A Xunta amplia ata setembro o prazo, que remataba pasado mañá, e rebaixa as esixencias, tratando de que aumente a demanda das axudas do plan de rescate en vigor
Nova suba de contaxios rexistrados nas últimas horas; son 630. Unha cifra similar as do mes de xaneiro, no pico da terceira vaga, que eleva a taxa de positividade ao 11 por cento, o dobre da que a OMS recomenda para considerar a pandemia baixo control. A presión hospitalaria, polo momento, continúa estable. // A remodelación do goberno central é recibida de xeito ben diferente polos partidos galegos. O PP espera que abra un dialogo institucional coa Xunta, para resolver os temas pendentes. O BNG lémbralle tamén a Pedro Sánchez promesas como a de baixar as peaxes da autoestrada e cambiar leis laborais. // O coruñés Carlos Lorenzo fíxose coa vitoria na primeira edición do Trail Oviedo-Xixón no que se enfrentou a máis de douscentos corredores. Un percorrido de máis de 45 kilómetros; nunha proba que busca unir ambas cidades. 12/07-2021
A semana arranca con inestabilidade atmosférica que trae aire frío dende o norte. Dende primeira hora, ceos moi nubrados e precipitacións intermitentes. A tendencia é a apertura de claros, ainda que seguirán algunhas chuvias débiles e ocasionais no norte. Descenso xeral de temperaturas, con mínimas de 11 graos en Lugo, e cunha caída de ata dez graos nos valores máximos, que chegarán a 25 en Ourense. 12/07/2021
Os novos contaxios rexistrados nas últimas horas volven subir, ata 630. Unha cifra similar as do mes de xaneiro, no pico da terceira vaga, e eleva a taxa de positividade ao 11 por cento, o dobre da que a OMS recomenda para considerar a pandemia baixo control. //Hoxe, volvemos ver aos reis, don Felipe e dona Letizia, recorrendo a pé a entrada do Camiño Francés en Roncesvalles. Un acto conmemorativo para arrancar oficialmente o dobre ano Xacobeo 2021-2022. // Os investigadores continúan a analizar material gráfico e declaracións para determinar se hai máis implicados na malleira mortal que lle custou a vida a Samuel Luiz, e se os detidos serán acusados de homicidio ou asasinato. // Máis do 70 por cento das axudas do terceiro rescate para empresas galegas, dotado con 234 millóns, segue sen adxudicar. A Xunta amplía o prazo e rebaixa os requisitos para os solicitantes. 12-07-2021

A xuíza acaba de decidir enviar a prisión a tres dos detidos que hoxe prestaron declaración en relación coa malleira mortal a Samuel Luiz. EStán investigados por un delicto de homicidio ou asasinato, pendente de definir no transcurso da instrución. // A agresión sofrida por Samuel Luiz, recollida por unha cámara de tráfico. O mozo cae ao chan, e intenta fuxir, pero é perseguido e golpeado ata quedar inconsciente. Despois, a ambulancia trasládao ao hospital, ainda con vida. // Prenden as novas luces da Catedral de Santiago no Ano Xubilar Compostelán. A iluminación do interior do patrimonio revitalízase para poida ser admirada por veciños, turistas e os peregrinos que percorren centos de kilómetros cada ano para chegar ata aquí. A capela maior resplandece máis ca nunca, ao igual que o fan os muros e as columnas que sosteñen a bóveda. 09-07-2021
Duas persoas máis, ambalas duas menores de idade, detidas en relación coa malleira mortal a Samuel Luiz na Coruña. Mentres, a xuiza toma declaración aos catro primeiros arrestados para decidir se os envía a prisión. // Galicia acadou hoxe, oficialmente os tres millóns de vacinas, coa administrada a esta muller, en Pontevedra. Nunha xornada na que volven dispararse os novos contaxios, a cifra máis alta nun día dende a terceira vaga, en febreiro. // Os locais de lecer nocturno das zonas con nível medio de restricións poderán abrir esta noite, pero os clientes deberán presentar un certificado de ter a pauta completa de vacinación ou un test de antíxenos negativo. // O Turismo termal reactívase, coa apertura da maioría dos balnearios... con Paseos polo Miño con cata e catamarán, entre as actividades complementarias para atraer aos turistas. 09-07-2021

A fin de semana arranca baixo a influencia anticiclonica. Con despexados en xeral, con algunha nube illada no extremo norte. As temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado, con máximas que quedarán nos 21 graos na Coruña pero subirán no sur, ata 28 en Pontevedra e ata 33 en Ourense, nunha tendencia que continuará nos próximos días. 09-07-2021
Comprométense para 2022 a eliminar plásticos nos festivais, minimizar a pegada de CO2 e a aumentar a enerxía renovable nun 50 por cento.
O delegado do goberno confirma a detención dunha cuarta persoa en relación coa morte de Samuel Luiz na Coruña. Os investigadores cren que non coñecía de nada á vítima, igual que os otros tres detidos anteriormente, que mañá pasarán a disposición xudicial. Todos son de nacionalidade española e non teñen antecedentes penais. // Novo salto dos casos activos en Galicia, que son xa 3.231. É a maior cifra dende o pasado 29 de abril, tralo aumento derivado da Semana Santa. Os novos contaxios detectados ascenden a 412, un número que non se rexistraba dende febreiro pasado. A incidencia acumulada supera xa os 100 casos por 100.000 habitantes. .// O Festival de Cans, o da Luz, Cineuropa ou o Marisquiño.... Ata 27 dos principais eventos culturais que se celebran en Galicia suscribiron hoxe o Pacto de Cultura Sustentable. Unha iniciativa internacional para que disfrutar dos espectáculos sexa máis compatible co respecto ao medio ambiente. 08-07-2021
Un varón de entre 20 e 25 anos, é o cuarto detido en relación coa morte de Samuel Luiz na Coruña. Os investigadores cren que, Igual que os outros tres , non coñecia de nada á vítima. // Os casos activos avanzan, logo de rexistrarse máis de 400 novos contaxios nas últimas horas. Mentres, as doses administradas chegan xa aos tres millóns. Os certificados de vacinación poderán pedirse a partir de agora tamén nas farmacias. // Os Sindicatos médicos denuncian situacións de sobrecarga de traballo, tensión e estrés na Atención Primaria, ante o avance da Pandemia e a chegada de turistas a Galicia. // Comenza a producción de tres novos modelos de furgonetas 100% eléctricas na factoría de Stellantis en Vigo. A dirección da multinacional anuncia que debido ao aumento da demanda, a sua fabricación será compartida cunha planta de Inglaterra. 08-07-2021
O Tempo cambia hoxe para quedar baixo a influencia anticiclónica. Os ceos ainda parcialmente nubrados a primeira hora no norte, van deixando paso ao sol e ceos despexados en xeral. As temperaturas máximas en ascenso, máis altas canto máis ao sur, e van dende os 21 da Coruña aos 30 que se acadarán en Ourense. 08-07-2021
Un varón de entre 20 e 25 anos, é o cuarto detido en relación coa morte de Samuel Luiz na Coruña. Os investigadores cren que, Igual que os outros tres , non coñecia de nada á vítima. // Os casos activos avanzan, logo de rexistrarse máis de 400 novos contaxios nas últimas horas. Mentres, as doses administradas chegan xa aos tres millóns. Os certificados de vacinación poderán pedirse a partir de agora tamén nas farmacias. // Os Sindicatos médicos denuncian situacións de sobrecarga de traballo, tensión e estrés na Atención Primaria, ante o avance da Pandemia e a chegada de turistas a Galicia. // Comenza a producción de tres novos modelos de furgonetas 100% eléctricas na factoría de Stellantis en Vigo. A dirección da multinacional anuncia que debido ao aumento da demanda, a sua fabricación será compartida cunha planta de Inglaterra. 08-07-2021
A Xunta precintará lugares habituais de botellón en horario nocturno e pedirá PCR para entrar en discotecas e pubs en concellos de nivel medio
Parques e praias pechados a partir das 12 da noite para evitar concentracións de xente É unha das medidas do Comité Clínico para frear o aumento de contaxios, especialmente entre a mocidade. Sanidade fai un chamamento a participar nos cribados masivos e advirte que a desescalada está en perigo. // Tres persoas detidas en relación co crime de Samuel Luiz. Dos homes e unha muller, de entre 20 e 25 anos, mentres sigue a investigación para identificar ao resto dos autores da malleira que acabou coa vida do mozo. // Gandeiros de leite bloquean o acceso á unha planta envasadora en Outeiro de Rei para reclamar o pago de máis de cen mil euros que di, lle adebeda o Grupo Santé. // O sector da aviación non tripulada, os drons, é o que máis empresas creou en Galicia durante a pandemia. 70 firmas internacionais participan estes días nun evento que se celebra na Cidade da Cultura. 07-07-2021

O aumento de contaxios, sobre todo entre os mozos, leva ao Comité Clínico a medidas como o peche de parques, praias e outros espazos habituais de botellón, a partir das 12 da noite. Tamén fai un chamamento a participar nos cribados masivos dirixidos a este grupo de poboación // No novo mapa de restricións, dez concellos pasan a nível medio e no alto, a parte do concello de Sarria, o comité clínico decidiu incluir aos de Vilagarcía, A Illa de Arousa e Cambados. Restricións que entrarán en vigor o próximo sábado. // Retorno a Tagen Ata, unha das máis emblemáticas obras de Xosé Luís Méndez Ferrín, cumpre 50 anos. Con tal motivo a banda de metal Dioivo fai unha homenaxe a este clásico da literatura galega. No tema que o dúo vigués acaba de editar participa o propio escritor. 07-07-2021
Continúa hoxe a inestabilidade os ceos con intervalos de nubes e claros. Mantense o risco de chuvascos ocasionais e illados que irán remitindo pola noite. As temperaturas sen apenas cambios. entre os 12 graos de mínima e os 23 de máxima en Ourense. 07-07-2021