Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Hoxe aumenta a estabilidade atmosférica, o que permite ceos despexados en prácticamente toda Galicia, agás na Mariña, e as temperaturas continúan en ascenso, con máximas que van dende os 24 graos da Coruña aos 35 de Ourense. 07-07-22

 

O buque escola Juan Sebastián Elcano, a xoia da Armada española, recala no porto da Coruña, como remate da sua xira mundial para celebrar o quinto centenario da primeira circunnavegación da Terra. // Naufraxio dun veleiro, esta madrugada, en Malpica, que se saldou coa morte dunha muller de 66 anos que ia a bordo, e resultou afogada. O outro tripulante, un home da mesma idade, puido ser rescatado. // A compañia Talgo atribue a causas de forza maior o atraso na fabricación dos tresn Avril que permitirían a chegada prevista da Alta Velocidade as cidades Galegas este verán. Renfe estuda penalizar á construtora ferroviaria por incumplimento de contrato. // // 07-07-22

Protestas en Vigo e e A Coruña convocadas polos sindicatos UGT e Comisións Obreiras, en defensa dunha negociación salarial para evitar a caída do poder adquisitivo dos traballadores, ante o aumento da inflación. // Os casos activos de Covid contabilizados polo Sergas soben hoxe a cerca de 16.000. Tamén continúa o incremento de hospitalizacións, ata un total de 858 pacientes ingresados. //. // O Buque Escola da Armada Juan Sebastián Elcano xa está na Coruña, nunha escala do cruceiro de instrucción, último dos que conmemoran o quinto centenario da primeira circunnavegación da terra. 06-07-2022

Ceos con alternancia de nubes e claros no terzo norte, con máis nubes e algún orballo na Mariña, e pouco nubrado ou despexado no resto. Co avance do día medran nubes de evolución en zonas montañosas que darán lugar a chuvascos treboentos. 06-07-2022

Os servizos de atención primaria afrontan o verán con máis déficit de profesionais sanitarios, mentres aumentan os casos de Covid. Xa son seis as comunidades, entre elas Galicia, que reclaman medidas urxentes. // O ministro de Pesca mantén hoxe en Burela un encontro con representantes dunha frota especialmente afectada polo acordo da Unión Europea de vetar tódalas artes de pesca de fondo. // Protestas en Vigo e A Coruña convocadas por UGT e Comisións Obreiras, en defensa dunha negociación para evitar a caída do poder adquisitivo dos traballadores, ante o aumento da inflación. // Púrpura producida a partir das cunchas dun molusco local, para tinguir as vestimentas dos patricios romanos na antigüidade. É un dos achádegos das escavacións arqueolóxicas que acaban de rematar na Illa de Ons. 06-07-2022

Os servizos de atención primaria afrontan o verán con máis déficit de profesionais sanitarios, mentres aumentan os casos de Covid. Xa son seis as comunidades, entre elas Galicia, que reclaman medidas urxentes. // O ministro de Pesca mantén hoxe en Burela un encontro con representantes dunha frota especialmente afectada polo acordo da Unión Europea de vetar tódalas artes de pesca de fondo. // Protestas en Vigo e A Coruña convocadas por UGT e Comisións Obreiras, en defensa dunha negociación para evitar a caída do poder adquisitivo dos traballadores, ante o aumento da inflación, que se traslada xa a subas xeralizadas tamén no sector turístico. // Púrpura producida a partir das cunchas dun molusco local, para tinguir as vestimentas dos patricios romanos na antigüidade. É un dos achádegos das escavacións arqueolóxicas que acaban de rematar na Illa de Ons. 06-07-2022

Convertido nun dos principais reclamos turísticos de Galicia, o PN Illas Atlánticas cumpre 20 anos dende a sua creación. A Xunta anuncia un investimento de 6 millóns de euros para en mellorar a biodiversidade e renovar as infraestruturas e servizos.
 

Galicia, con País Vasco, Andalucía e Cataluña, reclaman ao ministerio de Sanidade medidas urxentes contra a falta de médicos de primaria. Din que o goberno central é o quen ten a chave para acreditar máis especialistas. // Os casos activos volven a ser cerca de 15.000, logo de contabilizarse 1.512 novos contaxios. Tamén aumenta a presión hospitalaria ao nivel máis alto dos últimos meses. // Trinta organizacion pesqueiras, nunha fronte común coa Consellería do Mar, píden á Comisión Europea que retire o veto as artes de fondo nun cento de áreas de pesca entre o Golfo de Cádiz e Irlanda. // Partituras e letras de temas populares de Rianxo forman parte do cancioneiro escolar urxente. Unha recompilación posible grazas o Colexio Brea Segade de Taragoña. 05-07-22

Fronte común de Galicia, con País Vasco, Andalucía e Cataluña, para reclamar ao ministerio de Sanidade medidas urxentes sobre a falta de médicos de primaria. Din que o goberno central é o quen ten a chave para acreditar máis especialistas. // Continúa o xuizo contra o acusado do crime das Gándaras, que admitíu ser o autor da morte de Clara Expósito, ainda que dixo que non tiña intención de acabar coa sua vida. A acusación pide que se considere un delicto de violencia de xénero. // Galicia acumula un 40 por cento de déficit de chuvia sobre a media no que vai de ano, e aumenta a preocupación sobre a subministración a partir do outono. // O Parque Nacional das Illas atlánticas fai 20 anos dende a sua creación, convertido nun dos principais reclamos turísticos de Galicia. 05-07-22

ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, ainda que pola tarde tenden a formarse nubes de evolución, con chubascos de tipo tormentoso nas comarca do interior, que poden ser localmente fortes. 05-07-22

Fronte común de Galicia, con País Vasco, Andalucía e Cataluña, para reclamar ao ministerio de Sanidade medidas urxentes sobre a falta de médicos de primaria. Din que o goberno central é o quen ten a chave para acreditar máis especialistas. // Continúa o xuizo contra o acusado do crime das Gándaras, Francisco Javier Belda, que admitíu ser o autor da morte de Clara Expósito, ainda que dixo que non tiña intención de acabar coa sua vida. A acusación pide que se considere un delicto de violencia de xénero. // Galicia acumula un 40 por cento de déficit de chuvia sobre a media no que vai de ano, e aumenta a preocupación sobre a subministración a partir do outono. // Convertido nun dos principais reclamos turísticos de Galicia, o Parque Nacional das Illas atlánticas fai 20 anos dende a sua creación. A Xunta anuncia un investimento de 6 millóns para en mellorar a biodiversidade e renovar os servizos. 05-07-22

O paro segue a baixar, e xuño pecha con 5.000 desempregados menos en Galicia. Un mes no que se rexistraron ata 80.000 contratacións, impulsadas sobre todo pola campaña de verán na hostalaría e o turismo. // Os Médicos de Familia advirten de que estamos xa ante unha nova vaga e apelan a recuperar o uso de máscara en interiores e aglomeracións. // O espectáculo do curro de Sabucedo, logo de dous anos de restricións, recupera o ritual da rapa das bestas, unha tradición que se perpetúa nos montes galegos onde viven máis de 20.000 cabalos bravos. // Viveiro volve á normalidade despois de despedir a edición do Resurrection fest que batiu records de asistentes, preto de 150 mil, con máis de 120 bandas nos cinco días. 04-07-2022

Ceos parcialmente cubertos con máis nubes durante a mañá e posibilidade de chuvias febles no extreno norte. Pola tarde, podense repetir as tronadas de onte, con chuvascos localmente treboentos máis probables no sur e en zonas altas. 04-07-2022

5.000 desempregados menos en xuño. É o dato feito público hoxe que supón a terceira maior baixada do paro neste mes de toda a serie histórica en Galicia, con máis de 80.000 contratacións, impulsadas pola campaña de verán na hostalaría e o turismo.. // O aumento da incidencia da Covid en Galicia, comenza xa a preocupar aos profesionais sanitarios. Hoxe, ainda que caen os casos rexistrados, o número de pacientes ingresados nos hospitais galegos aumenta ata rozar os 800. // Homenaxe de Familiares, amigos e colectivos LGTBI a Samuel Luiz, no primeiro aniversario da súa morte, dunha malleira, nas rúas da Coruña. Destacan que se tratou dunha agresión homófoba, pendente de que se celebre o xuízo. 04-07-2022

5.000 desempregados menos en xuño. É o dato feito público hoxe que supón a terceira maior baixada do paro neste mes de toda a serie histórica en Galicia, con máis de 80.000 contratacións, impulsadas pola campaña de verán na hostalaría e o turismo.. // O aumento da incidencia da Covid en Galicia, comenza xa a preocupar aos profesionais sanitarios. Hoxe, ainda que caen os casos rexistrados, o número de pacientes ingresados nos hospitais galegos aumenta ata rozar os 800. // Homenaxe de Familiares, amigos e colectivos LGTBI a Samuel Luiz, no primeiro aniversario da súa morte, dunha malleira, nas rúas da Coruña. Destacan que se tratou dunha agresión homófoba, pendente de que se celebre o xuízo. 04-07-2022

É unha das iconas máis representativas da Coruña, emprazada nos xardíns de Méndez Núñez. O edificio da Terraza, que acolle a cabeceira de RNE en Galicia e a delegación de TVE. Hoxe cumpre cen anos. // As bandeiras azuis ondean xa en 112 areais e en 11 portos deportivos de Galicia, a terceira comunidade en número de distintivos. Un ano máis, Sanxenxo volve ser o concello español con máis enseñas. // Felipe VI recibiu esta mañá na Zarzuela a Alfonso Rueda,, unha visita que se enmarca nos encontros que o Rei manten cos presidentes autonómicos unha vez que asumen o cargo. Rueda descatcou o ben informado que está o Monarca sobre Galicia, unha comunidade estable, dixo e respetuosa coa constitución. // 01-07-22