A fin de semana comeza con ceos grises e con previsión de chuvias. Martín Barreiro cóntanos xa que tempo nos acompañará. 07/06/13
O ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete amósase partidario de ter en conta a figura do mediador que propón a xunta para solucionar conflictos no sector lácteo // Conclue sen acordo a primeira reunion para abordar a reforma electoral proposta polo Partido Popular, que inclue reducir deputados e campaña electoral. PSde G e AGe rexeitan os termos da proposta,mentres que o BNG decidiu non asistir á reunion negociadora. 06/06/13
Un petroleiro que navegaba fronte ás nosas costas quedou sen máquina a primeira hora da mañá a 30 millas de cabo Vilán, na Costa da Morte e tivo que ser socorrido polo remolcador Ría de Vigo que o está a levar cara ao Porto de Bilbao. É un petroleiro turco de 100 metros, que transporta asfalto // A Xunta aprobou hoxe a fusión dos concellos coruñeses de Oza dos Ríos Cesuras, nun consello no que o presidente calificou de excesivo o actual mapa municipal galego. O Consello tamén destinou seis millóns de euros ás conexións do Porto Seco de Monforte // Comezan a funcionar dous parques eolicos na Pobra do Caramiñal e Porto do Son, con muiños que producen o mesmo que 10 dos tradicionais. 06/06/13
Un petroleiro que navegaba fronte ás nosas costas quedou sen máquina a primeira hora da mañá a 30 millas de cabo Vilán, na Costa da Morte e tivo que ser socorrido polo remolcador Ría de Vigo que o está a levar cara ao Porto de Bilbao // A Xunta aprobou hoxe a fusión dos concellos coruñeses de Oza dos Ríos Cesuras, nun consello no que o presidente calificou de excesivo o actual mapa municipal galego. 06/06/13
Día gris en toda Galicia con treboadas en zonas de montañas e con algún chubasco en xeral débil. As temperaturas máximas caeron entre catro e seis graos con respecto ás de onte. 06/06/13
O marisqueo a pé é unha das actividades sobre a que están a falar dende hoxe 400 mulleres nun congreso sobre o traballo feminino no sector pesqueiro organizado polo ministerio de Agricultura // A Unión Europea vai aportar fondos para facer inversións nos barcos e que poidan seleccionar mellor as capturas e reducir progresivamente a cantidade que se tira ao mar por non ser rendibles // Hoxe fáiselles a autopsia aos cadáveres dos dous nenos afogados no río Miño e dentro dunha semana agárdanse que sexan repatriados a Marrocos, para recibir sepultura nun cemiterio musulmán. 05/06/13
O marisqueo a pé é unha das actividades sobre a que están a falar dende hoxe 400 mulleres nun congreso sobre o traballo feminino no sector pesqueiro organizado polo ministerio de Agricultura. Busca eliminar as desigualdades de xénero neste eido // A Unión Europea vai aportar fondos para facer inversións nos barcos e que poidan seleccionar mellor as capturas e reducir progresivamente a cantidade que se tira ao mar por non ser rendibles. Unha medida que pretende paliar os efectos da aplicación do recente acordo para tratar de eliminar os descartes // A policia busca aos autores do roubo nunha tenda de roupa do centro de Santiago, de onde marcharon con 240 mil euros en prendas. Accederon ao interior do establecemento de noite facendo un buraco reducido, do tamaño dun neno, e roubaron só a roupa mais cara e de marca. Os donos sospeitan que a acabarán vendendo en mercadiños ou no estranxeiro. 05/06/13
O marisqueo a pé é unha das actividades sobre a que están a falar dende hoxe 400 mulleres nun congreso sobre o traballo feminino no sector pesqueiro organizado polo ministerio de Agricultura // A Unión Europea vai aportar fondos para facer inversións nos barcos e que poidan seleccionar mellor as capturas e reducir progresivamente a cantidade que se tira ao mar por non ser rendibles // A policia busca aos autores do roubo nunha tenda de roupa do centro de Santiago, de onde marcharon con 240 mil euros en prendas. 05/06/13
Seguimos con tempo solleiro a espera de que a última hora da tarde comece a medrar a nubosidade. Tamén son probables as treboadas nas zonas montañosas do leste da comunidade. 05/06/13
Rematou en Salvaterra a traxedia vivida no Río Miño.Alí, moi perto de onde onte caera á auga, os buzos recuperaban hoxe o cadaver do neno de 12 anos desaparecido onte á tarde // O paro baixou en Galicia no pasado mes de maio en 6.573 persoas, un descenso do 2,26 por cento. Mais que na media española, na que a baixada foi do 1.9 por cento // O Celta celebrou hoxe a súa permanencia visitanto o Concello onde o alcalde lles trasmitiu a felicitación da cidade por seguir en Primeira. 04/06/13
Rematou en Salvaterra a traxedia vivida no Río Miño.Alí, moi perto de onde onte caera á auga, os buzos recuperaban hoxe o cadaver do neno de 12 anos desaparecido onte á tarde.O menor tirárase ao río para tratar de salvar ao seu irmán pequeno, de oito anos, que faleceu tamén, pese a que fora rescatado ainda con vida // O paro baixou en Galicia no pasado mes de maio en 6.573 persoas,un descenso do 2,26 por cento. Mais que na media española, na que a baixada foi do 1.9 por cento. Subiu o numero de contratos formalizados pero baixaron os de caracter indefinido. Neste momento hai en Galicia en 283.886 parados // Dez persoas foron detidas en Galicia por provocar incendios forestais no que vai de ano. A Conselleira de Medio rural anunciou axudas por 15 millóns de euros para limpeza e prevención nos montes. 04/06/13
Rematou en Salvaterra a traxedia vivida no Río Miño. Alí, moi perto de onde onte caera á auga, os buzos recuperaban hoxe o cadaver do neno de 12 anos desaparecido onte á tarde // O paro baixou en Galicia no pasado mes de maio en 6.573 persoas, un descenso do 2,26 por cento // Dez persoas foron detidas en Galicia por provocar incendios forestais no que vai de ano. 04/06/13
Ambiente primaveral hoxe en toda Galicia. Esta tarde van aparecer algunhas nubes de evolucion nas zonas do interior. 04/06/13
Segundo día de visita oficial do Presidente do Uruguay a Galicia.Veu para promover as relacións economicas e comerciais entre a nosa comunidade e o país latinoamericano // Renfe aumenta a súa oferta de trens diurnos en Galicia. Namentres, prevese que pechen as estacións que teñen moi poucos usuarios. 03/06/13
Segundo día de visita oficial do Presidente do Uruguay a Galicia.Veu para promover as relacións economicas e comerciais entre a nosa comunidade e o país latinoamericano // Renfe aumenta a súa oferta de trens diurnos en Galicia. Entre o aumento figura un novo tren diurno entre Ferrol e Madrid. 03/06/13
Segundo día de visita oficial do Presidente do Uruguay a Galicia.Veu para promover as relacións economicas e comerciais entre a nosa comunidade e o país latinoamericano. O mandatario uruguaio, José Mujica, e mais o titular da Xunta Alberto Núñez Feijóo asinaron un acordo para favorecer e fomentar negocios entre os dous lados do Atlántico // Renfe aumenta a súa oferta de trens diurnos en Galicia. Entre o aumento figura un novo tren diurno entre Ferrol e Madrid. Ademáis a empresa ferroviaria engade outro matinal en ambos sentidos dende a Coruña e Vigo a Madrid. Namentres, prevese que pechen as estacións que teñen moi poucos usuarios // O Conselleiro de Economía, Francisco Conde Pídelle ao Comisario da Competencia da Unión Europea, o español Joaquín Almunia, que se axilice a solución do Tax Lease, as axudas fiscais aos estaleiros, e das que están pendentes por se as teñen que devolver ou non. 03/06/13
Comezamos semana como a rematamos con sol e poucas nubes. Hoxe ademais as temperaturas han seguir subindo. 03/06/13
Son 21 os detidos na operación contra o tráfico de cocaína levada a cabo nas últimas horas e que aínda está en marcha. 16 das detencións practicáronse en Galicia en distintas localidades da costa de Pontevedra e tamén en Ourense // Combater a evasión fiscal e redistribuir a carga tributaria son as propostas que defende a UGT no congreso que se iniciou hoxe para elexir o seu secretario xeral en Galicia // Ambiente de finais entre as afeccións de Dépor e Celta. Mañá sábado a ledicia da permanencia e o drama do descenso daranse cita a partes iguais en Riazor e Balaídos. 31/05/13
Son 21 os detidos na operación contra o tráfico de cocaína levada a cabo nas últimas horas e que aínda está en marcha. 16 das detencións practicáronse en Galicia en distintas localidades da costa de Pontevedra e tamén en Ourense. Iniciouse tras interceptar no Atlántico, á altura de Cabo Verde, a un pesqueiro que traía 3.400 quilos de cocaína // Combater a evasión fiscal e redistribuir a carga tributaria son as propostas que defende a UGT no congreso que se iniciou hoxe para elexir o seu secretario xeral en Galicia. Un congreso que contou con invitados como o presidente da Xunta // Ambiente de finais entre as afeccións de Dépor e Celta. Mañá sábado a ledicia da permanencia e o drama do descenso daranse cita a partes iguais en Riazor e Balaídos. 31/05/13
Son 21 os detidos na operación contra o tráfico de cocaína levada a cabo nas últimas horas e que aínda está en marcha // Combater a evasión fiscal e redistribuir a carga tributaria son as propostas que defende a Uxt no congreso que se iniciou hoxe para elexir o seu secretario xeral en Galicia. 31/05/13