De cara á fin de semana vai seguir progresando a melloría que notamos nas últimas horas, sobre todo na tarde de mañá sábado. 21/02/14
A Xunta aproba un plan de emprego xuvenil dotado con 100 millons de euros destinado aos 95.000 mozos galegos menores de 30 anos que están no paro. O plan fai especial fincapé nos 30 mil mozos con menor formacion // Estudantes de secundaria e da universidade maniféstanse hoxe nunha vintena de localidades galegas contra a lei de mellora da calidade educativa, a lomce, e contra os recortes na educación. Nalgunhas das concentracións, coma na de Santiago, algúns manifestantes romperon cristais e lanzaron ovos e pintura en caixeiros bancarios e escaparates de comercios // O Partido Popular abriulle un expediente informativo ao concelleiro de obras de Nigrán en Pontevedra, o único cargo público detido na operación "Patos" contra unha presunta rede de corrupción en contratos municipais. 20/02/14
Estudantes de secundaria e da universidade maniféstanse hoxe nunha vintena de localidades galegas contra a lei de mellora da calidade educativa, a lomce, e contra os recortes na educación // O alcalde de Nigrán, o popular Alberto Valverde,convocou con urxencia este mediodía ao seu grupo de goberno para avaliar a situación, tras o rexistro efectuado na casa consistorial e a imputación do concelleiro de Obras // A Xunta aproba un plan de emprego xuvenil dotado con 100 millons de euros destinado aos 95.000 mozos galegos menores de 35 anos que están no paro. O plan fai especial fincapé nos 45.000 mozos con menos ou ningunha formacion // O consello tamen aprobou a ultima actuacion prevista para construir a depuradora da ria de vigo, para que estea en funcionamento o ano que vén. 20/02/14
Unha nova borrasca acaba coa tregua que nos dera o mal tempo. Unha fronte fría cruzou a comunidade nas primeiras horas da mañá deixando choivas xeneralizadas. 20/02/14
Estudantes de secundaria e da universidade maniféstanse hoxe nunha vintena de localidades galegas contra a lei de mellora da calidade educativa // O alcalde de Nigrán, o popular Alberto Valverde, analizou co seu goberno a imputación do concelleiro de Obras // A Xunta aproba un plan de emprego xuvenil dotado con 100 millons de euros. 20/02/14
A Xuiza que instrue o sumario da operación Patos, sobre presuntas adxudicacións irregulares de contratos públicos, deixou en libertade con cargos aos cinco detidos. Entre eles o concelleiro de Nigrán José Alvarez Valverde, único político implicado polo de agora // Inauguradas unhas novas instalacións do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, o CTAG, no Porriño. Custaron uns dez millóns de euros e servirán para aumentar a capacidade de investigación do centro en electrónica e e sistemas intelixentes de transporte. Mellora tamén a súa capacidade para facer ensaios e validacións de novos proxectos e productos para o sector do automóbil. 19/02/14
Empezaron a prestar declaración no xulgado de Vigo os cinco detidos na chamada operación "patos" contra unha presunta trama de corrupción na concesión de obras e servizos nos concellos galegos // Primeiro día sen alertas meteorolóxicas, logo da sucesión de profundas borrascas que nos vén afectando dende antes do nadal. Nestes case dous meses os avisos acadaron en oito ocasións o nivel vermello, case sempre polo vento e a forte oleaxe, pero tamén houbo situacións problemáticas por intensas choivas e por nevaradas // A Audiencia Provincial de Ourense condena aos catro xulgados polo crime do chofer asasinado en Verín. A muller e a filla da víctima recibiron penas de 20 anos de cárcere cada unha. O sicario portugués ao que contrataron para a agresión foi condenado a 22 anos de prisión e o ex-noivo da filla acusado de ter participado na trama, a 16 anos. 19/02/14
Empezaron a prestar declaración no xulgado de Vigo os cinco detidos na chamada operación "Patos" // Primeiro día sen alertas meteorolóxicas, logo da sucesión de profundas borrascas que nos vén afectando dende antes do nadal // A Audiencia Provincial de Ourense condena aos catro xulgados polo crime do chofer asasinado en Verín. 19/02/14
Día de descanso, en canto a alertas, hoxe pero mañá e pasado chegará un novo empeoramento que deixará choivas e tempo inestable. Pero o que máis se vai notar, parece que será o frío. Unha baixada das temperaturas que traerá neve a cotas de ata 600 metros. 19/02/14
A lo menos cinco persoas detidas, unha delas un concelleiro de Nigrán, en Pontevedra, nunha nova operación contra unha presunta trama de corrupción na adxudicaciòn de obras e servizos municipais // Nos estaleiros galegos trabállase xa na construcción dos dous floteis contatados pola petroleira mexicana Pemex. Hoxe comeza a correr o prazo de 30 meses para poñelos nos campos de petroleo do Golfo de México, logo de que a noite pasada se asinara, no pais norteamericano, o contrato definitivo para iniciar os traballos en Barreras de Vigo e Navantia, de Ferrol // Segue no hospital estable o mariñeiro que sobreviviu o naufraxio do naseiro Nuevo Sara. Un sinistro ocorrido na Marola, á entrada das rías de Ares e o Burgo, na Coruña. Seu irmán o outro tripulante do pesqueiro morría onte o ír a pique a súa embarcación por causas que aínda se descoñecen. 18/02/14
Nova operación policial contra unha presunta trama de corrupción política en concellos. Hai 5 detidos, entre eles un concelleiro do consistorio pontevedrés de Nigrán. Trátase dunha operación dirixida polo xulgado número sete de Vigo, declarada secreta, e que investiga irregularidades na contratación de obras municipais coma campos de futbol, saneamentos ou xardinería // Segue no hospital estable o mariñeiro que sobreviviu o naufraxio do naseiro Nuevo Sara. Seu irmán o outro tripulante do pesqueiro morría onte o írse a pique a súa embarcación por causas que aínda se descoñecen // Nos estaleiros galegos trabállase xa na construcción dos dous floteis contatados pola petroleira mexicana Pemex. Hoxe comeza a correr o prazo de 30 meses para poñelos nos campos de petroleo do Golfo de México, logo de que a noite pasada se asinara, no pais norteamericano, o contrato definitivo para iniciar os traballos en Barreras de Vigo e Navantia, de Ferrol. 18/02/14
Nova operación policial contra unha presunta trama de corrupción política en concellos // Segue no hospital estable o mariñeiro que sobreviviu o naufraxio do naseiro Nuevo Sara // Nos estaleiros galegos trabállase xa na construcción dos dous floteis contatados pola petroleira mexicana Pemex. 18/02/14
Esta tarde aumentará a nubosidade pero non se agardan precipitacións importantes, as que caian serán febles e ocasionais. 18/02/14
O Presidente dunha das asociacións de vítimas do accidente do tren alvia en Angrois visitou hoxe ao xuiz que leva o caso para pedir que se faga xustiza. Calificou de "ventá de esperanza" o auto recente do maxistrado que acusa ao administrador ferroviario de arriscar as vidas dos viaxeiros polo sistema de control que usaba // Os axentes de vixilancia aduaneira voltaron hoxe ao Concello de Lugo para facérense con información relativa a operación Pokemon. Vendex, a empresa acusada de encabezar a presunta trama de corrupción municipal, desmentiu hoxe, nun comunicado, ter entregado cantidades ou prometido favores a cambio da concesiòn de servizos nos concellos investigados // As abondosas chuvias deste inverno provocaron a morte de case o setenta por cento da ameixa e a totalidade do berberecho na ría de Pontevedra. A mortandade dos bivalvos polo aporte de auga doce ás rías é habitual no inverno, pero este ano as mariscadoras quéixanse de que é moi superior porque choveu máis. 17/02/14
As vítimas do accidente de tren de Santiago amósanse satisfeitas de que o xuiz abrise unha porta para que se esclarezan as responsabilidades máis alá do maquinista. O presidente dunha das asociacións de vítimas do sinistro volveu hoxe a Angrois, tras percorrer en bicicleta o milleiro de kilómetros que separa Sevilla, onde reside, de Compostela // El alcalde de Lugo considerase víctima dun linchamento inmoral pola súa imputación na Operación Pokemon. Tras analizar o sumario sobre o que se levantou o segredo, asegurou esta mañá que non hai ningunha proba que o incrimine // As abondosas chuvias deste inverno provocaron a morte de case o setenta por cento da ameixa e a totalidade do berberecho na ría de Pontevedra. A mortandade dos bivalvos polo aporte de auga doce ás rías é habitual no inverno, pero este ano as mariscadoras quéixanse de que é moi superior porque choveu máis. 17/02/14
As vítimas do accidente de tren de Santiago amósanse satisfeitas de que o xuiz abrise unha porta a posibles novas imputacións // O alcalde de Lugo considerase víctima dun linchamento inmoral pola súa imputación na Operación Pokemon // As abondosas chuvias deste inverno provocaron a morte de ameixa e berberecho. 17/02/14
Logo dunha fin de semana na que, tras moita espera, puidemos ver o sol, volve o mal tempo. Durante esta xornada temos alerta amarela por ondas que en todo o litoral atlántico van acadar ó final do día os 6 metros de altura. 17/02/14
Ventos de máis de 160 km por hora afectáronlle hoxe á mariña de Lugo onde moitas zonas quedaron sen luz. Os refachos foron moi intensos en todas as comarcas próximas ao litoral e nas zonas altas do interior // Seguen trascendendo datos do sumario da Operación Pokemon contra a corrupción. Durante as declaracións ante a xuíza que a instrúe, o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco revelou que este é o seu último mandato á fronte do concello // Emigrantes retornados protestaron hoxe en diversas localidades galegas contra as multas que lles está a impor o Ministerio de Facenda por non declararen as súas pensións no extranxeiro. 14/02/14
Ventos de máis de 160 km por hora afectáronlle hoxe á mariña de Lugo onde moitas zonas quedaron sen luz. Os refachos foron moi intensos en todas as comarcas próximas ao litoral e nas zonas altas do interior // Na mesma cidade da Coruña superaron os 130 kilómetros por hora. Os danos son moi numerosos. Houbo accidentes de tráfico, caídas de árbores e desvío de voos no aeroporto de Santiago // Ingresan na prisión da Lama as dúas coidadoras dun ancián de Poio acusadas de matalo, supostamente para cobrar a herdanza. Segundo trascendeu da súa declaración ante o xuiz, matárono a golpes usando unha tixola // O sumario da Operación Pokemon contra a corrupción inclúe as listas que Vendex, a empresa clave na presunta trama, empregaba para subornar con agasallos de distintas categorías. 14/02/14
Ventos de máis de 160 km por hora afectáronlle hoxe á mariña de Lugo onde moitas zonas quedaron sen luz // Ingresan na prisión da Lama as dúas coidadoras dun ancián de Poio // O sumario da Operación Pokemon contra a corrupción inclúe as listas de regalos de Vendex. 14/02/14