Ademáis da caída das temperaturas, a chegada da borrasca Dora trae precipitacións, ventos fortes, e, no mar, ondas de ata 8 metros.// A xuiza da Coruña que xulga o litixio polo Pazo de Meirás rexeitou as alegacións da familia Franco e Nomea ao Estado depositario dos bens.// toda a comunidade entra en peche perimetral durante os días da ponte festiva. A maioría dos hoteis quedarán pechados. As axencias de viaxe alertan da sua situación desesperada.// A Garda Civil investiga as extrañas circunstancias nas que morreu, esta mañá, un coñecido hostaleiro de Sanxenxo. Un fillo do falecido presentouse voluntariamente para tentar aclarar o ocorrido. 04-12-2020
A borrasca Dora, que vai seguir afectando a Galicia durante os próximos días, obrigou a activar o aviso de risco máximo na costa da provincia da Coruña. As ondadas superan os oito metros de altura
A neve dificulta a circulación por numerosas estradas nas provincias de Lugo e Ourense, onde se acumulan ata 15 centímetros nalgúns puntos..// Comeza a reapertura gradual da hostalaría en Galicia, con diferencias nos horarios e limitacións de cabida. Ao mesmo tempo toda a comunidade entra en peche perimetral durante os días da ponte festiva. // 8 vítimas mortais e 290 novos contaxios, son as cifras que deixa hoxe o balance da Pandemia en Galicia // Segue descendendo a presión hospitalaria, en todalas areas sanitarias, // A Garda Civil investiga as extranas circunstancias da morte dun hostaleiro en Sanxenxo. O cadaver apareceu a poucos metros do lugar onde acababan de colisionar dous vehículos, un deles propiedade do fillo do falecido, ao que os axentes tentan localizar. 04-12-2020
Xornada de chuvia, vento e frío, acompañados de neve por riba dos 500 metros. Galicia seguirá baixo a influencia da borrasca, coa entrada dunha masa de aire polar marítimo. Novo descenso de temperaturas, con precipitacións puntualmente fortes con saraiba e treboadas. Sensación térmica máis baixa coa combinación dun intenso vento do noroeste. 04-12-2020
A neve dificulta a circulación por numerosas estradas nas provincias de Lugo e Ourense, onde se acumulan ata 15 centímetros nalgúns puntos..// Comeza a reapertura gradual da hostalaría en Galicia, con diferencias nos horarios e limitacións de cabida. Ao mesmo tempo toda a comunidade entra en peche perimetral durante os días da ponte festiva. // 8 vítimas mortais e 290 novos contaxios, son as cifras que deixa hoxe o balance da Pandemia en Galicia. Segue descendendo a presión hospitalaria, en todalas areas sanitarias.// A Garda Civil investiga as extranas circunstancias da morte dun hostaleiro en Sanxenxo. O cadaver apareceu a poucos metros do lugar onde acababan de colisionar dous vehículos, un deles propiedade do fillo do falecido, ao que os axentes tentan localizar. 04-12-2020
A reapertura da hostalería en Galicia faise baixo normas que varían dependendo da situación epidemiolóxica de cada concello. Permítense as reunións de persoas non convivintes. Levántase o confinamento perimetral de Ourense e Santiago e péchase a movilidade con Portugal
A situación meteorolóxica complica este venres a circulación en case 40 estradas galegas, entre elas varias autovías, especialmente na provincia de Lugo. Quedaron sen clase máis de 1.600 alumnos
Traballadores de Alcoa cortan o acceso principal á fábrica con barricadas de neumáticos ardendo.
Tamén queimaron os carteis de Alcoa na entrada do complexo industrial, preto do campamento montado polo comité para controlar os accesos e saídas da fábrica desde que comezou a folga indefinida, no mes de outubro
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia celebra, tras fracasar o trámite de conciliación previo, o xuízo pola demanda que presentou o comité de empresa de Alcoa contra ao despedimento colectivo que afectaría a 524 traballadores
Os traballadores de Alcoa volven ás protestas, co comezo do xuizo sobre o ERE presentado pola empresa para eliminar algo máis de 500 empregos. A multinacional xustificao por causas económicas, mentres os traballadores lle piden ó goberno central que interveña xa a Factoría de San Cibrao. // Entrou hoxe en funcionamento en Vigo unha rampla mecanica, sobre a que hai opinións variadas. Ten 210 metros, e salva un desnivel do 10 por cento no centro da cidade.// A Xunta contará con equipos autónomos de 10 profesionais en cada provincia, para intervir, de xeito rápido, en residencias de anciáns, ante a aparicion de gromos de covid. É unha das decisións do Consello, que tamén aprobou a estratexia dixital ata 2030, cunha mobilización de 4.000 millóns de euros. 03-12-2020
Reactivada a protesta dos traballadores de Alcoa, ante o inicio do xuizo sobre a legalidade do ERE presentado pola empresa para eliminar máis de 500 empregos.// Loito e consternación en Gondomar polo asasinato dunha veciña acoitelada polo seu marido. Soledad Rey, de 59 anos, con dous fillos, sofrira xa outras agresións, ainda que non as chegara a denunciar. //Os datos da Covid-19 en Galicia seguen, un día máis, á baixa, cun total de 7.419 casos activos, tras notificarse 350 novos positivos. Descende tamén o número de pacientes hospitalizados, 414, con 65 nas UCi. 03-12-2020
Reactivada a protesta dos traballadores de Alcoa, ante o inicio do xuizo sobre a legalidade do ERE presentado pola empresa para eliminar máis de 500 empregos.// Loito e consternación en Gondomar polo asasinato dunha veciña acoitelada polo seu marido. Soledad Rey, de 59 anos, con dous fillos, sofrira xa outras agresións, ainda que non as chegara a denunciar. //Os datos da Covid-19 en Galicia seguen, un día máis, á baixa, cun total de 7.419 casos activos, tras notificarse 350 novos positivos. Descende tamén o número de pacientes hospitalizados, 414, con 65 nas UCi. 03-12-2020
Entra unha borrasca, que trae chubascos, e teremos tamen unha baixada importante das temperaturas. Esta tarde eses chuvascos serán frecuentes en calquera punto de Galicia. Na costa hai aviso de ventos fortes, e no mar, ondada.Tamén entra aire frío, que vai deixar neve esta noite a partir dos 1.200 metros. A baixada das temperaturas será máis importante no interior, onde se formarán xeadas. 03-12-2020
A volta á normalidade farase en catro fases, dependendo dos datos epidemiolóxicos. A apertura da hostalaría terá horarios e cabidas distintas segundo a situación da pandemia en cada localidade
Galicia comeza este venres a desescalada, coa reapertura da hostalaría con limitacións e o levantamento dalgún peche perimeral // Os útlimos datos indican que continúa o descenso dos casos activos, a pesar dunha repunta dos contaxios // O paro aumentou en Galicia en novembro cinco veces máis que a media estatal // Un xulgado da Coruña celebra a vista sobre as medidas cautelares relacionadas co pazo de Meirás // Vigo prende esta noite a súa iluminación de Nadal con medidas estritas para tentar evitar aglomeracións. 02-12-2020
Galicia comeza este venres a desescalada, coa reapertura da hostalaría con limitacións e o levantamento dalgún peche perimeral // Os útlimos datos indican que continúa o descenso dos casos activos, a pesar dunha repunta dos contaxios // O paro aumentou en Galicia en novembro cinco veces máis que a media estatal // Un xulgado da Coruña celebra a vista sobre as medidas cautelares relacionadas co pazo de Meirás // Vigo prende esta noite a súa iluminación de Nadal con medidas estritas para tentar evitar aglomeracións. 02-12-2020
Galicia comeza este venres a desescalada, coa reapertura da hostalaría con limitacións e o levantamento dalgún peche perimeral // Os útlimos datos indican que continúa o descenso dos casos activos, a pesar dunha repunta dos contaxios // O paro aumentou en Galicia cinco veces máis que a media estatal // Un xulgado da Coruña celebra a vista sobre as medidas cautelares relacionadas co pazo de Meirás // Vigo prende esta noite a súa iluminación de Nadal con medidas estritas para tentar evitar aglomeracións. 02-12-2020
Galicia continúa baixo a influencia dun anticiclón, con intervalos de nubes medias e altas, con algún chuvasco ocasional na Mariña. Ventos do nordés, frouxos no interior e moderados na costa. Temperaturas mínimas sen cambios importantes e descenso das máximas. 02-12-2020
Preparativos na hostalaría a espera da decisión do Comité Clínico que se reune esta tarde, coa mellora de datos en cidades como Santiago e Ourense sobre a mesa. Terán que seguir un protocolo que inclúe limitación de reunións de non convivintes. Un dos puntos que ven máis dificil de aplicar. //A alta incidencia de contaxios na área sanitaria de Pontevedra leva ás consellerías de educación e sanidade a facer, dende hoxe, un cribado preventivo entre 2700 alumnos de primeiro e segundo de Bacharelato.. // A erosión mariña que deu forma aos espectaculares arcos da praia das Catedrais, en Ribadeo, COLAS ven de provocar un cambio drástico na imaxe do monumento natural. Un desprendemento que levou ao derrube de gran parte do primeiro dos tres arcos situados de xeito consecutivo no areal. 01-12-2020
A hostalaría fai xa preparativos para a posibilidade de reabrir, de xeito escalonado, a partir da próxima fin de semana. Esperan a decisión do Comité Clínico que se reune esta tarde, coa mellora de datos en cidades como Santiago e Ourense sobre a mesa. // Os casos activos son hoxe 7.646. Baixa a presión asistencial, con 23 hospitalizados menos, e hai 69 ingresados nas UCI. // O virus da Sida leva infectadas en Galicia a máis 3.000 persoas nos últimos quince anos. No Día Internacional da loita contra esta enfermidade, afectados e expertos destacan a importancia das probas rápidas para previr a transmisión. //As granxas de polos denuncian a cadeas de distribución por aproveitar a caida da demanda para utilizalo como produto reclamo. Din que as ofertas de prezos por debaixo de dous euros o quilo non chegan a cubrir os custes de producción. 01-12-2020