Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os camposantos, algúns de especial valor artístico e cultural, como o de Iria Flavia en Padrón, ou o de San Amaro na Coruña, seguen a recibir máis visitas hoxe, no día de Defuntos. // A Central Térmica das Pontes. Volve á actividade logo de tres meses parada, o que implica a contratación de 60 empregados e reanudar a importación de carbón a través do porto de Ferrol. // O Senado aproba, coa abstención dos socialistas unha iniciativa para reclamar unha investigación imparcial en Filipinas sobre o asasinato do coruñés Diego Bello, do que están acusados tres axentes de policía. // Sete mulleres novas que empregan o galego no seu día a día e nas súas carreiras, protagonizan a campaña” Superheroínas”. Unha iniciativa impulsada pola Real Academia Galega e a universidade de Santiago para conectar os mozos co idioma. // 02-11-22

Tempo seco e con nubes que poden deixar chuvias a partir da tarde-noite. As temperaturas máximas, entre os 16 graos previstos en Lugo aos 20 da Coruña. Para a próxima noite agardamos que aumenten os refachos de vento que soprará con forza no litoral atlántico. 02-11-22

Os camposantos, algúns de especial valor artístico e cultural, como o de Iria Flavia en Padrón, ou o de San Amaro na Coruña, seguen a recibir máis visitas hoxe, no día de Defuntos. // A Central Térmica das Pontes volve á actividade logo de tres meses parada, pola tensión no mercado da enerxía. // O Senado aproba, coa abstención dos socialistas, unha iniciativa para reclamar unha investigación imparcial en Filipinas sobre o asasinato do coruñés Diego Bello, do que están acusados tres axentes de policía. // Sete mulleres novas que empregan o galego no seu día a día e nas súas carreiras, protagonizan a campaña” Superheroínas”. Unha iniciativa impulsada pola Real Academia Galega e a universidade de Santiago para conectar os mozos co idioma. // 02-11-22

Día de defuntos, con máis afluencia aos camposantos, algúns de especial valor artístico e cultural como o de Iria Flavia, en Padrón ou o de San Amaro, na Coruña. // Tamén, hoxe iniciativas para promover o uso do galego nas lápidas para respectar o idioma que falaban en vida os finados. // A Central Térmica das Pontes volveu hoxe a actividade, logo de tres meses parada, coa posta en marca dun dos dous grupos que lle quedan dispoñibles, //. O Celta cambia de adestrador. Substituirá ao arxentino Eduardo Coudet , polo portugués Carlos Carvalhal. 02-11-22

Pasa unha nova fronte. Día de ceos moi nubrados pola mañá con chuvias, que irán remitindo co avance da tarde. As temperaturas seguen sen cambios importantes. Vento forte do sur á primeira hora, virando a compoñente oeste frouxo pola tarde. 31-10-2022

Son os días de máis actividade nos cemiterios, aínda que a chuvia de esta mañá desanimou os visitantes // As flores estanse a vender como todos os anos, a pesares de que subiron de prezo // En Galicia só un cemiterio ten todas as súas sepulturas en galego. Está en Lugo, no municipio de Paradela // O Celta caeu por 3 goles a 1 ante Almería nun partido moi marcado polas decisións arbitrais // Remata un outubro cun 30 por cento máis de precipitacións do habitual neste mes. 31-10-2022

Son os días de máis actividade nos cemiterios, aínda que a chuvia de esta mañá desanimou algúns visitantes // O que non falta son as flores, que se venden como todos os anos, a pesares de que tamén subiron de prezo // En Galicia só un cemiterio ten todas as súas sepulturas en galego. Está en Lugo, no municipio de Paradela // O Celta volve perder. Caeu por 3 goles a 1 ante Almería nun partido moi marcado polas decisións arbitrais // Remata un outubro especialmente chuvioso en Galicia, cun 30 por cento máis de precipitacións do habitual neste mes. 31-10-2022

Chegou a véspera de Todos os Santos. Hoxe e mañá son os días de máis actividade nos cemiterios galegos para visitar as tumbas dos seres queridos que nos deixaron // En toda Galicia só un cemiterio ten todas as súas sepulturas en galego. Está en Lugo, no municipio de Paradela // Non faltan nos camposantos as flores, que se venden como todos os anos, a pesares de que tamén subiron de prezo. 31-10-2022

Unha fronte moi activa atravesa a comunidade deixando chuvias persistentes e localmente fortes sobre todo na metade oeste e de madrugada. O sábado pola tarde irá amainando algo e xa o domingo agardamos unha pequena tregua con tempo algo máis seco. 28-10-2022

Os investigadores cren que o muro que acabou coa vida do estudante no Instituto Julio Prieto Nespereira de Ourense foi empurrado para caer. //Arestora comenza o operativo especial da ponte de todos os santos, na que a Dirección xeral de tráfico estima que se producirán preto dun millón de desprazamentos nas estradas galegas. // O IPC modera a sua subida, por terceiro mes consecutivo, e queda no 7´3 por cento interanual, a cifra máis baixa dende o mes de xaneiro, grazas a contención dos prezo da enerxía e os carburantes. // A colleita de castaña deste ano será moi escasa e de baixa calidade, debido, sobre todo, a seca extrema deste verán. Os colleitadores lamentan que pragas como a da avespiña sigan afectando aos castiñeiros. 28-10-2022

Os investigadores cren que o muro que acabou coa vida do estudante no Instituto Julio Prieto Nespereira de Ourense foi empurrado para caer. O informe dos bombeiros non detecta deficiencias na estrutura. //Arestora comenza o operativo especial da ponte de todos os santos, na que a Dirección xeral de tráfico estima que se producirán preto dun millón de desprazamentos nas estradas galegas. // O IPC modera a sua subida, por terceiro mes consecutivo, e queda no 7´3 por cento interanual, a cifra máis baixa dende o mes de xaneiro. // A colleita de castaña deste ano será moi escasa e de baixa calidade, debido, sobre todo, a seca extrema deste verán. Os colleiteiros lamentan que pragas como a da avespiña sigan afectando aos castiñeiros, ao igual que o cambio climático. 28-10-2022

O informe dos bombeiros non detecta fallo estrutural no muro de máis de mil quilos de peso que acabou coa vida dun rapaz no Instituto Julio Prieto Nespereira de Ourense. Os investigadores cren que alguén tivo que empurralo para que caera. // Apagado simbólico dos fornos este mediodía en moitas panaderías galegas, en protesta pola suba do custe da luz, e das materias primas que utilizan. // No río Lérez, en Pontevedra, hai neste momento despregado un amplo dispostitivo para tentar localizar a un piragüista desaparecido. Tratase dun home de 49 anos, que practicaba este deporte coma afeccionado. 28-10-2022

Pais e alumnos do Instituto Prieto Nespereira de Ourense falan de mal estado do muro que provocou a morte dun rapaz e deixou ferido a outro. A Xunta asegura que non consta ningunha denuncia ao respecto. // No xuizo polo accidente do Alvia, o xefe de maquinistas asegura que xa antes do sinistro tiña advertido aos responsables de seguridade da perigosidade da curva de Angrois. // O paro baixou en Galicia en 4.600 persoas no terceiro trimestre, e subiu case o dobre a ocupación segundo a EPA. Datos mellores que os conxunto de España pero en comparación co ano pasado, a nosa comunidade sitúase á cabeza da destrución de emprego. // Investigadores de Lugo calculan a traxectoria do primeiro meteorito rexistrado en Galicia, que iluminou en xaneiro do ano pasado. Os cálculos permitiron delimitar a zona de Baralla, onde posteriormente foi localizado por un veciño. 27-10-22

As borrascas que se desprazan polo Atlántico seguen enviando frontes con chuvascos máis frecuentes na metade oeste e máis illados e ocasionais nas provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas sen cambios e O vento, forte de compoñente sur. 27-10-22

Pais e alumnos do Instituto Prieto Nespereira de Ourense falan de mal estado do muro que provocou a morte dun rapaz e deixou ferido a outro. A Xunta asegura que non consta ningunha denuncia ao respecto. // No xuizo polo accidente do Alvia, o xefe de maquinistas asegura que xa antes do sinistro tiña advertido aos responsables de seguridade da perigosidade da curva de Angrois. // O paro baixou en Galicia en 4.600 persoas no terceiro trimestre, e subiu case o dobre a ocupación segundo a EPA. // Investigadores de Lugo calculan a traxectoria do primeiro meteorito rexistrado en Galicia, que iluminou o ceo nocturno en xaneiro do ano pasado. Os cálculos permitiron delimitar a zona de Baralla, posteriormente foi localizado por un veciño. 27-10-22

 Minuto de silencio en Ourense, para amosar a dor e a consternación polo accidente ocorrido no Instituto Julio Prieto Nespereira, no que un rapaz resultou morto pola caída dun muro e outro está ferido. Os alumnos regresaban hoxe a clase con axuda sicolóxica. //A Xunta di que se pon a disposición da investigación xudicial, para facilitar toda información sobre o suceso e destaca que non hai ningún informe de mal estado desa instalación. // Nova xornada de xuizo do accidente do Alvia, Hoxe coa declaración de veciños de Angrois e do xefe dos maquinistas de RENFE en Galicia, que se considera clave para avaliar ata que punto a via era segura tal como estaba configurada no momento do sinistro. 27-10-22

Falecemento un estudante, de 15 anos, pola caída dun muro no vestiario do Instituto Julio Prieto Nespereira na cidade de Ourense. Hai outro rapaz ferido no suceso. Ata o lugar desprazáronse efectivos de bombeiros e policía que manteñen acordoada a zona. // A conversa entre o interventor e o maquinista, xusto segundos antes do sinistro do Alvia, seguíu a centrar a atención no xuizo. O invertentor lamentou que o seu compañeiro non rexeitase a chamada. // As industrias do metal anuncian plans de recurte de quendas e peches en instalacións, que poden afectar a 1.200 traballadores, a causa da suba do prezo da electricidade. // En Galicia, hai mais de 35.000 persoas con dano cerebral adquirido. No día nacional desta doenza, as asociacións de afectados piden que se recoñeza o dereito a unha atención integral que inclúa ás familias como soporte fundamental. 26-10-22

Segue a influencia das borrascas e os refachos fortes de vento de compoñente sur. Ceos parcialmente cubertos con chuvascos que pola mañá caeron sobre todo na franxa atlántica e a partir do mediodía van chegando a toda a Comunidade. As temperaturas máximas terán un lixeiro ascenso. 26-10-22

Falecemento un estudante, de 15 anos, pola caída dun muro no vestiario do Instituto Julio Prieto Nespereira na cidade de Ourense. Hai outro rapaz ferido no suceso. // A conversa entre o interventor e o maquinista, xusto segundos antes do sinistro do Alvia, seguíu a centrar a atención no xuizo.// As industrias do metal anuncian plans de recurte de quendas e peches en instalacións, que poden afectar a 1.200 traballadores, a causa da suba do prezo da electricidade. // En Galicia, hai mais de 35.000 persoas con dano cerebral adquirido. No día nacional desta doenza, as asociacións de afectados piden que se recoñeza o dereito a unha atención integral que inclúa ás familias como soporte fundamental. 26-10-22