A Xunta non recorrerá o decreto de aforro enerxético, con medidas de limitación de temperatura para o aire acondicionado para comercios, oficinas e establecementos públicos, que entran esta noite en vigor. // Case dous séculos tardamos en coñecer a historia de Isabel Zendal, considerada a primeira enfermeira en misión internacional. Nada na localidade coruñesa de Ordes, foi a única muller da Expedición Balmis, para levar a primeira vacina da historia a América. // A gran cita internacional co mundo do comic, Viñetas desde o Atlántico cumpre 25 anos, na Coruña, cun repaso á sua historia. E coma sempre, exposicións, conferencias e sinaturas a cargo de artistas consagrados, xunto co descubrimento de novos valores. 09-08-22
Portas automáticas e limitación de temperatura para o aire acondicionado. Medidas de aforro enerxético para comercios, oficinas e establecementos de hostalaría que entran en vigor esta noite. A Xunta, di que, a diferenza de Madrid, non recorrerá o decreto pero lamenta a falla de consenso. // Controlados os incendios dos últimos días, a preocupación trasládase á costa. As mariscadoras advirten de que os residuos forestais tralo lume na Barbanza poden acabar provocando unha gran mortandade de Ameixa e Berberecho. // Un ascensor panorámico, de deseño futurista, para conectar a parte máis baixa da cidade de Vigo coa nova estación intermodal e o centro comercial Vialia. Será Unha estrutura denominada Halo, e da que hoxe se colocou a primeira pedra. // 09-08-22
Volve activarse a alerta por calor en parte de Ourense, onde se chegará os 38º, e en zonas de Lugo e A Coruña, con ata 35º de máxima. Bancos de neboa no interior e na costa atlántica. Pola tarde nubes de evolución no interior que poden deixar alguns pequenos chuvascos illados. 09-08-22
Portas automáticas e limitación de temperatura para o aire acondicionado. Medidas de aforro enerxético para comercios, oficinas e establecementos de hostalaría que entran en vigor esta noite. A Xunta, di que, a diferenza de Madrid, non recorrerá o decreto pero lamenta a falla de consenso. // Controlados os incendios dos últimos días, a preocupación trasládase á costa. As mariscadoras advirten de que os residuos forestais tralo lume na Barbanza poden acabar provocando unha gran mortandade de Ameixa e Berberecho. // Un ascensor panorámico, de deseño futurista, para conectar a parte máis baixa da cidade de Vigo coa nova estación intermodal e o centro comercial Vialia. Será Unha estrutura denominada Halo, e da que hoxe se colocou a primeira pedra. // 09-08-22
A brétema procedente da ría axuda a dar por estabilizado o incendio de Boiro, que arrasou 2.200 hectáreas durante a fin de semana, e eleva a máis de 4.000 hectáreas a superficie queimada só na primeira semana de agosto.// O Goberno Central non cambiará o decreto de aforro enerxético pese a petición da retirada por parte de cinco comunidades autónomas entre elas Galicia. // A apicultura é un sector en auxe en Galicia, con cada vez máis as iniciativas arredor das abellas e do mel. Unha pequena productora ofrece mesmo a posibilidade de apadriñar unha colmea. // Triunfo total dos participantes galegos no campionato do mundo de Piraguismo en Canadá. Catro medallas, tres de ouro e unha de prata, con protagonismo para nomes consagrados como Carlos Arévalo e Teresa Portela. 08-08-2022
Situación intermedia entre a baixa térmica e o anticiclón, que afecta especialmente as zonas do interior, con bancos de néboa matinais que deixarán trás de si ceos nubrados pola tarde, con posibilidade de pequenos chuvascos dispersos. No resto de Galicia, ceos mais despexados, e intervalos fortes de vento no norte. 08-08-2022
Estabilizado o lume en Boiro, que arrasou 2.200 hetáreas durante a fin de semana. A brétema procedente da ría axuda nas tarefas de extinción a un dispositivo con 134 brigadas e numerosos medios aereos. // oOgoberno central convoca ás comunidades autónomas para explicarlles o Plan de Aforro enerxético, que inclúe medidas de limitación de temperaturas máximas e mínimas en lugares públicos e restricións á iluminación. A Xunta amósase en contra. // Desfrutar da praia, cantar e facer amigos. Son as actividades que enchen o día a día dos preto de 11.000 nenos que participan este verán nos campamenos xuvenís públicos organizados pola Xunta. non faltan complementos como, Tirolina bicicleta ou petanca. 08-08-2022

A pandemia e os confinamentos propiciaron o auxe na compra e alugueiro de caravanas. Esta forma de facer turismo conta cada vez con máis adeptos, aínda que non sae barata
É a conclusión preliminar dos técnicos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán que están a inspeccionar as zonas máis afectadas
Segue a loita con Medios aereos e terrestres contra o incendio declarado entre Caldas e Vilagarcía, o máis grave dos que están activos agora en Galicia. Levan ardido máis de 450 hectáreas. // Xa son 40 os concellos en prealerta polo risco de seca. Din que a situación aínda é sostible, pero advirten do perigo de que, se continúa sen chover, os caudais que abastecen aos depósitos municipais queden baixo mínimos. // O Lugo presentou a súa nova camiseta para a próxima tempada na Segunda División. Aposta por un cambio, mudando as tradicionais raias verticiais por cadros de cor branca e vermella e con franxas azuis nos costados. // A música en directo é a gran protagonista da oferta cultural do verán, con máis dunha ducia de festivais só nesta fin de semana. O prato forte chega mañá a Vigo có concerto de Sting. 05-08-22
Medios aereos e terrestres intensifican a loita contra o lume entre Caldas e Vilagarcía, onde levan ardido máis de 450 hectáreas, logo dunha noite de perigo para núcleos habitados. Os veciños desaloxados puideron xa regresar. // Os técnicos do centro de Investigación de Lourizán califican de moderado o daño sofrido polos solos dos montes do Courel e a Comarca de Valdeorras. // Estrella López-Pardo toma posesión como nova xerente do Servizo Galego de Saúde, en sustitución de José Flores. O conselleiro de Sanidade recoñece que a a situación e especialmente crítica na area de Pontevedra, pola falla de especialistas. // A escaseza de precipitacións leva xa a 40 concellos á situación de prealerta pola seca. O Rosal, no Baixo Miño, súmase ás medidas de restrición e limita o consumo de auga a 300 litros diarios por vivenda 05-08-22
Medios aereos e terrestres intensifican a loita contra o lume entre Caldas e Vilagarcía, onde levan ardido máis de 450 hectáreas. Os veciños desaloxados puideron xa regresar ás suas casas. // Os técnicos do centro de Investigación de Lourizán califican de moderado o daño sofrido polos solos dos montes do Courel e a Comarca de Valdeorras. // Estrella López-Pardo toma posesión como nova xerente do Servizo Galego de Saúde. O conselleiro de Sanidade recoñece que a a situación e especialmente crítica na area de Pontevedra, pola falla de especialistas. // A escaseza de precipitacións leva xa a 40 concellos á situación de prealerta pola seca. O Rosal, no Baixo Miño, limita o consumo de auga a 300 litros diarios por vivenda 05-08-22
Ceos anuabados na metade norte de Galicia, que poderían deixar choivas febles, e un pequeno descenso xeneralizado das temperaturas, nun día no que se activa tamén a alerta na costa noroeste por ventos de forza 7. 05-08-22
Unha granxa de insectos. Polo seu alto contido en proteínas véndenos para animais en vivo ou para pensos, pero contan con comercializalos tamén para alimentación humana.
Os servizos de extinción conseguen frear o avance das lapas en Verín, onde xa non hai vivendas ameazadas, logo dunha noite de intensa loita, e cunhas 600 hectáreas queimadas. // O Presidente da Xunta critica as medidas do Plan de Aforro Enerxético do Goberno Central, por consideralas inconcretas e que do cumprimento se teñan que encarga ás comunidades autónomas. // Difundir os beneficios da lactancia materna e facela máis visble. É o obxetivo da xuntanza en Pontevedra dun grupo de nais, para celebrar a semana mundial da lactancia materna. // Boa música, gastronomía e praia. É a carta de presentación do Son Rías Baixas, o festival de Bueu que se celébra esta fin de semana. Tres días de concertos con protagonistas como Rels B. ou a banda La M.O.D.A. ademáis de artistas locais como Bala ou Grande Amore. 04-08-22
Ceos algo máis anubrados, que irán despexando co avanza o día. As temperaturas, en torno aos 25º de máxima en Santiago ou Lugo, e rozan os 30 en Pontevedra. O val do miño de Ourense, onde se acadarán os 35º, e a única zona onde se mantén activa hoxe a alerta pola calor. 04-08-22
Segue activo o incendio en Verín, iniciado en 10 focos diferentes, cunhas 600 hectareas queimadas. Os servizos de extinción conseguen frear o avance das lapas, logo dunha noite de intensa loita, con núcleos habitados en risco. // A Xunta urxe ao goberno central a decretar zona catastrófica nas zonas de Valdeorras e o Courel que se viron afectadas polos maiores incendios rexistrados ata agora en Galicia. // Beneficiosa para os fillos e tamén para as nais. É a mensaxe do colectivo Vía Láctea, para difundir e facer máis visible en espazos públicos o xeito de alimentar aos bebés a demanda, na semana mundial da Lactación Materna. // Comenza en Cambados a Festa do Alvariño, coas catas profesionais no tunel de viño e as tradicionais casetas. Agárdanse máis de 150.000 visitantes, ata o domingo, para degustar os brancos das Rías Baixas. 04-08-22

Ante o ano máis secos das últimas catro décadas, A Xunta valora extender a toda Galicia as restricións de uso da auga. Nos concellos da area de Pontevedra, abastecidos polo Río Lérez, cun caudal un 70 por cento por debaixo do habitual, xa están prohibidas actividades como encher piscinas, ou regar xardíns. // Din que é un dos alimentos do futuro: a fariña de verme, con alto contido en proteínas, que elabora a empresa Galinsect, de Ponteareas. De momento comercializan penso para animais, ainda que conta con autorización da Unión europea para o consumo humano. // A Festa do Albariño de Cambados acolle esta noite ao rapeiro catalán Morad, que suma millóns de reproducións coas súas letras sobre a vida de barrio e as inxustizas sociais. É o seu primeiro concerto en Galicia, e estará acompañado do seu amigo e tamén rapeiro Beny Jr. 03-08-2022