Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Bares, restaurantes e locais de lecer nocturno seguirán a pedir Certificado covid durante outras dúas semanas máis. O Tribunal Superior autoriza a petición da Xunta, mentres o sector ve como desaparece esta noite a limitación de horarios. // Tódolos os indicadores da sexta vaga coinciden hoxe á baixa: hai menos casos activos, menos contaxios diarios e menos persoas ingresadas nos hospitais, tanto en pranta como nas UCi. // Dúas xeracións de investigadoras falan sobre a sua vocación e a desigualdade á que se enfrontan para desenvolver as suas carreiras, no Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia. // Dispárase a venda de pandeiretas e a demanda de clases para aprender a bailar, cantar e tocar coma elas. É o fenómeno Tanxugueiras, tralo seu exitoso paso polo Benidorm Fest, que aumenta o interese pola música tradicional especialmente entre os escolares. 11-02-2022

Deixou de ser obrigatoria en espazos exteriores, pero boa parte da xente segue levándoa por precaución. O decreto que entrou en vigor a pasada medianoite deixa sen efecto unha das medidas máis controvertidas do Goberno que criticaron moitos expertos

Un paso máis no camiño da normalidade: A Xunta pon fin ás restricións horarias na hostalaría e anuncia que bares, restaurantes e locais de lecer nocturno poderán recuperar os horarios habituais de peche a partir desta fin de semana.// Mobilización das enfermeiras, ante o deterioro, din, da Atención Primaria, esixíndolle a Sanidade máis persoal e mellores condicións de traballo. Denuncian o abandono dos centros de saude. //. A siquiatra que atendeu a acusada do crime de Muimenta declara no xuízo que cree que a muller sofría un cadro sicótico, pero non pode asegurar que lle afectara no momento do crime. // Ana Peleteiro, elexida mellor atleta do ano en España. O trofeo é outorgado a partir dunha enquisa na que participaron representantes de deporte, xuices, directivos, adestradores, e xornalistas especializados. 10-02-2022

Unha fronte vai pasando sobre toda Galicia, conforme avanza o día. Os ceos están cubertos con algunhas precipitacións, máis probables na metade oeste, e que poden ser localmente intensas, sobre todo a última hora. As temperaturas máximas descenden lixeiramente. 10-02-2022

Os escolares galegos manteñen a máscara, no recreo. Pese a que o Goberno central eliminou a obriga, a Xunta di que é o que lle recomendan os expertos, ata que tódolos nenos estean vacinados coa pauta completa. //.Moitas persoas optan por mantela nas rúas, unha vez que, dende a pasada medianoite deixou de ser obrigatoria, cando se poida manter a distancia de seguridade. // Abanca anuncia o compromiso de non pechar mais oficinas bancarias nos concellos nos que quede como a única entidade en activo. Logo das críticas contra a exclusión financeira, amplía tamén os horarios de atención as persoas maiores. // O equipo Xuvenil do Deportivo volve encher Riazor, no partido contra o Dinamo de Kiev, no que que caeu na tanda de penaltis despois de empatar a 2. Di así adeus a competición da Youth League. 10-02-2022

A metade dos adolescentes recibe a miúdo mensaxes de contido sexual e un 20 por cento sofre acoso. Un estudo da Universidade de Santiago revela que un de cada catro alumnos de secundaria fai un uso nocivo da tecnoloxía. // A Xunta vai pedir unha prórroga para continuar co certificado Covid, tal como anunciou hoxe o presidente, namentras espera a que o goberno central conteste as dúbidas sobre o uso das máscaras nos recreos. // Máis de 150.000 cativos de 5 a 11 anos están citados para a segunda dose da vacina infantil de Pfizer. A campaña retomarase esta tarde nos puntos de vacinación masiva como o de Expourense, onde os nenos serán recibidos por superheroes para que perdan o medo á picada. // Carolina Rubirosa será a representante galega na chamada "Eurovisión das linguas rexionais" co seu tema "O teu camiñar". Participará xunto con representantes de outros 12 países no Liet Festival que acollerá a cidade dinamarquesa de Tonder o 13 de maio. 09-02-2022

Os ceos seguen despexados en xeral, nunha xornada na que está activado en todo o litoral aviso amarelo por risco de mar de fondo. As temperaturas sen apenas cambios, con máximas que superan os 20 graos na metade sur. 09-02-2022

A metade dos adolescentes galegos recibe a miudo mensaxes de contido sexual, e un 20 por cento sofre acoso nas redes. Son datos dun estudo elaborado pola Universidade de Santiago. // As persoas con Covid falecidas en Galicia dende o comenzo da pandemia superan hoxe a cifra de 3.000. O Sergas notificou no último balance 21 novos falecementos, ainda que advirte que en parte corresponden a días anteriores. // A provincia de Pontevedra encabeza en Galicia a suba dos prezos do alugueiro. O sector destaca que en algunas localidades ata a metade dos propietarios abandonan o mercado tradicional para pasarse ao turístico. // Julia Vaquero, a lenda galega do atletismo, volve, logo de dúas décadas afastada do deporte por problemas de saúde mental. Di que tivo pensamentos suicidas e sentiu o estigma social. 09-02-2022

A tendencia da Covid segue á baixa, ainda que os novos contaxios superan os 4.000. A Xunta di que os alumnos seguirán a levar máscara tamén nos patios dos colexios, pese ao acordo do Goberno Central de poder retirala cando haixa distancia de seguridade.. // A falta de chuvia, que dura xa máis dun mes en prácticamente toda Galicia está a deixar imaxes coma a do encoro de Lindoso, no concello ourensán de Lobios, do que emerxen os restos da antiga aldea de Aceredo, convertido en todo un reclamo turístico. No conxunto de Galicia as reservas de auga están ao 50 por cento. // Galicia é una das comunidades que máis adiantou nos últimos anos no proceso de descarbonización. Así o destacou a conselleira de medio Ambiente, que anunciou no Parlamento unha nova lei do clima para acadar a neutralidade na pegada de carbono. 08-02-2022

Hoxe continúa a influencia das altas presións polo que se agarda unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados. Bancos de néboa matinal en comarcas do interior. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios ou con lixeiros ascensos na metade norte. 08-02-2022

As testemuñas describen a personalidade de Ana Sandamil, acusada de asasinar a sua filla Desirée, no xuizo na Audiencia de Lugo. A acusación nega que os seus problemas mentais a eximan de culpabilidade. // O consello de Ministros acorda que a máscara se deixe de usar en exteriores tamén por parte dos escolares, sempre que se respete a distancia de seguridade. A Xunta aclara que, polo de agora, nos colexios galegos os alumnos seguirán a levala. // Os usuarios rexístranse nunha alicación para facer a reserva on line. E o sistema de transporte a demanda en taxis que o concello de Pontevedra pon en marcha nas parroquias do rural. De momento, en fase de probas. // A pedra de Santiago agocha douscentos taboleiros de xogo clásicos. Gravados hai 300 anos, na Compostela Barroca. Á vista de todos, pasan desapercibidos para a maioría. En ningún outro lugar de Europa se conservan tantos. 08-02-2022

Tensión á chegada da nai de Desirée Leal, a Audiencia de Lugo, onde declara como acusada de asasinar á sua filla, hai tres anos, en Muimenta. A acusación pide prisión permanente revisable para ela, que alega non lembrar nada do ocorrido. // Un incendio nunha nave industrial en Santa Comba obriga a actuar aos bombeiros e servizos de emerxencia. Ddeclarouse nunha empresa dedicada ao tratamento de aceites que quedou totalmente destruída. // O Sergas secuenciou en Vigo dous casos dunha subvariante da ómicron, chamada silenciosa . Estuda outros quince casos vencellados ao primeiro dos detectados, pertencentes a un abrocho familiar. O segundo ten a súa orixe nun país do leste. // A Real Academia Galega presentou a programación do Día das Letras Galegas 2022, que este ano se lle dedica a Florencio Delgado Gurriarán, poeta nacido en 1903 en Vilamartín de Valdeorras 07-02-2022

A semana comeza con continuidade da influencia anticiclónica, con ceos pouco nubrados ou completamente despexados en xeral, sen precipitacións á vista, As temperaturas, en lixeiro ascenso con máximas que poden chegar aos 20 graos na metade sur. 07-02-2022

A nai da nena de Muimenta Desirée Leal, acusada de asasinala administrándolle somníferos, Na Audiencia Provincial de Lugo. Acaba de comenzar o xuízo polos feitos, ocorridos hai tres anos. A acusación pide para ela prisión permanente revisable. // O ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas decide relaxar as restricións nos eventos deportivos. // O Sergas confirma un segundo caso, en Vigo, da subvariante BA 2 de ómicron, considerada máis contaxiosa, e máis difícil de identificar. Os positivos diarios descenden ao mínimo dende decembro. // A crise internacional no leste de Europa pon en risco a continuidade das exportacións galegas a esa zona, que supoñen uns 300 millóns de euros ao ano. Inditex, o grupo Zendal e os sectores do automobil e as conservas os máis expostos ante un endurecemento das sancións a Rusia. 07-02-2022