O Grove e a Pobra do Caramiñal saen do nivel máximo a partir do venres, mentres Vigo queda no nivel medio. O Comité Clínico amplía de dous a sete días o período no que se consideran contactos estreitos en caso de contaxio. O conselleiro de Sanidade amosa preocupación por qué vai pasar cando se levante o estado de alarma, pero di que, pese ao leve aumento dos casos, a pandemia en Galicia segue a estar baixo control. // As residencias de maiores de Galicia son as que sofriron un menor impacto da pandemia de toda a península. Así o asegurou no Parlamento, onde rexeitou a proposta do BNG de que todos eses centros pasen a ser de xestión pública. // 3.600 axentes dedicaranse este verán a vixiar o Camiño de Santiago. Anunciouno o secretario de Estado de Seguridade, que mantivo unha xuntanza cos responsables en Galicia da Policía Nacional e a Garda Civil. 28-04-2021
Alivio de restriccións no Grove e a Pobra do Caramiñal, que saen do nivel máximo a partir do venres. O Comité Clínico mantén a Vigo no nivel medio e amplía de dous a sete días o rastrexo de contactos en caso de contaxio. // A Xestión das multas por non levar a máscara complícase para os concellos. Só o 3 por cento das sancións impostas por policías locais ata agora chegaron a ser cobradas, mentres comenza a haber sentezas xudiciais que cuestionan a sua legalidade. // Os efectos da pandemia pasan factura a Adolfo Domínguez, que duplica perdas durante o último ano, ata os 19 millóns de euros. As súas vendas caeron máis do 40 por cento nese período, pese a un crecemento do 20 por cento do comercio on line. // Unha novela de intriga con protagonista detective ao estilo de Sherlock Holmes. E "Los Misterios de Selva", unha novidade editorial, obra de Emilia Pardo Bazán, que permanecía inédita, e sae a luz cando se cumplen cen anos do pasamento da escritora. 28-04-2021

O aire frío nas capas altas mantén a intestabilidade, de xeito que se esperan ceos con alternancia de nubes e claros. Ao sureste pode haber algún chubasco tormentoso. Lixero descenso das temperaturas 28-04-2021
A declaración do Parque Nacional das Illas Atlánticas como patrimonio da Humanidade pola Unesco está máis cerca coa inclusión das Cíes na rede Internacional de Humidais. Galicia convértese na terceira comunidade con máis espazos deste tipo protexidos, despois de Andalucía e Valencia .
Galicia supera o millón de doses de vacinas administradas. Con elas, máis do 30 por cento da poboación que está previsto vacinar recibíu xa polo menos unha dose, e cerca de 250.000 persoas teñen xa a pauta completa. Un Estudo realizado polo Sergas demostra que todas as vacinas que se están a empregar na nosa comunidade son seguras e moi eficaces. // A economía galega pode sair antes da crise, ao non depender tanto do turismo. Esa é unha das conclusións dun informe do Consello Galego de Economistas. Os máis optimistas apuntan a recuperación para o segundo semestre deste ano. // O Conselleiro de Facenda cifra en 629 millóns de euros o gasto que supuxo a pandemia en Galicia no ano 2020, e quéxase do que calificou de discriminación respecto a outras comunidades no reparto de fondos por parte do Goberno Central. // O PSdeG-PSOE acusa ao PP de actitude antidemocrática en Ourense, por esixir a renuncia do portavoz Rafael Villarino para negociar unha moción de censura contra Jácome. 27-04-2021
A incidencia acumulada mantense en Galicia por debaixo de 100 casos por 100.000 habitantes, ainda que cunha lixeira tendenza á alza, e o índice de positividade e o máis baixo de España. Son os datos que analiza hoxe o comité clínico para decidir sobre os novos pasos para a desescalada // O número de doses de vacinas administradas en Galicia supera xa o millón. Un Estudo do Sergas demostra que todas as vacinas que se están a empregar reducen en case o 90 por cento as posibilidades de ter a infección. // O marisqueo no banco do Cunchido, na Ría de Vigo, enfronta a duas confrarías: As de Arcade traballan esta semana, frente ás de Vilaboa, que alegan un acordo anterior para parar a extracción ata outono. // A declaración do Parque das Illas Atlánticas como patrimonio da Humanidade pola Unesco, máis cerca coa inclusión das Illas Cíes na rede Internacional de Humedais. 27-04-2021

Persiste hoxe ainda certa inestabilidade atmosférica, que deixa ceos con nubes e claros e posibilidade dalgún chubasco illado tormentoso, especialmente na zona de Ourense. As temperaturas apenas sofren un lixero descenso. 27-04-2021
Máis de cen mil doses de Pfizer, 15.000 de Moderna e 6.000 de AstraZeneca. Son as novas remesas previstas para esta semana, que permitirán acelerar o ritmo e vacinación ata superar as 180.000. De momento a vacinación masiva céntrase no grupo entre 70 e 79 anos. // O presidente da Xunta afirma que estamos a piques de sortear a cuarta onda nunha relativa estabilidade cun ascenso contido de positivos ainda que apela a manter a prudencia. // Retirar máis dunha tonelada de residuos do fondo mariño. Foi o resultado da iniciativa levada a cabo pola Fundación Abanca no entorno da Ría de Arousa. O obxetivo, concienciar dos danos que os refugallos causan no medio mariño, e especialmente elementos como os microplásticos. // Soterrado en Ourense José Paz, o pedagogo que posuía a biblioteca privada máis completa do mundo sobre o filósofo e escritor indio, Rabindranath Tagore.26-04-2021
A chegada de novas remesas de Pfizer, Moderna e AstraZeneca permite acelerar o ritmo de vacinación esta semana, na que está previsto administrar unhas 180.000 doses en Galicia. A de Janssen irá destinada ao grupo de idade entre 65 e 69 anos. // A incidencia da Pandemia estabilízase, cos casos activos por riba dos 3.000. Aumentan en 10 os hospitalizados e hai 45 na UCI, nun día no que non se contan novos falecementos. A Xunta di que a cuarta vaga está a piques de ser superada, pero atrasa a decisión sobre novos relaxamentos das restricións. // Os actores de “Cuñados”, que fan así unha demostración dun anovador sistema de Telepresenza en tempo real. É o Holobox, presentado na Coruña pola multinacional galega Trison, especialista en integración audiovisual. // O Celta encarrila a permanencia, unha temporada máis en primeira diivisión, logo de vencer por dous goles a un ao Osasuna. Un partido no que abriu o marcador un gran gol de Iago Aspas. 26-04-2021
A borrasca Lola desprazase máis ao sur pero aínda deixará inestabilidade. Despois dunha mañá con nubes e claros e chuvascos illados, á tarde poden repertirse as treboadas con máis probabilidade no interior. 26-04-2021
A chegada de novas remesas de Pfizer, Moderna e AstraZeneca permite acelerar o ritmo de vacinación esta semana, na que está previsto administrar unhas 180.000 doses en Galicia. A de Janssen irá destinada ao grupo de idade entre 65 e 69 anos. // A incidencia da Pandemia estabilízase, cos casos activos por riba dos 3.000. Aumentan en 10 os hospitalizados e hai 45 na UCI, nun día no que non se contan novos falecementos. A Xunta di que a cuarta vaga está a piques de ser superada, pero atrasa a decisión sobre novos relaxamentos das restricións. // Os actores de “Cuñados”, que fan así unha demostración dun anovador sistema de Telepresenza en tempo real. É o Holobox, presentado na Coruña pola multinacional galega Trison, especialista en integración audiovisual. // O Celta encarrila a permanencia, unha temporada máis en primeira diivisión, logo de vencer por dous goles a un ao Osasuna. Un partido no que abriu o marcador un gran gol de Iago Aspas. 26-04-2021
Chega a fin de semana e con ela a borraca Lola. Deixa chuvascos intermitentes e treboadas pola tarde. Unha situación que se acentuará mañá e o domingo con alertas por chuvascos fortes, mesmo con saraiba durante as tardes. As temperaturas suben, sobre todo o sábado, con termómetros rondando 0s 25 graos. 23-04-2021
Os libros toman as rúas, no seu día internacional. Una data que o mundo editorial, trastocado pola pandemia, celebra tamén con actos promocionais, Lecturas públicas, e ata agasallando paraugas. // Volve subir a incidencia da Pandemia, con 253 contaxios detectados no último día, ainda que baixa a presión hospitalaria. O subcomité clínico engade Vilanova de Arousa entre os concellos en máximo nivel de restricións a partir do luns. Preocupa tamén o incremento na área de Vigo. // Nova derrota do O Celta, que cae por Dous nun polémico partido en San Sebastián. Pese a adiantarse no marcador, os vigueses non conseguiron evitar a remontada da Real Sociedad, e atrasan o momento de asegurar a permanencia. // Nas vesperas do 25 de Abril, músicos e creadores galegos recordan a sua relación con José Afonso, o Zeca, a figura emblemática da revolución dos Caraveis, que espertou inquedanzas creativas e influíu en toda unha xeneración. 23-04-2021

Nunha primeira remesa serán inmunizadas 8.350 persoas, que recibirán este fármaco de dose única.
A vacina monosose de Janssen empeza xa a ser administrada a grandes dependentes a domicilio. A ministra de Sanidade oponse, en cambio á pretensión da Xunta de vacinar con ela aos mariñeiros. Tampouco acepta que o certificado galego de vacinación sirva para saltar o peche perimetral da comunidade. A Xunta non entende esta negativa do goberno central. // O Consello aproba un plan de prevención de incendios forestais por un importe de 30 millóns de euros. O alto índice de adiccións entre a mocedade é preocupante para o o Goberno galego. Por iso inicia un Plan de prevención contra o consumo de cannabis, éxtase, anfetaminas e outras sustancias // Xornada de Folga hoxe do sector da limpieza da provincia da Coruña, frente o que consideran dscriminación por parte da patroal sendo un dos grupo máis necesarios nesta pandemia. // Mozos voluntarios retiraron máis de 400 toneladas nos areais da Illa de Arousa nunha iniciativa para concienciar sobre a necesidade de reducir o efecto dos microplasticos no medio mariño. 22-04-2021
Segue predominando a inestabilidade atmosférica, con ceos parcialmene cubertos con chubascos máis probables no oeste pola mañá e no este pola tarde. As temperaturas ascenderán lixeiramente. 22-04-2021
A vacina de Janssen xa se administra a grandes dependentes a domicilio. A pretensión da Xunta de vacinar con ela aos mariñeiros é rexeitada pola ministra de Sanidade. Tampouco acepta que o certificado galego de vacinación sirva para saltar o peche perimetral da comunidade. // Segue a medrar a incidencia acumulada. Está en 91 casos por 100.000 habitantes, mentres que baixa a media nacional a 229. Os casos activos aumentan en 64 no último día, con 220 novos contaxios, a segunda cifra máis alta no último mes. // Para non esquecer o control do colesterol durante a Pandemia, probas gratuítas, a pe de rúa. Recordan que en caso de infección de Covid, os pacientes con enfermidade cardiovascular teñen peor pronóstico. // A Muralla de Lugo, cumpre cen anos dende a sua declaración como Monumento Nacional. Un recoñecemento que puxo fin as agresións sofridas ao longo da historia. 22-04-2021