Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Xa son máis de 24.000 as hectáreas arrasadas polo lume, ainda sen control. A maioría dos veciños desaloxados poideron xa volver, e foi restablecida a circulación do AVE entre Galicia e Madrid. // En Valdeorras o lume exténdese en ambas marxes do Sil e afecta ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra. No Courel segue activa a situación de alerta dous, pola proximidade das lapas a vivendas. A maior preocupación é na parroquia de Seceda, en Folgoso. 20-07-22

Xa son máis de 24.000 as hectáreas arrasadas polo lume, que deixa aldeas como esta de Veiga de Cascallá, na comarca de Valdeorras, completamente reducida a cinzas. A Xunta habilita prazas en residencias para persoas maiores desaloxadas. // As principais frontes dos incendios seguen a estar nas comarcas de Valdeorras e o do Courel, onde as lapas avanzan ainda sen control. // Os sindicatos piden cambios na lei de prevención de riscos laborais para evitar a exposición a golpes de calor dos traballadores, o secretario xeral de UGT reclama, dende Vigo, medidas para adaptar a actividade laboral ás as altas temperaturas, que serán máis habituais no futuro. // Celta e Lugo continúan coa preparación da pretempada. Unai Núñez é a última incoporación do equipo vigués, cedido polo Atletic de Bilbao con opción a compra. 20-07-22

Temos algunhas nubes baixas que tenden a desaparecer, para deixar unha tarde de ceos moi despexados. As temperaturas mínimas sofriron un descenso, máis acusado en Ourense e no sur de Lugo, mentres que as máximas experimentan un lixeiro ascenso 20-07-22

 Xa son máis de 24.000 as hectáreas arrasadas polo lume, que deixa aldeas como esta de Veiga de Cascallá, na comarca de Valdeorras, completamente reducida a cinzas. A Xunta habilita prazas en residencias para persoas maiores desaloxadas. // As principais frontes dos incendios seguen a estar nas comarcas de Valdeorras e o do Courel, onde as lapas avanzan ainda sen control. // Os sindicatos piden cambios na lei de prevención de riscos laborais para evitar a exposición a golpes de calor dos traballadores, o secretario xeral de UGT reclama, dende Vigo, medidas para adaptar a actividade laboral ás as altas temperaturas, que serán máis habituais no futuro. // Celta e Lugo continúan coa preparación da pretempada. Unai Núñez é a última incoporación do equipo vigués, cedido polo Atletic de Bilbao con opción a compra.20-07-22

Xa son preto de 20.000 as hectareas arrasadas polo lume, que devora tamen aldeas, como a de Vilar, co seu centro etnográfico pasto das lapas. Algúns veciños desaloxados puderon volver a casa. // As mellores condicións meteorolóxicas están a permitir nas últimas horas unha maior eficiacia dos medios de extinción, que loitan en 15 frontes activas. A parte de zonas de importante valor ecolóxico, hai máis de 80 casas afectadas. 19-07-22

A masa de aire cálida deixa definitivamente Galicia. As temperaturas sofren un novo descenso, colas que se notará especialmente nas máximas na metade leste. Ceos nubrados con chuvia nas provincias atlánticas, máis proable e frecuente pola mañá. 19-07-22

A superficie queimada dispárase ata preto de 20.000 hectareas, con aldeas arrasadas, como a de Vilar, na serra do Courel, onde o centro etnográfico foi tamén pasto das lapas. En total a Xunta cifra en 85 as construccións afectadas e en 1.100 as persoas desaloxadas. //. As mellores condicións meteorolóxicas están a permitir nas últimas horas unha maior eficiacia dos medios de extinción, que loitan en 15 frontes activas. As que máis preocupan, con risco para núcleos habitados, na comarca de Valdeorras. // O goberno anuncia a posta en marcha, a partir de mañá, da variante pola estrada nacional sexta, que reducirá o percorrido do desvío por Pedrafita provocado polo derrubamento do viaduto do Castro, na A6. A Xunta considera insuficiente a medida e reclama unha solución para o transporte pesado. 19-07-22

A superficie queimada dispárase ata preto de 20.000 hectareas, con aldeas arrasadas, como esta de Vilar, na serra do Courel, onde o centro etnográfico foi tamén pasto das lapas. En total a Xunta cifra en 85 as construccións afectadas e en 1.100 as persoas desaloxadas. //. As mellores condicións meteorolóxicas están a permitir nas últimas horas unha maior eficiacia dos medios de extinción, que loitan en 15 frontes activas. As que máis preocupan, con risco para núcleos habitados, na comarca de Valdeorras. // O goberno anuncia a posta en marcha, a partir de mañá, da variante pola estrada nacional sexta, que reducirá o percorrido do desvío por Pedrafita provocado polo derrubamento do viaduto do Castro, na A6. A Xunta considera insuficiente a medida e reclama unha solución para o transporte pesado. 19-07-22

Vivendas arrasadas polo lume no núcleo de Alixo, no Barco de Valdeorras. é un dos puntos máis afectados pola vaga de incendios que leva queimado cerca de 11.000 hectáreas en Galicia. // Tras unha noite moi complicada, As condicións están a permitir unha maior efectividade dos medios contra o lume mentres se manteñen desaloxados uns 500 veciños de Folgoso do Courel e outros 250 na zona de Valdeorras. // O porto de San Vicente do Mar, no Grove, é o primeiro de España onde loce xa a bandeira arco iris que representa ao colectivo LGTBI. A encargada de izala foi a conselleira do Mar, Rosa Quintana. // O Celta informou nun comunicado do regreso aos adestramentos de Santi Mina. O xogador solicitou a súa reincorporación á dinámica de traballo da que leva apartado dende o pasado marzo, cando foi sentenciado a catro anos de prisión por un delito de abuso sexual. 18-07-22

 

O embolsamento de aire frío que favoreceu a chegada de aire cálido africano alónxase de Galicia e móvese cara Francia. Temos intervalos anubrados e brétemas costeiras. Pola tarde, chuvascos treboentos no interior e pola noite chuvias na metade oeste. As máximas, entre os 35 graos de Ourense e os 20 da Coruña. 18-07-22

Un grupo de vivendas, arrasadas polo lume no núcleo de Alixo, no Barco de Valdeorras, un dos puntos máis afectados pola vaga de incendios que leva queimado xa máis de 9.000 hectáreas en Galicia nas últimas horas. // Cinco incendios manteñen activado o nivel 2 pola proximidade a núcleos habitados. Tras unha noite moi complicada, As condicións están a permitir unha maior efectividade dos medios contra o lume. // As explotacións gandeiras botan man de sistemas de refrixeración para reducir as perdas de producción polas altas temperaturas. O estrés térmico fai que as vacas den ata un 25 por cento menos de leite durante a vaga de calor. // 18-07-22

 Un grupo de vivendas, arrasadas polo lume no núcleo de Alixo, no Barco de Valdeorras, un dos puntos máis afectados pola vaga de incendios que leva queimado xa máis de 9.000 hectáreas en Galicia nas últimas horas. // Cinco incendios manteñen activado o nivel 2 pola proximidade a núcleos habitados. Tras unha noite moi complicada, As condicións están a permitir unha maior efectividade dos medios contra o lume. // As explotacións gandeiras botan man de sistemas de refrixeración para reducir as perdas de producción polas altas temperaturas. O estrés térmico fai que as vacas den ata un 25 por cento menos de leite durante a vaga de calor. //18-07-22

O lume avanza en máis de once puntos diferentes, con dous incendios declarados de nivel 2 pola proximidade ás vivendas en Folgoso do Courel, onde xa levan ardidas 600 hectáreas, // A calor segue abafando Ourense , que soporta hoxe o cuarto día consecutivo de alerta vermella. No pico da vaga de calor ,onte os termómetros alcanzaron os 44 graos na cidade. A temperatura máis alta dende que hai rexistros . Durmir estes días con mínimas por riba dos 20 graos non é doado. // A Xustiza impide a retirada do pazo de Meirás dos bens que pretendía retirar a familia Franco. Si poderán levar as alfombras dos corredores, ao entender o xuíz que se colocaron cun fin puramente funcional 15-07-22

Os termómetros descenden un chisco, pero seguimos con moita calor e inestabilidade atmosférica, con máis nubes e chuvascos treboentos ocasionais. O embolsamento de aire frío continúa prácticamente inmóbil ao oeste da Península e seguirá traendo aire moi cálido a Galicia ata o domingo. 15-07-22

O lume avanza en 10 puntos diferentes, con dous incendios declarados de nivel 2 por risco para as vivendas. No medio dunha megavaga de calor que pasa á historia meteorolóxica galega, logo de acadar rexistros de récord coma os 44 graos na cidade de Ourense. // Despois de dous anos de parón... regresan a Casas Novas os mellores xinetes e amazonas do mundo, chegados de 16 países, para o concurso internacional de Hípica. Varios participantes galegos queren deixar alto o pavillon local nas probas que comezaron esta mañá. // A Coruña, Nigrán, Vilagarcía ou Ortigueira. Os festivais enchen Galicia esta fin de semana con ofertas para todolos gustos, coa presenza de figuras destacadas dende Miguel Ríos a Xoel López, Andrés Calamaro ou as Tanxugueiras. // 15-07-22

O lume avanza en 10 puntos diferentes, con dous incendios declarados de nivel 2 por risco para as vivendas. No medio dunha megavaga de calor que pasa á historia meteorolóxica galega, logo de acadar rexistros de récord coma os 44 graos na cidade de Ourense. // Despois de dous anos de parón... regresan a Casas Novas os mellores xinetes e amazonas do mundo, chegados de 16 países, para o concurso internacional de Hípica. Varios participantes galegos queren deixar alto o pavillon local nas probas que comezaron esta mañá. // A Coruña, Nigrán, Vilagarcía ou Ortigueira. Os festivais enchen Galicia esta fin de semana con ofertas para todolos gustos, coa presenza de figuras destacadas dende Miguel Ríos a Xoel López, Andrés Calamaro ou as Tanxugueiras. // 15-07-22

Grazas á plataforma, unha libraría de Pontevedra especializada en cómic manga está a conseguir que o seu negocio remonte, logo de que estivera a piques de pechar.

A noite tropical, o que era un fenómeno prácticamente descoñecido ata agora, repítese por gran parte de Galicia. Zonas do sur como Ourense seguen este xoves en alerta vermella. // A noite tropical, o que era un fenómeno prácticamente descoñecido ata agora, repítese por gran parte de Galicia. Zonas do sur como Ourense seguen este xoves en alerta vermella. Poden superar os 42 graos. // A escaseza de auga leva o concello coruñés de Paderne a cortar a subministración durante 36 horas. O alcalde atribúeo a un consumo excesivo fora do uso doméstico por parte dos veciños. O corte obrigará a pechar algún establecemento, aínda que a maioría das vivendas contan con pozos particulares. // A libraría de Fernando Iglesas, especializada en comic manga, convírtese en fenómeno viral gracias aos seus vídeos curtos está a causar sensación en Tik Tok, a rede máis popular entre a mocidade. 14-07-22

A noite tropical, o que era un fenómeno prácticamente descoñecido ata agora, repítese por gran parte de Galicia. Zonas do sur como Ourense seguen este xoves en alerta vermella. // A noite tropical, o que era un fenómeno prácticamente descoñecido ata agora, repítese por gran parte de Galicia. Zonas do sur como Ourense seguen este xoves en alerta vermella. Poden superar os 42 graos. // A escaseza de auga leva o concello coruñés de Paderne a cortar a subministración durante 36 horas. O alcalde atribúeo a un consumo excesivo fora do uso doméstico por parte dos veciños. O corte obrigará a pechar algún establecemento, aínda que a maioría das vivendas contan con pozos particulares. // A libraría de Fernando Iglesas, especializada en comic manga, convírtese en fenómeno viral gracias aos seus vídeos curtos está a causar sensación en Tik Tok, a rede máis popular entre a mocidade. 14-07-22