A situación vai empeorar a partir do remate da xornada xa que se prevé que mañá volten as choivas e o mar revolto. O domingo mellorará e a cota de neve comezará a subir. 31/01/14
A criminalidade descende en Galicia e somos a cuarta comunidade autonoma con menor taxa. En 2013 cometeronse aquí 81 mil delictos e faltas, o que se traduce en 29 infracions penais por cada 1.000 galegos // O PSdeG-PSOE suspende de militancia aos cinco concelleiros do partido en Ourense, enfrontados ao alcalde // Xa son cinco os falecidos en Galicia por mor da gripe. O último, un paciente ingresado nun hospital de Ourense. Súmase ás catro persoas mortas en días atrás en hospitais de Vigo, Lugo, Ferrol e Pontevedra. 30/01/14
A criminalidade descende en Galicia e somos a cuarta comunidade autonoma con menor taxa. En 2013 cometéronse aquí 81 mil delictos e faltas, o que se traduce en 29 infracións penais por cada 1.000 galegos // O PSdeG-PSOE suspende de militancia aos cinco concelleiros do partido en Ourense, enfrontados ao alcalde // O Secretario Xeral da formación, Gómez Besteiro anunciou esa suspensión, logo de que a Executiva Federal lle dera luz verde ao expedienta iniciado pola dirección Galega contra eses cinco edís // O consello da xunta analizou a situación que se abre no sector naval galego logo da adxudicacion de dous floteis para construir nos estaleiros de Navantia-Ferrol, e Barreras de vigo.Alberto Nuñez Feijoo di que se inicia unha etapa esperanzadora para o sector, con posibilidades de conseguir novos contratos. 30/01/14
A criminalidade descende en Galicia e somos a cuarta comunidade autonoma con menor taxa // O PSdeG-PSOE suspende de militancia aos cinco concelleiros do partido en Ourense, enfrontados ao alcalde // O consello da xunta analizou a situacion que se abre no sector naval galego logo da adxudicacion de dous floteis. 30/01/14
Seguimos con tempo inestable, nubes e chuvascos. Unha nova fronte deixará esta tarde os ceos cubertos con chuvias xeneralizadas en toda a comunidade. 30/01/14
Satisfacción hoxe nos estaleiros de Navantia e Barreras pola adxudicacion da construcion de dous buques hotel para a petroleira mexicana pemex, cun custel total de 600 millons de euros.Cada un supón carga de traballo para entre 600 e 800 persoas durante case dous anos e medio.
En Navantia, en Ferrol, o comité de empresa ven o contrato coma un alivio dada a grave crise que sofre o naval desa comarca. Os traballadores de Barreras, en Vigo, declaranse mais optimistas porque din que reforza o papel de Pemex no estaleiro e que asegura o seu futuro.
Xa está atracado no peirao de Navantia, en Ferrol, o mercante holandés que permanecía á deriva fronte á costa ferrolana por unha avaría na hélice.Chegou auxiliado por varios remolcadores tras unha complicada manobra que durou 24 horas e na que varias veces rompeu o amarre. (29/01/14)
Satisfacción hoxe nos estaleiros de Navantia e Barreras pola adxudicacion da construcion de dous buques hotel para a petroleira mexicana Pemex, cun custe total de 600 millóns de euros.Cada un supón carga de traballo para entre 600 e 800 persoas durante case dous anos e medio.
En navantia, en Ferrol, o comité de empresa ven o contrato coma un alivio dada a grave crise que sofre o naval desa comarca. Os traballadores de Barreras, en Vigo, declaranse mais optimistas porque din que reforza o papel de Pemex no estaleiro e que asegura o seu futuro.
Esta mañá declararon de novo nos xulgados de Betanzos os presuntos secuestradores do empresario de Cambre. Hoxe coñecerase o grao de implicación de cada un dos oito detidos, que están en prisión provisional. Os investigadores tratan de aclarar cal foi o móbil do secuestro. (29/01/14)
Satisfacción hoxe nos estaleiros de Navantia e Barreras pola adxudicacion da construción de dous buques hotel para a petroleira mexicana Pemex, cun custel total de 600 millons de euros.
En navantia, en Ferrol, o comité de empresa ven o contrato coma un alivio . Os traballadores de Barreras, en Vigo, declaranse mais optimistas.
Esta mañá declararon de novo nos xulgados de Betanzos os presuntos secuestradores do empresario de Cambre. (29/01/14)
Situación, en xeral, algo mellor que onte, seguimos con vento e oleaxe pero non está a ser tan intenso. Mañá seguirá a inestabilidade. (29/01/14)
Segue o temporal. Na costa está decretada a Alerta vermella por ondas que xa superaron os 9 metros. O aviso de máximo risco afecta aos litorais da Coruña e Lugo e exténdese por todo o Cantábrico.
Medios de Salvamento Marítimo tratan de auxiliar ao mercante "Abis Calais", cargado con pellets de madeira e que quedou á deriva fronte á costa de Ferrol. Nin a carga nin os seus oito tripulantes corren perigo.
A dirección socialista galega vai por en marcha un expediente disciplinario contra os cinco concelleiros ourensáns enfrontados ao alcalde. Anunciouno o Secretario Xeral, Gómez Besteiro, logo de que os cinco edís non asistiran, de novo, esta mañá, á xuntanza do grupo municipal. (28/01/14)
Unha nova borrasca pasa hoxe sobre Galicia. As choivas serán máis intermitentes pola tarde, pero xa de cara á noite virán acompañadas de saraiba e aparato eléctrico. (28/01/14)
Segue o temporal. Na costa está decretada a Alerta vermella por ondas que xa superaron os 9 metros.
A dirección socialista galega vai por en marcha un expediente disciplinario contra os cinco concelleiros ourensáns enfrontados ao alcalde.
A cifra de denuncias por violencia de xenero rexistra descensos en Galicia desde o ano 2009. (28/01/14)
Segue o temporal. Na costa está decretada a Alerta vermella por ondas que xa superaron os 9 metros. O aviso de máximo risco afecta aos litorais da Coruña e Lugo e exténdese por todo o Cantábrico. É a cuarta vez en pouco máis dun mes que se rexistra unha situación deste tipo.
A dirección socialista galega vai por en marcha un expediente disciplinario contra os cinco concelleiros ourensáns enfrontados ao alcalde. Anunciouno o Secretario Xeral, Gómez Besteiro, logo de que os cinco edís non asistiran, de novo, esta mañá, á xuntanza do grupo municipal.
A cifra de denuncias por violencia de xenero rexistra descensos en galicia desde o ano 2009. Unha das razóns dese descenso e da retirada das acusacions é a crise, que non lles permite ás vitimas seren independentes económicamente e manter aos fillos sen unha pensión, e tamén o medo á reacción do maltratador. (28/01/14)
Segue na costa de Lugo a busca do veciño que desapareceu onte cando ía apañar percebes. Os medios de salvamento atoparon na zona de Rinlo este mediodía a bicicleta e prendas de roupa súas // O número de viaxeiros aloxados en establecementos hostaleiros galegos medrou, o ano pasado, case un cinco por cento. Un aumento moi superior ao da media de España. O maior incremento corresponde a visitantes extranxeiros. 27/01/14
Segue na costa de Lugo a busca do veciño que desapareceu onte cando ía apañar percebes. Os medios de salvamento atoparon na zona de Rinlo este mediodía a bicicleta e prendas de roupa súas // O número de viaxeiros aloxados en establecementos hostaleiros galegos medrou, o ano pasado, case un cinco por cento. Un aumento moi superior ao da media de España. O maior incremento corresponde a visitantes extranxeiros // Os oito detidos polo secuestro dun empresario de Cambre pasaron xa a súa primeira noite en prisión. Os investigadores tratan agora de aclarar cal foi o papel de cada un no secuestro, que se prolongou durante cinco días nun cortello de Lalín. Mentres, a vítima, á que ameazaban de morte se non pagaba un rescate de 70.000 euros, recupérase na compaña da súa familia. 27/01/14
Segue na costa de Lugo a busca do veciño que desapareceu onte cando ía apañar percebes // O número de viaxeiros aloxados en establecementos hostaleiros galegos medrou, o ano pasado, case un cinco por cento // Os oito detidos polo secuestro dun empresario de Cambre pasaron xa a súa primeira noite en prisión. 27/01/14
Galicia está hoxe nunha zona de chuvascos que chegan trala fronte que atravesou a comunidade durante a tarde de onte. As temperaturas baixaron lixeiramente. A cota de neve está nos 900 metros, polo que na montaña de Lugo e Ourense poderíanse acumular ata 15 centímetros de neve. 27/01/14
Sete persoas foron detidas pola garda Civil coma acusados de ter secuestrado a un empresario da localidade coruñesa de Cambre ao que tiveron 5 días encerrado nun pendello nas proximidades de Lalín // Rosario Porto exerceu hoxe a súa autodefensa nos xulgados de Santiago. O xuiz Vázquez Taín accedeu a que así fora a pesar da oposición das partes personadas. A súa presenza nas declaracións das seis testemuñas que declararon hoxe obrigou a pospor o último exame psiquiatrico ó que a ía ser sometida. nos interrogatorios non fixo preguntas // Cúmprense 6 meses do accidente do tren de Santiago no que morreron 80 persoas e quedaron feridas máis de 140. As vítimas do Alvia aínda sufren as secuelas da traxedia. 24/01/14
Sete persoas foron detidas pola garda Civil coma acusados de ter secuestrado a un empresario da localidade coruñesa de Cambre ao que tiveron 5 días encerrado nun pendello nas proximidades de Lalín // Rosario Porto exerceu hoxe a súa autodefensa nos xulgados de Santiago. O xuiz Vázquez Taín accedeu a que así fora a pesar da oposición das partes personadas. A súa presenza nas declaracións das seis testemuñas que declararon hoxe obrigou a pospor o último exame psiquiátrico ó que a ía ser sometida. nos interrogatorios non fixo preguntas // Cúmprense 6 meses do accidente do tren de Santiago no que morreron 80 persoas e quedaron feridas máis de 140. As vítimas do Alvia aínda sufren as secuelas da traxedia. Entre elas hai agradecemento para os veciños de Angrois e os equipos de rescate. 24/01/14
Sete persoas foron detidas pola garda Civil coma acusados de ter secuestrado a un empresario da localidade coruñesa de Cambre // Rosario Porto exerceu hoxe a súa autodefensa nos xulgados de Santiago // Cúmprense 6 meses do accidente do tren de Santiago no que morreron 80 persoas e quedaron feridas máis de 140. 24/01/14