Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Detidos dous mozos en Madrid como presuntos autores da morte do siareiro do Deportivo JIMMY.  A policía arrestou  outras 33 persoas... tamén relacionadas ...coa liorta violenta ... do 30 de novembro, entre afeccionados ultras do Deportivo  e o Atlético de Madrid. Un  taxista de Parla, casado e con dous fillos, é un dos detidos.    

  Un representante da multinacional PSA Peugeot Citroën desprazarase a Vigo para negociar coas empresas galegas da automoción suministros para fabricar a nova Furgoneta da factoría de Balaídos. 

Aprobados os orzamentos de galicia para o ano que vén, 8.436 millóns de euros. O PP rexeitou a 1200 emendas da oposición. A Xunta di que o reto das contas é CONSOLIDAR  a recuperación económica, que -afirma- xa comezou. (16/12/14)

O vento húmido do norte é o que propiciou as brétemas matinais  e as orballadas de primeiras horas. . Unhas precipitacións que están a ser máis frecuentes na mitade norte de Galicia. (16/12/14)

Detidos dous mozos en Madrid como presuntos autores da morte do siareiro do Deportivo JIMMY.  A policía arrestou  outras 33 persoas  tamén relacionadas  coa liorta violenta  do 30 de novembro, entre afeccionados ultras do Deportivo  e o Atlético de Madrid. Un  taxista de Parla, casado e con dous fillos, é un dos detidos.    

  Un representante da multinacional PSA Peugeot Citroen desprazarase a Vigo para negociar coas empresas galegas da automoción subministros para fabricar a nova Furgoneta da factoría de Balaídos. 

   O estaleiro Freire vai empezar a construir, a principios do ano que vén, un buque oceanográfico para Perú que lle dará traballo ao seu cadro de persoal durante 2 anos. (16/12/14)

Detidos dous mozos en Madrid como presuntos autores da morte do siareiro do Deportivo JIMMY.    

  Un representante da multinacional PSA Peugeot Citroen desprazarase a Vigo para negociar coas empresas galegas da automoción .

   O estaleiro Freire vai empezar a construir, a principios do ano que vén, un buque oceanográfico para Perú. (16/12/14)

PSA Peugeot Citroen de Vigo será a que fabrique  a nova furgoneta da multinacional francesa. Anunciáronllo  hoxe os responsables da empresa ao Presidente da Xunta, en París, anuncio que pon final  feliz a meses de espera.  Vigo competía con outra planta da marca  en Eslovaquia.

   Miguel Rosendo da  Silva pasou a primeira noite no cárcere da Lama, en Pontevedra, a onde foi enviado polo xuíz, que o acusa  de asociación ilícita e de abusos sexuais. A súa man dereita, Marta Paz, quedou en liberdade, pero tamén está imputada, ao igual  que un matrimonio de Moaña, que lograran saír da orde relixiosa. 

   Garda Civil de Tráfico e policías locais aumentan esta semana os controis ,nunha campaña contra o consumo de alcohol e drogas.

A campaña faise nestas datas, previas ao nadal, que é  cando aumentan o número de festas e de reunións familiares, nas que o consumo de alcohol é habitual. (15/12/14)

PSA Peugeot Citroen de Vigo será a que fabrique  a nova furgoneta da multinacional francesa. 

  Miguel Rosendo da  Silva pasou a primeira noite no cárcere da Lama, en Pontevedra.

   Garda Civil de Tráfico e policías locais aumentan esta semana os controis ,nunha campaña contra o consumo de alcohol e drogas. (15/12/14)

PSA Peugeot Citroen de Vigo será a que fabrique  a nova furgoneta da multinacional francesa. Anunciáronllo  hoxe os responsables da empresa ao Presidente da Xunta, en París, anuncio que pon final  feliz a meses de espera.  Vigo competía con outra planta da marca  en Eslovaquia.

   Miguel Rosendo da  Silva pasou a primeira noite no cárcere da Lama, en Pontevedra, a onde foi enviado polo xuíz, que o acusa  de asociación ilícita e de abusos sexuais. A súa man dereita, Marta Paz, quedou en liberdade, pero tamén está imputada, ao igual  que un matrimonio de Moaña, que lograran sair da orde relixiosa. 

   Garda Civil de Tráfico e policías locais aumentan esta semana os controis ,nunha campaña contra o consumo de alcohol e drogas.

A campaña faise nestas datas, previas ao nadal, que é  cando aumentan o número de festas e de reunións familiares, nas que o consumo de alcohol é habitual. (15/12/14)

Rexistro no chalet pontevedrés de Oia onde tiña a súa sede a organización "Orden y Mandato e San Miguel Arcángel". Estivo presente o fundador e líder do grupo, Miguel Rosendo Dasilva, detido baixo a acusación de asociación ilícita. Tamén está detida a súa principal colaboradora, a moañesa, Marta Paz // Ingresou no cárcere o mozo de Tui, de 29 anos, acusado de tentar asasinar a súa exparella. A policía local do Porriño detívoo, armado preto da casa da súa exmoza. Foi a nai do detido o que alertou á vítima de que o seu fillo pensaba matala e logo suicidarse // Folga na factoría coruñesa de Alcoa afectada por un expediente de despido colectivo. A fábrica na que traballan  400 persoas funciona hoxe cos servizos mínimos sen que se rexistren incidentes. 12/12/14  

Rexistro no chalet pontevedrés de Oia onde tiña a súa sede a organización "Orden y Mandato e San Miguel Arcángel" // Ingresou no carcere o mozo de Tui, de 29 anos, acusado de tentar asasinar a súa exparella // Folga na factoría coruñesa de Alcoa afectada por un expediente de despido colectivo. 12/12/14 

No mar segue a situación complicada sobre todo na costa de Lugo e A Coruña. Esta  tarde entra unha fronte en terra que traerá chuvias en toda a Comunidade sobre todo pola noite. 12/12/14

A Garda Civil detivo, na localidade madrileña de Collado Villalba ao fundador da organización relixiosa "Orden y Mandato de San Miguel Arcángel", Miguel Rosendo Dasilva. Terá que prestar declaración no xulgado de Tui por asociación ilícita. Tamén foron detidas a súa muller e unha das súas seguidoras. Ex adeptos da orde acusárono de abusos sexuais, comportamento propio dunha seita e branqueo de capitais // A Xunta aproba mais dun cento de prazas para o SERGAS, das 156 prazas totais convocadas. Nas contratacións públicas a Xunta fará cambios pra darlle mais transparencia // Os xogadores do Deportivo solidarizáronse hoxe cos empregados de Alcoa na Coruña. No campo de adestramento do Dépor despregaron unha pancarta pedindo que non se peche a súa fabrica que da traballo na cidade a unhas 400 persoas. 11/12/14

Estupor na localidade ourensá de Cualedro logo de saberse que o home detido na vasca de Abadiño polo asasinato da súa muller e as súa sogra era un veciño do pobo // A Garda Civil rexistra hoxe a casa da localidade madrileña de Collado Villalba, na que vive o fundador da organización "Orden y Mandato de San Miguel Arcángel", Miguel Rosendo Dasilva // A Xunta aproba mais dun cento de prazas para o SERGAS, das 156 prazas totais convocadas. Nas contratacións públicas a Xunta fará cambios pra darlle mais transparencia. 11/12/14 

A Garda Civil detivo, na localidade madrileña de Collado Villalba ao fundador da organización relixiosa "Orden y Mandato de San Miguel Arcángel", Miguel Rosendo Dasilva // A Xunta aproba mais dun cento de prazas para o sergas, das 156 prazas totais convocadas // Os xogadores do Deportivo solidarizáronse hoxe cos empregados de Alcoa na Coruña. 11/12/14 

Xa está en porto, para ser reparado, o pesqueiro "O Genita", do que boa parte dos seus tripulantes son de Ribeira. Tivo que emitir un aviso de socorro, a madrugada pasada logo de que un golpe de mar rompera unha fiestra da ponte. Os 16 membros da tripulación están sans e salvos // Pais de adeptas e antigos membros da Orden y Mandato de San Miguel Arcangel, descabezada pola diocese de Tui, describiron hoxe os supostos abusos sexuais aos que o fundador da orde, Miguel Rosendo Dasilva, sometía ás mulleres consagradas. Outros exmembros referiron tamén  a abusos económicos // Xa está en marcha o Centro de Emprendemento de Galicia, que funciona na Cidade da Cultura, en Santiago. Inaugurárono O Presidente da Xunta e o de Telefónica, empresa que impulsa  medio cento de proxectos de apoio a empresas innovadoras e nos que traballan xa 150 emprendedores. 10/12/14 

Xa está en porto, para ser reparado, o pesqueiro "O Genita", do que boa parte dos seus tripulantes son de Ribeira. Tivo que emitir un aviso de socorro, a madrugada pasada logo de que un golpe de mar rompera unha fiestra da ponte. Os 16 membros da tripulación están sans e salvos // Pais de adeptas e antigos membros da Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, descabezada pola diocese de Tui, describiron hoxe os supostos abusos sexuais aos que o fundador da orde, Miguel Rosendo Dasilva, sometía ás mulleres consagradas // Xa está en marcha o Centro de Emprendemento de Galicia, que funciona na Cidade da Cultura, en Santiago. Inaugurárono O Presidente da Xunta e o de Telefónica, empresa que impulsa medio cento de proxectos de apoio a empresas inovadoras e nos que traballan xa 150 emprendedores. 10/12/14 

Xa está en porto, para ser reparado, o pesqueiro "O Genita", do que boa parte dos seus tripulantes son de Ribeira // Pais de adeptas e antigos membros da Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, descabezada pola diocese de Tui, describiron hoxe os supostos abusos sexuais // Xa está en marcha o Centro de Emprendemento de Galicia, que funciona na Cidade da Cultura, en Santiago. 10/12/14

Hai un aviso de temporal a partir desta media tarde. O previsto é que comece a notarse sobre todo nas costas da Coruña e Lugo. Despois estenderase a todo o litoral. 10/12/14