Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Xulgado en Cangas o home que foi sorprendido pola Garda Civil indo de copiloto, bébedo, no coche que conducía o seu fillo, de 16 anos, polas inmediacións da Ponte de Rande, na Autoestrada do Atlántico // O Ministerio do Interior destituiu aos coordenadores de seguridade do Deportivo e do Atlético de Madrid, coma consecuencia dos incidentes do pasado día 30 nos que resultou morto un seguidor radical do Dépor // Satisfacción entre os hostaleiros galegos polos resultados da ponte festiva. A ocupación media roldou o 60% mentres que os balnearios tiveron unha das mellores fins de semana do ano cun cheo case total. 09/12/14 

Xulgado en Cangas o home que foi sorprendido pola Garda Civil indo de copiloto, bébedo, no coche que conducía o seu fillo, de 16 anos // O Ministerio do Interior destituiu aos coordenadores de seguridade do Deportivo e do Atlético de Madrid // Satisfacción entre os hostaleiros galegos polos resultados da ponte festiva. 09/12/14

Dous traballadores morreron este mediodía ao caer dende unha altura de máis de 15 metros cantro reparaban unha nave nas instalacións da empresa Extrugasa, na localidade pontevedresa de Valga // Arestora abre ao tráfico a glorieta de Sabón, na entrada á Coruña dende Arteixo, un punto polo que pasan ó día 50.000 vehículos. A infraestrutura custou 11 millóns de euros e vai mellorar as comunicacións co polígono industrial de Sabón, no que traballan 5.000 persoas // Comezaron no estaleiro de navantia en Ferrol, os traballos para o novo encargo aprobado hoxe polo consello de ministros. Participará na construción  de 2 novos buques para a Armada durante os próximos 5 anos. 05/12/14 

Fin de semana de festivos e primeira antes do nadal na que os comerciantes agardan facer boa caixa.Confían en que o bo tempo anime  a visitantes e locais a mercar máis adiantando as compras do nadal // Fiestras e portas Pechadas nas vivendas dos catrocentos xitanos zamoranos que viven no Porriño. Os seus fillos, un cento de pequenos, levan dous días sen acodir o colexio por medo a represalias. Viven atemorizadas por outro grupo de xitanos, en disputa polo control da venda ambulante // O policía ferido no atraco de Vigo hai unha semana mellora das feridas que sofriu, polos disparos do atracador. Un incidente no que falecera unha axente. 05/12/14

Dous traballadores morreron este mediodía ao caer dende unha altura de máis de 8 metros cando reparaban unha nave nas instalacións da empresa  Extrugasa , na localidade pontevedresa de Valga // Arestora abre ao tráfico a glorieta de Sabón, na entrada á Coruña dende Arteixo, un punto polo que pasan ó día 50.000 vehículos // Comezaron no estaleiro de Navantia en Ferrol , os traballos para o novo encargo aprobado hoxe polo consello de ministros. 05/12/14  

Colas no estadio de Riazor para facerse cunha entrada para o partido do sábado contra o Málaga. Un encontro que o clube quere converter nunha gran manifestación contra a violencia. As entradas custan 1 euro // Reunión do Comité antiviolencia no fútbol na que federación e administración buscan medidas para evitar actos coma o que acabou na morte do seguidor deportivista, en Madrid // A xunta vai suprimir o plus de altos cargos, aprobado durante o Goberno Bipartito. E unha das medidas do proxecto de lei de Emprego Público, aprobado polo Consello e que tamén crea un fondo para aboarlles aos funcionarios a paga extra que lles retiveran no 2012. 04/12/14 

Colas no estadio de Riazor para facerse cunha entrada para o partido do sábado contra o Málaga. Un encontro que o clube quere converter nunha gran manifestación contra a violencia. As entradas custan 1 euro // Reunión do Comité antiviolencia no fútbol na que federación e administración buscan medidas para evitar actos coma o que acabou na morte do seguidor deportivista, en Madrid. Estudan, entre outras actuacións, expulsar dos estadios aos grupos de ultras ou quitarlles puntos aos equipos que no sexan contundentes coa violencia // A xunta vai suprimir o plus de altos cargos, aprobado por tódolos grupos  durante o Goberno Bipartido. E unha das medidas do proxecto de lei de Emprego Público, aprobado polo Consello e que tamén crea un fondo para aboarlles aos funcionarios a paga extra que lles retiveran no 2012. 04/12/14  

Colas no estadio de Riazor para facerse cunha entrada para o partido do sábado contra o Málaga // Reunión do Comité antiviolencia no fútbol na que federación e administración buscan medidas para evitar actos coma o que acabou na morte do seguidor deportivista, en Madrid // A xunta vai suprimir o plus de altos cargos, aprobado por todos los grupos  durante o Goberno Bipartido. 04/12/14 

Enterro, no cemiterio coruñés de Feáns, do siareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero. Os seus achegados velaron durante a noite e esta mañá o cadáver, que chegara dende Madrid, onde faleceu o domingo, nos enfrontamentos entre membros dos Riazor Blues e seguidores radicais do Atlético // E poucas horas despois do funeral xogarase en Riazor, o primeiro encontro do Deportivo na casa, despois da traxedia // Mais de cen impactos de bala contabilizou a policía, en Vigo, no lugar do tiroteo no que morreu a axente durante o atraco a un banco. A investigación aclarará cantos impactos foron directos e cantos, rebotes. 03/12/14 

Enterro, no cemiterio coruñés de Feáns, do siareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero // E poucas horas despois do funeral xogarase en Riazor, o primeiro encontro do Deportivo na casa, despois da traxedia // Mais de cen impactos de bala contabillizou a policía, en Vigo, no lugar do tiroteo no que morreu a axente durante o atraco a un banco. 03/12/14 

Para as próximas horas está prevista a chegada a A Coruña dos restos mortais de Francisco Javier Romero, o siareiro do Deportivo e membro dos Riazor Blues falecido en Madrid, no enfrontamento con radicais do Atlético. Namentres, en Madrid comezaron a prestar declaración nos xulgados os 21 detidos nesta pelexa // Galicia é a segunda comunidade autónoma na que máis medrou o desemprego en novembro con 4.588 parados máis. O sector  servizos, a construción e agricultura son os que sumaron máis parados. Respecto a hai un ano, baixou, e agora  hai agora 22.000 desempregados menos. 02/12/14

Para as próximas horas está prevista a chegada a A Coruña dos restos mortais de Francisco Javier Romero, o siareiro do Deportivo e membro dos Riazor Blues falecido en Madrid // Galicia é a segunda comunidade autónoma na que máis medrou o desemprego en novembro con 4.588 parados máis. 02/12/14 

O tempo vai ir empeorando segundo avance a tarde. Moitas nubes en todo o país con posibilidade de que deixen chuvia sobre todo no litoral da Coruña e no norte de Lugo. 02/12/14