O certificado Covid deixa de ser necesario para acceder aos locais de hostalaría, a partir do sábado, e so será necesario en Residencias e Hospitais. Amplíase tamén a dez o número de comensais que poden compartir mesa en interiores e ata 20 en exteriores. // A rotura da comporta central dunha das presas que regulan o caudal do río Sil alarma aos veciños dunha aldea de Vilamartín de Valdeorras, en Ourense. Iberdrola e a Confederación Hidrográfica do Miño Sil están a investigar as causas. O rebentón non tivo consecuencias para a poboación porque o encoro é moi pequeno. // Hoxe conmemórase o 185 aniversario de Rosalía de Castro. O actos na súa honra multiplícanse por toda Galicia. Por primeira vez a efeméride celébrase o 23 de febreiro e non o 24, tras descubrirse que esta foi a auténtica data do nacemento da escritora galega máis universal. 23-02-2022
Galicia mantense na influencia das altas presións, con réxime de ventos de compoñente leste. Así, os ceos presentarán intervalos de nubes altas. As temperaturas mínimas non tiveron cambios significativos e as máximas descenderán lixeiramente. 23-02-2022
Núñez Feijóo evita aclarar no Parlamento os seus plans de futuro, fronte ás preguntas da oposición, que o acusa de estar máis pendente de Madrid que de Galicia. // O certificado Covid deixa de ser necesario para acceder aos locais de hostalaría. Amplíase tamén a dez o número de comensais que poden compartir mesa en interiores e ata 20 en exteriores. Sanidade anuncia ademáis que suprimirá as restricións do sector no prazo de 15 días. // Pesqueiros galegos e portugueses aproveitan a melloría meteorolóxica para seguir na procura dos desaparecidos do Villa de Pitanxo. O Goberno comprométese ante os familiares a retomar as laboras de busca por parte dos equipos de rescate. // O grafiteiro e muralista de Lugo, Diego As, é o gañador do mellor mural do mundo de 2021 na plataforma Street Art Cities. Máis de sesenta mil persoas votaron polo Julio César situado na ronda da muralla. O artista xa traballa noutro mural sobre Hipatia de Alexandría. 23-02-2022
Os superviventes e os restos de cinco dos falecidos recuperados están xa en Galicia. Os familiares reclaman que se faga todo o posible para recuperar os corpos dos desaparecidos.
Núñez Feijóo, no centro da crise interna do Partido Popular. Fronte a actitude de Pablo Casado, O presidente da Xunta súmase aos que reclaman un congreso extraordinario para relevar a dirección e di que está disposto a asumir a responsabilidade. // Os casos activos baixan hoxe a 24.102, con 1.711 novos contaxios rexistrados. Os pacientes hospitalizados baixan hoxe tamén, son 577, 21 menos e mantéñense 31 nas UCi. // A Cooperativa de armadores de Vigo deu aviso aos barcos que faenan na zona do afundimento do Villa de Pitanxo para que prioricen a busca dos doce desaparecidos. // O Celta deixou escapar a vitoria en Balaídos nos minutos finais do partido onte ante o Levante, o equipo pechacancelas da liga. Un empate a un que deixa aos vigueses no medio da clasificación a seis puntos dos postos europeos. 22-02-2022
Mantense con claridade a influencia do anticiclón, con ceos despexados en xeral, e apenas algunhas nubes no terzo norte, onde se mantén o nivel amarelo de risco no litoral. Logo de baixar a temperaturas mínimas, as máximas escalan a valores de plena primavera anticipada, por riba dos 22 graos no sur. 22-02-2022
Terranova reciben a petición da Cooperativa de Armadores de que retomen a busca activa. // As primeiras indicacións do patrón, supervivente do naufraxio, apuntan a que o afundimento se debeu a unha parada repentina do motor principal, que deixou ao barco sen goberno fronte aos fortes golpes de mar. // Dous concellos galegos, pioneiros nos procesos de fusión municipal en toda España, ofrecen a sua experiencia aos de Don Benito e Villanueva de la Serena, en Extremadura, que acaban de decidir unirse. Os veciños de Oza Cesuras, na Coruña e de Cerdedo Cotobade en Pontevedra valoran o que o cambio supuxo para eles. 22-02-2022
Os superviventes e os restos de cinco dos falecidos recuperados están xa en Galicia, mentres os barcos que faenan na zona de Terranova reciben a petición da Cooperativa de Armadores de que retomen a busca activa. // As primeiras indicacións do patrón, supervivente do naufraxio, apuntan a que o afundimento se debeu a unha parada repentina do motor principal, que deixou ao barco sen goberno fronte aos fortes golpes de mar. // Dous concellos galegos, pioneiros nos procesos de fusión municipal en toda España, ofrecen a sua experiencia aos de Don Benito e Villanueva de la Serena, en Extremadura, que acaban de decidir unirse. Os veciños de Oza Cesuras, na Coruña e de Cerdedo Cotobade en Pontevedra valoran o que o cambio supuxo para eles. 22-02-2022
En caso de naufraxio pode marcar a diferenza entre sobrevivir ou non. Por iso é imprescindible, como amosan nas clases prácticas da Escola de Náutica da Coruña.
Acaba de rematar xira por Galicia e prepárase para marchar de concertos por toda Latinoamérica
Xa está atracado no porto de San Xoán de Terranova o barco cos cadáveres de dous dos mariñeiros do naufraxio do Villa de Pitanxo // As familias dos tripulantes reclaman que se retome a busca dos mariñeiros desaparecidos // Os sindicatos UGT e CIG e os empresarios da conserva asinaron un preacordo sobre o convenio. CC.OO desmarcase do pacto // O Breogán estivo á altura para disputarlle ao Real Madrid a primeira eliminatoria da Copa // SES, a cantareira coruñesa acaba de rematar xira por Galicia co seu último traballo "Liberar as arterias", e marcha de concertos por toda Latinoamérica. 18-02-2022
A chegada dunha fronte fría asociada á Borrasca Eunice deixa ceos nubrados e chuvias, pero sobre todo mala mar. Está activada a alerta laranxa en todo o litoral por ondas de máis de 6 metros. Baixan as temperaturas e tamén a cota de neve. 18-02-2022
Xa está atracado no porto de San Xoán de Terranova o barco canadense Nexus, cos cadáveres de dous dos mariñeiros do naufraxio do Villa de Pitanxo // Mentres, no Morrazo, as familias dos tripulantes reclaman que se retome a busca dos mariñeiros desaparecidos // Os sindicatos UGT e CIG e os empresarios da conserva asinaron un preacordo sobre as reivindicacións de melloras laborais, motivo polo que os traballadores mantiveron dous dias de folga. CC.OO desmarcase do pacto // O Breogán estivo á altura para disputarlle ao Real Madrid a primeira eliminatoria da Copa do Rei, en Granada. 18-02-2022
Xa está atracado no porto de San Xoán de Terranova o barco canadense Nexus, cos cadáveres de dous dos mariñeiros do naufraxio do Villa de Pitanxo // Mentres, no Morrazo, as familias dos tripulantes reclaman que se retome a busca dos mariñeiros desaparecidos // Os sindicatos UGT e CIG e os empresarios da conserva asinaron un preacordo sobre as reivindicacións de melloras laborais, motivo polo que os traballadores mantiveron dous dias de folga. CC.OO desmarcase do pacto // O Breogán estivo á altura para disputarlle ao Real Madrid a primeira eliminatoria da Copa do Rei, en Granada. 18-02-2022
Nove falecidos, doce desaparecidos e tres sobreviventes. Son xa as cifras definitivas tras suspender os servizos de rescate canadenses a busca na zona do naufraxio do Villa de Pitanxo // No Morrazo, as familias dos tripulantes recibiron con inquedanza a noticia do fin da busca // Saber como comunicar a desaparición de seres queridos é clave na xestión persoal da dor e do loito // En Cambados vive unha importante comunidade de peruanos, e que se senten plenamente integrados. Chegaron hai case 20 anos para traballar na pesca, e así seguen moitos deles. 17-02-2022
Os ventos do suroeste seguen a achegar moita humidade e orballos sobre todo na fachada atlántica con ascensos de temperatura. Pola tarde a tendencia é a apertura de grandes claros nas provincias do interior. 17-02-2022