As altas presions aportan estabilidade e os ceos estarán pouco anubados ou despexados, con nubes altas polo sur. As temperaturas mínimas descenderán, con algunhas xeadas no interior. 12-04-2021
En busca de positivos asintomáticos entre adolescentes de Pontevedra, cun cribado mediante test de saliva que comeza hoxe coa colaboración das farmacias. Aumentan lixeiramente os casos activos e os pacientes ingresados, anque non se rexistran falecementos // Sanidade prevé manter nos próximos días o plan de vacinacións masivas, logo das cerca de 50.000 administradas durante a fin de semana. O avance da vacinación fai descender a cero os contaxios nas residencias e centros de atención a discapacidade // O presidente do Tribunal Constitucional pon o desenrolo do Estatuto de Galicia como exemplo para outras comunidades. Nun acto para conmemorar o 40 aniversario da Autonomía // Xornada de balance e reparación de danos no Polígono do Ceao, en Lugo, logo do incendio que destruiu varias naves industriais. O lume puido orixinarse por un fallo eléctrico nunha fábrica de pintura. 12-04-2021
Un tratamento non invasivo que se realiza en tres horas con ultrasóns de alta resolución
Descontos do 20 por cento nas peaxes da AP-9 anunciados polo ministro de Transportes, logo da xuntanza co presidente da Xunta. Ábalos Confirmou que a partir do verán as viaxes de volta serán gratis para quen leve dispositivo electrónico a bordo. // O Concello de Carballeda de Valdeorras incorporarase o vindeiro luns á listaxe de muncipios coas medidas máis restritivas. Peche total da hostalaría e sen poder entrar ou sair sen causa xustificada. Son as mesmas que xa están vixentes na Pobra do Caramiñal e O Grove. // Hoxe chega aos cines CUÑADOS, da productora Portocabo e ópera prima do director Toño López. RTVE participa nesta comedia rodada en galego con algunhas das caras máis coñecidas do noso audiovisual, como Miguel de Lira, Federico Pérez Rey ou Xose Antonio Touriñán 09-04-2021
As sesións de vacinación masiva dos últimos días elevan a preto de medio millón o total de persoas que recibiron en Galicia algunha dose. Son algo máis do 16 por cento da poboación, mentres que o 6´8 por cento recibiu xa a pauta completa.. //a incidencia acumulada continúa estable, mentres medran lixeiramente os casos activos, con 146 novos contaxios nas últimas horas. A presión hospitalaria baixa e hai 26 doentes nas UCI. //.Eliminar o movemento incontrolado dos pacientes asociado a enfermidade de Parkinson. É posible gracias a unha técnica que o Hospital Clínico de Santiago leva a cabo por primeira vez na sanidade pública. // Teresa Portela clasificase para os xogos olímpicos de Tokio. Esta mañá impúxose no selectivo nacional de K1 200 metros disputado en Verducido, Pontevedra. A piragüista de Cangas convertirase así na deportista española con máis participacións olímpicas da historia. 09-04-2021
Unha pequena borrasca chega coa fin de semana na que agardamos nubes e claros e chuvascos que xa esta tarde xerán bastante xeralizados con posibilidade de treboadas. As temperaturas tenden a baixar. Especialmente o domingo agardamos valores moi baixos para a época, con máximas que apenas superarán os 10 graos. 09-04-2021
As sesións de vacinación masiva dos últimos días elevan a preto de medio millón o total de persoas que recibiron en Galicia algunha dose. Son algo máis do 16 por cento da poboación, mentres que o 6´8 por cento recibiu xa a pauta completa.. //a incidencia acumulada continúa estable, mentres medran lixeiramente os casos activos, con 146 novos contaxios nas últimas horas. A presión hospitalaria baixa e hai 26 doentes nas UCI. //.Eliminar o movemento incontrolado dos pacientes asociado a enfermidade de Parkinson. É posible gracias a unha técnica que o Hospital Clínico de Santiago leva a cabo por primeira vez na sanidade pública. // Teresa Portela clasificase para os xogos olímpicos de Tokio. Esta mañá impúxose no selectivo nacional de K1 200 metros disputado en Verducido, Pontevedra. A piragüista de Cangas convertirase así na deportista española con máis participacións olímpicas da historia. 09-04-2021
Os expertos insisten en que a vacina é eficaz e segura, pese ao número ínfimo de casos de trombos que se detectaron en persoas ás que se lles aplicara.
A Audiencia da Coruña confirmou hoxe o peche da investigación sobre o accidente do tren Alvia en Angrois. O maquinista, Francisco José Garzón Amo e o que era xefe de seguridade de Adif cando se puso en marcha a línea de alta velocidade Santiago-Ourense, Andrés Cortabitarte, son os únicos procesados polo sinistro. // Maiores de 75 anos e ata 79 incorpóranse ao proceso de vacinación masiva, co fármaco de Pfizer, mentres a Xunta suspende a administración das máis de 1.400 doses de AstraZeneca. // Os expertos insisten en que esa vacina é eficaz e segura, mentres se decide qué facer coas máis de 140.000 persoas menores de 60 anos ás que xa recibiron a primeira dose. // Alfredo Sánchez Chacón, alcumado como o Rambo galego, leva máis de tres semanas en busca e captura despois de non regresar á prisión de Monterroso tras un permiso. 08-04-2021
Os maiores de 75 anos incorpóranse ao proceso de vacinación masiva, co fármaco de Pfizer, mentres a Xunta suspende a administración das máis de 1.400 doses de AstraZeneca que tiña previsto poñer hoxe a persoas menores de 60 anos, pertencentes a colectivos esenciais como forzas de seguridade. // A maioría das enfermeiras declara non sentirse realizada no seu traballo e ata o 90 por cento sofren ansiedade. Un informe do SATSE revela o empeoramento da saúde mental do colectivo a consecuenta da sobrecarga laboral durante a Pandemia. // A Axencia Tributaria prevé devolver en Galicia 606 millóns de euros na campaña da declaración da renda de 2020. E un 4´6 por cento menos que o ano anterior debido ao aumento dos ERTE. Calcula que as declaracións con resultado a pagar chegarán a 380 mil. // Películas familiares e domésticas elaboradas que reflicten a vida cotiá dende unha ollada íntima. E a oferta do Museo Online de Cine Autobiográfico, unha iniciativa promovida dende LUgo que arranca hoxe. 08-04-2021
Aumenta a inestabilidade atmósferica que se fará notar máis a partir de mañá. Xa esta tarde poden volver as chuvias porque medrarán nubes de evolución no interior con posibilidade de chuvascos treboentos. 08-04-2021
Os maiores de 75 anos incorpóranse ao proceso de vacinación masiva, co fármaco de Pfizer, mentres a Xunta suspende a administración das máis de 1.400 doses de AstraZeneca que tiña previsto poñer hoxe a persoas menores de 60 anos, pertencentes a colectivos esenciais como forzas de seguridade. // A maioría das enfermeiras declara non sentirse realizada no seu traballo e ata o 90 por cento sofren ansiedade. Un informe do SATSE revela o empeoramento da saúde mental do colectivo a consecuenta da sobrecarga laboral durante a Pandemia. // A Axencia Tributaria prevé devolver en Galicia 606 millóns de euros na campaña da declaración da renda de 2020. E un 4´6 por cento menos que o ano anterior debido ao aumento dos ERTE. Calcula que as declaracións con resultado a pagar chegarán a 380 mil. // Películas familiares e domésticas elaboradas que reflicten a vida cotiá dende unha ollada íntima. E a oferta do Museo Online de Cine Autobiográfico, unha iniciativa promovida dende LUgo que arranca hoxe. 08-04-2021
Durante corenta anos, moitos dos deseños da emblemática firma de cerámica foron obra del. Agora xa retirado, segue debuxando cada día.
Cribado En busca de asintomáticos, entre menores e adultos no concello do Grove, que pasará esta medianoite, xunto coa Pobra do Caramiñal, a situación de máximas restricións. No resto de Galicia, dende o sábado permitiránse as reunións de ata catro persoas non conviventes no interior das vivendas e ata seis no exterior.. // Alta afluencia aos centros de vacinación, noo programa previsto de administración masiva, coas doses de AstraZeneca a persoas entre 60 e 65 anos, que a Comunidade de Castela e León decidiu suspender. // Agasallando con leitugas nas Rúa. Así é como estes agricultores quixeron denunciar hoxe en Santiago a considerable baixada de prezo que está a rexistrar a verdura nas grandes cadeas de distribución. // Fillos adolescentes que adican demasiado tempos aos videoxogos e con baixo rendemento nos estudos. Unha situación cada vez máis frecuente, ante a que os expertos recomendan aos pais poñerse de acordo para fixar límites. 07-04-2021
O anticiclón desprázase hacia o leste traendo inestabilidade atmosférica. Ceo pouco anubado con intervalos de nubes altas. Temperaturas mínias sen cabios e máximas en ascenso lixeiro, ata 22 graos en Ourense, Vigo e Pontevedra. 07-04-2021
Cribado En busca de asintomáticos, entre menores e adultos no concello do Grove, que pasará esta medianoite, xunto coa Pobra do Caramiñal, a situación de máximas restricións. No resto de Galicia, dende o sábado permitiránse as reunións de ata catro persoas non conviventes no interior das vivendas e ata seis no exterior.. // Alta afluencia aos centros de vacinación, noo programa previsto de administración masiva, coas doses de AstraZeneca a persoas entre 60 e 65 anos, que a Comunidade de Castela e León decidiu suspender. // Agasallando con leitugas nas Rúa. Así é como estes agricultores quixeron denunciar hoxe en Santiago a considerable baixada de prezo que está a rexistrar a verdura nas grandes cadeas de distribución. // Fillos adolescentes que adican demasiado tempos aos videoxogos e con baixo rendemento nos estudos. Unha situación cada vez máis frecuente, ante a que os expertos recomendan aos pais poñerse de acordo para fixar límites. 07-04-2021
En seis días vacinaranse 145.000 persoas de 60 a 65 anos e de 75 a 79