A partir das 00:00 horas deste sábado quedará prohibido entrar e saír sen causa xustificada en Vilalba. A Xunta de Galicia aprobou hoxe endurecer as restricións neste municipio da Terra Cha de Lugo, que estaba en alerta vermella no mapa semáforo da consellería de Sanidade desde o pasado 8 de novembro.
As medidas restritivas chegan despois de que onte a administración autonómica intervise a residencia de maiores Asilo de Vilalba, que suma 132 casos positivos de coronavirus.