Ángela Merkel aplaude o resultado das reformas económicas levadas a cabo polo Goberno Español. A Chanceler alemá loubou, ao remate das súa visita de dous días a Santiago, os logros da nosa economía nos últimos 4 trimestres que constataron a saída da recesión e o inicio do crecemento. Unha mellora que, a xuízo da mandataria, se debe ás medidas emprendidas, que calificou de duras e difíciles // Nova vítima da violencia de xénero en Galicia. Mónica Lorenzo morreu polos disparos do seu marido que se suicidou despois de avisar a policía do crime. O matrimonio que vivía no concello pontevedrés de Barro tiña dous fillos menores. Non constan denuncias previas por malos tratos // Sorte dispar dos equipos galegos no debut ligueiro. O Celta derrota con contudencia o Getafe, 3 a 1 en Balaídos con Nolito como estrela do partido. Mentres o Dépor pensa en seguir reforzandose despois de perdeu na súa viaxe a Granada 2-1. 25/08/14
Ángela Merkel aplaude o resultado das reformas económicas levadas a cabo polo Goberno Español // Nova vítima da violencia de xénero en Galicia. Mónica Lorenzo morreu polos disparos do seu marido que se suicidou // Sorte dispar dos equipos galegos no debut ligueiro. 25/08/14
O tempo empeorou nas últimas horas.Ceos anubrados no oeste, que se presentes no resto da comunidade cara a tarde. 25/08/14
O número de visitantes aumentou en Galicia un 7,12 %, no pasado mes de xullo, respecto ao mesmo periodo do ano pasado. En total chegaron aquí 459.000 turistas, a maioría procendetes doutras zonas de España pero tamén case 120 mil, extranxeiros // O Goberno alemán recoñeceu hoxe que o reparto de cargos na Unión Europea será un dos temas que trate a Chanceler Angela Merkel, en Santiago co Presidente do Goberno Mariano Rajoy. Os dous percorrerán o domingo un treito do Camiño de Santiago e manterán unha xuntanza de traballo o luns, antes de visitar a Catedral compostelá // O Dépor viaxará mañá a Granada para o seu debut ligueiro na súa volta a Primeira División. No Celta o dianteiro Nolito renovou contrato para cinco tempadas. En Balaídos recibirán o domingo o Getafe. E en Segunda o Lugo viaxará a Miranda de Ebro no arranque ligueiro en Segunda. 22/08/14
O número de visitantes aumentou en Galicia un 7,12%, no pasado mes de xullo, respecto ao mesmo periodo do ano pasado. En total chegaron aquí 459.000 turistas, a maioría procendetes doutras zonas de España pero tamén case 120 mil, extranxeiros // Os trens Alvia que circulan entre Ourense e Santiago contan xa co sistema de seguridade ERTMS. Aínda que prevista dende un principio, a súa utilización fora suspendida por problemas técnicos ao pouco de entrar en servizo a liña // A marea vermella empeza a remitir e permite abrir un dos polígonos dunhas 200 bateas da Ría de Arousa. De momento case o 90 das de toda Galicia seguen pechadas. Mentres, Francia atribue a intoxicación de máis de medio cento de persoas a unha partida de mexillón galego. 22/08/14
O número de visitantes aumentou en Galicia un 7,12 %, no pasado mes de xullo, respecto ao mesmo periodo do ano pasado // Os trens Alvia que circulan entre Ourense e Santiago contan xa co sistema de seguridade ERTMS // A marea vermella empeza a remitir e permite abrir un dos polígonos dunhas 200 bateas da Ría de Arousa. 22/08/14
Ceos practicamente despexados en toda a comunidade con algúns intervalos nubosos na metade norte que se irán disipando. 22/08/14
O Hospital vigués do Meixoeiro é o escollido polas autoridade sanitarias para illar e tratar calquera caso de ébola que se poida detectar en Galicia. Así se establece no protocolo para o seguimento da doenza que foi publicado hoxe pola Xunta // Un estudo elaborado por un profesor pontevedrés demostra que dous de cada tres alumnos de instituto está pendente do Whatsapp e das súas mensaxes mentres estuda e un de cada tres dedícalle a este tipo de comunicacións varias horas diarias, algúns ata seis // O Lugo, pendente da decisión xudicial, respecto ao inicio da Liga. O Equipo galego saberá se tén que viaxar a Miranda de Ebro, en Burgos, como está previsto, ou a Murcia. 21/08/14
Un estudo elaborado por un profesor pontevedrés demostra que 2 de cada 3 alumnos de instituto está pendente do Whatsapp e das súas mensaxes mentres estuda e 1 de cada 3 dedícalle varias horas diarias, algúns ata 6 // O Hospital vigués do Meixoeiro é o escollido polas autoridade sanitarias para illar e tratar calquera caso de ébola que se poida detectar en Galicia. Así se establece no protocolo para o seguimento da doenza que foi publicado hoxe pola Xunta. Para a súa elección tívose en conta que o porto vigués é un dos seis de España que pode dar acollida a situacións de emerxencia biolóxica ou radioactiva // O Lugo, pendente da decisión xudicial, respecto ao inicio da Liga. O Equipo galego saberá se ten que viaxar a Miranda de Ebro, en Burgos, como está previsto, ou a Murcia, dependendo do resultado da reunión convocada hoxe en Madrid, polo xuíz que anulou provisionalmente a exclusión do Murcia da competición de Segunda División, decidida pola Liga Profesional. 21/08/14
Un estudo elaborado por un profesor pontevedrés demostra que dous de cada tres alumnos de instituto está pendente do Whatsapp e das súas mensaxes mentres estuda // O Hospital vigués do Meixoeiro é o escollido polas autoridade sanitarias para illar e tratar calquera caso de ébola que se poida detectar en Galicia // O Lugo, pendente da decisión xudicial, respecto ao inicio da Liga. 21/08/14
Seguimos nunha situación un tanto inestable, con nubes e moitas brétemas, sobre todo na primeira metade do día e mais abondosas no Norte de Lugo. 21/08/14
Preocupación entre as empresas conserveiras pola escaseza de mexillón a causa do peche de polígonos de bateas, afectadas pola marea vermella. So seis dos 51 parque de cultivo que hai nas rías permanecen abertos, o que dificulta o acopio para a industria. No sector calculan que pode afectarlles a un milleiro de postos de traballo // A policía autonómica identifica a 50 furtivos en distintos puntos da costa galega. Comisaron 123 quilos de ameixa. No que vai de ano 250 foron denunciadas por marisquear sen licenza na nosa comunidade // Os servizos de inspección sancionaron, no que vai de ano a 135 establecementos turísticos por non ter a licenza actualizada. No mesmo período houbo case catro mil inspeccións en todo o sector. 20/08/14
Os servizos de inspección sancionaron, no que vai de ano a 135 establecementos turísticos por non ter a licenza actualizada. No mesmo período houbo case catro mil inspeccións en todo o sector. A maioría das infraccións son de carácter administrativo por non axustarse á nova normativa turística // Preocupación entre as empresas conserveiras pola escaseza de mexillón a causa do peche de polígonos de bateas, afectadas pola marea vermella. So seis dos 51 parque de cultivo que hai nas rías permanecen abertos,o que dificulta o acopio para a industria. No sector calculan que pode afectarlles a un milleiro de postos de traballo // Por primeira vez o Papa Francisco fala da súa posible viaxe a España o ano que vén. Di que ten moitas invitacións para visitar o noso país que lle fixeron chegar os Reis e o Episcopado. De momento medita se acepta os convites a Santiago, Ávila e Alba de Tormes. 20/08/14
Os servizos de inspección sancionaron, no que vai de ano a 135 establecementos turisticos por non ter a licenza actualizada // Preocupación entre as empresas conserveiras pola escaseza de mexillón a causa do peche de polígonos de bateas, afectadas pola marea vermella // O Papa Francisco medita se acepta os convites para visitar Santiago, Ávila e Alba de Tormes. 20/08/14
As brétemas de primeira hora e a baixada das temperaturas máximas son as notas máis salientables da información do tempo. 20/08/14
Pechados a maioría dos polígonos de bateas das rías galegas pola alta presenza de toxinas. As case 3000 bateas da Ría de Arousa están completamente paradas estes días e só 6 dos 51 polígonos están abertos. Aínda así o mercado de fresco está abastecido e o produto que chega aos circuitos comerciais pódese consumir con total confianza // Os niños que constrúen as avésporas asiáticas teñen preocupados, sobre todo, aos apicultores galegos. Aseguran que xa atacaron máis de vinte mil colmeas de abellas // Unha semana despois as fillas do galego emigrante galego asasinado en Arxentina piden xustiza para que os dous asaltantes que mataron a seu pai paguen polo que fixeron. De momento aseguran que o autor dos disparos, está na súa casa e láianse da actuación da policía na investigación do caso. 19/08/14
Pechados a maioría dos polígonos de bateas das rías galegas pola alta presenza de toxinas. As case 3000 bateas da Ría de Arousa están completamente paradas estes días e só 6 dos 51 polígonos están abertos. Aínda así o mercado de fresco está abastecido e o producto que chega aos circuitos comerciais pódese consumir con total confianza // Os niños que constrúen as avésporas asiáticas teñen preocupados, sobre todo, aos apicultores galegos. Aseguran que xa atacaron máis de vinte mil colmeas de abellas // Os xulgados de reforzos de preferentes de Vigo e A Coruña prolongarán a súa actividade ata finais de ano para resolver os casos pendentes. 19/08/14
Continuamos baixo a influencia das altas presións pero o bo tempo non está garantido // Achéganse os restos dunha fronte pouco activa que van provocar un aumento das nubes no norte e a retirada progresiva do aire cálido destes días pasados. 19/08/14
Pechados a maioría dos polígonos de bateas das rías galegas pola alta presenza de toxinas // Os niños que constrúen as avésporas asiáticas teñen preocupados aos apicultores galegos // Unha semana despois as fillas do emigrante galego asasinado en Arxentina piden xustiza para que os dous asaltantes que mataron a seu pai paguen polo que fixeron.19/08/14
As estradas convencionais e a velocidade á que circulamos por elas son, dende hoxe e ata finais da semana, obxectivo de especial vixilancia por parte dos axentes de tráfico // As concesionarias das autoestradas portuguesas dispostas a recadar os impagos dos condutores españois. Os anteriores a 2012 prescribiron pero os dos últimos anos hai que pagalos. Moitos usuarios están a recibir por carta o importe das peaxes que deixaron sen pagar // Preocupación entre os apicultores galegos ante o aumento da poboación de avéspora asiática, unha especie invasora que chegou a Galicia hai dous anos e que se alimenta das abellas. 18/08/14