Comezan a desmontar o tramo do viaduto do Castro que quedou illado cando caeron outros dous treitos da plataforma, a principios de xuño // A Xunta da por extinguido o incendio que queimou máis de 2.000 hectáreas entre Laza e Chandrexa de Queixa // Unha das medidas de Medio Rural para previr os incendios é a recuperación de terras agrarias, coa creación e aldeas modelo e polígonos agroforestais // Roberto Verino cumpre 40 anos na industria da moda. 17-08-2022
Comezan a desmontar o tramo do viaduto do Castro que quedou illado cando caeron outros dous treitos da plataforma, a principios de xuño // A Xunta da por extinguido o incendio que queimou máis de 2.000 hectáreas entre Laza e Chandrexa de Queixa // Unha das medidas de Medio Rural para previr os incendios é a recuperación de terras agrarias, coa creación e aldeas modelo e polígonos agroforestais // Roberto Verino cumpre 40 anos na industria da moda, desde unha vila de Ourense sen tradición industrial nin téxtil. 17-08-2022
O día de San Roque, festivo en numerosas vilas e cidades galegas, prolonga unha ponte na que se recupera o movemento turístico de antes da pandemia // A oficina do peregrino xa despachou no que vai de ano máis de 240.000 compostelas // Melide, Vigo, Santiago ou Betanzos son algunhas da cidades e vilas galegas que estenden a ponte co festivo de San Roque. Tamén Vilagarcía, que ademais xunta milleiros de persoas na súa Festa da Auga. Este ano eliminaron o uso de mangueiras // En Malpica, o Concello reparte auga embotellada entre os veciños tras declararse non apta para o consumo a da traída municipal. 16-08-2022
E despois do paso dunha fronte fría durante a madrugada volve a chuvia. Son chuvascos que poden caer en calquera punto de Galicia. Serán máis frecuentes e intensos no terzo norte onde tamén poden vir acompañados de treboadas. Durante a mañá sobre todo choveu na provincia da Coruña. As temperaturas volveron baixar. Hoxe as máximas roldarán os 20 graos. 16-08-2022
O día de San Roque, festivo en numerosas vilas e cidades galegas, prolonga unha ponte na que se recupera o movemento turístico de antes da pandemia // A oficina do peregrino xa despachou no que vai de ano máis de 240.000 compostelas // Vilagarcía celebrou hoxe a Festa da Auga, pero sen mangueiras para mollar á xente debido á prealerta por seca // En Malpica, o Concello reparte auga embotellada entre os veciños tras declararse non apta para o consumo a da traída municipal. 16-08-2022
O día de San Roque, festivo en numerosas vilas e cidades galegas, prolonga unha ponte na que se recupera o movemento turístico de antes da pandemia // A oficina do peregrino xa despachou no que vai de ano máis de 240.000 compostelas. A afluencia de peregrinos leva a varias asociacións de veciños de Santiago a poñer en marcha unha campaña coa que queren mellorar a convivencia dos camiñantes cos residentes // Festa da auga, con menos auga. Vilagarcía mantivo hoxe a celebración, pero sen mangueiras nas prazas para mollar á xente, debido á prealerta por seca // En Malpica, o Concello reparte auga embotellada entre os veciños tras declararse non apta para o consumo a da traída municipal. 16-08-2022
Na ría de Arousa, produción de ameixa caeu á metade desde o ano 2.000. A do berberecho, ao 23 por cento. O aumento das temperaturas, a contaminación ou o furtivismo están detrás da redución das capturas
O sector turístico colga o cartel de completo, no arranque da fin semana máis festiva do ano, ampliada pola ponte. Os establecementos din que están a facer un esforzo por conter os prezos para non desincentivar a demanda. //. Hoxe empeza a nova tempada da Campionato de Liga na primeira división, na que o Celta ten postas a maiores aspiracións dos últimos anos. Cunha profunda renovación, con ata oito xogadores novos. A cita, mañá en Balaídos contra o Español. // Santiago é a primeira cidade española en recibir a experiencia en realidade virtual Carne e Area, unha obra inmersiva do cineasta mexicano Alejandro González Iñárritu que explora a condición humana das persoas migrantes e refuxiadas. 12-08-2022
Cheo sen precedentes no turismo e a hostalaría, ante o arranque da fin semana máis festiva do ano, ampliada pola ponte. O sector fala dun esforzo de contención de prezos para non perder clientela. // Confirmase o incremento dun 10´8 por cento do IPC interanual de xullo, que en Galicia e de case un punto máis. Os alimentos e a enerxía seguen a tirar á alza, Pese á baixada dos carburantes nas últimas semanas. // Depósitos de auga na rúa para abastecer as necesidades básicas dos veciños de Ribadavia, ante os cortes de subministración a causa da seca. Os ríos baixan cun 60 por cento menos do caudal habitual. // Hoxe empeza a nova tempada de Liga, na que o Celta ten postas a maiores aspiracións dos últimos anos. Cunha profunda renovación, con ata oito xogadores novos. 12-08-2022
Cheo sen precedentes no turismo e a hostalaría, ante o arranque da fin semana máis festiva do ano, ampliada pola ponte. O sector fala dun esforzo de contención de prezos para non perder clientela. // Confirmase o incremento dun 10´8 por cento do IPC interanual de xullo, que en Galicia e de case un punto máis. Os alimentos e a enerxía seguen a tirar á alza, Pese á baixada dos carburantes nas últimas semanas. // Depósitos de auga na rúa para abastecer as necesidades básicas dos veciños de Ribadavia, ante os cortes de subministración a causa da seca. Os ríos baixan cun 60 por cento menos do caudal habitual. 12-08-2022
Ceos nubrados pola mañá, especialmente na metade oeste da comunidade, que irán abrindo segundo avance o día. Baixada xeneralizada das temperaturas, coas minimas entre os 14 e os 18. O vento estará tamén en calma toda a xornada. 12-08-2022
Catro incendios siguen activos en Galicia, anque evolucionan ben e poderían quedar estabilizados nas próximas horas, logo de outra noite de lume que se ceba na provincia de Ourense. No que vai de ano, as hectáreas queimadas rondan as 40.000. // Salvamento Marítimo recibe cada vez máis peticións de auxilio de barcos que se atopan con candorcas. Só na última fin de semana tiveron que intervir en dez ocasións. A natureza curiosa destes grandes cetáceos pode acabar provocando avarías nos barcos. // Arranca O Marisquiño, cunha xornada adicada aos máis cativos. O certame de referencia de deportes e cultura urbana, chega para espallar durante catro días por toda a cidade de Vigo competicións e música con participación de destacadas figuras internacionais. 11-08-2022
Ceos con intervalos nubrados con chuvascos e treboadas dispersas que empezaron pola mañá polo norte e noroeste. De cara a noite volverán entrar néboas na costa atlántica. Pero o máis destacado durante a tarde serán as treboadas no interior. 11-08-2022
Outra noite de lume que se ceba na provincia de Ourense, con risco para as vivendas en Boborás e O Irixo. Arestora hai catro incendios activos en Galicia pero evolucionan ben e poderían quedar estabilizados nas próximas horas. No que vai de ano, as hectáreas queimadas rondan as 40.000. // Dificultades para atender as solicitudes de asilo e permisos de residencia a extranxeiros. Na oficina da Coruña a saturación fai que non se dean citas ata o ano que ven // A subdelegación do goberno anuncia reforzos para axilizar a tramitación. // O aumento das temperaturas e a contaminación están detrás da baixada da produción de marisco detectada nos últimos anos. As mariscadoras denuncian a constante reducción de capturas, á espera de estudos concluíntes. 11-08-2022
Outra noite de lume que se ceba na provincia de Ourense, con risco para as vivendas en Boborás e O Irixo. Arestora hai catro incendios activos en Galicia pero evolucionan ben e poderían quedar estabilizados nas próximas horas. // Dificultades para atender as solicitudes de asilo e permisos de residencia a extranxeiros. Na oficina da Coruña a saturación fai que non se dean citas ata o ano que ven. A subdelegación do goberno anuncia reforzos para axilizar a tramitación. // O aumento das temperaturas e a contaminación están detrás da baixada da produción de marisco detectada nos últimos anos. As mariscadoras denuncian a constante reducción de capturas, á espera de estudos concluíntes. 11-08-2022
As primeiras chuvias febles axudan xa a na loita contra o lume, nunha xornada na que se recrudece a actividade incendiaria. 30 patrullas militares comezan a Operación Centinela deste ano para vixiar os montes, especialmente en zonas de difícil acceso. // O Carballiño conseguíu o obxetivo de elaborar a tapa de polvo máis grande do mundo, ao bater o seu propio, conseguido en 2019 con 500 quilos. Nesta ocasión chegaron a 515, coa participación de 30 polbeiros e polbeiras, que tardaron 11 minutos na elaboración. // O Turismo Termal regresa con forza, tralos dous anos de parón pola pandemia. As reservas nos balnearios de Ourense superan para este mes o 70 por cento, anque os clientes optan polos servizos máis económicos ante o aumento da inflación. 10-08-22
Reparto de auga engarrafada aos veciños de Ribadavia, como solución de emerxencia ante os cortes da auga da traída, ante unha seca que é xa histórica. Ata 70 concellos teñen implantadas restricións ao consumo. // a actividade incendiaria recrudeceuse nas últimas horas, con ata oito lumes activos, que chegaron a poñer en perigo núcleos habitados, entre eles nas Pontes, onde se declararon dous focos case simultaneos. // Comerciantes e hostaleiros amosan discrepancias e dúbidas sobre a eficacia da normativa no primeiro día de entrada en vigor do Plan de Aforro Enerxético. A limitación do aire acondicionado e o apagado de escaparates e edificios públicos son as primeiras medidas, desde a pasada medianoite. // 10-08-22
Toda Galicia está en alerta por treboadas. Os primeiros chuvascos poden vir acompañados de sarabia e serán máis probables e xeralizados a partir do mediodía para remitir durante a noite. O anticiclón afástase e as temperaturas continuan altas e mesmo poden subir algo. 10-08-22
Reparto de auga engarrafada aos veciños de Ribadavia, como solución de emerxencia ante os cortes da auga da traída, ante unha seca que é xa histórica. Ata 70 concellos teñen implantadas restricións ao consumo. // a actividade incendiaria recrudeceuse nas últimas horas, con ata oito lumes activos, que chegaron a poñer en perigo núcleos habitados, entre eles nas Pontes, onde se declararon dous focos case simultaneos. // Comerciantes e hostaleiros amosan discrepancias e dúbidas sobre a eficacia da normativa no primeiro día de entrada en vigor do Plan de Aforro Enerxético. A limitación do aire acondicionado e o apagado de escaparates e edificios públicos son as primeiras medidas, desde a pasada medianoite. // 10-08-22
En Ordes inauguran un edificio en homenaxe á primeira enfermeira en misión internacional. Isabel Zendal era a reitora do hospicio da Coruña do que saíron 12 dos 21 nenos que portaron a vacina da varíola a América.