Viaxamos no autobús que leva axuda humanitaria de Lalín á fronteira da guerra. Traerá de volta a medio cento de refuxiados.
A escalada de prezos do combustible ameaza con parar gran parte da actividade do sector pesqueiro. No Porto de Celeiro, o principal punto de comercialización de pescada de Galicia, varios barcos están xa amarrados, mentres os armadores de Vigo reclaman ao goberno axudas urxentes. // A fábrica de alúmina de Alcoa en San Cibrao, situada á beira da planta de aluminio que parou durante dous anos, bate records de producción en xaneiro e febreiro desde que se abriu en 1980. Superou nun 14 por cento a media mensual de producción que é de 125 mil toneladas de alúmina. // Manu Chao volve tocar en Galicia despois de 8 anos. O histórico líder de Mano Negra ofrece esta noite en Santiago o primeiro dos dous concertos que dará na Sala Capitol. Un dobre concerto que tamén se viu obrigado a facer en Lugo tras esgotar rápidamente as entradas co anuncio das primeiras datas. 09-03-2022
Quedamos baixo a influencia dunha borrasca atlántica que nos deixa ceos parcialmente cubertos con con chuvascos máis frecuentes na metade oeste, sen descartar que sexan acompañados de aparato eléctrico. As temperaturas mínimas ascenden lixeiramente e as máximas non experimentan cambios. 09-03-2022
Concentracións pola paz e contra a agresión de Rusia a Ucraína convocadas en todolos concellos, para amosar a repulsa ante un conflicto que está a conmocionar a todos, e a solidariedade coas vítimas. // En marcha a caravana organizada polo concello de Lalín, con sete toneladas de axuda humanitaria, para levar a fronteira entre Polonia e Ucraína. // A escalada de prezos do combustible leva a parar a parte da frota do Porto de Celeiro, o principal punto de comercialización de pescada de Galicia. Os armadores de Vigo reclaman axudas ao goberno. // Núñez Feijóo reune preto de 50.000 avais de militantes para formalizar, esta tarde en Madrid, a sua candidatura a dirixir o Partido Popular. Elixe o lema "Preparados", para facer campaña cara o congreso de Sevilla. 09-03-2022

Igualdade salarial real, É a reivindicación dun 8M, coas ruas repletas de mulleres que fan sentir a sua voz, e que tamén ponen o acento no loita contra o acoso sexual. // Lixeira repunta de casos activos de Covid, hoxe son 16.856, 131 máis que o día anterior, e os novos contaxios rexistrados ascenden a 1.768.// Os grupos políticos no Parlamento non chegan a un acordo para unha declaración conxunta contra a guerra. Populares e socialistas acusan ao BNG de non querer sumarse a unha proposta que inclúa un apoio explícito á actuación da Unión Europea, e do Goberno español ante a invasión de Ucraína por Rusia. // O Conselleiro de Educación anunciou hoxe un plan, cun investimento de 120 millóns de euros, para que todos os centros de ensino non universitarios estén íntegramente dixitalizados. 08-03-2022
As mulleres saen a rúa para reclamar igualdade salarial real. É a mensaxe dun 8M que tamén pon acento no loita contra o acoso sexual. // A siderúrxica Megasa, de Narón, para a sua produción polo encarecemento do prezo da enerxía. Un custe que agrava tamén as dificultades para o sector da conserva, que busca alternativas ao aceite de xirasol que importaba de Ucraína. // Un grupo de informáticos ucraínos, afincados en Cariño, onde xestionan unha empresa online. Agora organizan, coa axuda de amigos locais, un centro de acollida para refuxiados do seu país que conseguen poñerse a salvo da guerra. // Polémica por unha corta de árbores na contorna do mosteiro ourensán de San Pedro de Rocas. Grupos ecoloxistas denuncian o dano a medio ambiente a ao patrimonio xunto a unha xoia artística única. 08-03-2022
Ceos con alternancia de nubes e claros, con precipitacións frecuentes e intensas que van remitindo co avance do día. A cota de neve, a partir dos 1000 metros, irá subindo durante a xornada. As temperaturas mínimas experimentan un ascenso. 08-03-2022
As mulleres saen a rúa para reclamar igualdade salarial real. É a mensaxe dun 8M que tamén pon acento no loita contra o acoso sexual. // A siderúrxica Megasa, de Narón, para a sua produción polo encarecemento do prezo da enerxía. Un custe que agrava tamén as dificultades para o sector da conserva, que busca alternativas ao aceite de xirasol que importaba de Ucraína. // Un grupo de informáticos ucraínos, afincados en Cariño, onde xestionan unha empresa online. Agora organizan, coa axuda de amigos locais, un centro de acollida para refuxiados do seu país que conseguen poñerse a salvo da guerra. // Polémica por unha corta de árbores na contorna do mosteiro ourensán de San Pedro de Rocas. Grupos ecoloxistas denuncian o dano a medio ambiente a ao patrimonio xunto a unha xoia artística única. 08-03-2022
Multiplícanse os actos, como este de alumnos dun instituto en Lugo, en repulsa da agresión rusa a Ucraína. A Xunta e os concellos coordinan a recollida, envío de axuda humanitaria e acollida a refuxiados. Mentres seguen a chegar testemuñas do que está a sufrir un pobo baixo os bombardeos. // A Xunta a FEGAMP coordinan a axuda a Ucraína, e fan un cahmamanto a cidadanía para que se fangan as aportacións en diñeiro e non en especie, ante as dificultades de loxistica e almacenamento que están tendo as organizacions humanitarias na zona. // As fábricas de conserva só teñen aceite de xirasol para manter a produción tres semanas porque o setenta por cento das importacións españolas procede de Ucraína. O sector busca alternativas noutros países e outros aceites vexetais como o de soia. // 07-03-2022
Perderemos a influencia anticiclónica debido á chegada dunha fronte moi activa pola noite. Ceos con pouca nubosidade pero con tendencia a aumentar. Descenso das temperaturas mínimas con xeadas, mentres as máximas ascenderán, especialmente na metade norte. 07-03-2022
Silencio, en Solidariedade co sufrimento do pobo Ucraíno. Multiplícanse en Galicia os actos, como duns alumnos de Lugo, en repulsa da agresión rusa. A Xunta e os concellos coordinan a recollida, envío de axuda humanitaria e acollida a refuxiados. // Hoxe cambia o protocolo para o seguemento dos casos de Covid. Deixanse de rastrexar os contactos estreitos dos positivos, que xa non terán que facer corentena, agás entre os traballadores de colectivos vulnerables. // Feijóo ultima a presentación da sua candidatura á presidencia do Partido Poplar e arranca a campaña para explicar o u proxecto aos afiliados. Os socialistas intensifican a sua petición de que se acelere o cambio á fronte da Xunta. // Un gol de Iago Aspas de penalti, en tempo de desconto, remata o festival de goles e polémica en Balaídos, con victoria do Celta ante o Mallorca, por 4 a 3. Na segunda o Lugo gañou pola mínima ao Alcorcón. 07-03-2022

A Orquestra Sinfónica de Galicia dedica os concertos do seu 30 aniversario ás vítimas da guerra de Ucraína. O director Dima Slobodeniuk, de orixe rusa e pai ucraíno, di adeus esta temporada.
Coñecemos a testemuña de Anna, unha das primeiras refuxiadas que chega a Galicia, Despois de marchar co posto de Ucraína, escapando dos bombardeos rusos. Multiplícanse as iniciativas para recoller cartos, medicinas e materiais para axudar a ese país // Cúmprense dous anos dende que foi declarado en Galicia o primeiro caso de Covid, e coincide cunha lixeira repunta de contaxios, que Sanidade atribúe á maior interacción social durante o entroido. // En Baiona comezou esta mañá a Festa da Arribada despois de dous anos de suspensión pola covid. Conmemora a chegada da carabela La Pinta hai 529 anos coa noticia da existencia do Novo Mundo. // A Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego celebra o seu 25 aniversario cunha entrega de premios ao fomento do emprego inclusivo. Entre os galardoados, A xornalista Matilde Vázquez e o reporteiro gráfico Carlos Purriños, de TVE. 04-03-2022
Intervalos de nubes e claros, con menos precipitacións, máis probables canto máis ao norte, e baixada da cota de neve, aos 800 metros de altitude. As temperaturas, con mínimas rondando os cero graos no interior. 04-03-2022
Chegan os primeiros refuxiados que escapan da guerra, fuxindo dos bombardeos, e son acollidos agora en Galicia, por familiares e amigos, mentres se multiplican as iniciativas para axudar a Ucraína. // Cúmprense dous anos dende que foi declarado en Galicia o primeiro caso de Covid, e coincide cunha lixeira repunta de contaxios, que Sanidade atribúe á maior interacción social durante o entroido. // O conflito da recollida do lixo na Coruña reactívase co anuncio da convocatoria de folga por parte dos traballadores. Denuncian que traballan con materiais obsoletos e inseguros e piden que se retiren as sancións a empregados por baixo rendemento. // A Orquestra Sinfónica de Galicia dedica ás vítimas da guerra o concerto co que celebra no auditorio nacional, en Madrid, o 30 aniversario da sua fundación. O director Dima Slobodeniuk de orixe rusa e pai ucraíno, di adeus esta temporada. 04-03-2022