Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Comezou en Santiago o xuízo polo roubo do Códice Calixtino. A avogada defensora do autor confeso da sustracción, Manuel Fernández Castiñeiras, pediu a anulación do proceso ao considerar que se vulneraron os seus dereitos fundamentais, durante a investigación. Unhas actuacións que foron defendidas polo fiscal // Nace sen competencia en todo o cantábrico e unirá tres veces por semana o porto de Vigo cos franceses de Saint Nazaire e Nantes. É unha liña marítima de mercadorías que fai ese traxecto de 1.400 kilómetros en 35 horas // A comarcas de montaña seguen tinguidas de branco por mor da neve, sobre todo na provincia de Lugo. Alí hoxe mais de 800 alumnos de 20 colexios están sen clase, por segundo día consecutivo. 19/01/15

Comezou en Santiago o xuízo polo roubo do Códice Calixtino // Nace sen competencia en todo o cantábrico e unirá tres veces por semana o porto de Vigo cos franceses de Saint Nazaire e Nantes // A comarcas de montaña seguen tinguidas de branco por mor da neve, sobre todo na provincia de Lugo. 19/01/15

Media Galicia está en alerta por neve que dificultou o tráfico sobre todo en estradas secundarias das zonas altas de Lugo e Ourense. A presenza da neve obrigou a usar cadeas en vías de montaña e tamén provocou que hoxe non foron ao colexio case DOUS MIL escolares de 57 centros destas provincias // Atracou no porto das Palmas de Gran Canaria o pesqueiro CORAL I, abordado en alta mar con tonelada e media de cocaína a bordo. Unha operación na que foron detidas 19 persoas, entre elas o suposto líder do clan de narcotraficantes: o cambadés Rafael Bugallo, alias "o Mulo" // Prestan declaración no xulgado de Ribeira os once detidos nunha operación da Garda Civil contra unha organización dedicada ao tráfico de drogas e a extorsionar a outras persoas coas que quedaban para venderlles estupefacientes. 16/01/15

Media Galicia está en alerta por neve que dificultou o tráfico sobre todo en estradas secundarias das zonas altas de Lugo e Ourense. A presenza da neve obtigou a usar cadeas en vías de montaña e tamén provocou que hoxe non foron ao colexio case DOUS MIL escolares de 57 centros destas provincias // Atracou no porto das Palmas de Gran Canaria o pesqueiro CORAL I, abordado en alta mar con tonelada e media de cocaína a bordo. Unha operación na que foron detidas 19 persoas, entre elas o suposto líder do clan de narcotraficantes: o cambadés Rafael Bugallo, alias "o Mulo" // O Deportivo adestrou hoxe preparando o partido do domingo, en Riazor, contra o Barça, un encontro no que Víctor Fernández lle podería dar entrada ao recentemente fichado, Celso Borges. E o Celta vai tentar mañá ante o Espanyol, en Barcelona, un triunfo que confirme o cambio de rumbo do equipo tras oito xornadas sen gañar na Liga. 16/01/15

Media Galicia está en alerta por neve que dificultou o tráfico sobre todo en estradas secundarias das zonas altas de Lugo e Ourense // Atracou no porto das Palmas de Gran Canaria o pesqueiro CORAL I, abordado en alta mar con tonelada e media de cocaína a bordo // O Deportivo adestrou hoxe preparando o partido do domingo, en Riazor. 16/01/15

Seguen os efectos do temporal que nos afectou nas últimas horas. Onde máis se notan é na costa atlántica, onde as ondas xa superaron os oito metros de altura en puntos coma Cabo Vilán ou Estaca de Bares. Tamén o vento soprou con forza e, na costa da Morte, acadou os 15 km por hora // Aprazado ata o 12 de febreiro o xuízo ao ladrón confeso do Códice Calixtino, Manuel Fernández Castiñeiras. O exelectricista da catedral foi ingresado a primeira hora da mañá nun hospital. Fernández Castiñeiras enfróntase a unha pena de 243 anos de prisión e máis de dous millóns de euros de multa por ter roubado centos de cartas aos seus veciños do Milladoiro // A Xunta destinará 88 millóns de euros á mellora tecnolóxica dos hospitais galegos. Novos equipos que empezarán a adquirirse este ano e entre os que figuran os de radioterapia e medicina nuclear no Lucus Augusti de Lugo. Tamén a dotación do novo hospital de Vigo. 15/01/15

Aprazado ata o 12 de febreiro o xuízo ao ladrón confeso do Códice Calixtino, Manuel Fernández Castiñeiras. O exelectricista da catedral foi ingresado a primeira hora da mañá nun hospital. Fernádez Castiñeiras enfróntase a unha pena de 243 anos de prisión e máis de dous millóns de euros de multa por ter roubado centos de cartas aos seus veciños do Milladoiro // Seguen os efectos do temporal que nos afectou nas últimas horas. Onde máis se notan é na costa atlántica, onde as ondas xa superaron os oito metros de altura en puntos coma Cabo Vilán ou Estaca de Bares. Tamén o vento soprou con forza e, na costa da Morte, acadou os 15  km por hora // A Xunta destinará 88 millóns de euros á mellora tecnolóxica dos hospitais galegos. Novos equipos que empezarán a adquirirse este ano e entre os que figuran os de radioterapia e medicina nuclear no Lucus Augusti de Lugo. Tamén a dotación do novo hospital de Vigo. 15/01/15

Aprazado ata o 12 de febreiro o xuízo ao ladrón confeso do Códice Calixtino, Manuel Fernández Castiñeiras // Seguen os efectos do temporal que nos afectou nas últimas horas // A Xunta destinará 88 millóns de euros á mellora tecnolóxica dos hospitais galegos. 15/01/15

Xunta, sindicatos e patronal asinaron o seu apoio aos programas de busca de emprego aos dous colectivos que se consideran con máis dificultades para acceder o mercado laboral: parados de longa duración e a menores de 25 anos que nin estudan nin traballan // A Comunidade Autónoma dedicará aos plans asinados hoxe 48 millóns de euros // A saída á rúa do novo número do semanario humorístico francés Charlie Hebdo tén tamén reflexo na prensa galega. É saudada polo Diario de Pontevedra e El Progreso con un suplemento de viñetas e artigos cos que se amosa a solidariedade cos debuxantes e xornalistas asasinados. 14/01/15

Xunta, sindicatos e patronal  asinaron o seu apoio aos programas de busca de emprego aos dous colectivos que se consideran con máis dificultades para acceder o mercado laboral: parados de longa duración e a menores de 25 anos que nin estudian nin traballan. A Comunidade Autónoma dedicará aos plans asinados hoxe 48 millóns de euros // A saída á rúa do novo número do semanario humorístico francés Charlie Hebdo tén tamén reflexo na prensa galega. É saudada polo Diario de Pontevedra e El Progreso con un suplemento de viñetas e artigos cos que se amosa a solidariedade cos debuxantes e xornalistas asasinados // Galicia está por baixo da media do Estado en canto a doante por millón de habitantes, 33 fronte os 36 da media española. Na actualidade aquí hai máis de 97 mil potenciais doadores de órganos. O Sergas confía en acadar a cifra dos 100.000 neste 2015. 14/01/15

A Comunidade Autónoma dedicará 48 millóns de euros a plans de emprego para mozos e parados de longa duración // A saída á rúa do novo número do semanario humorístico francés Charlie Hebdo tén tamén reflexo na prensa galega // Galicia está por baixo da media do Estado en canto a doante por millón de habitantes, 33 fronte os 36 da media española. 14/01/15 

A costa norte de Galicia está en alerta por ondas que poden acadar os cinco metros de altura. Chegou xa o primeiro temporal do inverno despois de tres semanas de tempo inusualmente seco e solleiro. O vento e a chuvia foron os protagonistas da mañá con precipitacións xeralizadas en case toda Galicia que se fixeron notar máis na fachada atlántica // A Conselleira de Sanidade di que os atascos que se viviron nos servizos de urxencias dos hospitais, nos últimos días, se deberon a que o momento de máxima incidencia do andazo de gripe se adiantou respecto ao previsto e que colleu ás autoridades sanitarias desprevidas. Os socialistas atribúenlle o colapso nas urxencias aos recortes na sanidade // Unha nena transexual de Lugo é a primeira en Galicia en emprender o chamado tránsito social, que consiste en mostrar tal como sinte a súa identidade feminina. Os seus pais agardan que o rexistro civil sexa sensible a súa situación para que Sara deixe de chamarse Hugo e figure como nena no seu DNI. 13/01/15

A costa norte de Galicia está en alerta por ondas que poden acadar os cinco metros de altura. Chegou xa o primeiro temporal do inverno despois de tres semanas de tempo inusualmente seco e solleiro. O vento e a chuvia foron os protagonistas da mañá con precipitacións xeralizadas en case toda Galicia que se fixeron notar máis na fachada atlántica // A Conselleira de Sanidade di que os atascos que se viviron nos servizos de urxencias dos hospitais, nos últimos días, se deberon a que o momento de máxima incidencia do andazo de gripe se adiantou respecto ao previsto e que colleu ás autoridades sanitarias desprevidas. Os socialistas atribúenlle o colapso nas urxencias aos recortes na sanidade // Unha nena transexual de Lugo é a primeira en Galicia en emprender o chamado tránsito social, que consiste en mostrar tal como sinte a súa identidade feminina. Os seus pais agardan que o rexistro civil sexa sensible a súa situación para que Sara deixe de chamarse Hugo e figure como nena no seu DNI. 13/01/15

A costa norte de Galicia está en alerta por ondas que poden acadar os cinco metros de altura // A Conselleira de Sanidade di que os atascos que se viviron nos servizos de urxencias dos hospitais, nos últimos días, se deberon a que o momento de máxima incidencia do andazo de gripe se adiantou respecto ao previsto e que colleu ás autoridades sanitarias desprevidas // Unha nena transexual de Lugo é a primeira en Galicia en emprender o chamado tránsito social, que consiste en mostrar tal como sinte a súa identidade feminina. 13/01/15 

Despois dun mes de protestas e coa obra parada hoxe reiniciáronse en Vigo os traballos para instalar na rotonda de Coia o pesqueiro Bernardo Alfageme. Un amplo dispositivo da policía local vixía as obras en presenza dun grupo de opositores, que piden que ese investimento se asigne a servizos sociais // A concelleira de urbanismo de Ourense presenta a súa renuncia. Áurea Soto anunciou esta maña a súa decisión despois de que se decretara a apertura de xuízo oral contra ela por presunta prevaricación urbanística continuada no caso da Plaza de Antonio. No próximo pleno entregará a súa acta de concelleira e deixará oficialmente o cargo no concello ourensán // A partir de hoxe, os concellos poden presentar as solicitudes para contratar, con cargo á consellería de Traballo, a persoas que perciban a RISGA, a Renda de Inserción Social. E unha iniciativa para fomentar as posibilidades laborais dese colectivo, o que a Xunta destinará este ano 10 millóns de euros. 12/01/15