Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Xa están en Vigo os 3.400 kilos de cocaina que portaba o pesqueiro Riptide interceptado no Atlántico hai 15 días. A droga foi descargada esta mañá en presenza da xuiza que leva o caso, o fiscal antidroga de Pontevedra e o secretario de estado de seguridade que felicitou aos axentes que participaron na operación Albatros // A Xunta decidiu seguir mantendo, para o curso que vén a conxelación das taxas universitaria. Tamén para as matrículas dos alumnos que repiten. As matrículas nas universidades galegas serán, así, as máis baixas de toda España // Inaugurada na localidade pontevedresa de Silleda a trixésimo sexta edición da Semana Verde de Galicia. 768 firmas de 19 países presentan alí os seus productos ata o domingo. 13/06/13

Xa están en Vigo os 3.400 kilos de cocaina que portaba o pesqueiro Riptide interceptado no Atlántico hai 15 días. A droga foi descargada esta mañá en presenza da xuiza que leva o caso, o fiscal antidroga de Pontevedra e o secretario de estado de seguridade que felicitou aos axentes que participaron na operación Albatros. Unha operación que supuxo a detención de 24 persoas // A Xunta decidiu seguir mantendo, para o curso que vén a conxelación das taxas universitaria. Tamén para as matrículas dos alumnos que repiten. As matrículas nas universidades galegas serán, así, as máis baixas de toda España // Xermade, en Lugo, é o concello de España que mellor integra na paisaxe os muiños de vento e que melllor aproveita a enerxia eolica. Por impostos por ter instalados muiños recada cada ano 200 mil euros, cos que paga gastos municipais. Este sábado concentra ali as celebracions do dia mundial do vento. 13/06/13

Xa están en Vigo os 3.400 kilos de cocaina que portaba o pesqueiro Riptide interceptado no Atlántico hai 15 días // A Xunta decidiu seguir mantendo, para o curso que vén a conxelación das taxas universitaria // Xermade, en Lugo, é o concello de España que mellor integra na paisaxe os muiños de vento e que melllor aproveita a enerxia eolica. 13/06/13

O paso dunha fronte deixou hoxe chuvias a primeiras horas do día e descenso das temperaturas. Unha situación que tende a mellorar sobre todo a partir de mañá. 13/06/13

Milleiros de manifestantes pediron en Ferrol, solucións para a crise económica, industrial e laboral desta comarca coruñesa // Ferrol e as instalacións industriais e comerciais da comarca están hoxe totalmente paralizadas por mor da folga xeral // O Presidente da Xunta di estar absolutamente decepcionado coa política comercial de Navantia e coa falta de contratos para os estaleiros públicos de Ferrol // O debate dunha iniciativa sobre a reforma da lei de aborto provocou hoxe un incidente no Parlamento galego. Un grupo de mulleres que se atopaba na tribuna de invitados lanzaron confeti e proferiron berros. A Presidenta da Cámara ordenou o seu desaloxo. 12/06/13

Milleiros de manifestantes pediron en Ferrol, solucións para a crise económica, industrial e laboral desta comarca coruñesa, en demanda de solucións por parte do Goberno Central e da Xunta // Ferrol e as instalacións industriais e comerciais da comarca están hoxe totalmente paralizadas por mor da folga xeral convocada de xeito unitario polos sindicatos para pedir investimentos e solucións á crise económica que lle afecta // O Presidente da Xunta di estar absolutamente decepcionado coa política comercial de Navantia e coa falta de contratos para os estaleiros públicos de Ferrol. Díxoo nunha sesión parlamentaria na que anunciou que non haberá mina de feldespato na Limia e que a explotaciòn de Corcoesto deberá cumprir a lei. Culpou ás débedas do Bipartito dos retrasos na construcción de infraestructuras sanitarias // Para mañá está prevista a chegada a Vigo do pesqueiro RIPPIDE, apreixado hai duas semanas fronte á costa africana, en Cabo Verde, con case tres toneladas e media de cocaína. 12/06/13

Milleiros de manifestantes pediron en Ferrol, solucións para a crise económica, industrial e laboral desta comarca coruñesa // Ferrol e as instalacións industriais e comerciais da comarca están hoxe totalmente paralizadas por mor da folga xeral // O Presidente da Xunta di estar absolutamente decepcionado coa política comercial de Navantia e coa falta de contratos para os estaleiros públicos de Ferrol. 12/06/13

Lixería melloría hoxe no tempo que fará que suban as temperaturas máximas por fin por riba dos 20 graos. Máis sol sobre todo no interior da comunidad á espera da chegada doutro frente car aúltimas horas do día. 12/06/13

O anuncio das novas quitas que terán que aceptar os posuidores de preferentes de Novagalicia Banco provocou hoxe protestas en varios puntos da comunidade // Demitiu un concelleiro do BNG de Cambados logo de referirse, no seu blog á Vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría coma "chochito de oro". A demisión do concelleiro, Xaquín Charlín, produciuse logo das criticas de parte do PP e tamen do Bloque. 11/06/13

O anuncio das novas quitas que terán que aceptar os posuidores de preferentes de Novagalicia Banco provocou hoxe protestas en varios puntos da comunidade. En Vigo levaron o seu malestar ata á oficina principal da entidade e na Coruña escolleron a sede central de NovaGalicia para facer ver o seu malestar // O partido Popular culpou a PSOE e BNG da venda de preferentes a aforradores, durante os goberno O partido Popular culpou a PSOE e BNG da venda de preferentes a aforradores, durante os gobernos de Rodríguez Zapatero. Nacionalistas e socialistas acusan ao goberno actual de legalizar o que denominaron "estafa masiva" // O xuiz que instrúe o "caso Campeón"no Supremo xa formalizou o suplicatorio contra José Blanco por posible tráfico de influenzas. Enfrontaríase a unha posible petición de penas de seis meses a dous anos de cárcere. 11/06/13

O anuncio das novas quitas que terán que aceptar os posuidores de preferentes de Novagalicia Banco provocou hoxe protestas en varios puntos da comunidade. O partido Popular culpou a PSOE e BNG da venda de preferentes a aforradores, durante os gobernos de Rodríguez Zapatero. Nacionalistas e socialistas acusan ao PP de legalizar o que denominaron "estafa masiva". 11/06/13

Rematou a primeira hora da tarde a comparecencia do ex alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez, ante a xuíza de Lugo que instrúe o sumario da operación Pokémon contra a corrupción nas adxudicacións de varios concellos galegos // Esta tarde, ao peche das bolsas, saberanse os descontos que se lles van aplicar aos posuidores de participaciòns preferentes que queiran recuperar os seus cartos. 10/06/13

Rematou a primeira hora da tarde a comparecencia do ex alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez, ante a xuíza de Lugo que instrúe o sumario da operación Pokémon contra a corrupción nas adxudicacións de varios concellos galegos. En Lugo tamén declarou a súa parella, ambos imputados por branqueo de capitais. Rodríguez reivindicou a súa inocencia e pediu que se levante ó segredo de sumario // Esta tarde, ao peche das bolsas, saberanse os descontos que se lles van aplicar aos posuidores de participaciòns preferentes que queiran recuperar os seus cartos.Os afectados esixen a devolución total // Fernando Vázquez asina hoxe a sua renovación co Deportivo por dúas temporadas e con opción a unha terceira se consegue ascender. O Celta agarda a chegada de Luis Enrique para dirixir o equipo despois do sorprendente anuncio da súa fichaxe. 10/06/13

Rematou a primeira hora da tarde a comparecencia do ex alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez, ante a xuíza de Lugo que instrúe o sumario da operación Pokémon contra a corrupción nas adxudicacións de varios concellos galegos // Esta tarde, ao peche das bolsas, saberanse os descontos que se lles van aplicar aos posuidores de participaciòns preferentes que queiran recuperar os seus cartos. 10/06/13

O xuíz do Tribunal Supremo que instrúe o Caso Campeón enviou ao Congreso dos Deputados o suplicatorio para procesar a José Blanco. Un trámite necesario para proceder contra o Ex-ministro e actual deputado socialista por Lugo por un delicto de tráfico de influencias. O ex ministro socialista xa anunciou que recurrirá esta decisión a Sala Penal do Supremo // Primeira xornada no novo concello coruñes de Oza-Cesuras logo da fusión oficial dos dous municipios // Varios milleiros de persoas manifestaronse en Lugo para pedir que o novo hospital teña servizos de hemodinámica asi como de radioterapia e de medicina nuclear. 07/06/13

Primeira xornada no novo concello coruñes de Oza-Cesuras logo da fusión oficial dos dous municipios. A capital do novo concello, de máis de 5 mil habitantes vai estar en Oza, ainda que van seguir en funcionamento tamén as instalacións de Cesuras // Varios milleiros de persoas manifestaronse en Lugo para pedir que o novo hospital teña servizos de hemodinámica para doenzas do corazon,asi como de radioterapia e de medicina nuclear. A sua falta obriga os pacientes a desprazarse a outras ciudades.

o estadio do Club deportivo Lugo vai acoller mañá un cheo historico para o partido contra a Ponferradina da Segunda División, no chamado derbi dos Ancares, e para o que se tivo que instalar unha grade supletoria. O Lugo non se xoga nada, pero si o conxunto do Bierzo que loita por entrar na fase de ascenso a primeira, e ao que acompañarán dous mil afeccionados. 07/06/13

Primeira xornada no novo concello coruñes de Oza-Cesuras logo da fusión oficial dos dous municipios // Varios milleiros de persoas manifestaronse en Lugo para pedir que o novo hospital teña servizos de hemodinámica asi como de radioterapia e de medicina nuclear. 07/06/13