Tempo moi desapacibre por mor desa borrasca que afecta hoxe á comunidade. As chuvias seguirán pola tarde, serán xeneralizadas e máis intensas nas provincias da Coruña e Pontevedra. A media tarde o vento, que soprou moi forte, empezará a amainar. 14/02/14
Dous dos principais imputados na operación Pokemon, o delegado de Vendex en Galicia e mailo exconcelleiro socialista de Lugo Francisco Fernández Liñares, confesaron ante a xuíza os pagos de cartos e agasallos por concesións irregulares // Novo paso para xulgar, na Audiencia nacional os exdirectivos de Novacaixagalicia que cobraron indemnizacións millonarias // O xuíz cré que o expresidene Fernández Gayoso organizou e autorizou a súa saída e a doutros catro exdirectivos que terían cobrado case 19 millóns de euros en prexubilacións, pese a coñecer a dificilísima situación patromonial da entidade // Paralizanse definitivamente as obras na cidade da cultura. Aprobouno hoxe o Consello da Xunta, despois de acordalo coas empresas constructoras que renuncian a indemnizacións por deixar de construir os dous edificios aínda pendentes. 13/02/14
Seguen coñecéndose datos do sumario da operación Pokemon contra a corrupción municipal. Dous dos principais imputados, o delegado de Vendex en Galicia e mailo ex concelleiro socialista de Lugo Francisco Fernández Liñares, confesaron ante a xuíza os pagos de cartos e agasallos por concesións irregulares // Novo paso para xulgar, na Audiencia nacional os exdirectivos de Novacaixagalicia que cobraron indemnizacións millonarias // O xuíz cré que o expresidene Fernández Gayoso organizou e autorizou a súa saída e a doutros catro exdirectivos que terían cobrado case 19 millóns de euros en prexubilacións, pese a coñecer a dificilísima situación patromonial da entidade // Paralizanse definitivamente as obras na cidade da cultura. Aprobouno hoxe o Consello da Xunta, despois de acordalo coas empresas constructoras que renuncian a indemnizacións por deixar de construir os dous edificios aínda pendentes. 13/02/14
Dous dos principais imputados na operacion pokemon confesaron ante a xuíza os pagos de cartos e agasallos por concesións irregulares // Novo paso para xulgar aos exdirectivos de Novacaixagalicia que cobraron indemnizacións millonarias // Paralizanse definitivamente as obras na cidade da cultura. 13/02/14
Hoxe seguimos baixo a influencia dos ventos do sudoeste, á espera da chegada dunha nova borrasca profunda, que fará que empeore bruscamente o tempo esta noite. 13/02/14
Nas últimas horas foise normalizando a situación nos ríos galegos, que aínda así seguen levando moita auga, sobre todo o Miño, que se atopa en prealerta en varios puntos // A melloría do tempo tamen lle permitiu á flota pesqueira faenar ao abrigo das rías pese ao vento e o mar de fondo // O presidente de Banesco, o banco venezolano que mercou Novagalicia Banco, visitou hoxe ao Alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao que lle explicou os seus proxectos para o financiamento da actividade económica do sur da comunidade.
O virus da gripe xa causou a morte de doce persoas en Galicia, este inverno. O último falecemento rexistrouse no Complexo Hospitalario de Vigo. As autoridades ainda non dan por superado o andazo que mantén hospitalizadas a 168 persoas. (12/02/14)
Nas últimas horas foise normalizando a situación nos ríos galegos, que aínda así seguen levando moita auga, sobre todo o Miño, que se atopa en prealerta en varios puntos. A melloría do tempo tamen lle permitiu á flota pesqueira faenar ao abrigo das rías pese ao vento e o mar de fondo // O presidente da Xunta reitera que agardará a que remate a instrucción antes de pronunciarse sobre os comportamentos políticos desvelados no sumario da operación Pokemon, ante a petición de cesamentos que lle fixo o BNG na sesión de control no parlamento // Oito cociñeiros de Galicia, o País Vasco e Navarra compiten hoxe en Santiago para facerse cun posto na final do concurso Cociñeiro do ano, que se celebrará en abril en Barcelona. Teñen que preparar un menú equilibrado nutricionalmente e por 16 euros. Só un optará a alzarse co codiciado título. 12/02/14
Nas últimas horas foise normalizando a situación nos ríos galegos, que aínda así seguen levando moita auga // O presidente da Xunta reitera que agardará a que remate a instrucción antes de pronunciarse sobre os comportamentos políticos desvelados no sumario da operación Pokemon // Oito cociñeiros compiten hoxe en Santiago para facerse cun posto na final do concurso Cociñeiro do ano, que se celebrará en abril en Barcelona. 12/02/14
Hoxe estamos baixo a influencia dunha profunda borrasca cunha fronte fría que pasa sobre Galicia e deixará precipitacións intermitentes ata media tarde. O vento segue soprando forte no litoral e nas zonas altas do interior, sobre todo agora nas horas centrais do día. 12/02/14
Levantado o segredo sobre a totalidade do sumario da operación Pokemon que investiga unha presunta trama de corrupción que afecta a varios concellos galegos // As partes poderán agora coñecer os motivos para as imputacións, entre as que figuran as dos alcaldes de Santiago e Lugo e varios concelleiros de diversas localidades // Os encoros galegos alivian auga, á espera de novas crecidas. Case todos superan o 90% da súa capacidade, logo das intensas precipitacións dos últimos días. O temor è que as chuvias previstas para o remate da semana poidan ocasionar problemas en zonas coma a ourensá de Ribadavia // Nas próximas horas prestarán declaración ante o xuiz as dúas mulleres e o home arrestados en relación coa morte dun ancián en Poio, en Pontevedra. As presuntas asasinas son as súas coidadoras. A policía sospeita que mataron a Secundino Prego, de 84 anos, para cobrar a súa herdanza. 11/02/14
Os encoros galegos alivian auga, á espera de novas precipitacións. Case todos superan o 90% da súa capacidade, logo das intensas precipitacións dos últimos días. O temor è que as chuvias previstas para o remate da semana poidan ocasionar problemas en zonas coma a ourensá de Ribadavia // Chuvia e ventos de ata 133 kilómetros por hora que provocaron o desprendemento dun cartel informativo na Avenida Alfonso Molina, o principal acceso á cidade da Coruña. O incidente obrigou a cortar dous carrís ao tráfico durante varias horas, provocando grandes retencións // O parlamento inicia a tramitación lexislativa para reducir de 75 a 61 os escanos da cámara autonómica. A iniciativa, aprobada só cos votos do PP, contou co rexeitamento unánime da oposición. 11/02/14
Os encoros galegos alivian auga, á espera de novas precipitacións // A choiva e ventos de ata 133 kilómetros por hora que provocaron unha ringleira de desperfectos na Coruña // O parlamento inicia a tramitación lexislativa para reducir de 75 a 61 os escanos da cámara autonómica. 11/02/14
Unha fronte fría atravesa Galicia. Deixou chuvias xeneralizadas e persistentes. Co avance do día os ceos quedarán anubrados. A cota de neve subiu aos 1.200 metros. 11/02/14
Unha enorme lagoa volve ocupar a paisaxe da Limia, en Ourense. O instituto de Xinzo suspendeu hoxe as clases, logo de que a súa planta baixa quedase anegada, igual que outros edificios da localidade // A cota de neve chegou a baixar hoxe ata aos 400 metros, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense, onde uns 4.300 alumnos quedaron sen clase ao non poderen chegar aos centros escolares // Comezou na audiencia provincial de Ourense o xuizo polo asasinato dun conductor de autobus en Verin en setembro de 2011. Están acusados un sicario, ao que terian contratado a muller da vitima, a sua filla e o mozo desta. 10/02/14
Unha enorme lagoa volve ocupar a paisaxe da Limia, en Ourense. É un dos efectos que se poden apreciar ainda hoxe, das intensas choivas da fin de semana. O instituto de Xinzo suspendeu hoxe as clases, logo de que a súa planta baixa quedase anegada, igual que outros edificios da localidade // A cota de neve chegou a baixar hoxe ata aos 400 metros, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense, onde uns 4.300 alumnos quedaron sen clase ao non poderen chegar aos centros escolares // Promocionar a marca Galicia como destino unificado. É o obxectivo do plan turístico coa que a Xunta quere que a comunidade gañe un 5,7% máis de visitantes nos próximos tres anos // O celta recibe esta noite ao Athletic de Bilbao. En segunda, o Deportivo cédelle o liderado ao Eibar tras perder pola mínima ante o Murcia. E o Lugo prolonga a súa serie de bo resultados cunha vitoria no Anxo Carro fronte ao Zaragoza. 10/02/14
Seguen os anegamentos de zonas próximas aos ríos e en Xinzo obrigaron a pechar un instituto // A cota de neve chegou a baixar hoxe ata aos 400 metros, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense // Promocionar a marca Galicia como destino unificado. É o obxectivo do plan turístico presentado pola Xunta. 10/02/14
Arranca outra semana de borrascas e chuvias.Nas próximas horas chegará outra fronte dende o Atlántico, o que vai provocar un aumento da intensidade do vento e novas precipitaciòns. 10/02/14
A construción en estaleiros galegos de dous hoteis flotantes para a petroleira mexicana PEMEX deu hoxe o seu primeiro paso, co corte simbólico de chapa que se levou a cabo nas instalacións de Barreras en Vigo. Tamén en Ferrol se lle deu saída á construcción do que se vai facer en Navantia // Nunhas horas estaremos de cheo baixo os efectos dun novo temporal. A borrasca Ruth está a chegar cando aínda se reparan estragos das últimas cicloxéneses que nos barreron esta semana // Empeza a remitir a incidencia da gripe en Galicia. Os expertos consideran que xa se está superando o pico máximo rexistrado estes días atrás. 07/02/14
A construcción en estaleiros galegos de dous hoteis flotantes para a petroleira mexicana PEMEX deu hoxe o seu primeiro paso, co corte simbólico de chapa que se levou a cabo nas instalacións de Barreras en Vigo. Tamén en Ferrol se lle deu saída á construcción do que se vai facer en Navantia // Nunhas horas estaremos de cheo baixo os efectos dun novo temporal. A borrasca Ruth está a chegar cando aínda se reparan estragos das últimas cicloxeneses que nos barreron esta semana // Empeza a remitir a incidencia da gripe en Galicia. Os expertos consideran que xa se está superando o pico máximo rexistrado estes días atrás. A enfermidade mantén ingresados hoxe a 144 pacientes na nosa comunidade // Pescadores do cerco de toda Galicia maniféstanse en Santiago para pedir que se anulen os criterios de reparto para a captura da xarda. Queren que se faga un reparto lineal por tripulante, e non en base ao tamaño dos buques. 07/02/14
A construcción en estaleiros galegos de dous hoteis flotantes para a petroleira mexicana PEMEX deu hoxe o seu primeiro paso // Empeza a remitir a incidencia da gripe en Galicia. Os expertos consideran que xa se está superando o pico máximo rexistrado estes días atrás // Pescadores do cerco de toda Galicia maniféstanse en Santiago para pedir que se anulen os criterios de reparto para a captura da xarda. 07/02/14