Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Sol e calor, logo dunha fin de semana que, por fin, foi de verán auténtico, pese a seren os dous derradeiros días de agosto. Un tempo que segue neste inicio de setembro, no que mesmo hai alerta amarela no Sur de Lugo e comarcas próximas ao Miño onde se poden acadar os 38 graos // As vendas de coches subiron máis dun 13% en Agosto, pese a que tradicionalmente era o mes do ano no que menos matriculacións de vehículos novos se producen. Un aumento que é ven recibido pola industria da automoción que lles da traballo en Galicia a case 20 mil persoas // Mariano Rajoy anuncia en Soutomaior que sacará adiante a reforma electoral para que sexa nomeado alcalde o que saque mais votos e que continuará coas reformas económicas e a rebaixa de impostos. Propostas de inicio do curso político que xa foron criticadas hoxe polos grupos da oposición que acusan ao PP de querer asegurar as alcaldías. 01/09/14

Comezamos semana como a rematamos con sol e con máis calor. Hoxe segue a mandar o anticiclón polo que os ceos están en xeral despexados salvo polo litoral norte onde ao final do día poderían haber nubes baixas. 01/09/14 

Prisión para o home de Chantada que disparou a súa parella na cabeza o pasado martes. A xuíza impútalle os delitos de tentativa de homicidio, tenza ilícita de armas e contra a saúde pública. A vítima de 32 anos segue extremadamente grave no hospital de Lugo // Xa son 13 os polígonos de bateas nos que se pode extraer mexillón, logo da reapertura de 6, nas últimas horas, ao diminuir a concentración de toxinas nas augas das rías. Os Productores agardan que a melloría siga ata reabrir a maioría das 51 areas de producción // Hoxe volvera recibir todas as bendicións unha das capelas con máis devotos de Ourense que fora calcinada hai catro anos // Despois de ser restaurada volve  abrir as súas portas para acoller de novo a Virxe dos Remedios. Unha talla réplica da que ardera no incendio. 29/08/14

Prisión para o home de Chantada que disparou a súa parella na cabeza o pasado martes. A xuíza impútalle os delitos de tentativa de homicidio, tenza ilícita de armas e contra a saúde pública. A vítima de 32 anos segue extremadamente grave no hospital de Lugo // Xa son 13 os polígonos de bateas nos que se pode extraer mexillón, logo da reapertura de 6, nas últimas horas, ao diminuir a concentración de toxinas nas augas das rías. Os Productores agardan que a melloría siga ata reabrir a maioría das 51 areas de producción // Alarma social na Coruña polo incremento de roubos en vivendas durante este verán. 4 diarios que suman só na última semana 26. Hoxe os veciños preocupados pola situación recibiron os consellos das forzas da orde no cuartel de Lonzas que lles explicou que a cidade se ten convertido en branco dun grupo itinerante de ladróns profesionais de Europa do leste. 29/08/14 

Prisión para o home de Chantada que disparou a súa parella na cabeza o pasado martes // Xa son 13 os polígonos de bateas nos que se pode extraer mexillón, logo da reapertura de 6, nas últimas horas // Alarma social na Coruña polo incremento de roubos en vivendas durante este verán. 29/08/14 

O Producto interior bruto de Galicia medrou tres décimas nos meses de abril, maio e xuño. É o cuarto trimestre consecutivo de crecemento. Respecto ao ano pasado aumentou tamén, en medio punto, sendo o sexto trimestre no que esa evolución é positiva. Tamén, por primeira vez, dende hai 5 anos, aumentou o gasto dos fogares en bens e servizos // O veciño de Chantada que confesou ser o autor dun disparo na cabeza a súa parella segue detido á espera de pasar a disposición xudicial nesta vila de Lugo. A muller vítima da agresión segue estable dentro da máxima gravidade no hospital de Lugo // Os xogadores doutras zonas de España son os principais clientes dos 13 campos de golf galegos nos que decaeu o número de practicantes autóctonos. 28/08/14 

O veciño de Chantada que confesou ser o autor dun disparo na cabeza a súa parella segue detido á espera de pasar a disposición xudicial nesta vila de Lugo. Hoxe a Garda Civil realizou rexistros en busca de probas incriminatorias. A muller vítima da agresión segue estable dentro da máxima gravidade no hospital de Lugo // O Producto interior bruto de Galicia medrou tres décimas nos meses de abril, maio e xuño. É o cuarto trimestre consecutivo de crecemento. Respecto ao ano pasado aumentou tamén, en medio punto, sendo o sexto trimestre no que esa evolución é positiva // A conselleira de Sanidade defende a designación do Hospital vigués do Meixoeiro para tratar os casos de ébola, se se chegan a detectar en Galicia porque conta con accesos aillados para pacientes infecciosos, zona de illamento e o seu laboratorio xa foi de referencia para a gripe A. 28/08/14

O veciño de Chantada que confesou ser o autor dun disparo na cabeza a súa parella segue detido. A muller vítima da agresión segue estable dentro da máxima gravidade no hospital de Lugo // O Producto interior bruto de Galicia medrou tres décimas nos meses de abril, maio e xuño // A conselleira de Sanidade defende a designación do Hospital vigués do Meixoeiro para tratar os casos de ébola. 28/08/14

Segue en estado grave a muller de 32 anos de Chantada, en Lugo, agredida polo seu  noivo e xefe que lle disparou na cabeza. Os feitos tiveron lugar a noite pasada no interior da hamburguesería na que traballaban os dous. O suposto atacante está detido e confesou os feitos ante a Garda Civil // 800 quilos de cocaína é o alixo que traían en bolsas de deporte os tripulantes do Pandora Lys. Un veleiro que foi interceptado en alta mar viaxando dende Sudamérica e con destino Galicia desde onde ía ser distribuída a droga. Hai tres detidos nesta operación que comezou a investigarse en novembro do ano pasado // Uns 30 mil conductores españois, a maioría deles galegos, recibiron reclamacións das concesionarias das autoestradas portuguesas por non ter pagado peaxes durante viaxes ao país veciño. 27/08/14 

Segue en estado grave a muller de 32 anos de Chantada, en Lugo, agredida polo seu  noivo e xefe que lle disparou na cabeza. Os feitos tiveron lugar a noite pasada no interior da hamburguesería na que traballaban os dous. O suposto atacante está detido e confesou os feitos ante a Garda Civil. Na localidade houbo hoxe un pleno extraordinario e unha concentración de repulsa por esta agresión machista // 800 quilos de cocaína é o alixo que traían en bolsas de deporte os tripulantes do Pandora Lys. Un veleiro que foi interceptado en alta mar viaxando dende Sudamérica e con destino Galicia desde onde ía ser distribuída a droga. Hai tres detidos // Uns 30 mil conductores españois, a maioría deles galegos, recibiron reclamacións das concesionarias das autoestradas portuguesas por non ter pagado peaxes durante viaxes ao país veciño. 27/08/14

Segue en estado grave a muller de 32 anos de Chantada, en Lugo, agredida polo seu  noivo e xefe que lle disparou na cabeza // 800 quilos de cocaína é o alixo que traían en bolsas de deporte os tripulantes dun iate conducido polas forzas de seguridade ao porto de Vigo // Uns 30 mil conductores españois, a maioría deles galegos, recibiron reclamacións das concesionarias das autoestradas portuguesas. 27/08/14

Seguimos sen poder falar dun tempo propio do mes de agosto. Ceos anubrados na maioría da comunidade con  brétemas que dificultaron a visibilidade, nas primeiras horas. 27/08/14

Veciños, amigos e familiares de Mónica Lorenzo, a muller asasinada polo seu marido, que, logo se suicidou, na localidade pontevedresa de Barro, concentráronse hoxe no propio Barro e en Marín para expresar a súa dor. O crime produciuse despois de que a muller iniciase os trámites para a separación, segundo fontes próximas á parella // Prestaron declaración ante o xuíz os dous homes detidos en relación co intento de rapto dunha menor en Pontecesures. Están acusados de agresión sexual e detención ilegal en grao de tentativa. Os feitos aconteceron o pasado domingo cando a pequena de 10 anos paseaba por unha rúa de Pontecesures e foi abordada polos dous individuos, veciños da zona // O piloto dunha avioneta das que participan na loita contra os incendios saíu ileso, logo de ter que facer unha aterraxe de emerxencia, nun prado de Outeiro de Rei en Lugo. Participaba na extinciòn dun lume no municipio de Lugo, cando sofriu unha avaría mecánica. 26/08/14 

Veciños, amigos e familiares de Mónica Lorenzo, a muller asasinada polo seu marido, que, logo se suicidou, na localidade pontevedresa de Barro, concentráronse hoxe no propio Barro e en Marín  para expresar a súa dor. O crime produciuse despois de que a muller iniciase os trámites para a separación, segundo fontes próximas á parella // Prestaron declaración ante o xuíz os dous homes detidos en relación co intento de rapto dunha menor en Pontecesures. Están  acusados de agresión sexual e detención ilegal en grao de tentativa // O piloto dunha avioneta das que participan na loita contra os incendios saíu ileso, logo de ter que facer unha aterraxe de emerxencia, nun prado de Outeiro de Rei en Lugo. 26/08/14

Veciños, amigos e familiares de Mónica Lorenzo, a muller asasinada polo seu marido, que, logo se suicidou, na localidade pontevedresa de Barro, concentráronse hoxe no propio Barro e en Marín para expresar a súa dor // Prestaron declaración ante o xuíz os dous homes detidos en relación co intento de rapto dunha menor en Pontecesures // O piloto dunha avioneta das que participan na loita contra os incendios saíu ileso, logo de ter que facer unha aterraxe de emerxencia, nun prado de Outeiro de Rei. 26/08/14

Ángela Merkel aplaude o resultado das reformas económicas levadas a cabo polo Goberno Español. A Chanceler alemá loubou, ao remate das súa visita de dous días a Santiago, os logros da nosa economía nos últimos 4 trimestres que constataron a saída da recesión e o inicio do crecemento. Unha mellora que, a xuízo da mandataria, se debe ás medidas emprendidas, que calificou de duras e difíciles // Nova vítima da violencia de xénero en Galicia. Mónica Lorenzo morreu  polos disparos do seu marido que se suicidou despois de avisar a policía do crime. O matrimonio que vivía no concello pontevedrés de Barro tiña dous fillos menores. Non constan denuncias previas por malos tratos. 25/08/14