Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Unión Europea vai aportar 650 mil euros para construír unha nova rampla móbil de embarque de vehículos no porto de Vigo. A axuda recoñece a importancia estratéxica deste porto e servirá para potenciar a futura autoestrada do Mar, unha liña regular de mercadorías entre Galicia e Francia // Campaña da Xunta para alertar dos perigos do "sexting", o envío de fotos ou vídeos íntimos por medio do teléfono móbil. Alerta dos perigos desta actividade, cada vez máis frecuente entre os adolescentes // Pontevedra recibe un novo recoñecemento polo seu modelo urbano. Trátase do Premio Internacional Dubai, impulsado pola ONU que distingue a 12 proxectos de todo o mundo por mellorar as condicións de vida. 24/11/14

Un carballo centenario caeu no balneario de Mondariz e feriu a 4 persoas, entre elas un neno, que quedou atrapado debaixo da arbore. O Carballo derrubouse nun momento en que nin chovía nin ía vento, e sobre unha piscina exterior na que habia un grupo de persoas. Dúas seguen arestora hospitalizadas, aínda que fora de perigo // Campaña da  Xunta para alertar dos perigos do "sexting", o envío de fotos ou vídeos íntimos por medio do teléfono móbil. Alerta dos perigos desta actividade, cada vez máis frecuente entre os adolescentes. Son prácticas que poden constituír un delicto de ciberacoso e, se a vítima é menor, mesmo de pornografía intantil// A Unión Europea vai aportar 650 mil euros para construír unha nova rampla móbil de embarque de vehículos no porto de Vigo. A axuda recoñece a importancia estratéxica deste porto e servirá para potenciar a futura autoestrada do Mar, unha liña regular de mercadorías entre Galicia e Francia. 24/11/14

Un carballo centenario caeu no balneario de Mondariz e feriu a catro persoas // Campaña da Xunta para alertar dos perigos do "sexting", o envío de fotos ou vídeos íntimos por medio do teléfono móbil // A Unión Europea vai aportar 650 mil euros para construír unha nova rampla móbil de embarque de vehículos no porto de Vigo. 24/11/14

Nas naves do estaleiro Rodman Poliships, na Ría de Vigo, trabállase xa para atender o pedido dunha empresa Chinesa, Sonangol. Son 50 embarcacións cun custe total de 25 millóns de euros. Aseguran traballo para os 155 operarios da factoría para os próximos dous anos // O Presidente da Xunta destaca o bon momento do sector da automoción galega, durante a visita á empresa viguesa GKN Driveline que ten 860 traballadores e fabrica transmisións para as principais marcas // Rexistro xudicial na deputación de Lugo. A xuíza  Pilar de Lara acompañada dunha ducia de axentes da policía xudicial, dirixe a operación. Busca documentación sobre o programa KM 0 de visitas guiadas á lugares de interese da provincia lucense. 21/11/14  

Rexistro xudicial na deputación de Lugo. A operación foi dirixida pola xuíza Pilar de Lara, acompañada dunha ducia de axentes da policía xudicial. Buscaban documentación sobre o programa KM 0 de visitas guiadas á lugares de interese da provincia lucense // A mesma xuíza, Pilar de Lara, tamén está a investigar se o PP de Ourense se financiou ilegalmente cando o dirixiu José Luis Baltar. Quere saber se é certo que Baltar aceptaba doazóns de empresas que non se recollían nas contas do partido. Segundo o exxerente da formación, algún ano podería ter chagado a recadar 200.000 euros // Nas naves do estaleiro Rodman Poliships, na Ría de Vigo, trabállase xa para atender o pedido dunha  empresa Chinesa, Sonangol. Son 50 embarcacións cun custe total de 25 millóns de euros. Aseguran traballo para os 155 operarios da factoría para os próximos dous anos. 21/11/14

Nas naves do estaleiro Rodman Poliships, na Ría de Vigo, trabállase xa para atender o pedido dunha empresa Chinesa, Sonangol // O Presidente da Xunta destaca o bo  momento do sector da automoción galega // Rexistro xudicial na deputación de Lugo. 21/11/14 

O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, participou, na Coruña, na entrega do Premio Fernández Latorre ao profesor e comentarista político Xosé Luis Barreiro. Previamente asinara, en Santiago, un convenio coa Xunta para destinar 17 millóns de euros a obras de restauración da Catedral // A Xunta aproba unha declaración institucional para o 25 de novembro, dia contra a violencia de xénero. Fará mais campañas de prevención de cara aos mais novos, na familia e nos centros educativos. Neste ano levan morto en Galicia por esta violencia, 6 mulleres, e 50 nos últimos 15 anos // Un establecemento de Ourense, o Nova Restaurante, é o último galego que pode presumir dunha estrela michelin. Rexéntano Daniel e Julio, dous curmáns que levan apenas un par de anos no negocio. Co deles, son doce os que contan, na nosa comunidade, coa famosa estrela. 20/11/14

O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, está hoxe en Galicia para asinar un convenio coa Xunta polo que o Goberno Central vai aportar 17 millóns de euros para esas obras na Catedral de Santiago. Servirán para reparar o deterioro da pedra do monumento // A Xunta aproba unha declaración institucional para o 25 de novembro, dia contra a violencia de xénero. Fará mais campañas de prevención de cara aos mais novos, na familia e nos centros educativos. Neste ano levan morto en Galicia por esta violencia 6 mulleres, e 50 nos últimos 15 anos // Despedida en Pontevedra os 280 militares da Brilat que marchan a Afganistán. Protexerán a base e o aeroporto de Herat, con vistas xa á próxima retirada do país asiático. O 1 de xaneiro a Brilat iniciará en terras afgás a súa sexta misión en Afganistán, que se prolongará ata maio. 20/11/14

O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, está hoxe en Galicia para asinar un convenio coa Xunta polo que o Goberno Central vai aportar 17 millóns de euros obras de restauración na Catedral de Santiago // A Xunta aproba unha declaración institucional para o 25 de novembro, dia contra a violencia de xénero // Despedida en Pontevedra os 280 militares da Brilat que marchan a Afganistán. 20/11/14

Elévase a 30 o número de imputados na denominada Operación Zeta sobre presuntas irregularidades en cursos de formación laboral. A xuíza que a instrúe imputa a outras 23 persoas que se suman ás sete iniciais // En Lugo recibiron a alta dous dos dez anciáns ingresados por lexionela. O resto evolucionan favorablemente, segundo o Sergas. Nos dous centros afectados, a residencia privada de Guntín e a pública de Lugo, a actividade é normal // Xulgado na Coruña un home que lle prendeu lume á casa na que vivía, coa súa parella dentro, e que pode ser condenado a 5 anos de prisión, logo dun acordo entre acusación e defensa. 19/11/14

En Lugo recibiron a alta dous dos dez anciáns ingresados por lexionela. O resto evolucionan favorablemente, segundo o Sergas. Nos dous centros afectados, a residencia privada de Guntín e a pública de Lugo, a actividade é normal // Xulgado na Coruña un home que lle prendeu lume á casa na que vivía, coa súa parella dentro, e que pode ser condenado a 5 anos de prisión, logo dun acordo entre acusación e defensa // Algúns dos mellores traballos científicos dos escolares galegos participan en Ourense en Galiciencia, unha feira que busca espertar o interese dos pequenos pola investigación. 19/11/14 

En Lugo recibiron a alta dous dos dez anciáns ingresados por lexionela // Xulgado na Coruña un home que lle prendeu lume á casa na que vivía, coa súa parella dentro, e que pode ser condenado a 5 anos de prisión // Algúns dos mellores traballos científicos dos escolares galegos participan en Ourense en Galiciencia. 19/11/14

Volveron as néboas e subiron as temperaturas. As máximas tamén en ascenso deixarán hoxe os termómetros por riba dos quince graos en boa parte de Galicia. 19/11/14 

Os hoteis de Vigo onde están concentradas as seleccións de España e Alemaña son lugar de peregrinación de moitos siareiros que queren achegarse aos ídolos futbolísticos que esta noite se van enfrontar en Balaídos // Novo caso de lexionela en Lugo. Rexistrouse nunha residencia de anciáns privada de Guntín onde tres persoas tiveron que ser hospitalizadas e evolucionan favorablemente // Xunta e deputación de Ourense van investir 160 millóns de euros nos vindeiros seis anos para modernizar e promocionar os balnearios. 18/11/14

Os hoteis de Vigo onde están concentradas as seleccións de España e Alemaña son lugar de peregrinación de moitos siareiros que queren achegarse aos ídolos futbolísticos que esta noite se van enfrontar en Balaídos. O ambiente  está asegurado. Máis de vintecatro mil mercaron entradas // Novo brote de lexionela na provincia de Lugo, desta vez nunha residencia  privada da terceira idade, de Guntín. Tres ancians evolucionan favorablemente no hospital. Dias atras, outros seis anciáns dunha residencia pública de Lugo foron antendidos pola  mesma doenza // Arranxada a tubaxe  que rebentou o domingo na Ronda de Outeiro, na coruña. Queda pendente reparar o firme, logo da gran fochanca aberta polo escape. Nas vindeiras horas a auga pode ter un aspecto turbio pero é apta para o consumo humano, segundos os técnicos. 18/11/14 

O tempo inestable segue a ser a tónica deste mes de novembro. Unha fronte xa atravesa Galicia de oeste a leste e vainos deixar unha tarde chuviosa e desapacible. 18/11/14 

Os hoteis de Vigo onde están concentradas as seleccións de España e Alemaña son lugar de peregrinación de moitos siareiros // Novo brote de lexionela na provincia de Lugo // Arranxada a tubaxe que rompeu o domingo na Ronda de Outeiro, na Coruña. 18/11/14