Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Lixeira baixada das temperaturas en toda a comunidade. Ainda asi, volverá estar activa a alerta por calor na parte sur de Galicia, onde as máximas poden chegar os 38º en Ourense e os 34 en Pontevedra. Tamén baixan as minimas, que deixarán noites algo menos calorosas, en torno aos 18º. Polo demais, ceos despexados que irán nubrandose pouco a pouco. 03-08-2022

Encher piscinas, regar xardíns ou lavar coches, son actividades prohibidas nos concellos da area de Pontevedra, onde o río Lérez leva un 70 por cento menos de auga do habitual. A Xunta valora extendelas restricións ao resto de Galicia ante a ausencia de precipitacións // O Parlamento de Galicia aproba o teito de Gasto da Xunta para o ano que ven, o maior da historia autonómica, con 12.600 millóns de euros, que o goberno galego di serán destinados a protexer as familias fronte as incerterzas económicas. // Cen mil litros de auga, e case cen mil mazás, son parte do menú xuvenil para á Peregrinación Europea, que unha empresa de cáterin serve en 12 comedores diferentes. Grupos de voluntarios encárganse de organizar a estancia dos 12.000 mozos que enchen as rúas de Santiago. 03-08-2022

O aforro enerxético chega as luces de nadal de Vigo, que hoxe mesmo comenzaron a ser instaladas. Alumearán unha hora menos e o alcalde, Abel Caballero, non descarta outros recortes. // Ata 12.000 mozos e mozas chegan a Santiago para participar na peregrinación europea, primeiro gran evento da igrexa católica despois da Pandemia, ata o domingo, con 55 bispos e máis de 400 sacerdotes. // Rescatado con vida o único tripulante do veleiro volcado nas costas de Malpica. Un equipo de mergulladores de Salvamento Marítimo atopou ao varón francés de 62 anos no interior da embarcación que levaba volcada dende onte á tarde. // 02-08-22

 En Valdeorras e en todo o val do Miño hai alerta laranxa por temperaturas en torno aos 40 graos. Calor abafante tamén nas Rías Baixas, no interior da Coruña e sur de Lugo con temperaturas que rondan os 35 graos.

Pola tarde agardase que vaian entrando nubes de evolución e que aumente a inestabiliade atmosférica. 02-08-22

O plan de aforro enerxético chega ás luces de nadal, de Vigo. Os comerciantes prepáranse para aplicar a partir desta semana as medidas de limitación de temperaturas e illamento dos locais aprobadas polo Goberno. // Xullo sáldase en Galicia cunha baixada de 1.082 desempregados rexistrados menos, que deixan o total de parados en 140.000, o mínimo histórico. // O sector turístico e a hostalaría están entre os que rexistran un maior aumento da actividade. Os empresarios destacan, sen embargo, unha caida na sua rendibilidade, debido ao menor gasto dos visitantes e o aumento da inflación. 02-08-22

A Xunta activou o aviso laranxa no val do Miño e nas Rías Baixas por temperaturas que en Ourense poden chegar aos corenta graos // Un restaurante de Negreira celebra arestora con 27 cociñeiros, que entre todos suman 69 estrelas Michelin, o xantar Estrelas solidarias no Camiño // 12.600 millóns de euros. É a cifra o teito de gasto para os orzamentos de Galicia de 2023 // O Celta quere fichar catro xogadores máis, entre eles dous dianteiros 01-08-22

Hoxe as máximas rozarán os 40º en Ourense, e andarán ao redor dos 35º no resto de Galicia, agás A Coruña e Lugo. Ceos despexados e pouco vento marcan o resto do día. As mínimas subirán respecto a onte, e esta tendencia seguira previsiblemente durante toda a semana. 01-08-22

A Xunta activou o aviso laranxa no val do Miño e nas Rías Baixas por temperaturas que en Ourense poden chegar aos corenta graos // 12.600 millóns de euros. É a cifra á que se teñen que axustar os orzamentos de Galicia para 2023 // O Celta quere fichar catro novos xogadores antes de que peche o mercado, entre eles dous dianteiros // 27 cociñeiros que entre todos suman 69 estrelas Michelin. Un restaurante de Negreira celebra arestora con eles o xantar Estrelas solidarias no Camiño 01-08-22

Os prezos seguen subindo. O dato do IPC que coñecemos hoxe sitúa a inflación de España preto do 11 por cento // As familias das vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo piden axuda a empresas e particulares // Aves rapaces voan de novo tras meses de recuperación // Entrevistamos a un experto en toponimia, o lingüista Vicente Feijoo // Terceiro ano consecutivo sen a tradicional procesión de cadaleitos en Santa Marta de Ribarteme, no concello das Neves. Os dous anteriores por mor da Covid, e este ano por prohibición do párroco 29-07-22

Volven as altas presións, que de mañá deixaron chuvias febles en zonas do norte: na Mariña e Bergantiños. Co avance do día, foi despexando. As temperaturas mínimas serán idénticas ás de onte, pero as máximas soben algo.Haberá 30º en Ourense e Pontevedra 

29-07-22

Os prezos seguen subindo. O dato do IPC que coñecemos hoxe sitúa a inflación de España preto do 11 por cento, unha cifra que xa se superou en Galicia o mes pasado // As familias das vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo piden axuda a empresas e particulares para baixar pola súa conta ao pecio // Un falcón peregrino, un moucho e unha curuxa voan de novo tras meses de recuperación // Galicia ten unha riqueza en topónimos e microtopónimos única no mundo. Entrevistamos a un experto na materia, o lingüista Vicente Feijoo 29-07-22

Os prezos seguen subindo. O dato do IPC que coñecemos hoxe sitúa a inflación de España preto do 11 por cento // As familias das vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo piden axuda a empresas e particulares // Aves rapaces voan de novo tras meses de recuperación // Entrevistamos a un experto en toponimia, o lingüista Vicente Feijoo 29-07-22

Reunión “cordial” entre Sánchez e Rueda na Moncloa, con compromisos de investimentos en proxectos industriais // A EPA reflicte a creación de 13.800 empregos en Galicia entre abril e xuño // Un incendio en Castrelo de Miño activou esta noite o nivel dous de risco pola súa proximidade ás vivendas // O presidente do Celta acusa a Denís Suárez de traizoar e desprestixiar o club. 28-07-22

Ceos nubrados e algunha chuvia lixeira e ocasional pola mañá, máis probable no noroeste. Ábrense claros a partir do mediodía. As temperaturas mínimas seguen igual e as máximas, en lixeiro descenso 28-07-22

Alfonso Rueda reclámalle a Sánchez axudas para os afectados polos incendios, medidas para mellorar a sanidade ou que o AVE chega a toda Galicia, na súa primeira reunión na Moncloa // A Enquisa de Poboación Activa reflicte a creación de 13.800 empregos en Galicia entre abril e xuño // Un incendio en Castrelo de Miño activou esta noite o nivel dous de risco pola súa proximidade ás vivendas // O presidente do Celta acusa a Denís Suárez de traizoar e desprestixiar o club. Admite que se equivocou con Santi Mina. 28-07-22

 Alfonso Rueda reclámalle a Sánchez axudas para os afectados polos incendios, medidas para mellorar a sanidade ou que o AVE chega a toda Galicia, na súa primeira reunión na Moncloa // A EPA reflicte a creación de 13.800 empregos en Galicia entre abril e xuño // Un incendio en Castrelo de Miño activou esta noite o nivel dous de risco pola súa proximidade ás vivendas // O presidente do Celta acusa a Denís Suárez de traizoar e desprestixiar o club 28-07-22

Prisión preventiva para o detido no Porriño por, presuntamente, secuestrar e abusar sexualmente dunha exparella durante seis días // Alfonso Rueda salienta o consenso coa oposición sobre as cuestións que lle vai plantexar a Sánchez // O alcalde de Ourense gobernará con só 3 concelleiros os 10 meses que quedan da lexislatura // O Lugo confirma unha nova fichaxe, a do defensa Néider Lozano // Cinco grandes esculturas do artista Manolo Paz para reivindicar Galicia e a súa paisaxe 27-07-22