É unha hipótese que defende un estudo que dirixe o médico lucense Lorenzo Armentero para identificar como afecta a vacina a estes enfermos
A Vacinación masiva para os galegos de entre 56 e 65 anos comenza a partir de mañá, xunto coas primeiras doses para os maiores de 70, en 14 puntos de vacinación, As citacións serán recibidas dende hoxe por SMS. A Xunta non prevé cambios nas restricións no conxunto de Galicia ata avaliar, dentro de oito días, o efecto da mobilidade nos pasados días festivos // As vacinas da Covid poder ser un tratamento eficaz para os pacientes que sofren sintomas persistentes no tempo, o chamado Covid persistente. É unha hipótese que se desprende dun estudo que dirixe un médico lucense Lorenzo Armentero. // Os traballadores do Centro de Operacións da Rede de Naturgy, con base na Coruña, emprenden unha andaina cara Santiago para protestar contra a intención da empresa de trasladalos a Madrid. // Polémica na Mariña tras o arquivo da denuncia pola gravación de mulleres que orinaban na rúa durante a festa da Maruxaina de San Cibrao. As imaxes foron publicadas en webs pornográficas. // 05-04-2021
Con máis de 60.000 doses administradas dende o xoves, Sanidade prevé continuar aumentando o ritmo de vacinación nas próximas semanas, coa proxima chegada de novos viais. // Hoxe a situación continúa estable, ainda qiue cunha lixeira suba de hospitalizados, oito máis, e de novos contaxios, un total de 112. Nas últimas horas contabilizáronse cinco falecementos. //.Abanca anuncia a compra do negocio en España do ...Novo Banco, de Portugal, que ten 10 oficinas, duas delas en Galicia. Coa operación, Abanca chega ós 100.000 millons de euros de volume de negocio. // Decisivo paso do Celta para asegurar a permanencia, coa vitoria por 1 a 3 fronte ao alavés, na casa deste. Tres goles con participación de Iago Aspas. O Lugo perdeu, na casam pola mínima ante o Malaga e afundese nos últimos postos da clasificación. 05-04-2021
A semana comenza baixo a influencia anticiclónica, con ceos poco anubrados ou despexados en xeral, con temperaturas que poden subir ata os 24 graos en Ourense ou 23 en Pontevedra. Cara a noite anúnciase a chegada polo norte dunha fonte fría con algunha chuvia feble. 05-04-2021
Con máis de 60.000 doses administradas dende o xoves, Sanidade prevé continuar aumentando o ritmo de vacinación nas próximas semanas, coa proxima chegada de novos viais. // Hoxe a situación continúa estable, ainda qiue cunha lixeira suba de hospitalizados, oito máis, e de novos contaxios, un total de 112. Nas últimas horas contabilizáronse cinco falecementos. //.Abanca anuncia a compra do negocio en España do ...Novo Banco, de Portugal, que ten 10 oficinas, duas delas en Galicia. Coa operación, Abanca chega ós 100.000 millons de euros de volume de negocio. // Decisivo paso do Celta para asegurar a permanencia, coa vitoria por 1 a 3 fronte ao alavés, na casa deste. Tres goles con participación de Iago Aspas. O Lugo perdeu, na casam pola mínima ante o Malaga e afundese nos últimos postos da clasificación. 05-04-2021
O inicio da primavera viste de branco as beiras do Miño na zona de Chantada. O florecemento das cerdeiras, abondosas nesta parte da Ribeira Sacra, ofrece un espectáculo que este ano cadra coa Semana Santa.
O tempo inestable parece que vai ser o dominante nos festivos da Semana Santa, para mellorar o sábado. De momento, nas zonas máis turísticas intensifícanse os controis policiais. Ademáis das normas de cabida na hostalaría, os axentes teñen como prioridade que se cumpla a prohibición de desprazamentos entre comunidades. Nun deles, en Cambados, foi identificado o dirixente opositor venezolano Leopoldo López. // José Miñones incorpórase hoxe ao seu posto coma Delegado do Goberno, logo de ser nomeado no Consello de Ministros de onte. // Os arqueólogos sitúan no século X a orixe dos bancais da Ribeira Sacra, tras atopar evidencias científicas no xacemento dos Conventos, na Pobra de Brollón. Xa no século XIII o cultivo de viño na zona.. //. // A impoñente figura do Cristo de Francisco Leiro, volve as ruínas de Santa Mariña de Dozo de Cambados. Desde hai seis anos, o escultor cede esta peza ao Concello para revalorizar unha das xoias do se patrimonio histórico. 31-03-2021
Unha masa de aire cálido e seco trae temperaturas inusuais para a época: máximas de ata 30 graos no sur, en Pontevedra e en Ourense, e de 28 Na Coruña e Lugo. A previsión, en cambio, muda bastante para os próximos días, coa posibilidade de chuvascos. // Nas zonas máis turísticas intensifícanse os controis de mobilidade. Nun deles, en Cambados, foi identificado e proposto para sanción o dirixente opositor venezolano Leopoldo López. // Lixeiro incremento dos casos activos no último día. Suben a 168 os novos contaxios e tamén hai 4 ingresados máis nas UCI. En cambio, descenden os hospitalizados en planta, e contabilízanse seis falecementos máis. // O Parque das Illas Atlánticas rexistra máis de 3.000 reservas, na volta da temporada de visitas. As Cies e Ons, unha alternativa de contacto coa natureza dentro de Galicia, con transporte regular ata o domingo. 31-03-2021
Atopámonos en toda Galicia cunha xornada de temperaturas ben por riba do habitual. A previsión, en cambio, muda bastante para os próximos días, coa posibilidade de chuvascos nos festivos da Semana Santa, para mellorar o sábado e o domingo. 31-03-2021
Unha masa de aire cálido e seco trae temperaturas inusuais para a época: máximas de ata 30 graos no sur, en Pontevedra e en Ourense, e de 28 Na Coruña e Lugo. A previsión, en cambio, muda bastante para os próximos días, coa posibilidade de chuvascos. // Nas zonas máis turísticas intensifícanse os controis de mobilidade. Nun deles, en Cambados, foi identificado e proposto para sanción o dirixente opositor venezolano Leopoldo López. // Lixeiro incremento dos casos activos no último día. Suben a 168 os novos contaxios e tamén hai 4 ingresados máis nas UCI. En cambio, descenden os hospitalizados en planta, e contabilízanse seis falecementos máis. // O Parque das Illas Atlánticas rexistra máis de 3.000 reservas, na volta da temporada de visitas. As Cies e Ons, unha alternativa de contacto coa natureza dentro de Galicia, con transporte regular ata o domingo. 31-03-2021
Un certificado galego de vacinación, de ter superado a Covid ou de dar negativo nas probas estará dispoñible en formato dixital ou en papel, na primeira quincena de abril, e terá valor meramente informativo. Así o acaba de anunciar o conselleiro de Sanidade. O comité clínico mantén as restricións que xa están vixentes para a Semana Santa e di que as vacinacións continuarán durante os festivos. // O Consello de Ministros presenta recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de saúde de Galicia, por establecer medidas como o illamento no domicilio ou a posibildade de obligr a vacinar aos cidadans. // A alcaldesa da Coruña e a de Avilés fan unha fronte común para defender o futuro das plantas de Alu Ibérica nas súas repectivas cidades. // A pandemia vista polos cidadáns e plasmada por eles en fotografías. Ese é o contido dunha exposición que se pode no peirao de trasatlánticos da Coruña. 30-03-2021
A fórmula, implantada a raíz das dificultades causadas pola pandemia, está recollida na nova lei Educativa para os tres primeiros cursos da ESO.
Con menos de 70 casos por 100.000 habitantes, a incidencia acumulada sitúase en Galicia na metade da media do conxunto de España, mentras outras comunidades detectan xa inicios dunha cuarta vaga. / /En Vigo un veleiro propiedade dun millonario ruso compite en atraer as miradas co iate, ainda máior, do presidente dos Emiratos Arabes Unidos. // O Instituto de Rianxo, pioneiro no modelo de fusionar asignaturas para mellorar a comprensión e a aprendizaxe de materias do ámbito científico. A fórmula, implantada a raíz das dificultades causadas pola pandemia, está recollida na nova lei Educativa para os tres primeiros cursos da ESO. // Fogares máis confortables para as aves que habitan no Campus de Pontevedra, recoñecido internacionalmente polo seu compromiso co medio ambiente. As caixas niño son construidas polos alumnos da Escola de Forestais. 30-03-2021
Seguimos con nubes de tipo medio e alto e con posibilidade de chuvascos treboentos á tarde,máis probables en zonas do interior. As temperaturas soben. As máximas volverán repetir valores por riba dos 25 graos tanto no interior coma na costa. 30-03-2021
Con menos de 70 casos por 100.000 habitantes, a incidencia acumulada sitúase en Galicia na metade da media do conxunto de España, mentras outras comunidades detectan xa inicios dunha cuarta vaga. // En Vigo un veleiro propiedade dun millonario ruso compite en atraer as miradas co iate, ainda máior, do presidente dos Emiratos Arabes Unidos. // O Instituto de Rianxo, pioneiro no modelo de fusionar asignaturas para mellorar a comprensión e a aprendizaxe de materias do ámbito científico. A fórmula, implantada a raíz das dificultades causadas pola pandemia, está recollida na nova lei Educativa para os tres primeiros cursos da ESO. // Fogares máis confortables para as aves que habitan no Campus de Pontevedra, recoñecido internacionalmente polo seu compromiso co medio ambiente. As caixas niño son construidas polos alumnos da Escola de Forestais. 30-03-2021
Lulú Vázquez presenta un envexable estado de saúde. Viviu a guerra civil, dúas guerras mundiais e dúas pandemias.
A alta incidencia causada por un gromo entre membros dunha mesma familia coloca ao concello de Beade como o único de Galicia con peche perimetral, no arranque da Semana Santa. A metade dos concellos non rexistran ningún novo contaxio nos últimos catorce días. // Galicia terá novo delegado do goberno. Será o ata agora alcalde de Ames, José Miñones, en sustitución de Javier Losada. O Nomeamento farase oficial, probablemente no consello de Ministros de Mañá. // O 9 % dos establecementos de hostalería que están abertos incumpre as medidas contra a covid. A maioría das infracións débense a superar a cabida permitida, según os resultados da campaña de inspección levada a cabo pola Xunta. // Nos aeroportos de Santiago e Vigo poderánse facer test de antiantixenos a partir de hoxe aos viaxeiros. A necesidade de presentar xustificantes retrasa os procesos de embarque. 29-03-2021
Un gromo entre membros da mesma familia coloca ao concello de Beade como o único de Galicia con peche perimetral, pola alta incidencia, no arranque da Semana Santa. A metade dos concellos non rexistran ningún novo contaxio nos últimos catorce días.. //lixeiras repuntas, tanto do total de casos activos, que aumentan en 18, como de hospitalizacións. Hai seis ingresados máis, un deles na UCI, Ainda que as cifras seguen a ser as máis baixas dende hai medio ano. Contabilízanse dous falecementos máis. // Lulú Vázquez , a avoa de Galicia cumpre hoxe 111 anos na súa casa de Pontevedra cun envexable estado de saúde, logo de vivir a guerra civil, duas guerras mundiais, e dúas pandemias. // A musicoterapia posta ao servizo dos animais. Un veterinario da Coruña interprétalle as mascotas temas de jazz, clásica e ata composicións propias. O resultado, di, que veñen á consulta máis contentas e relaxadas que nunca. 29-03-2021
O sol e a calor continúan neste inicio de semana. Subiron as temperaturas mínimas, tanto que esta madrugada case rozaban os 20 graos en moitos puntos da costa. Pola tarde medrarán nubes de evolución. Poderían deixar algunha treboada máis probable no interior. 29-03-2021