Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia mantén a influencia das altas presión polo que non se esperan ambios. Intervalos nubosos e nubes baixas darán aso a ceos puc anubados ou desexados en xeral. Temperaturas en lixeiro ascenso. 30-06-2021

Elévanse a 155 os contaxios relacionados co gromo orixinado nas viaxes de fin de curso. O Comité Clínico acaba de informar de que 49 dos viaxeiros que chegaron onte dende alí en avión deron positivo. 33 deles son dos grupos de estudantes. // O aumento da incidencia fai que Pontevedra pase a nivel medio de restricións a partir deste sábado, xunto con otros 8 concellos. Sarria mantense no nivel alto, sen consumo no interior dos locais.  Carnota tamén sobe a nivel alto. // Un libro como agasallo para cada estudante da cidade de Ourense, en premio ó esforzo feito durante o curso que acaba de rematar. É a campaña de fomento da lectura do Concello ourensán, e que está tendo moita resposta por parte dos estudantes. 30-06-2021

Estudantes galegos volven a casa, de regreso da viaxe fin de estudos a Mallorca. Eles non son considerados contactos de risco. Pero na illa quedan unha ducia, xunto ós de outras comunidades que si teñen que facer corentena. En Galicia os positivos derivados do gromo de Mallorca superan os cen. // Na Coruña, este mediodía declarouse un incendio nun barco atracado no peirao e o accidente saldouse cun operario ingresado no hospital. Prendeu lume no camarote do capitán.// O xornalista Miguel Boo denuncia ante o Colexio de Xornalistas e das asociacións da prensa o que cualifica de secuestro do seu libro sobre o eucalipto por parte da área de Cultura da Deputación de Pontevedra.// A CIG protesta en Santiago contra o apoio da Xunta a instalación de caixeiros automáticos en localidades onde non hai nigunha sucursal bancaria. Din que esta medida premia ás entidades que están a reducir oficinas e atención presencial. 29-06-2021

O tempo vai recuperando, pouco a pouco a influencia anticiclónica. Hoxe pola mañá só algún orballo no Norte e néboas no interior. Co avance do día vanse abrindo claros e ceos depexados en xeral. As temperaturas máximas, en lixeiro ascenso, dende os 19 graos de Lugo ós 27 de Ourense. 29-06-2021

gal_inf18 mozos galegos permanecen illados nun hotel de Palma, xunto a compañeiros doutras comunidades. Un de cada catro deron positivo, logo de ter contacto con participantes en festas de fin de curso. Un grupo de 90 chegan arestora a Santiago. E Galicia hai máis de cen afectados. // Os casos activos seguen a subir en Galicia, un día máis e chegan a 1.579, ainda que a presión hospitalaria se manten. O Comité Clínico estuda a posibilidade de establecer novas restricións nas áreas máis afectadas. //.Tráfico prepara para este venres a primeira fase da Operación Saída de verán. Estíma que o número de desprazamentos en xullo e agosto chegue ós 8,6 millóns. e di que as cifras de sinistralidade deste ano son preocupantes. // Verquidos industriais, filtracións contaminantes e falla de depuradoras. Son as causas das Bandeiras Negras que Ecoloxistas en Acción outorga simbólicamente ás praias e portos galegos que considera máis degradadas. 29-06-2021

18 mozos galegos permanecen illados nun hotel de Palma, xunto a compañeiros doutras comunidades. Un de cada catro deron positivo, logo de ter contacto con participantes en festas de fin de curso. Un grupo de 90 chegan arestora a Santiago. E Galicia hai máis de cen afectados. // Os casos activos seguen a subir en Galicia, un día máis e chegan a 1.579, ainda que a presión hospitalaria se manten. O Comité Clínico estuda a posibilidade de establecer novas restricións nas áreas máis afectadas. //.Tráfico prepara para este venres a primeira fase da Operación Saída de verán. Estíma que o número de desprazamentos en xullo e agosto chegue ós 8,6 millóns. e di que as cifras de sinistralidade deste ano son preocupantes. // Verquidos industriais, filtracións contaminantes e falla de depuradoras. Son as causas das Bandeiras Negras que Ecoloxistas en Acción outorga simbólicamente ás praias e portos galegos que considera máis degradadas. 29-06-2021

Xa son 79 os positivos rexistrados en Galicia en relación coas viaxes de fin de curso a Mallorca. Os 90 mozos e mozas que continúan alí volverán mañá e faranlle unha proba PCR no aeroporto. De momento, en Pontevedra suspéndense as festas de graduación, con centos de persoas cumprindo corentena. // Os casos activos seguen a tendencia crecente. Hoxe son 1.507, polo notable aumento na cifra de novos contaxios detectados, que son 123. // Logo dun inicio do Ano Santo practicamente desertos, os Camiños de Santiago empezan a recuperar a vitalidade. Os peregrinos enchen as distintas rutas e, na cidade do Apóstolo. As colas para pasar pola porta Santa volven ser habituais. // No Campionato de España Absoluto de Atletismo catro atletas galegos gañaron as súas disciplinas. Deles, Belén Toimil, Adrián Ben e Ana Peleteiro xa teñen medio pé en Tokio, polo que estes resultados danlles ás de cara os Xogos Olímpicos. 28-06-2021

Noventa mozas e mozos galegos agardan en Mallorca poderen voltar a casa. Viaxaron para celebrar alí o inicio das vacacións escolares. En Galicia o gromo relacionado coas celebracións estudantís deixa 70 positivos e 600 persoas en illamento domiciliario. // O Sergas conta con dar esta semana un salto importante e ter completadada a inmunización dos maiores de 40 anos. A imunidade de grupo consegueríase a finais de agosto. //.Recoñecemento ao sector da hostalaría, duramente castigado polas restricións sanitarias, na entrega das medallas castelao deste ano. A Fundación Otero Pedrayo e o mestre Manuel Vila, promotor da integración da etnia xitana, entre os galardoados // O colectivo LGTB sae a rúa para revindicar respeto e igualdade. Distintos actos en Galicia No día do Orgullo, con lectura dun manifesto contra a discriminación por motivos de orientación sexual. 28-06-2021

A semana empeza con ceos cubertos en toda Galicia con algunhas precipitacións intermitentes, que van a menos conforme avanza o día. As temperaturas máximas mantéñense, no Norte, por debaixo dos 20 graos, e apenas chegan aos 23 en Ourense. A previsión é que na costa se manterá o ambiente fresco, pero que no interior, subirá a temperatura. 28-06-2021

Noventa mozas e mozos galegos agardan en Mallorca poderen voltar a casa. Viaxaron para celebrar alí o inicio das vacacións escolares. En Galicia o gromo relacionado coas celebracións estudantís deixa 70 positivos e 600 persoas en illamento domiciliario. // O Sergas conta con dar esta semana un salto importante e ter completadada a inmunización dos maiores de 40 anos. A imunidade de grupo consegueríase a finais de agosto. //.Recoñecemento ao sector da hostalaría, duramente castigado polas restricións sanitarias, na entrega das medallas castelao deste ano. A Fundación Otero Pedrayo e o mestre Manuel Vila, promotor da integración da etnia xitana, entre os galardoados // O colectivo LGTB sae a rúa para revindicar respeto e igualdade. Distintos actos en Galicia No día do Orgullo, con lectura dun manifesto contra a discriminación por motivos de orientación sexual. 28-06-2021

TX2

Petición de prudencia do conselleiro de Sanidade ao confirmarse xa 50 positivos en Galicia en relación con viaxes de fin de curso a Mallorca. A maioría en Pontevedra, ainda que tamén hai casos en Lugo, Ourense e Vigo, de alomentos 11 centros educativos. Hai familiares dos alumnos entre os contaxiados. // Os casos activos seguen a tendencia crecente. Hoxe son 1.377, debido ao notable aumento na cifra de novos contaxios detectados, que sobe a 154. Os pacientes hospitalizados quedan en 46, dos que 11 están nas UCI. E logo de varios días, o Sergas volve notificar un falecemento por Covid.// O organista Thomas Ospital, unha das figuras deste instrumento máis recoñecidas na actualidade, ofrecerá un concerto mañá na Catedral de Tui. // Na primeira fin de semana de verán, nótase xa no ambiente das vilas costeiras e os concellos empezan a poñer a punto os servizos das praias, comezando polo socorrismo. 25-06-2021

Segue a busca de positivos en relación co gromo que se considera orixinado en viaxes de fin de curso a Mallorca. A Consellería de Sanidade confirma xa 50 casos en distintos puntos, a maioría en Pontevedra, e di que algúns contaxios corresponden á variante Delta do virus. // O sector do lecer nocturno acolle con satisfación o acordo para a volta a actividade a partir do día 1 de xullo. Permitirase bailar nas pistas, con máscara e distancia de seguridade e os locais poderán abrir ata as tres da mañá. // Unha muller de Boqueixón, vítima de violencia machista, reclama mais seguridade ante a saída do cárcere do seu agresor, cun permiso de 15 días. Ela dí que non lle da tranquilidade dabondo coa orde de afastamento. // As grandes cadeas de moda adiantas as rebaixas de verán, con descontos tamén por Internet. Os pequenos comercios reclaman unha regulación temporal da campaña para frear unha guerra de prezos na que, din, non poden competir. 25-06-2021

A fin de semana arranca con ceos despexados e temperaturas en ascenso, sobre todo no sur. O termómetro sobe ata 33 graos en Ourense. A partir de mañá irá achegándose unha fronte pouco activa polo norte, que traerá nubosidade e, xa o domingo, algunha precipitación ocasional. 25-06-2021

Unha celebración de fin de curso parece estar detrás do gromo rexistrado entre mozos de Pontevedra. Hoxe 500 alumnos e profesores de 2º de Bacharelato acudían a un cribado en busca de positivos. Os asistentes a graduación din que se cumpliron as normas.. //. Despois de máis dun ano de uso obrigatorio da máscara queda menos tempo para que poidamos retirala no exterior cando poidamos manter distancia de seguridade. Será a partir do próximo sábado pero con condicións, que aprobou hoxe o goberno nun consello de ministros extraordinario // A decisión sobre a máscara foi moi criticada polo Presidente da Xunta acusou ao goberno central de non atender a criterios sanitarios. // Hoxe inaugurouse a exposición "Mira con outros ollos" que recolle os nomes dos 40.555 falecidos dende 1993 intentando entrar en Europa pola fronteira sur. Os trece cubos de dous metros de alto xa están en perfecto estado despois dos ataques que sufriron o 20 de xuño 24-06-2021