Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Preparados para servir as primeiras ceas dende que, en xaneiro, se endureceran as restricións. As novas normas de desescalada entran hoxe en vigor, so para os restaurantes que cumpran os requisitos. Empresarios de Bares e Cafeterías séntense discriminados. // Aumentan os casos activos, con 229 novos contaxios nas últimas horas, a cifra máis alta no último mes. Tamén sube a presión hospitalaria, e nas UCI seguen 26 ingresados. Non se rexistraron falecementos por Covid no último día. //.Os farmacéuticos animan á vacinación contra a Covid cunha campaña informativa para aclarar dúbidas. Lembran as vantaxes de estar inmunizado fronte ao risco de efectos secundarios, moi inferior, din, ao da maioría dos medicamentos. // Exercicios bélicos na ría de Pontevedra. Son os integrantes da Forza de Guerra Naval do Exército, que teñen habitualmente a súa base en Cartaxena. Así levan a cabo o adestramento das manobras para desenvolver en misións en calquera lugar do mundo. 16-04-2021

Aparellos de medición de CO2 deberán estar presentes nos restaurantes, para garantir a axeitada ventilación, para poder abrir ata as 11 da noite. É a nova norma de desescalada, que entra en vigor mañá. Dende hoxe os comercios poden adherirse ao Bono Activa. Unha iniciativa para dinamizar un sector moi castigado na pandemia. Funciona cun sistema de bonos de 30 euros, que os Os clientes poden conseguilo cunha aplicación móbil a partir do 5 de maio. // O Tribunal Supremo confirma a condena a Sito Miñanco e o embargo da sua inmobiliaria familiar, valorada en máis de dez millóns de euros. A sentenza impónlle tres anos e nove meses de prisión e unha multa de cinco millóns de euros por narcotrafico e branqueo de capitais.. // Estrea en Vigo da patrulleira de fibra de políester mais grande de Europa. Ten una autonomía de 2.000 millas náuticas. 15-04.2021

Os medidores de CO2, deberán estar presentes nos restaurantes, para garantir a axeitada ventilación, para poder abrir ata as 11 da noite. E a nova norma de desescalada, que entra en vigor mañá. // Soben a 199 os contaxios detectados nas últimas horas, a segunda maior cifra nun mes. Volven subir os casos activos mentres a presión hospitalaria se manten controlada. // Pasan a disposición xudicial as tres persoas detida na Coruña por retención ilegal dunha menor. Segundo a investigación, iniciada en Córdoba, os pais vendérona alí por 4.000 euros. A nena, de 12 anos, quedou baixo a tutela da Xunta. // Axudar a atender urxencias médicas ou vixilar incendios forestais. Son algunhas aplicacións dos vehículos non tripulados deseñados por empresas galegas, no centro de Investigación de Rozas, que conta máis de 160 millóns de investimento nos últimos anos. 15-04-2021

Os medidores de CO2, deberán estar presentes nos restaurantes, para garantir a axeitada ventilación, para poder abrir ata as 11 da noite. E a nova norma de desescalada, que entra en vigor mañá. // Soben a 199 os contaxios detectados nas últimas horas, a segunda maior cifra nun mes. Volven subir os casos activos mentres a presión hospitalaria se manten controlada. // Pasan a disposición xudicial as tres persoas detida na Coruña por retención ilegal dunha menor. Segundo a investigación, iniciada en Córdoba, os pais vendérona alí por 4.000 euros. A nena, de 12 anos, quedou baixo a tutela da Xunta. // Axudar a atender urxencias médicas ou vixilar incendios forestais. Son algunhas aplicacións dos vehículos non tripulados deseñados por empresas galegas, no centro de Investigación de Rozas, que conta máis de 160 millóns de investimento nos últimos anos. 15-04-2021.

O toque de recollida amplíase ata as once da noite a partir do venres, e os restaurantes poderán servir ceas ata esa hora. Son algúns dos principais acordos do comité clínico reunido hoxe. Galicia, ademáis será a primeira comunidade en expedir o certificado de vacinación, ás persoas inmunizadas dende esta mesma semana. // Continúa o programa de vacinación masiva en tódalas áreas sanitarias. A Xunta mantén o obxetivo de ter vacinada a toda a poboación maior de 60 anos cunha primeira dose no mes de xuño. // No hospital universitario da Coruña, os sanitarios rendéronlle hoxe homenaxe aos enfermos e vítimas da covid. Aseguran que este último foi o ano máis difícil que viviron nunca. // Desde hoxe pode solicitarse o bono turístico posto en marcha pola Xunta para axudar ao sector. Consiste nunha tarxeta prepago de ata cincocentos euros, dos que a administración financia o 60%.14-04-2021

O Pórtico da Gloria volve poder ser visitado, dende esta mesma tarde. A reapertura ao público, logo de meses pechado pola pandemia, é cun programa de acceso controlado e gratuito, en grupos de ata 20 persoas.. //Medra a incidencia da Covid-19, hoxe con 77 casos por 100.000 habitantes. Hai máis casos activos pero con menos contaxiados e menor presión hospitalaria. // O elevado número de consultas fai colapsar a web da Xunta para solicitar o bono turístico, que hoxe de abre o prazo. A medida de apoio ao sector mediante unha tarxeta prepago de ata 500 euros. // Co Grammy Latino baixo o brazo, Daniel Minimalia volve a Ourense e fala dos seus novos proxectos. O guitarrista e compositor vai comezar unha xira por todo o mundo e comezou a escribir un libro. 14-04-2021

O Pórtico da Gloria volve poder ser visitado, dende esta mesma tarde. A reapertura ao público, logo de meses pechado pola pandemia, é cun programa de acceso controlado e gratuito, en grupos de ata 20 persoas.. //Medra a incidencia da Covid-19, hoxe con 77 casos por 100.000 habitantes. Hai máis casos activos pero con menos contaxiados e menor presión hospitalaria. // O elevado número de consultas fai colapsar a web da Xunta para solicitar o bono turístico, que hoxe de abre o prazo. A medida de apoio ao sector mediante unha tarxeta prepago de ata 500 euros. // Co Grammy Latino baixo o brazo, Daniel Minimalia volve a Ourense e fala dos seus novos proxectos. O guitarrista e compositor vai comezar unha xira por todo o mundo e comezou a escribir un libro. 14-04-2021

Galicia quedará en la influencia dun centro de baixas presións deixara inestbilidade atmosférica, con ceos parcialmente cuberso nubes de tipo medio e alo e posibilidade dalgúnchubasco ocasional. As temperaturas, en ascenso. 14-04-2021

Novo impulso á vacinación. A Xunta espera chegar a que cerca de 700.000 persoas teñan posta algunha dose ao remate desta semana. Seguirán as vacinacións masivas por tramos de idade. O ritmo de vacinación que, di o conselleiro de Sanidade, vai continuar nas próximas semanas co aumento das doses que se van recibir. / Mañá ábrese o prazo para solicitar o bono turístico da Xunta. É unha tarxeta que permite descontos nos establecementos hostaleiros de Galicia, agás pisos turísticos. Hai xa máis de 600 negocios adheridos ó programa. // A primeira base aérea transfronteiriza con Portugal para loitar contra os incendios forestais vaise construir nos concellos ourensáns de Verín e Oímbra. Permitirá reducir os tempos de resposta dos medios aéreos e mellorar a eficacia dos servizos de extinción. 13-04-2021

Ter vacinado unha cuarta parte de toda a poboación galega, ata superar as 675.000 persoas, con alomenosunhadose, ao final desta semana. É a previsión anunciada hoxe polo conselleiro de Sanidade. Seguirán as vacinacións masivas por tramos de idade. // A incidencia acumulada a 14 días medrou cinco puntos durante a fin de semana, está en 75 casos por 100.000, o que se traduciu en aumento de casos activos e contaxios./As casas de alugueiro turístico, practicamenteao completo para os meses de verán. As máis demandadas, as que se ofrecen con piscina e xardín, das que apenas queda oferta para xullo e agosto, tanto na costa como no interior. //Derrota do Celta, pese a ofrecer unha boa impresión de equipo, e o talento de Iago Aspas, fronteó Sevilla. Os de Coudet acusaron o cansanzo no final dun partido no que se viron ata sete goles. 13-04-2021

Unha borrasca está a deixarchuvias sobre todo polo sur. En Moscaeronpreto de 25 litros por metro cadrado durante a mañá. Pola tarde diminue a probabilidade de chuvascosaínda que seguiremos con ceos cubertos. Ascenso de temperaturas. As mínimas subiron e as máximasdescenden no litoral atlantico pero aumentan polo norte. 13-04-2021

Ter vacinado unha cuarta parte de toda a poboación galega, ata superar as 675.000 persoas, con alomenosunhadose, ao final desta semana. É a previsión anunciada hoxe polo conselleiro de Sanidade. Seguirán as vacinacións masivas por tramos de idade. // A incidencia acumulada a 14 días medrou cinco puntos durante a fin de semana, está en 75 casos por 100.000, o que se traduciu en aumento de casos activos e contaxios./As casas de alugueiro turístico, practicamenteao completo para os meses de verán. As máis demandadas, as que se ofrecen con piscina e xardín, das que apenas queda oferta para xullo e agosto, tanto na costa como no interior. // Derrota do Celta, pese a ofrecer unha boa impresión de equipo, e o talento de Iago Aspas, fronteó Sevilla. Os de Coudet acusaron o cansanzo no final dun partido no que se viron ata sete goles. 13-04-2021

Os casos activos repuntan lixeiramente no conxunto de Galicia, mentres desaparecen das residencias e centros de atención a discapacidade, gracias ao avance da vacinación. En Pontevedra, as farmacias colaboran nun cribado mediante kits de autorrecollida de saliva, co obxetivo de frear o avance dos contaxios nas familias // A Policía identifica a oito asistentes a unha festa ilegal organizada nun piso deste edificio no centro de Vigo. Os axentes chegaron a acudir catro veces ao lugar durante a noite para atender as queixas dos veciños polor ruidos. Os ocupantes negáronse a abrir a porta // Núñez Feijóo advirte contra a reforma do Estatuto, mentres BNG e PSdeG-PSOE, en cambio amósanse a favor, para facer fronte, din, aos novos retos sociais e non quedar atrás nos dereitos en relación as outras nacionalidades históricas. O Partido Popular lembra que o marco das reformas ten que ser a Constitución. 12-04-2021

En busca de positivos asintomáticos entre adolescentes de Pontevedra, cun cribado mediante test de saliva que comeza hoxe coa colaboración das farmacias. Aumentan lixeiramente os casos activos e os pacientes ingresados, anque non se rexistran falecementos // Sanidade prevé manter nos próximos días o plan de vacinacións masivas, logo das cerca de 50.000 administradas durante a fin de semana. O avance da vacinación fai descender a cero os contaxios nas residencias e centros de atención a discapacidade // O presidente do Tribunal Constitucional pon o desenrolo do Estatuto de Galicia como exemplo para outras comunidades. Nun acto para conmemorar o 40 aniversario da Autonomía // Xornada de balance e reparación de danos no Polígono do Ceao, en Lugo, logo do incendio que destruiu varias naves industriais. O lume puido orixinarse por un fallo eléctrico nunha fábrica de pintura. 12-04-2021