Novo gromo nunha residencia de maiores. Son 105 positivos entre usuarios e residentes en Gondomar, casos que contribúen a facer da area sanitaria de Vigo a que rexistra actualmente a maior incidencia da pandemia // No conxunto de Galicia, Continúa o descenso de novos contaxios, e o total de casos activos está hoxe en 8.579. A presión hositalaria baixa tamén a un total de 513 pacientes ingresados, dos que 92 están nas UCI. Sanidade contablizou a morte de tres persoas, a cifra máis baixa de falecidos pola Covid dende hai un mes // A creación dunha universidade privada en Galicia recibe o informe favorable do goberno e da Conferencia xeral de Política Universitaria. O proxecto promovido por Abanca, non poderá duplicar titulacións xa existentes e dependerá agora da autorización por parte da Xunta. 26/11/20
As chuvias darán tregua nunha xornada na que se agarda unha nueva baixada nos valores dos termómetros, que poden caer a os 5 graos en Lugo. Unha borrasca que deixou chubasdos nos últimos días desprázase ao sur. Espéranse ceos abertos ao norte e cubetos ao sur, onde se esperan precipitacións en Ourense. 26/11/20
Vidas perdidas en agresións machistas, representadas neste acto en Vigo por zapatos orfos. Son 41 no que vai de ano, duas delas en Galicia. E un dos xeitos en que hoxe se conmemora o Día Internacional para eliminar a violencia contra as mulleres..// Sanidade estuda cómo serán as restriccións para o Nadal, con reunións limitadas a 6 ou a 10 convivintes. En todo caso, os expertos do Comité Clínico advirten que as xuntanzas familiares deberán ser con máscara.// a Xunta vai aumentar a compra de test de antíxenos ata os 3 millóns de unidades. A operación foi dada a coñecer polo presidente Feijóo no Parlamento, onde houbo acusacións cruzadas de negacionismo sobre a loita contra a violencia de xénero. 25/11/20
Terapia asistida con cans para acompañar e axudar a menores vítimas da violencia machista.
Van cos pequenos ao xulgado cando teñen que declarar ou facer algún trámite.
Os nenos melloran dos seus problemas de autoestima e de ansiedade.
Zapatos orfos, en Vigo, para simbolizar as vidas perdidas en agresións machistas, 41 no que vai de ano en España, duas delas en Galicia. E un dos actos do Día Internacional para eliminar a violencia contra as mulleres. Os colectivos de atención ás vitimas advirten de que a caída de denuncias no que vai de ano pode agochar os casos das se ven obrigadas a convivir en confinamento cos agresores.. // Os contaxios volven repuntar en Galicia, con 531 novos positivos, que deixan o total de casos activos en 8.638. Os pacientes hospitalizados son 531, 97 deles na UCI, e son nove os falecementos contabilizados nas últimas horas. //Pacientes con danos neurolóxicos provocados pola COVID recupéranse na clínica Sinapse da Coruña coa axuda de exoesqueletos. 25/11/20
Galicia comemora con numerosos actos o día Internacional para eliminar a violencia contra as mulleres. Os colectivos de atención ás vitimas advirten de que a caída de denuncias no que vai de ano pode agochar os casos das se ven obrigadas a convivir en confinamento cos agresores.. // Sanidade estuda cómo serán as restriccións para o Nadal, con reunións limitadas a 6 ou a 10 convivintes. // Os contaxios volven repuntar en Galicia, con 531 novos positivos, que deixan o total de casos activos en 8.638. O maior aumento rexístrase na area sanitaria de Vigo. Os pacientes hospitalizados son 531, 97 deles na UCI, e son nove os falecementos contabilizados nas últimas horas. //Pacientes con danos neurolóxicos provocados pola COVID recupéranse na clínica Sinapse da Coruña coa axuda de exoesqueletos. 25/11/20
Xornada con aire frío nas capas altas, será de gran inestabilidade atmosférica tralol paso da fronte na noite do martes. Os ceos estarán parcialmente cubertos con chubascos que ocasionalmente poderán ir acompañados de saraiba e aparato eléctrico. 25/11/20
Representantes de colectivos que atenden a mulleres maltratadas destacan que a caída de denuncias rexistrada este ano pode estar relacionada coas dificultades do confinamento
O novo presidente da confederación de empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Díaz Barreiros, foi elixido por aclamación tras chegar a un acordo no último momento co seu rival, o vigués Pedro Rey, que retirou a súa candidatura. "Prima a unidade empresarial por encima de todo", indicou Díaz Barreiros
A Semana de Cine de Lugo proxecta preto de 200 produccións de cine independente de 50 países. A organización da 42 Semana de Cine de Lugo é un “exercizo de resistencia e de desafogo cinematográfico de cara a situación que estamos vivindo”. Quen así se expresa é Xulio Xiz, presidente do Grupo Cinematográfico Fonmiña, colectivo que desde o ano 1979 organiza a clásica cita luguesa co cinema de autor.
Espectación en Verín, que conta con ver levantadas nas próximas horas algunhas restricións a hostalaría e a mobilidade. O Comité Clínico estuda tamén o posible cambio de fase próximamente noutros concellos como Santiago, Ourense ou A Coruña.// Descende o número de Probas PCR realizadas, que son unhas 1.600 menos que o día anterior. Hai 96 pacientes ingresados nas UCI, e As vítimas mortais elévanse a 15, das que sete eran usuarios de residencias de maiores. // O sergas vai mellorar o sistema de atención telefónica nas consultas de atención primaria co fin de que os profesionais chamen ao paciente, se non lle colle a chamada no primeiro intento. Tamen vai por en marcha un sistema de atención con videochamadas. 24/11/20
Verín conta con ver levantadas nas próximas horas algunhas restricións, ante a clara melloría dos seus datos de incidencia da pandemia. O Comité Clínico estuda tamén o posible cambio de fase próximamente noutros concellos como Santiago, Ourense ou A Coruña. // Continúa á baixa a evolución da pandemia, que hoxe conta cun total de 8.617 casos activos, con 327 novos contaxios confirmados nas últimas horas. //800 millóns ao ano de investimento en políticas para reducir o envellecemento da poboación. É o que prevé a Lei de Impulso demográfico de Galicia, a primeira que se leva a cabo en España, e que hoxe comenzou a tramitación no Parlamento. // Catro cans especialmente adestrados para terapia infantil. No último ano, levan axudado a máis de corenta nenos, vítimas da violencia de xénero a acudir aos xulgados e reducir a ansiedade. 24/11/20
Verín conta con ver levantadas nas próximas horas algunhas restricións, ante a clara melloría dos seus datos de incidencia da pandemia. O Comité Clínico estuda tamén o posible cambio de fase próximamente noutros concellos como Santiago, Ourense ou A Coruña. // Continúa á baixa a evolución da pandemia, que hoxe conta cun total de 8.617 casos activos, con 327 novos contaxios confirmados nas últimas horas. Tamén descende o número de Probas PCR realizadas, que son unhas 1.600 menos que o día anterior. //800 millóns ao ano de investimento en políticas para reducir o envellecemento da poboación. É o que prevé a Lei de Impulso demográfico de Galicia, a primeira que se leva a cabo en España, e que hoxe comenzou a tramitación no Parlamento, co rexeitamento das enmendas da oposición. 24/11/20
Hoxe dicimos adeus ao anticiclón pola chegada dunha fronte. As chuvias comezarán polo oeste durante a tarde. Estenderanse a toda a comunidade pola noite cando poden ser puntualmente fortes. Chuvias que continuarán durante o mércores sobre todo no litoral atlántico para ir desaparecendo na segunda metade da semana. 24/11/20
Sen clientes que aloxar e e sen reservas previstas. É a situación dos establecementos hoteleiros que ainda continúan abertos en Galicia. As grandes cadeas preparan ofertas especiais para a segunda metade de decembro, en caso de que se relaxen as restricións á mobilidade.// O presidente da Xunta Ten a esperanza de que a hostalaría poida abrir para a ponte da Constitución, se a evolución da pandemia continúa a ser favorable nos próximos días.// Un pesqueiro permanece confinado no porto de Burela, logo de que os seus 17 tripulantes deran positivo en Covid, un deles ingresado no hospital. O caso reabre o debate sobre se os barcos son os sitios máis axeitados para pasar a corentena. 23/11/20
Practicamente Sen clientes e e sen previsión de reserva algunha para a ponte da Constitución. É a situación dos establecementos hoteleiros que ainda continúan abertos en Galicia. As grandes cadeas preparan ofertas especiais para a segunda metade de decembro, en caso de que se relaxen as restricións á mobilidade.. // Terceiro día consecutivo de baixada no número de novos positivos detectados en Galicia, que deixan o total de casos activos en 8.669. A presión asistencial, sen embargo, aumenta, con 559 pacientes hospitalizados, cen deles nas UCI. Os falecidos nas últimas horas ascenden a nove.// A Xunta aumentará os seus investimentos un 50 por cento durante o próximo ano. Así o contempla o proxecto de presupostos que hoxe presentou no parlamento o conselleiro de Facenda. 23/11/20
Arrancará a última semana de novembro co sol brilando nos ceos, que estarán despexados anque poderían cubrirse con nubes de tipo medio e alto a medida que avance a xornada. Situación de pantano barométrico. As temperaturas sen cambios signficativos, con lixeiros descensos das mínimas. Ademáis, o vento estará prácticamente en calma. 23/11/20
As grandes cadeas hoteleiras preparan ofertas especiais para a segunda metade de decembro, en caso de que se relaxen as restricións á mobilidade.. // Terceiro día consecutivo de baixada no número de novos positivos detectados en Galicia, que deixan o total de casos activos en 8.669. A presión asistencial, sen embargo, aumenta, con 559 pacientes hospitalizados,.// A Xunta aumentará os seus investimentos un 50 por cento durante o próximo ano. Así o contempla o proxecto de presupostos que hoxe presentou no parlamento o conselleiro de Facenda..// Comenza en Ourense o xuízo contra o ex secretario xeral dos socialistas galegos Pachi Vázquez. A fiscalía acúsao de prevaricación continuada por contratacións irregulares de persoal na sua etapa como alcalde do Carballiño. 23/11/20
A área sanitaria de Vigo é a máis afectada e o 72% dos citados polo Sergas preséntase ao cribado masivo.
Os contaxios da COVID-19 baixan por terceiro día consecutivo en Galicia. Nas últimas 24 horas diagnosticáronse 323 por PCR, o que supón a menor cifra de positivos diarios desde o 15 de outubro. Os casos activos seguen descendendo e sitúanse en 8.669, 159 menos ca onte e un milleiro menos que hai dúas semanas. Baixan en tódalas áreas sanitarias, agás en Ferrol.
Pero aumenta a presión asistencial, con 559 persoas ingresadas, 20 máis ca onte
Carballiño volve á fase 2, logo da significativa baixada da incidencia de casos na comarca nas últimas semanas. Pola contra, a listaxe de municipios con medidas especiais incorpóranse os da Laracha e Vilalba, onde se contan 130 positivos nunha residencia, que xa foi intervida. // A Xunta podería empezar a levantar as medidas restrictivas noutras localidades pero o Presidente Núñez Feijóo advertíu que as decisións serán adoptadas con cautela. // O aniversario da morte de Franco xira entorno ó Pazo de Meirás. Partidos, administracións e asociacións de recuperación da memoria reflexionan sobre o seu futuro en mans do estado. // Xuizo en Pontevedra a Rafael Louzán polo sobrecuste das obras do campo de fútbol de Moraña cando era presidente da Deputación. 20/11/20