Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os traballadores de Alcoa protagonizan cortes de tráfico nas inmediacións da factoría de San Cibrao en protesta polo peche da planta de Aluminio. Ademáis dos 500 postos de traballo directos en risco, destacan a importancia estratéxica de manter a producción para a industria española // A seguridade social gaña 9.700 afiliados galegos no mes de maio. O paro rexistrado reducíuse en 547 persoas, coa volta a actividade da Industria e a hostelería pola desescalada. Os traballadores que seguen afectados por ERTEs na nosa comunidade ascenden a 135.000 // Máis de 200 concellos galegos levan libres de casos de COVID-19 nos últimos 28 días. A Xunta destaca que os datos permiten pasar a fase 3 a toda comunidade a partir do luns, e fai un chamamento aos cidadáns para seguir mantendo as distancias e medidas de seguridade. 02/06/20

O Goberno admite a posibilidade de permitir viaxes entre provincias na fase 3 da desescalada, a que a Xunta pide que pase toda Galicia a partir do luns. Feijóo reclama, en cambio, un maior control de chegada de viaxeiros procedentes de comunidades que están en peores situacións epidemiolóxicas // Os traballadores de Alcoa organizan novas mobilizacións, contra o peche da planta de Aluminio de San Cibrao, tralo multitudinario respaldo cidadán amosado en Ribadeo. Piden que o goberno aborde con urxencia a reducción dos prezos da enerxía as industrias electrointensivas // O hospital clínico de Santiago estrea unha estación robotizada capaz analizar ata 2.400 mostras diagnósticas ao día. Forma parte da doazón dun grupo de empresas para determinar cómo foi a circulación do virus en España. 01/06/20

Os traballadores de Alcoa comenzan as mobilizacións para tratar de frear o peche anunciado da planta de aluminio e reclaman apoio da Xunta e o goberno central. Nunha carta aos empregados, a multinacional xustifica a decisión polo elevado prezo da enerxía, que fai inviable a actividade // A Xunta electoral autoriza un cambio no sistema do voto por correo que permitirá emitir o sufraxio para as próximas eleccións autonómicas sen ter que sair da casa. As solicitudes poderánse facer por internet e o Persoal de Correos encargaráse de levar ao domicilio a documentación electoral e recoller os sobres de votación // Os concellos ultiman as medidas para garantir a distancia de seguridade entre os usuarios nas praias, ante a previsión de gran afluencia esta fin de semana. As temperaturas seguirán con máximas rondando os 30 graos, ainda que con risco de treboadas no interior29/05/20

Alcoa anuncia oficialmente o peche da maior parte da actividade na planta de aluminio de San Cibrao e plantexa o despedimento colectivo de 534 traballadores. Os representantes do persoal anuncian mobilizacións e piden intervención da xunta e o goberno central para manter os empregos // Os traballadores de Alu Iberica levan a sua protesta ás rúas da Coruña. Amosan a sua desconfianza polos plans de futuro para as factorías por parte do novo propietario, o Grupo Riesgo, que adquiríu a compañía ao fondo suizo Parter // Segue a mellorar a situación da Covid 19 en Galicia, nunha nova xornada sen falecementos. Os casos activos baixan a 799 pese a 14 novos contaxios detectados na área sanitaria de Vigo. Só quedan 37 pacientes hospitalizados, cinco permanecen na UCI. 28/05/20

Alcoa anuncia oficialmente o peche da maior parte da actividade na planta de aluminio de San Cibrao e plantexa o despedimento colectivo de 534 traballadores. Os representantes do persoal anuncian mobilizacións e piden intervención da xunta e o goberno central para manter os empregos // Os traballadores de Alu Iberica levan a sua protesta ás rúas da Coruña. Amosan a sua desconfianza polos plans de futuro para as factorías por parte do novo propietario, o Grupo Riesgo, que adquiríu a compañía ao fondo suizo Parter. .// Segue a mellorar a situación da Covid 19 en Galicia, nunha nova xornada sen falecementos. Os casos activos baixan a 799 pese a 14 novos contaxios detectados na área sanitaria de Vigo. Só quedan 37 pacientes hospitalizados, cinco permanecen na UCI. 28/05/20

As reservas de aloxamentos turísticos dispáranse de cara á temporada de verán nas zonas de costa e nas aforas das cidades. Máis de 10.000 establecementos figuran no rexistro oficial da Xunta. Os situados en lugares pouco masificados e con espazo para familias, os preferidos pola demanda. //Numerosos cidadáns súmanse ao recordo das vítimas da Covid-19, con minutos de silencio diante de centros de traballo e institucións. As bandeiras locen a media asta no primeiro dos dez días de loito oficial decretado polo goberno para toda España.// O uso de máscara será obrigatorio no interior dos locais de votación nas eleccións autonómicas do 12 de xullo. O protocolo de medidas sanitarias elaborado pola Xunta contempla tamén que se promocione o voto por correo e que os maiores de 65 anos e persoas vulnerables queden excluidos de formar parte das mesas electorais. 27/05/20

As reservas de aloxamentos turísticos dispáranse de cara á temporada de verán nas zonas de costa e nas aforas das cidades. Máis de 10.000 establecementos figuran no rexistro oficial da Xunta. Os situados en lugares pouco masificados e con espazo para familias, os preferidos pola demanda. //Numerosos cidadáns súmanse ao recordo das vítimas da Covid-19, con minutos de silencio diante de centros de traballo e institucións. As bandeiras locen a media asta no Pimeiro dos dez días de loito oficial decretado polo goberno para toda España.// O uso de máscara será obrigatorio no interior dos locais de votación nas eleccións autonómicas do 12 de xullo. O protocolo de medidas sanitarias elaborado pola Xunta contempla tamén que se promocione o voto por correo e que os maiores de 65 anos e persoas vulnerables queden excluidos de formar parte das mesas electorais. 27/05/20

A Defensa de Enrique Abuín, O Chicle, alega que foi declarado culpable do asasinato de Diana Quer pola presión mediática, e reclama a repetición o xuizo. Na vista de Apelación do caso, A Fiscalía e a Acusación Particular piden que se ratifique a condena a prisión permanente revisable.// Nova xornada sen contabilizar vítimas mortais pola Covid-19 en Galicia. Segue a baixa o número de casos activos, que queda en 834 e redúcense a 59 os pacientes hospitalizados, dos que 7 permanecen ingresados nas UCi.// A Fundación Barrié reabre na Coruña a exposición de Marc Chagall considerada a máis completa realizada ata agora en España sobre o autor. Inaugurada xusto un día antes da declaración do estado de alarma, pode ser agora visitada con medidas de seguridade dentro da fase 2 da desescalada. 26/05/20

Os clientes fan cola ante a reapertura das grandes superficies comerciais no comenzo da Fase 2 da desescalada. Os concellos regulan as condicións para o baño recreativo nas praias, mentres, dende hoxe se permiten as reunións de ata 15 persoas e a entrada nos establecementos de hostalería. //Os institutos recuperan, con escasa asistencia de alumnos, as clases presenciais para segundo de Bacharelato e dos ciclos medio e superior de Formación Profesional. Os profesores resaltan o esforzo que supón manter a atención aos estudantes que quedan nas casas.// O presidente da Xunta reclama que Galicia poida abandonar o estado de Alarma antes de cumprir todalas fases da desescalada, debido á mellora da situación epidemiolóxica. A oposición acúsao de facer electoralismo coa xestión da loita contra a pandemia. 25/05/20 

O Ministro de Sanidade confirma o pase de Galicia a Fase 2 a partir do próximo luns. A Hostalaría, o comercio e outras actividades ultiman os preparativos para a nova situación que suporá tamén máis facilidades para o desprazamento. Estará autorizado o uso recreativo das praias ainda que se establecerán medidas para garantir a distancia entre os bañistas.// O Consello da Xunta estuda un novo plan de loita contra os incendios adaptado as restriccións impostas pola alerta sanitaria. Feijóo reclama ao goberno central que se permita a mobilidade dentro das catro provincias galegas e critica o acordo con Bildu para derogar a reforma laboral. //A desescalada fai aumentar en moitas familias as dificultades para a conciliación. Os pais reclaman solucións para a volta progresiva á actividade laboral, logo do confinamento, mentres os colexios seguen pechados, e sen poder recurrir aos avós como grupo de risco. 22/05/20

A Hostelería, o comercio e outras actividades ultiman os preparativos para o pase de Galicia a Fase 2 a partir do próximo luns. Aumentarán as facilidades para o desprazamento e estará autorizado o uso recreativo das praias ainda que se establecerán medidas para garantir a separación.// A desescalada intensifica en moitas familias as dificultades para a conciliación. Os pais reclaman solucións para a volta progresiva á actividade laboral, logo do confinamento, mentres os colexios seguen pechados, e sen poder recurrir aos avós como grupo de risco.// Aberto o prazo para o voto por correo para as eleccións autonómicas do 12 de xullo. Os traballadores de Correos reclaman medidas de reforzo ante un posible incremento de solicitudes de optar por forma de votación pola alerta sanitaria. 22/05/20

A obriga de levar máscaras nos lugares públicos onde non se garanta a distancia de seguridade reflíctese nun uso xeneralizado nas rúas. Unha empresa do Carballiño confecciona máscaras con láminas de plástico especiais para facilitar a comunicación con persoas xordas. //O alcalde de Catoira, Xoan Castaño, do BNG, presenta por sorpresa a dimisión no pleno en que se ia votar a moción de censura presentada contra él polos portavoces dos grupos socialista e do partido Popular. Agora negocia un novo goberno cos dous concelleiros socialistas que se desmarcaron do acordo.// A circulación de vehículos rexistrada en Galicia chega ao 60 por cento da habitual antes da alerta sanitaria, logo de estar por debaixo do 20 por cento nas semanas de confinamento estricto. A Dirección xeral de Trafico chama á precaución de cara ao incremento de mobilidade prevista a partir da próxima semana. 21/05/20

Os concellos rexeitan o sistema proposto pola Xunta para regular o acceso ás praias con cita previa. Considérano pouco práctico e imposible de aplicar na maioría dos casos. A FEGAMP estuda outras fórmulas co apoio tecnolóxico das consellerías de Turismo e Medio Ambiente..//O estudo de serprevalencia do SErgas revela que so uns 30.000 galegos tiveron contacto co virus e gozarían de inmunidade ante unha nova vaga da epidemia. A incidencia e maior entre as mulleres que entre os homes e aumenta coa idade. Ourense e a provincia máis afectada e A Coruña, a que menos.//Separación de dous metros entre mesas, máscara obligatoria para alumnos e profesores, e desifección entre clase e clase. Así será o retorno a actividade presencial a partir do luns en segundo de Bacherelato e Formación Profesional. As clases tamén serán transmitidas telemáticamente. 20/05/20

Os concellos estudan a proposta da Xunta para regular o aforo nas praias a partir do próximo luns mediante unha aplicación informática con cita previa. A espera de que a desescalada permita o acceso de viaxeiros, Os establecementos galegos de turismo rural rexistran reservas de ata o 80 por cento de cara á temporada de verán.// A consellería de Sanidade considera que a situación epidemiolóxica de Galicia é excelente para pasar á fase 2 e Destaca que 306 concellos non teñen rexistrado ningun contaxio algún nos últimos tres días. Pidelle ao goberno Central que permita a mobilidade entre as catro provincias.// A Asociación Americana de Bibliotecas selecciona á de Verín entre as 36 mellores do mundo pola sua promoción da inclusión e a xustiza social. A clave das suas actividades, un programa de voluntariado no que colaboran nenos e maiores. 19/05/20