Primeira fin de semana de sol, logo de tres meses de temporais. 07/03/14
Os mariñeiros e armadores da flota de cerco de toda Galicia reclamaron hoxe en Vigo, un reparto das cotas de xurelo e xarda segundo o número de tripulantes de cada barco. A protesta saldouse con tres detidos, unha carga policial na entrada do porto pesqueiro e lanzamento de pedras no edificio da Xunta // A Xunta aproba a incorporación do libro dixital ao ensino público. A partir do próximo curso estará dispoñible unha plataforma de contidos gratuitos. Irase imprantando progresivamente co obxetivo de chegar nos próximos tres anos a 22.000 alumnos. Suporá un aforro de catro millóns de euros // O emblemático grupo Sargadelos solicita o concurso de acredores debido ós problemas financieiros da empresa, que esta a sufrir unha baixada nas vendas equiparable a outras do sector. Os xestores confían en conservar cen postos de traballo e a rede de tendas, porque o deseño da marca é a mellor arma para competir. 06/03/14
Os mariñeiros e armadores da flota de cerco de toda Galicia reclamaron hoxe en Vigo, un reparto das cotas de xurelo e xarda segundo o número de tripulantes de cada barco. A protesta saldouse con tres detidos, unha carga policial na entrada do porto pesqueiro e lanzamento de pedras no edificio da Xunta // A Xunta aproba a incorporación do libro dixital ao ensino público. A partir do próximo curso estará dispoñible unha plataforma de contidos gratuitos. Irase imprantando progresivamente co obxetivo de chegar nos próximos tres anos a 22.000 alumnos. Suporá un aforro de catro millóns de euros // Ingresa en prisión un veciño da Coruña acusado de presuntos delictos de tenza de pornografía infantil e corrupción de menores. O home foi detido tras levar o seu ordenador a arranxar. No taller avisaron á policía ao comprobar que o aparato contiña numeroso material de contido pornográfico protagonizado por menores. 06/03/14
As protestas da flota do cerco de toda Galicia en Vigo sáldanse con tres detidos e unha carga policial no porto // A Xunta aproba a incorporación do libro dixital ao ensino público // Ingresa en prisión un veciño da Coruña acusado de presuntos delictos de tenza de pornografía infantil e corrupción de menores. 06/03/14
O sol está a ser hoxe seguramente o visitante mellor recibido na maioría das localidades galegas. Un sol que hoxe loce, dende primeira hora da mañá, salvo nas zonas onde houbo brétemas, e que vai seguir ainda varios días nos que o único pero pode ser a diferenza de temperaturas entre o día e a noite. 06/03/14
Os desperfectos causados polos temporais seguen a ser visibles. En Pontevedra, o acceso a Cangas dende a autovía do Morrazo, indo dende Vigo seguía esta mañá cortado debido ao desprendemento do valo lateral sobre a calzada, a causa das intensas choivas // Unha cuña anticiclónica exercerá a partir de agora, de barreira para deter as novas borrascas que se acheguen. Os próximos días disfrutaremos, segundo as prediccións de Meteogalicia, do sol e de temperaturas agradables // A Xunta asegura que as medidas aplicadas permiten ás familias, empresas e administracións galegas, aforrar 81 millóns de euros anuais na factura enerxética. Di que, nos últimos cinco anos se levan aplicado, nas industrias galegas, máis de 600 proxectos para este aforro. 05/03/14
Os desperfectos causados polos temporais seguen a ser visibles. En Pontevedra, o acceso a Cangas dende a autovía do Morrazo, indo dende Vigo seguía esta mañá cortado debido ao desprendemento do valo lateral sobre a calzada, a causa das intensas choivas. E en Malpica, na Costa da Morte, a forza do mar desprazou un dos bloques do espigón abrindo un grande furado // O Secretario Xeral do PP, Alfonso Rueda, di que a formación vai agardar a que se pronuncie a audiencia provincial, ante o recurso presentado trala apertura do xuizo oral a sete concelleiros do seu partido en Santiago, antes de aplicar os estatutos do partido. E o Secretario Xeral dos Socialistas, Gómez Besteiro esíxelle a Núñez Feijóo, que se pronuncie sobre este asunto. 05/03/14
Os desperfectos causados polos temporais seguen a ser visibles // Mañá agárdanse xa ceos despexados con só algunhas néboas matináis // O secretario xeral do pp, Alfonso Rueda, di que a formación vai agardar a que se pronuncie a audiencia provincial, sobre a apertura de xuízo oral contra 7 concelleiros de Santiago. 05/03/14
Xa terán notado a suba das temperaturas e arestora tamén empeza a asomarse o sol. Son os síntomas da melloría que a predicción confirma e que se vai intensificar nas próximas horas. 05/03/14
Moitas das localidades costeiras viven hoxe labores de limpeza, e inicio de reparación dos danos causados polo intenso temporal marítimo. É o caso de San Cibrao, en Lugo, ou da cidade da Coruña. E en Burela a confraría pide a reparaciòn do faro que orientaba a navegación á entrada do porto, tronzada pola forza das ondas // Galicia rematou o mes de febreiro pasado con un milleiro de parados menos rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego. Tamén aumentou o número de afiliados á seguridade social respecto ao mes anterior pero ainda seguen as ser menos que hai un ano // Antroido pasado por auga en case toda Galicia onde é festivo en moitas localidades. A chuvia non està a impedir as celebracións tradicionais. 04/03/14
Moitas das localidades costeiras viven hoxe labores de limpeza, e inicio de reparación dos danos causados polo intenso temporal marítimo. É o caso de San Cibrao, en Lugo, ou da cidade da Coruña. E en Burela a confraría pide a reparaciòn do faro que orientaba a navegación á entrada do porto, tronzada pola forza das ondas // Galicia rematou o mes de febreiro pasado con un milleiro de parados menos rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego. Tamén aumentou o número de afiliados á seguridade social respecto ao mes anterior pero ainda seguen as ser menos que hai un ano // Antroido pasado por auga en case toda Galicia onde é festivo en moitas localidades. A chuvia non està a impedir as celebracións tradicionais // O grupo municipal do Partido Popular de Santiago di que vai continuar o mandato ata o remate do periodo, logo de que a titular do xulgado de instrucción número 1 da cidade abrira xuizo oral contra sete dos seus edis. 04/03/14
Moitas das localidades costeiras viven hoxe labores de limpeza, e inicio de reparación dos danos causados polo intenso temporal marítimo // Galicia rematou o mes de febreiro pasado con un milleiro de parados menos rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego. Antroido pasado por auga en case toda Galicia onde é festivo en moitas localidades. 04/03/14
Este martes de entroido seguimos con tempo inestable e con chuvias, que serán xeneralizadas pola tarde en toda a comunidade. Ainda así, para hoxe a Axencia Estatal de Meteoroloxía mantén activado o aviso laranxa por ondas en toda a costa galega, anque se espera que a altitude diminúa esta tarde ata os 5 metros. 04/03/14
Ondas de máis de 11 metros e ventos costeiros superiores aos 140 km/h. Son os efectos dun novo temporal que mantén hoxe decretada a alerta vermella en toda a costa e mantén a maioría da flota amarrada // Recuperado, no porto coruñés de Sada, o corpo dunha muller falecida ao caer á auga no interior do seu coche que se precipitou dende o peirao, a primeira hora da mañá. Os buzos da Garda Civil tiveron que traballar durante varias horas para localizala e lograr recuperar do mar o turismo e os restos da vítima // Presentada nos xulgados de Pontevedra a proposta de convenio para tentar evitar a liquidación de Pescanova. Un plan promovido pola cervexeira Damm, o fondo Luxempart e os bancos acreedores que aceptan unha quita de entre o 60 e o 70 por cento e participan nunha inxeccion de capital de 250 millóns de euros. 03/03/14
Ondas de máis de 11 metros e ventos costeiros superiores aos 140 km/h. Son os efectos dun novo temporal que mantén hoxe decretada a alerta vermella en toda a costa e mantén a maioría da flota amarrada // Recuperado, no porto coruñés de Sada, o corpo dunha muller falecida ao caer á auga no interior do seu coche que se precipitou dende o peirao, a primeira hora da mañá. Os buzos da Garda Civil tiveron que traballar durante varias horas para localizala e lograr recuperar do mar o turismo e os restos da víctima // Xulgado na Audiencia Nacional o suposto membro de Resistencia Galega, Adrián Mosquera, para quen o fiscal pide 18 anos de prisión. Mosquera, alias Senlleiro, fora detido o sete de Xaneiro do ano pasado cando se atopaba manipulando tres artefactos con material explosivo nunha casa abandonada, no concello coruñés de Ames. 03/03/14
O novo temporal trouxo ondas de máis de once metros e ventos costeiros superiores aos 140 kilómetros por hora // Recuperado, no porto coruñés de Sada, o corpo dunha muller falecida ao caer á auga no interior do seu coche // Xulgado na Audiencia Nacional o suposto membro de Resistencia Galega, Adrián Mosquera, para quen o fiscal pide 18 anos de prisión. 03/03/14
Xornada de inestabilidade atmosférica. Os chuvascos están sendo máis intensos e puntualmente acompañados de saraiba e aparato eléctrico no terzo norte. O vento sopra con forza en todo o litoral, sobre todo no norte. 03/03/14
Os transportistas galegos estudan como recuperar o céntimo sanitario, que veñen reclamando xudicialmente desde 2008. As empresas de transporte poderían ser as grandes beneficiadas pola sentenza da Unión Europea que declara ilegal este imposto aínda que para reclamar o reintegro ante Facenda hai que presentar as facturas do gasóleo // Inaugurada a primeira fase do Porto Seco de Monforte. 10 mil metros cadrados preparados para o intercambio de mercadurías en contedores do tren ao transporte por estrada. Ademais, as instalacións inauguradas hoxe inclúen máis de 140 mil metros cadrados de chan industrial nos que as empresas se poderán instalar a partir de agora // Continúan en Sanxenxo as obras para ampliar os pantaláns do clube náutico. Hoxe cun forte dispositivo de seguridade autorizado polo xulgado e de novo con protestas dos veciños que levan case un ano opoñéndose ao proxecto do que din que destruirá parte do areal da Panadeira. 28/02/14
Os transportistas galegos estudan como recuperar o céntimo sanitario, que veñen reclamando xudicialmente desde 2008. As empresas de transporte poderían ser as grandes beneficiadas pola sentenza da Unión Europea que declara ilegal este imposto aínda que para reclamar o reintegro ante Facenda hai que presentar as facturas do gasóleo // Inaugurada a primeira fase do Porto Seco de Monforte. 10 mil metros cadrados preparados para o intercambio de mercadurías en contedores do tren ao transporte por estrada. Ademais, as instalacións inauguradas hoxe inclúen máis de 140 mil metros cadrados de chan industrial nos que as empresas se poderán instalar a partir de agora // Reflexo en Galicia da situación política de Venezuela, onde viven máis de 45 mil galegos. Unha muller daquel país iniciou unha folga de fame diante do consulado, en Vigo e asegura que ela e os seus acompañantes foron agredidos por persoas que saíron da representación consular. 28/02/14
Os transportistas galegos estudan como recuperar o céntimo sanitario, que veñen reclamando xudicialmente desde 2008 // Inaugurada a primeira fase do Porto Seco de Monforte // Unha muller venezolana iniciou unha folga de fame diante do consulado, en Vigo e asegura que foi agredida. 28/02/14