Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As estrelas da selección española de futbol brillan hoxe en Vigo. Algúns xogadores coma Cazorla, Raul García ou Camacho, pasearon esta mañá, antes de preparar o partido fronte a Alemaña, despois das boas sensacións e o bon resultado logrados fronte a Bielorrusia, en Huelva // Hoxe serán soterradas as catro persoas que faleceron o sábado nun choque frontal en Rois, A Coruña. Tres das vítimas mortais eran da mesma familia, moi coñecidos en Noia, unha vila conmocionada polo triste suceso. O condutor do outro coche de Santiago faleceu logo de ser trasladado ao hospital // Varios días van durar os traballos de reparación dos danos causados, na Coruña, pola rotura dunha tubaxe da rede central de canalización que provocou unha auténtica riada nas inmediacións das estacións de tren e autobuses. 17/11/14 

As estrelas da selección española de futbol brillan hoxe en Vigo. Algúns xogadores coma Cazorla, Raul García ou Camacho, pasearon esta mañá, antes de preparar o partido fronte a Alemaña, despois das boas sensacións e o bon resultado logrados fronte a Bielorrusia, en Huelva // Hoxe serán soterradas as catro persoas que faleceron o sábado nun choque frontal en Rois, A Coruña. Tres das vítimas mortais eran da mesma familia, moi coñecidos en Noia, unha vila conmocionada polo triste suceso. O conductor do outro coche de Santiago faleceu logo de ser trasladado ao hospital // Varios días van durar os traballos de reparación dos danos causados, na Coruña, pola  rotura dunha tubaxe da rede central de canalización que provocou unha auténtica riada nas inmediacións das estacións de tren e autobuses. 17/11/14 

As estrelas da selección española de fútbol brillan hoxe en Vigo // Hoxe serán soterradas as catro persoas que faleceron o sábado nun choque frontal en Rois, A Coruña // Varios días van durar os traballos de reparación dos danos causados, na Coruña, pola rotura dunha tubaría da rede central de canalización de auga. 17/11/14

A deputada e exportavoz do Partido Popular de Galicia Paula Prado amosouse satisfeita, logo de prestar declaración ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Compareceu coma imputada dentro da instrución da operación Pokémon por presuntos delitos de fraude e tráfico de influencias, cando era concelleira en Santiago. Prado dixo que demostrara que todas as súas actuacións se axustaron á legalidade // Confirmado o quinto caso de lexionella no brote detectado esta semana na residencia de maiores das Gándaras en Lugo // Santiago Villanueva será o novo delegado do goberno en Galicia. Foi nomeado hoxe polo consello de ministros. Este ourensán era ata agora director xeral de emerxencias e interior no Xunta. Sustitúe a Samuel Juárez. 14/11/14

Ante o tribunal Superior de Xustiza de Galicia  presta hoxe declaración Paula Prado, a exportavoz e deputada do PP de Galicia, imputada dentro macrooperaciòn Pokémon,  sobre presuntas irregularidades na adxudicación de contratos municipais // A secretaria de organización dos socialistas galegos, Pilar Cancela, calificou hoxe de falsas As cifras aportadas pola Xunta actual sobre gastos en cursos de formación por parte do goberno bipartito // Xunta e concello de Lugo acordan que a muralla romana conte cun ascensor. As obras empezaran antes de que remate o ano. O ascensor da muralla de Lugo entrará en servizo para o verán de 2015. 14/11/14

A exportavoz e deputada do PP de Galicia Paula Prado prestou declaración coma  imputada dentro macrooperación Pokémon // A secretaria de organización dos socialistas galegos, Pilar Cancela, calificou hoxe de falsas as cifras aportadas pola Xunta actual sobre gastos en cursos de formación por parte do goberno bipartito // A muralla romana de Lugo contará con un ascensor, antes do próximo verán. 14/11/14

A Xunta aprobou unha modificación do regulamento das parellas de feito co fin de evitar fraudes. Tamén un plan de actuación para evitar a venda de productos agrarios sen etiquetar e controlará especialmente viño, licores, mel e queixos.  Ademáis deulle o visto e prace  a un anteproxecto de lei para incentivar que os propietarios de terras agrarias abandonadas, as cultiven ou as cedan ao banco de terras 

  50 persoas detidas, 22 delas en Galicia, por contrabando de tabaco procedente de Andorra e Gibraltar dentro da Operación Smuggling-Pentágono. A garda civil e a axencia tributaria  incautáronse de 266 mil paquetes de tabaco sen precintos que acadarían no mercado un valor de máis dun millón de euros.

 A roupa e o calzado son os responsables de que os prezos subiran en Galicia o mes pasado ata un 0.7%, dúas décimas máis ca  media nacional. Os prezos mantéñense sen variación con respecto a outubro de 2013 pese a que no que vai de ano están en taxas negativas. (13/11/14)

A Xunta aprobou unha modificación do regulamento das parellas de feito co fin de evitar fraudes. Tamén un plan de actuación para evitar a venda de productos agrarios sen etiquetar e controlará especialmente viño, licores, mel e queixos.  

  50 persoas detidas, 22 delas en Galicia, por contrabando de tabaco procedente de Andorra e Gibraltar dentro da Operación Smuggling-Pentágono. A garda civil e a axencia tributaria  incautáronse de 266 mil paquetes de tabaco sen precintos que acadarían no mercado un valor de máis dun millón de euros.

 A roupa e o calzado son os responsables de que os prezos subiran en Galicia o mes pasado ata un 0.7%, dúas décimas máis ca  media nacional. Os prezos manteñense sen variación con respecto a outubro de 2013 pese a que no que vai de ano están en taxas negativas. (13/11/14)

A Xunta aprobou unha modificación do regulamento das parellas de feito co fin de evitar fraudes.   

50 persoas detidas, 22 delas en Galicia, por contrabando de tabaco procedente de Andorra e Gibraltar.

 A roupa e o calzado son os responsables de que os prezos subiran en Galicia o mes pasado ata un 0.7%. (13/11/14)

Tres anciáns seguen hospitalizados en Lugo, afectados por lexionella. Dous deles están graves pero estables. O outro evoluciona favorablemente. A Xunta, titular da residencia onde residen, dá por controlado o brote, que se orixinou nos condutos da auga quente // Seguen os interrogatorios aos dous detidos coma sospeitosos do crime do meniño do que o corpo foi atopado a pasada semana en Asturias. Son a nai do pequeno e a súa parella, un home de 33 anos , natural da localidade coruñesa de Cambre // O presidente da Xunta negou que ningún intermediario actuase no seu nome ou no do goberno galego, en relación coas empresas implicadas na Operación Zeta, sobre presuntas irregularidades en cursos de formación laboral. 12/11/14 

Seguen os interrogatorios aos dous detidos coma sospeitosos do crime do meniño do que o corpo foi atopado a pasada semana en Asturias. Son a nai do pequeno e a súa parella, un home de 33 anos, natural da localidade coruñesa de Cambre // Tres anciáns  seguen hospitalizados en Lugo, afectados por lexionella. Dous deles están graves pero estables. O outro evoluciona favorablemente. A Xunta, titular da residencia onde residen, dá por controlado o brote, que se orixinou nos condutos da auga quente // O dianteiro do Celta Nolito está concentrado coa selección, en Madrid. Di que espera xogar algúns minutos nos partidos contra Bielorrusia, o sábado en Huelva, e contra Alemaña, o martes en Balaídos. 12/11/14 

Seguen os interrogatorios aos dous detidos coma sospeitosos do crime do meniño atopado morto en Asturias // Tres anciáns seguen hospitalizados en Lugo, afectados por lexionella // O dianteiro do Celta Nolito está concentrado coa selección, en Madrid. 12/11/14 

Pasou a disposición xudicial a muller detida coma sospeitosa de terlle dado morte, en Carballo, a Carmen Taibo Gesto, a octoxenaria que apareceu morta no seu domicilio. A Garda Civil atopou na  casa da detida xoias pertencentes á vítima // Toda a costa galega está en alerta laranxa, salvo a Mariña onde é amarela. Un temporal marítimo que arrecia a estas horas e que pode deixar ondas de ata seis metros // Comezou na Audiencia Nacional o xuízo contra á maior rede galega de transporte de droga. O fiscal pide para os vinteseis procesados máis de trescentos anos de cárcere e catro mil millóns de multa. Eran os presuntos integrantes de dúas organizacións de narcotransportistas arousáns que usaban os cárteles sudamericáns para introducir a droga en España e Europa. 11/11/14

Pasou a disposición xudicial a muller detida coma sospeitosa de terlle dado morte, en Carballo, a Carmen Taibo Gesto, a octoxenaria que apareceu morta no seu domicilio. A Garda Civil atopou na casa da detida xoias pertencentes á vítima // Toda a costa galega está en alerta laranxa, salvo a Mariña onde é amarela. Un temporal marítimo que arrecia a estas horas e que pode deixar ondas de ata seis metros // Comezou na Audiencia Nacional o xuizo contra á maior rede galega de transporte de droga. O fiscal pide para os vinteseis procesados máis de trescentos anos de cárcere e catro mil millóns de multa // Eran os presuntos integrantes de duas organizacións de narcotransportistas arousáns que usaban os cárteles sudamericáns para introducir a droga en España e Europa. 11/11/14

Pasou a disposición xudicial a muller detida coma sospeitosa de terlle dado morte, en Carballo á octoxenaria que apareceu morta no seu domicilio // Toda a costa galega está en alerta laranxa, salvo a Mariña onde é amarela // Comezou na Audiencia Nacional o xuízo contra á maior rede galega de transporte de droga. 11/11/14