer // Santiago acollerá o ano que ven o primeiro congreso mundial de peregrinacions, organizado pola Organizacion mundial do turismo, dependente da ONU. Ata Compostela chegarán expertos das distintas rotas de peregrinacion que hai no mundo. 12/07/13
Núñez Feijóo pídelle ao presidente do Goberno Mariano Rajoy que se entreviste con Durao Barroso, antes do próximo día 17, cando se vai tomar a decisión definitiva sobre o ¿tax lease¿ // Presentado en Vigo un exemplar único da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. Santiago acollerá o ano que ven o primeiro congreso mundial de peregrinacions. 12/07/13