A ministra de Industria en funcións, ReyesMaroto, e o presidente da Xunta visitan hoxe a factoría de Alcoa en San Cibrao, en Lugo // Arranca a tramitación parlamentaria da lei que busca garantir o abastecemento de auga en episodios de seca //37 cámaras de tráfico e oitenta axentes vixilan o "mal aparcamento" no centro da Coruña. 08/10/19
A ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, e o presidente da Xunta visitan hoxe a factoría de Alcoa en San Cibrao, en Lugo // Arranca a tramitación parlamentaria da lei que busca garantir o abastecemento de auga en episodios de seca // 37 cámaras de tráfico e oitenta axentes vixilan o "mal aparcamento" no centro da Coruña // O pleno de Vigo aproba a modificación do plan xeral que posibilita a urbanización do Barrio do Cura // Luis César será o novo adestrador do Deportivo trala destitución de Anquela // O Museo da Catedral de Santiago expón desde hoxe o cadro que representa a traslación dos restos do Apóstolo a Padrón. 08/10/19
A ministra de Industria en funcións, ReyesMaroto, e o presidente da Xunta visitan hoxe a factoría de Alcoa en San Cibrao, en Lugo // Arranca a tramitación parlamentaria da lei que busca garantir o abastecemento de auga en episodios de seca //37 cámaras de tráfico e oitenta axentes vixilan o "mal aparcamento" no centro da Coruña // O pleno de Vigo aproba a modificación do plan xeral que posibilita a urbanización do Barrio do Cura // Luis César será o novo adestrador do Deportivo trala destitución de Anquela // O Museo da Catedral de Santiago expón desde hoxe o cadro que representa a traslación dos restos do Apóstolo a Padrón. 08/10/19
Unha fronte fría cruza Galicia e ao seu paso deixará algo de chuvia e sobre todo aire frío que irá entrando de norte a sur co avance do día. Chuvascos que se irán extendendo dende o noroeste ao resto do país. As temperaturas baixan sobre todo na metade norte, con mínimas ao final do día. As máximas oscilarán entre os 20 graos previstos en Santiago aos 28 de Verín, en Ourense. 08/10/19
O presidente da Xunta e o da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes reclaman a reactivación e a continuidade da central térmica de Endesa // Esta medianoite remata o prazo para presentar candidaturas ás eleccións xerais do 10 de novembro // Os axentes de tráfico de Pontevedra inmobilizan a unha usuaria que circulaba pola AP-9 en patinete eléctrico. 07/10/19
O presidente da Xunta e o da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes reclaman a reactivación e a continuidade da central térmica de Endesa // Esta medianoite remata o prazo para presentar candidaturas ás eleccións xerais do 10 de novembro // Visto para sentenza o ere de extinción de emprego definitivo de Vulcano // Os axentes de tráfico de Pontevedra inmobilizan a unha usuaria que circulaba pola AP-9 en patinete eléctrico //O primeiro gol de Iago Aspas no que vai de liga certifica a vitoria do Celta fronte ao Athletic de Bilbao // Tomás Batuecas, o que fora primeiro catedrático de química física da universidade de Santiago, é homenaxeado no día da Ciencia en Galicia. 07/10/19

Á espera de que mañá volva a chuvia, este luns os ceos están despexados. Unha fronte moi pouco activa rozará o noroeste nas próximas horas, o que fará que os ceos se vaian cubrindo por alí a medida que avance a tarde. As temperaturas mínimas baixaron pero as máximas han subir. Oscilarán entre os 23 graos previstos na Coruña e os 29 de Ourense. 07/10/19
Cara a cara entre os ex-presidentes do Goberno Felipe González e Mariano Rajoy no Foro da Toxa // Cinco mortos e tres feridos en Ucrania no accidente dun avión de carga que partiu esta madrugada do aeroporto de Vigo // Traballadores de Vulcano remataron hoxe en Santiago a peregrinación reivindicativa para denunciar a situación que atravesa o estaleiro vigués. 04/10/19
Cara a cara entre os ex-presidentes do Goberno Felipe González e Mariano Rajoy no Foro da Toxa // Cinco mortos e tres feridos en Ucrania no accidente dun avión de carga que partiu esta madrugada do aeroporto de Vigo // Traballadores de Vulcano remataron hoxe en Santiago a peregrinación reivindicativa para denunciar a situación que atravesa o estaleiro vigués // Homenaxe a Eduardo Barreiras, o empresario ourensán considerado pioneiro da automoción en España, no centenario do seu nacemento. 04/10/19

Galicia irá quedando progresivamente na influencia das altas presións. As nubes baixas e orballos da mañá irán dando paso a ceos cada vez máis despexados. As temperaturas mínimas subiron e as máximas quedan sen cambios. Unha situación moi parecida á da fin de semana, na que só se agarda un lixeiro empeoramento na noite do sábado ao domingo polo paso dunha fronte moi débil. 04/10/19
O Consello da Xunta aproba o teito de gasto para 2020, que sitúa o límite por riba dos 10.000 millóns de euros // Barreras solicitou hoxe no xulgado do mercantil de Vigo o preconcurso de acredores // Lourenzá acolle esta fin de semana a festa da faba, con menos colleita pero de moita calidade. 03/10/19
O Consello da Xunta aproba o teito de gasto para 2020, que sitúa o límite por riba dos 10.000 millóns de euros // Barreras solicitou hoxe no xulgado do mercantil de Vigo o preconcurso de acredores // En Galicia detéctanse cada ano 200 casos de cancro de gorxae case a metade deles están causados polo virus do papiloma humano // Lourenzá acolle esta fin de semana a festa da faba, con menos colleita pero de moita calidade // Un gol do Mirandés no minuto 93 priva ao Lugo da Vitoria e o Deportivo xoga hoxe en Xirona // O Festival Internacional de Cine Curtocircuito exhibe 130 filmes ata o domingo. 03/10/19

Lorenzo desapareceu xa como tormenta tropical, finalmente esquiva Galicia e arestora os seus restos atópanse preto de Irlanda. Hoxe unha fronte pouco activa achégase á nosa comunidade e trae moitas nubes á metade oeste e chuvias débiles pola tarde. No leste os ceos estarán máis abertos, cubríndose progresivamente co avance do día. As temperaturas soben lixeiramente, tamén no leste. Oscilarán entre os 26 graos de Ourense e os 17 de Santiago. 03/10/19
PSA-Vigo comeza a fabricación en serie do novo modelo de todocamiño Peugeot 2008 // O paro sobe en setembro en Galicia en 3.164 persoas, o que supón un 2,06% máis, unha alza superior á da media estatal // Os expertos alertan do acceso de menores a contidos pornográficos "machistas e vexatorios". 02/10/19
PSA-Vigo comeza a fabricación en serie do novo modelo de todocamiño Peugeot 2008 // Traballadores e goberno galego reúnense en Madrid coa ministra de Transición Ecolóxica en funcións para pedirlle que minimice o impacto do peche anticipado da central térmica das Pontes // O paro sobe en setembro en Galicia en 3.164 persoas, o que supón un 2,06% máis, unha alza superior á da media estatal // Os expertos alertan do acceso de menores a contidos pornográficos "machistas e vexatorios" // En Galicia hai cinco mil persoas con parálise cerebral, que hoxe reivindican unha inclusión real // Adrián Ben queda sexto en Doha e convértese no mellor atleta español nos 800 metros nun campionato do mundo. 02/10/19
Galicia está hoxe baixo a influencia das altas presións, que achegarán estabilidade. As nubes e néboas de primeira hora persistiron en moitos lugares pola mañá, mesmo con algún orballo no terzo norte. Pola tarde abriranse grandes claros en xeral. As temperaturas descenden lixeiramente, quedando as máximas entre os 24 graos de Pontevedra e os 19 de Ferrol e Santiago. 02/10/19