Orgullo en Ribeira pola xesta deportiva protagonizada pola sua filla máis ilustre. A Medalla de bronce, con record incluído, que Ana Peleteiro considera xa patrimonio de toda Galicia. // As probas de ADN implican directamente a dous dos detidos pola malleira mortal a Samuel Luiz na Coruña..As pegadas encontrounas a Policia científica no corpo de Samuel, na sua roupa e na botella de cristal que empregaron para agredilo. A agresión a Samuel produciuse de xeito reiterado, nun espazo de 150 metros do paseo marítimo. // Os Casos activos descenden hoxe, a 18.807, e os novos contaxios baixan de mil por primeira vez en case dúas semanas. // Galicia conta cun simulador de computación cuántica, que é o primeiro instalado en España. Ponse en marcha ó mesmo tempo que o superordenador "Finisterrae 3", que mulplica por 12 a súa capacidade. 02-08-2021
Test de antíxenos nas farmacias para conseguir o certificado covid. Unha opción que dá acceso aos non vacinados aos locais de hostalaría nos concellos con maior incidencia, entre os que a partir de mañá se sitúan todas as cidades galegas. // Os casos activos soben hoxe a 18.885, logo de rexistrarse case 1.200 novos contaxios nas últimas horas. E continúa tamén o aumento de pacientes hospitalizados que xa son 302, 25 máis que onte. Dous falecementos elevan o o total de vítimas a 2.457. // A de Ourense é a área sanitaria de Galicia coa mellor evolución. Aínda así a incidencia está a baixar máis lentamente do desexable porque segue habendo máis de 100 novos contaxios diarios e porque a cepa delta, que é a predominante, e moito máis contaxiosa. // Estamos xa en plena operación saída de tráfico na fin de semana na que moitos principian as vacacións co inicio do mes de agosto. Nas estradas xuntanse os que van e os que volven dese descanso estival. 30-07-2021
Centos de conductores aproveitan xa, dende hoxe a bonificación das peaxes da AP-9. A viaxe de volta resulta gratis para os turismos. // Os novos contaxios hoxe son 1.077, e os casos activos ascenden a 18.776. Tamén aumenta o número de hospitalizados, 277, dos que hai cinco máis nas UCI, e xa son un total de 35. Nas últimas horas notificaronse dous falecementos. // Galicia volverá a situación economica previa a pandemia en xuño do vindeiro ano. Esta é a previsión da Xunta, despois de presentar hoxe o teito de gasto para o ano 2022, que ascenderá a 11.571 millóns de euros. // O ministerio de Industria e Turismo expuxo hoxe en Santiago o plan nacional turístico Xacobeo, que inclúe 25 millóns de euros de investimento en bens patrimoniais de Galicia. // No segundo trimestre do ano creáronse en Galicia 17.000 novos empregos, segundo a enquisa de poboación activa publicada hoxe. O paro baixou entre abril e xullo un 3,75 %, son 5.900 parados menos. 29-07-2021
Incorpóranse Viveiro, Burela e Foz, na Mariña de Lugo, ademáis de Monterroso, Muros e Baiona. A partir do sábado, as sete cidades estarán xa no nivel alto, que inclúe a obriga de presentar certificado covid para acceder á hostalaría.
A proba de antíxenos, sen receita, deberá facerse coa supervisión do farmacéutico. A medida, para frear os contaxios, vai dirixida a asintomáticos de entre 13 e 35 anos que estean sen vacinar
Aumentan a 12 os concellos en nivel máximo de restricións, coa incorporación de Viveiro, Burela e Foz, na Mariña de Lugo, ademáis de Monterroso, Muros e Baiona. As sete cidades están xa no nivel alto. O Comité Clínico advirte de que, pese ao avance da vacinación, a inmunidade de grupo queda máis lonxe do que se pensaba. // Os novos contaxios frean un pouco o seu aumento no último día pero ainda superan os mil, e os casos activos ascenden a 18.535. A presión hospitalaria descende lixeiramente, con 264 pacientes hospitalizados, dous menos que onte. // O Goberno Central retira o recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Saúde de Galicia. A decisión chega tras unha negociación coa Xunta. // O número de peregrinos segue en aumento e xa chega aos 50 mil. A Xunta insiste na seguridade que ofrece o camiño, pese aos dous brotes rexistrados ata o momento no que vai de verán na ruta francesa. 28-07-2021
Comeza en Ourense vacinación dos 17.000 adolescentes de entre 16 e 19 anos que solicitaron a autocita.
O 90 por cento dos novos contaxios estase a producir neste grupo de idade e no de menores de trinta.
A todos os vacinados ofrecíaselle a posibilidade de participar nun cribado.
A vacinación dos 17.000 mozos de entre 16 e 19 anos que solicitaron vacinarse polo sistema de autocita comezaba esta mañá en varias áreas sanitarias. O 90 por cento dos novos contaxios estase a producir neste grupo de idade e no de menores de trinta. // Os casos activos chegan hoxe a 18.061, a maior cifra dende principios de febreiro, logo dunha xornada na que se contabilizaron 1.300 novos contaxios. Os pacientes ingresados soben a 266, dos que 30 están nas UCI, cinco máis que onte// O tempo medio de espera para as intervencións cirúrxicas no Sergas e actualmente de 70 días, 30 menos que o ano pasado. // A patinadora de skater galega Julia Benedetti, participa nesta disciplina deportiva que se estrea nos xogos olímpicos de Tokio. É unha pioneira deste deporte e xa unha referencia nos campionatos internacionais. 27-07-2021
O desconto será do cen por cen na viaxe de volta se se realiza no mesmo día e haberá un 20 por cento extra de bonificación para quen faga máis de 20 viaxes ao mes.
Viaxar pola AP9 será notablemente máis barato a partir do sábado. O desconto será do cen por cen do prezo da viaxe de volta se se realiza no mesmo día, e haberá un 20 por cento extra para quen faga máis de 20 viaxes ao mes. Para beneficiarse, haberá que levar no coche un dispositivo de telepeaxe. // Os novos contaxios moderan lixeiramente o seu ritmo de expansión. Hoxe son 1.115 os notificados nas últimas horas, que deixan o total de casos activos en 17.298. A presión hospitalaria, en cambio, aumenta con 53 novos ingresados, ata un total de 258, dos que 25 están nas UCI. Tamén se contabiliza un falecemento por Covid. // Preto do 70% dos galegos están xa inmunizados contra a covid, 1 millón 700 mil con pauta completa grazas a un amplo dispositivo humano e loxistico que acaba de recibir a medalla de ouro de Galicia. // A quinta vaga comenzará a remitir na primeira semana de agosto segundo o Presidente da Xunta. 26-07-2021
En 1956 comezaron as emisións en Madrid, pero non foi ata cinco anos despois cando se puideron ver de xeito regular aquí en Galicia. Foi grazas a instalación dun centro emisor en Santiago, a antena do Pedroso, inaugurada despois dunha complexa obra na que precisaron catro anos.
A praza da Quintana e o Cebreiro, testemuñas da volta dos peregrinos ao Camiño de Santiago
A Quintana, en Santiago, recupera o balbordo e as colas ante a Porta Santa. No Cebreiro, principal entrada do Camiño en Galicia, tamén se nota o aumento de peregrinos.
Os primeiros menores de 30 anos que acuden a cita para recibir a primeira dose, na Cidade da Cultura de Santiago. No resto das areas santiarias será a semana que ven cando arranque a vacinación para ese grupo de idade, // Dende a praza do Obradoiro, Preto, da rúa do Vilar, onde abriu a primeira delegación, en 1971, celebramos os 50 anos de TVE en Galicia cun programa especial. para abrir os nosos arquivos e tamén para algunhas reflexións sobre o presente e o futuro de Galicia. // Os contaxios rexistrados no último día baten hoxe un novo record. Son 1.483, a cifra máis alta dende xaneiro, e que deixan o total de casos activos en 13.963. A taxa de positividade segue rondando o 15 por cento. // Os pacientes ingresados aumentan a 175, dos que 22 están nas UCI, un máis que onte. // Abanca presentou hoxe os resultados do segundo trimestre de este ano cun beneficio de 157 millóns de euros. E un 18% maior ca o ano pasado. A dirección da entidade atribue eses datos á recuperación dos niveis de actividade previos á pandemia. 22-07-2021
Facemos hoxe o Telexornal máis especial dos que esta semana sacamos á rúa para celebrar os 50 anos de TVE en Galicia. Aqui moi preto, na rúa do Vilar, abriu a primeira delegación, en 1971, e logo nesta mesma praza estivo a segunda sede, na parte alta do Pazo de Raxoi.// Tamén en 1971 foi ano santo. Desde praza do Obradoiro imos saltar ó outro lado da catedral, á praza da Quintana, por onde os peregrinos entran á Porta Santa. // RTVE en Galicia ten a central en Santiago e RNE na Coruña. Facemos un rápido repaso polas distintas sedes provinciais, que acollen a radio e a television. // Este centro territorial ofrece dous telexornais en desconexión territorial. Pero tamén facemos chegar o que pasa aquí a toda España, a través dos telediarios ou a canle 24 horas. O centro territorial de Galicia está entre os tres que máis noticias aportan a informativos e programas nacionais. 22-07-2021
A vacinación de menores de 29 anos arranca mañá en Santiago, con mil persoas citadas, e seguirá no resto a partir da próxima semana. A Xunta impón a obriga de presentar Certificado de Vacinación ou de test negativo para acceder a bares e restaurantes nos concellos con máis incidencia. // Continúa a escalada dos casos activos nesta quinta vaga, xa son 12.889, e os novos contaxios detectados suman 1.092.Tamén aumentan significativamente os pacientes ingresados. Hoxe son 25 máis que o día anterior, ata un total de 174, dos que 21 siguen nas UCI. // A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentou hoxe no rexistro central da Xunta as sinaturas recollidas pola súa formación política en contra da subida da luz. // O Plan Director Galicia Destino Seguro, unha guía de actuación no sector para os próximos tres anos, foi presentado hoxe. Con él, a Xunta pretende recuperar o turismo con normalidade unha vez superada a crise da Covid. // 21-07-2021
A alameda compostelá é o principal parque interior de Santiago, que dá vistas ó casco historico e ó Obradoiro. Dende aqui emitimos hoxe un novo Telexornal especial, co gallo dos 50 anos de TVE en Galicia. // Nestes 50 anos de TVE en Galicia botamos unha ollada atrás para lembrar os inicios en 1971 e cómo fomos mudando ao longo desta cinco décadas, dende o branco e negro con imaxes rodadas en cine ata a era dixital na que estamos. // A popularización do Camiño de Santiago facilitou a recuperacion de moitas rutas de peregrinacion a Compostela. Tamén a marítima, moito menos concorrida pero moi atractiva. Xoán Leiro acaba de percorrela. // Gran parte dos nosos referentes simbólicos e culturais teñen raíces labregas. Sobre estes asuntos e sobre a situación e futuro do medio rural estivemos falando coa poeta Olga Novo, que co seu poemario Feliz Idade conseguiu o último Premio Nacional de Poesía. 21-07-21
A quinta onda da pandemia segue descontrolada. Os contaxios volven superar o milleiro e xa hai máis de doce mil positivos en Galicia // O comité clínico, que se reúne esta tarde, estuda limitar as reunións a dez persoas e controlar o acceso a bares e restaurantes // A Cidade da Cultura é a nosa segunda etapa neste camiño particular que facemos esta semana para conmemorar os 50 anos de TVE en Galicia // A Garda Civil e a asociación Stop Accidentes poñen en marcha unha campaña para mellorar a seguridade dos peregrinos no Camiño de Santiago // Dende hoxe, nas farmacias vanse poder comprar test de antíxenos ou de anticorpos sen necesidade de receita 20-07-2021
A Cidade da Cultura é a nosa segunda etapa neste camiño particular que estamos a facer esta semana para conmemorar os 50 anos de TVE en Galicia // A Cidade da Cultura tamén está de aniversario, porque cumpre 10 anos. É agora, coa pandemia, cando se está facendo máis coñecida, porque se converteu no maior centro de vacinación de Galicia // O Consello de Administración de RTVE trasladouse a Santiago para facer aquí a súa reunión mensual // Ás celebracións dos 50 anos de TVE en Galicia súmase RNE, con emisións especiais, desde este mércores ao venres, desde Santiago 20-07-2021
Os informativos saen a escenarios exteriores, cun especial dunha hora desde o Obradoiro. O luns entrevistamos ao presidente da Xunta e visitounos o presidente de Rtve.
Galicia supera xa os 11.000 casos activos, nunha xornada na que aumentan a 130 os pacientes hospitalizados, 18 máis que onte. A incidencia triplícase nas últimas semanas e na Area Sanitaria de Ourense chega ao máximo de toda a pandemia. // O aumento dos casos preocupa á Xunta así o manifestaba esta maña o Presidente Alberto Núñez Feijóo nunha entrevista por mor da celebración dos 50 anos de TVE en Galicia. // As instalacións de TVE nun edificio da Rúa do Vilar de Santiago eran inauguradas o 25 de xullo de 1971. Nacía así este Centro Territorial de Galicia, que cumple, polo tanto, 50 anos.. //. Perruqueiros e esteticistas de toda Galicia maniféstanse para reclamar ao Goberno a recuperación do IVA reducido. O sector segue pagando un 21% de IVA nunha situación delicada para eles e especialmente agravada. 19-07-2021