A vacina de Janssen xa se administra a grandes dependentes a domicilio. A pretensión da Xunta de vacinar con ela aos mariñeiros é rexeitada pola ministra de Sanidade. Tampouco acepta que o certificado galego de vacinación sirva para saltar o peche perimetral da comunidade. // Segue a medrar a incidencia acumulada. Está en 91 casos por 100.000 habitantes, mentres que baixa a media nacional a 229. Os casos activos aumentan en 64 no último día, con 220 novos contaxios, a segunda cifra máis alta no último mes. // Para non esquecer o control do colesterol durante a Pandemia, probas gratuítas, a pe de rúa. Recordan que en caso de infección de Covid, os pacientes con enfermidade cardiovascular teñen peor pronóstico. // A Muralla de Lugo, cumpre cen anos dende a sua declaración como Monumento Nacional. Un recoñecemento que puxo fin as agresións sofridas ao longo da historia. 22-04-2021
A Xunta quere que o certificado de vacinación sirva para evitar algunhas das restricións aplicadas coa Covid
Novo impulso á vacinación, coa chegada de doses de Jannsen, que serán para dependentes a domicilio e mariñeiros. A Xunta quere que o Certificado de Vacinación xa posto en marcha sirva para poder desprazarse entre comunidades ainda que estea vixente o peche perimetral.. // os responsables sanitarios anuncian tamén un plan para realizar probas e análises sobre os establecementos de lecer nocturno, con vistas a que a finais de xuño poda ser posible a reapertura. // A Raíña Sofía visita arestora o Banco de Alimentos Rías Altas, da Coruña. Faino en condición de presidenta executiva da fundación que leva o seu nome. //Cerdedo -Cotobade é o primeiro concello en poñer en marcha o pacto pola paisaxe,coa rehabilitación dos baños de San Xusto, abandonados durante décadas. Recuperáronse os muíños e unha antiga central hidroeléctrica ao pe do Lérez. 21-04-2021
Unha borrasca situada ao oeste de Fisterra enviará unha fronte durante a tarde, con chubascos de carácter ocasionalmente tormentoso. As temperaturas, sen cambios significativos. 21-04-2021
A hostalaría de Vigo quedará reducida ao 30 por cen da cabida no interior dos establecementos e ao 50 por cento nas terrazas, a partir do venres. É a primeira cidade na que o Comité Clínico decide subir as restricións, que quedan en nivel medio, debido ao aumento da incidencia de contaxios. // O Comité Clínico anunciou un novo impulso na vacinación, coa chegada de doses de Jannsen, que serán para dependentes a domicilio. Mentres, os datos reflincten un leve incremento de casos e da presión hospitalaria. // O Partido Popular de Ourense responde a propostas dos socialistas para negociar unha moción de censura contra Pérez Jácome: Quere que O portavoz Rafael Villarino, que xa renunciou a ser candidado á alcaldía, abandone tamén o concello, // O proxecto dun gran espigón para estabilizar a area na praia Altar, en Barreiros, provoca o rexeitamento de grupos veciñais e institucións. Din que a obra, deseñada polo Ministerio de Transición Ecolóxica, terá un impacto negativo e non será eficaz. 21-04-2021
A hostalaría de Vigo quedará reducida ao 30 por cen da cabida no interior dos establecementos e ao 50 por cento nas terrazas, a partir do venres. É a primeira cidade na que o Comité Clínico decide subir as restricións, que quedan en nivel medio, debido ao aumento da incidencia de contaxios. // O Comité Clínico anunciou un novo impulso na vacinación, coa chegada de doses de Jannsen, que serán para dependentes a domicilio. Mentres, os datos reflincten un leve incremento de casos e da presión hospitalaria. // O Partido Popular de Ourense responde a propostas dos socialistas para negociar unha moción de censura contra Pérez Jácome: Quere que O portavoz Rafael Villarino, que xa renunciou a ser candidado á alcaldía, abandone tamén o concello, // O proxecto dun gran espigón para estabilizar a area na praia Altar, en Barreiros, provoca o rexeitamento de grupos veciñais e institucións. Din que a obra, deseñada polo Ministerio de Transición Ecolóxica, terá un impacto negativo e non será eficaZ. 21-04-2021
Chegaron a finais do século XIX a numerosas localidades galegas
Os mobles, obras de arte e outros obxetos que hai no interior do Pazo de Meiras deben ser devoltos aos herdeiros de Franco. Así o decidíu a Audiencia da Coruña, que di que o Estado so reclamou a titularidade da finca e do edificio, pero non do seu contido. O goberno Central e a Xunta estudian agora a resolución xudicial e a posibilidade de recorrela. // A Xunta defende respectar os prazos de vacinación, alomenos para maiores de 70 anos, ante a proposta do goberno central de retrasar a segunda dose para así gañar tempo e vacinar a máis poboación. // Audasa non terá que devolver as peaxes aos afectados polos atascos durante a ampliación da ponte de Rande. A Audiencia de Pontevedra acaba deestimar o recurso da concesionaria contra a sentenza que a condenaba por 81 incidencias durante as obras de ampliación da Ponte. 20-04-2021
Seguen as vacinacións masivas cunha alta participación. Unhas 40.000 persoas maiores de 70 anos pasan hoxe polos centros das distintas áreas sanitarias. Segue tamén a subir a incidencia acumulada, que é de 90 casos por 100.000 habitantes. // A Audiencia da Coruña determina que os mobles e obxetos que hai no interior non deben quedar baixo o depósito do Estado. Acepta así o recurso da Familia Franco e determina que ten dereito a recibir unha indemnización. // Polémica pola intención da Xunta de adiantar a xuño os exames de recuperación que agora se fan en setembro na ESO, primeiro de bacherelato e FP. Apoiada polo profesorado, non convence aos pais dos alumnos. // Procedentes da comarca leonesa da Maragatería, asentáronse en distintas localidades galegas, nas que deixaron unha fonda pegada no comercio, durante xeracións. A historia das familias de comerciantes maragatos en Galicia e recuperada agora por unha asociación cultural. 20-04-2021
Día marcado pola inestabilidade, con chuvias intermitentes que pola tarde poderían vir acompañadas de treboadas e aparato eléctrico . As temperaturas baixan algo. Así é todo as máximas oscilan entre os 17 graos da Coruña e os 20 de Ourense. 20-04-2021
Seguen as vacinacións masivas cunha alta participación. Unhas 40.000 persoas maiores de 70 anos pasan hoxe polos centros das distintas áreas sanitarias. Segue tamén a subir a incidencia acumulada, que é de 90 casos por 100.000 habitantes. // A Audiencia da Coruña determina que os mobles e obxetos que hai no interior non deben quedar baixo o depósito do Estado. Acepta así o recurso da Familia Franco e determina que ten dereito a recibir unha indemnización. // Polémica pola intención da Xunta de adiantar a xuño os exames de recuperación que agora se fan en setembro na ESO, primeiro de bacherelato e FP. Apoiada polo profesorado, non convence aos pais dos alumnos. // Procedentes da comarca leonesa da Maragatería, asentáronse en distintas localidades galegas, nas que deixaron unha fonda pegada no comercio, durante xeracións. A historia das familias de comerciantes maragatos en Galicia e recuperada agora por unha asociación cultural. 20-04-2021
Serán vehículos sen conductor para o transporte de persoas, mercadorías ou vixilancia policial
Os casos activos son xa uns 400 máis que antes da Semana Santa. A maior preocupación, para a Consellería de Sanidade, está na área de Vigo e a Comarca de Valdeorras. No conxunto de Galicia, Os hospitalizados rondan os 200, e hai tres enfermos máis nas UCI. // O proceso de venda de Alcoa en san Cibrao segue estancado. As negociacións entre a empresa e a SEPI non avanzans ante a esixencia da multinaciónal que pide indemnidade xudicial para aceptar a venda. O Tribunal Supremo comezs a instruír o recurso da multinacional contra a anulación do ERE acordada polo TSXG. // o Celta non pasou do empate fronte ao Cadiz. (COLAS) Despois dos 7 goles no partido do Sevilla os de Coudet non lograron marcar. Os celestes tiveron ocasións para adiantarse na primeira metade pero o marcador terminou co cero a cero. // Na ACB, o Obradoiro sumou onte a súa décima vitoria fronte a Gran Canaria. Os de Moncho Fernández suman a súa terceira victoria nos últimos 5 partidos e afastanse dos postos de descenso. 19-04-2021
Segue o aumento de casos activos, que xa son uns 400 máis que antes da Semana Santa. A maior preocupación, para a Consellería de Sanidade, está na área de Vigo e a Comarca de Valdeorras. // Galicia é a primeira comunidade en expedir o certificado de vacinación, que reciben xa dende hai uns días as persoas totalmente inmunizadas. Outras comunidades sumaránse próximamente á iniciativa. // O Portavoz do PSdeG-PSOE en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, anuncia que retira a súa candidatura á Alcaldía da cidade co fin de facilitar unha moción de censura contra o alcalde Gonzalo Pérez Jácome, de Democraria Ourensana. // Santiago será unha das primeiras cidades en acoller probas de voo de vehículos sen conductor, organizadas pola Unión Eurpea. Entre as aplicacións, o transporte de persoas, mercadorías ou mesmo a vixilancia policial. 19-04-2021
Segue o aumento de casos activos, que xa son uns 400 máis que antes da Semana Santa. A maior preocupación, para a Consellería de Sanidade, está na área de Vigo e a Comarca de Valdeorras. // Galicia é a primeira comunidade en expedir o certificado de vacinación, que reciben xa dende hai uns días as persoas totalmente inmunizadas. Outras comunidades sumaránse próximamente á iniciativa. // O Portavoz do PSdeG-PSOE en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, anuncia que retira a súa candidatura á Alcaldía da cidade co fin de facilitar unha moción de censura contra o alcalde Gonzalo Pérez Jácome, de Democraria Ourensana. // Santiago será unha das primeiras cidades en acoller probas de voo de vehículos sen conductor, organizadas pola Unión Eurpea. Entre as aplicacións, o transporte de persoas, mercadorías ou mesmo a vixilancia policial. 19-04-2021
Ceos cubertos e algún chuvasco illado que serán máis probables nas provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas mínimas subiron ata 10 graos máis con respecto á noite pasada e durante o día as máximas rondarán os 20 graos. 19-04-2021
O grupo de elite da Armada, con base en Cartaxena, prepárase nas rías de Pontevedra, Ares e Ferrol, en exercicios tácticos, de mergullo e paracaidismo
As novas normas de desescalada entran en Vigor. Atrásase unha hora o toque de recollida ata ás once e pódese sair de cea ata esa hora, por primeira vez dende que, en xaneiro, se endureceran as restricións. Anque so nos restaurantes que cumpran os requisitos. // Os cambios de hoxe non afectan aos concellos que permanecen co máximo nivel de restriccións, entre os que a partir do luns estará o de Cualedro, tal como acordou o subcomité clínico que asesora A Xunta. Sumarase a lista formada por Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove. // Traballadores da refinería de Repsol da Coruña realizan arestora unha protesta para pedir que se deteña o ERTE anunciado pola compañía. O plan afectaríalle ao 31% dos empregados, 212 en total. 16-04-2021
Seguiremos con sol e con temperaturas máximas que rondarán os 20 graos. Mañá baixarán algo polas Rías Baixas e subirán no terzo norte. O domingo perderemos a influencia do anticiclón, con posibilidade dalgunha chuvia feble. 16-04-2021
Preparados para servir as primeiras ceas dende que, en xaneiro, se endureceran as restricións. As novas normas de desescalada entran hoxe en vigor, so para os restaurantes que cumpran os requisitos. Empresarios de Bares e Cafeterías séntense discriminados. // Aumentan os casos activos, con 229 novos contaxios nas últimas horas, a cifra máis alta no último mes. Tamén sube a presión hospitalaria, e nas UCI seguen 26 ingresados. Non se rexistraron falecementos por Covid no último día. //.Os farmacéuticos animan á vacinación contra a Covid cunha campaña informativa para aclarar dúbidas. Lembran as vantaxes de estar inmunizado fronte ao risco de efectos secundarios, moi inferior, din, ao da maioría dos medicamentos. // Exercicios bélicos na ría de Pontevedra. Son os integrantes da Forza de Guerra Naval do Exército, que teñen habitualmente a súa base en Cartaxena. Así levan a cabo o adestramento das manobras para desenvolver en misións en calquera lugar do mundo. 16-04-2021