Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Máis dun milleiro de veciños das Pontes e das comarcas próximas van cara a Madrid en autobuses para concentrarse esta tarde diante do congreso pola continuidade da central térmica de Endesa // O acusado de matar á súa muller en 2016 en Becerreá en presenza dos dous fillos dela di no xuízo que se lle disparou a escopeta // Ourense revisará a decisión de anular a protección da Policía Local ás vítimas de violencia de xénero // Acordo entre as partes no xuizo a seis membros do clan dos Morons por un altercado ocorrido en Tui hai cinco anos // Hoxe póñense á venda en Galicia as viaxes do Imserso para 68.000 persoas maiores // 14.000 escolares galegos aprenden a reanimar a persoas con paro cardíaco. 16/10/19

Media Galicia está en alerta pola borrasca que nos deixou xa refachos de vento de ata 130 km por hora en Viveiro e moita chuvia. Tanta que boa parte da provincia da Coruña ten aviso laranxa porque se poden acumular ata 80 litros por metro cadrado en doce horas. Ao mediodía en puntos coma Lousame xa superaron os 70 litros. Un temporal que fixo subir as temperaturas e que amainará cara ao final do día. 16/10/19

Máis dun cento de camioneiros parten das Pontes cara a Madrid para participar na concentración de mañá diante do Congreso contra o peche da central térmica // A Xunta preséntalle á patroal e aos sindicatos as liñas xerais dos orzamentos para o ano que vén, que contemplan unha suba salarial do 2,2% para os funcionarios // Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller Rural, que pon en valor o papel das mulleres empresarias nas zonas rurais. 15/10/19

A Xunta preséntalle á patroal e aos sindicatos as liñas xerais dos orzamentos para o ano que vén, que contemplan unha suba salarial do 2,2% para os funcionarios //  A campaña de Nadal pode xerar preto de cincuenta mil contratos temporais en Galicia // Preto de 200 compañías exportadoras negocian con empresas de fóra hoxe na Coruña para ampliar os seus mercados internacionais // Un de cada catro litros de auga para o consumo pérdese por fugas nas redes subministro e a Xunta dalle aos concellos tres anos para que as reduzan // Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller Rural, que pon en valor o papel das mulleres empresarias nas zonas rurais. 15/10/19

Á espera da chegada doutra borrasca a partir de mañá, hoxe o tempo virá marcado por ceos parcialmente anubrados con algunha chuvia illada e ocasional. Pola tarde aumenta a intensidade do vento, que anunciará a chegada desa nova fronte. Os chuvascos serán máis probables no terzo oeste e xa de noite iranse extendendo ao resto da metade occidental. As temperaturas máximas oscilarán entre os 15 graos previstos en Santiago e os 20 de Viveiro. 15/10/19

A vacina da gripe xa está dispoñible nos centros de saúde galegos // Reaccións dos grupos políticos galegos á sentenza do Supremo que condena aos líderes do Procés a penas de ata 13 anos de cadea // A biblia Kennikott, obra cumio da ilustración medieval e un dos manuscritos hebreos máis valiosos do mundo, volve a Galicia cinco séculos despois. 14/10/19

Endesa comprométese ante o presidente da Xunta a estudar alternativas para manter activa a central térmica das Pontes // Unha asociación de vítimas do Alvia sinistrado en Angrois denuncian o borrado de información sobre as avarías do tren, baseándose na denuncia dun extraballador de Talgo // O último cine de Ferrol, a sala Dúplex, reabre as súas portas. 11/10/19

Endesa comprométese ante o presidente da Xunta a estudar alternativas para manter activa a central térmica das Pontes // Unha asociación de vítimas do Alvia sinistrado en Angrois denuncian o borrado de información sobre as avarías do tren, baseándose na denuncia dun extraballador de Talgo // Arranca en Silleda o encontro informático Xuventude Galicia Net, cun milleiro de mozos inscritos e o dobre de velocidade de conexión // Pechadas varias rúas do centro de Pontevedra tras desprenderse parte do arco da escultura do Teucro // O último cine de Ferrol, a sala Dúplex, reabre as súas portas // Hoxe chega a vinte salas galegas "O que arde" de Óliver Laxe. 11/10/19

Seguimos con tempo solleiro. Galicia continúa baixo a influencia do anticiclón e os ceos estarán despexados, con brétemas costeiras na franxa atlántica. As temperaturas soben un chisco, ata 29 graos poden acadar en Ourense, 25 en Lugo e Pontevedra ou 21 na Coruña. A xornada festiva de mañá será de transición. E o domingo chega a Galicia a primeira fronte fría do outono, que deixará chuvias xeralizadas en toda a comunidade, sobre todo no sur. 11/10/19 

A Xunta reorganiza o sistema sanitario galego, creando direccións específicas de atención primaria nas áreas sanitarias // A Guarda homenaxea hoxe aos fusilados e vítimas do campo de concentración instalado durante a Guerra Civil no colexio dos Xesuítas de Camposancos // O Grove rende tributo aos tesouros máis prezados do mar na súa festa do marisco ata o próximo domingo. 10/10/19

A Xunta reorganiza o sistema sanitario galego, creando direccións específicas de atención primaria nas áreas sanitarias // O desmaio do conductor podería ter sido  a causa do atropelo múltiple ocorrido onte á tarde  en Vigo, no que resultaron feridas oito persoas // Nova Pescanova estrea o "Lalandii 1", o primeiro dos sete barcos construidos no estaleiro vigués de Armón para renovar a súa frota // As asociación de saúde mental reivindican máis estratexias para a prevención dos suicidios. En Galicia suicídase cada día unha persoa // A Guarda homenaxea hoxe aos fusilados e vítimas do campo de concentración instalado durante a Guerra Civil no colexio dos Xesuítas de Camposancos // O Grove rende tributo aos tesouros máis prezados do mar na súa festa do marisco ata o próximo domingo. 10/10/19

Día solleiro sen apenas nubes, agás na metade norte ao final do día, onde terán nubes baixas e probables brétemas e bancos de néboa. As temperaturas soben de xeito notable no sur e centro de Ourense e nas montañas de Lugo. As máximas oscilarán entre os 20 graos previstos na Coruña e os 27 de Ourense. 22 terán en Santiago e ata 24º en Pontevedra. 10/10/19

A Xunta reorganiza o sistema sanitario galego, creando direccións específicas de atención primaria nas áreas sanitarias // O desmaio do conductor podería ter sido  a causa do atropelo múltiple ocorrido onte á tarde  en Vigo, no que resultaron feridas oito persoas // Nova Pescanova estrea o "Lalandii 1", o primeiro dos sete barcos construidos no estaleiro vigués de Armón para renovar a súa frota // As asociación de saúde mental reivindican máis estratexias para a prevención dos suicidios. En Galicia suicídase cada día unha persoa // A Guarda homenaxea hoxe aos fusilados e vítimas do campo de concentración instalado durante a Guerra Civil no colexio dos Xesuítas de Camposancos // O Grove rende tributo aos tesouros máis prezados do mar na súa festa do marisco ata o próximo domingo. 10/10/19

O presidente da Xunta asegura na sesión de control o Parlmento que a falta dun estatuto electrointensivo aboca a Alcoa ao peche // Sanidade promove o 061 como número para atender a persoas con conductas suicidas ou aos seus achegados, co fin de previr e reducir a taxa de suicidios en Galicia // A Coruña acolle a primeira exposición en España cos traballos de Norman Parkinson, o fotógrafo de moda máis famoso do século vinte. 09/10/19

O presidente da Xunta asegura na sesión de control o Parlmento que a falta dun estatuto electrointensivo aboca a Alcoa ao peche // Quince asociacións de pais e nais de colexios da Coruña concéntranse para pedirlle á xunta que contrate máis profesores para atender a menores con necesidades educativas especiais // Sanidade promove o 061 como número para atender a persoas con conductas suicidas ou aos seus achegados, co fin de previr e reducir a taxa de suicidios en Galicia // A Garda Civil exhibe en Ourense os medios que usa para resolver crimes e garantir a seguridade cidadá // Primeiro adestramento de Luis Cesar á fronte do Deportivo, tras relevar a Anquela // A Coruña acolle a primeira exposición en España cos traballos de Norman Parkinson, o fotógrafo de moda máis famoso do século vinte. 09/10/19

Xornada intermedia entre altas e baixas presións, con máis predominio do anticiclón que nos acompará ata a fin de semana. Con ceos despexados pola tarde e algunhas nubes altas no sur. As temperaturas mínimas baixaron e as máximas oscilarán entre os 18 graos previstos en Santiago e os 23 de Ourense. 09/10/19