A comisaría de Ourense comeza a expedir o novo DNI, máis seguro e de deseño similar para toda Europa. A seguir farano as demais comisarias das outras provincias.
Indignación en toda España pola brutal malleira que acabou coa vida de Samuel Luíz na Coruña. A policía di ter identificados a 13 sospeitosos e anuncia detencións nas próximas horas. As compañeiras da vítima contan como comenzou a agresión. //..// O presidente da Xunta reiterou hoxe a preocupación polo aumento de casos entre a mocidade. Feijóo advertíu que non hai vacinas dispoñibles para abrir o sistema de autocita a menores de 30 anos e insistíu en chamar á un comportamento responsable. // Os xardíns do Pazo de Meirás volven ser accesibles para o público. As visitas guiadas teñen agora un enfoque ben distinto do que ofrecían antes de ser declarada propiedade pública. Os primeiros visitantes puderon comprobalo xa esta fin de semana. 05-07-2021
As acompañantes relatan cómo empezou a brutal agresión que acabou coa vida de Samuel Luíz. A policía ten xa identificados a 13 sospeitosos. En toda Galicia sucédense as mostras de indignación. // Hoxe comenza a funcionar o sistema de autocita para a vacinación. De momento so poden recurrir a él os estudantes de Erasmus. A partir do mércores estará aberto para que pidan cita os maiores de 50 que quedaron se vacinar co seu grupo de idade. // Os contaxios seguen en aumento e os casos activos soben a 2.466, a maior cifra dende hai mes e medio, logo de 12 días consecutivos de subida, e aumenta a presión hospitalaria. A taxa de positividade, lixeiramente por riba do 5%. // Máis seguro e deseño similar para toda Europa. Así e o novo Documento Nacional de Identidade 4.0. A comisaría de Policía de Ourense é a primeira de Galicia que comenza a expedilo, e conta con catro unidades móbiles para desprazarse aos concellos para facilitar a renovación. 05-07-2021
Unha fronte fría chega hoxe polo noroeste e deixarase notar sobre todo na segunda metade do día. O ceo parcialmente cuberto na franxa atlántica, dará paso a precipitacións xeneralizadas. As temperaturas, en ascenso.Na Costa hai aviso amarelo por ventos de forza 7 e intervalos de forza 8 na Costa da Morte, o litoral norte da Coruña e A Mariña de Lugo. 05-07-2021
As acompañantes relatan cómo empezou a brutal agresión que acabou coa vida de Samuel Luíz. A policía ten xa identificados a 13 sospeitosos. En toda Galicia sucédense as mostras de indignación. // Hoxe comenza a funcionar o sistema de autocita para a vacinación. De momento so poden recurrir a él os estudantes de Erasmus. A partir do mércores estará aberto para que pidan cita os maiores de 50 que quedaron se vacinar co seu grupo de idade. // Os contaxios seguen en aumento e os casos activos soben a 2.466, a maior cifra dende hai mes e medio, logo de 12 días consecutivos de subida, e aumenta a presión hospitalaria. A taxa de positividade, lixeiramente por riba do 5%. // Máis seguro e deseño similar para toda Europa. Así e o novo Documento Nacional de Identidade 4.0. A comisaría de Policía de Ourense é a primeira de Galicia que comenza a expedilo, e conta con catro unidades móbiles para desprazarse aos concellos para facilitar a renovación. 05-07-2021
Están xa nas suas casas, en Arteixo, Cambre e Vimianzo, Os estudantes galegos retornados de Mallorca. Manteñen a corentena, e son sometidos a novas probas, logo de que deran positivo e foran trasladados dende Valencia en Ambulancia. // A Xunta, o Goberno Central e o Concellos anunciaron hoxe reforzos policiais nos próximos días para evitar concentracións nas rúas da xente nova. Os responsables de seguridade das distintas intistucións comprometéronse a aumentar os controis Sobre todo en zonas vacacionais...// Florencio Delgado Gurriarán, editor e activista destacado do exilio galego en México. É a figura á que se lle dedicará o Día das Letras Galegas de 2022. Así o anunciou hoxe a Real Academia Galega. 02-07-2021
Despedímonos hoxe da influencia anticiclónica e chegan os ceos anubados, con posibilidade dalguna chuvia ocasional durante o día. Pola noite as precipitacións xa serán xeneralizadas por toda a comunidade. A inestabilidade continuará durante a fin de semana. 02-07-2021
Os 21 estudantes galegos retornados de Mallorca están xa nas suas casas, en Arteixo, Cambre e Vimianzo, en corentena, e son sometidos a novas probas. Cinco foron trasladados en ambulancia dende Valencia, ao dar positivo. Outros dez, tamén positivos, permanecen en illamento no hotel de Palma. // Os novos contaxios rexistrados seguen en aumento, e os casos activos soben ata rozar hoxe os 2.000. A vacinación dos menores de 40 comenza a partir de mañá e dende o luns o Sergas porá en marcha un sistema de autocita para quen quedara sen vacinar dos grupos de idade maiores, ou persoas máis novas con circunstancias especiais. // O paro rexistrado cae en 7.588 persoas no mes de xuño. Con respecto ao ano pasado os desempregados son cerca de 27.000 menos, o maior descenso rexistrado na serie histórica, e Galicia encadena seis meses de recuperación do emprego. // O Pazo de Meirás abriu as súas portas ante a emoción das vitimas do franquismo e as asociacións memorialistas que foron as primeiras en visitalo trala recuperación para o patrimonio público. 02-07-2021

Viaxan dende Mallorca 21 mozos galegos que permanecían en corentena nun hotel de Palma, logo da resolución xudicial que anulou o confinamento dos que non deran positivo
Os casos positivos relacionados co gromo de Mallorca suman xa 157, a espera deses 21 estudantes que chegan esta tarde nun ferri a Valencia. Alí os espera, como decíamos, un autobus e un ambulancia de cinco prazas onde se lle realizará un test de antixenos. Aquí faráselle a todos unha PCR, e os negativos repetirana despois de 48 horas por si teñen que gardar cuarentena.//. C o comezo de xullo iníciase tamén a temporada de máximo risco de incendios. Este ano traballarán na vixilancia e extinción 7.000 persoas, nun dispositivo para o que se destinan 180 millóns de euros. Haberá 30 medios aéreos e 370 motobombas. As parroquias consideradas de alto risco de lumes son este ano 35, sete máis co ano pasado .// En Lugo comeza hoxe o festival internacional de órgano do Corpus Christi, orgánizado pola diocese lucense. O concerto inaugural ás oito da tarde corre a cargo de Corrado Greco e Giulio Mercati. 01-07-2021
O mes de xullo empeza coa influencia do anticiclón, que vai deixando os ceos poco anubados ou despexados en xeral, ainda que con brétemas costeiras no litoral atlántico. As temperaturas, en ascenso. As máximas irán dende os 21 graos da Coruña aos 32 en Ourense. 01-07-2021
Os novos contaxios detectados nas últimas horas dispáranse ata 254. É a cifra máis alta dende o mes de marzo. A taxa de positividade volve superar o 5 por cento que marca a OMS para considerar a pandemia baixo control. Ainda que a presión hospitalaria mantense á baixa.. // Arestora viaxan dende Mallorca 21 mozos galegos que permanecían en corentena nun hotel en Palma, logo da resolución xudicial que anulou o confinamento forzoso dos que non deran positivo nas probas de Covid. // Os expertos destacan a eficacia das vacinas para frear a gravidade da variante delta do virus. A Xunta implantará un sistema de autocita para que os máis novos podan adiantar a vacinación, en certos casos, a data que corresponda polo seu tramo de idade. // A maioría dos locais de lecer nocturno renuncian á reapertura, autorizada dende hoxe. Os que non teñen terraza din que non lles compensa polas dificultades para cumplir o protocolo sanitario e a falla de espectativas ante a repunta da incidencia. 01-07-2021

Rematado o curso, o Concello de Ourense agasalla aos escolares cun libro, unha campaña coa que quere recoñecerlles o esforzo ante as restricións da pandemia
Hoxe falamos coas estudantes de Vimianzo que permanecen confinadas nun hotel en Palma de Mallorca, xunto a outros mozos de outras comunidades, que as autoridades consideran contactos estreitos. Elas destacan que xa deron negativo nas provas de Covid, anque non poderán volver a casa ata o día 8. // As autoridades sanitarias lembran que a apertura do lecer nocturno, permitida dende hoxe, e a posiblidade de organizar festas populares e verbenas non será aplicable aos once concellos que seguen en niveis de restricción alto ou medio. // Colas de xente esperando para cambiar as pesetas por euros. Hoxe é o último día para realizar o troco de divisa dende xaneiro do 2002, cando entrou en circulación o euro en España. Para realizar o cambio, hai que acercarse a unha das 16 sedes que ten o Banco de España por todo o territorio nacional. 30-06-2021