Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Todo preparado para a vista xudicial máis multitudinaria da historia en Galicia. Estas instalacións da Cidade da Cultura, en Santiago, acollerán a partir de mañá O xuizo do accidente do Alvia, no que perderon a vida 80 persoas e más de 140 resultaron feridas. // En Vigo arranca a feria internacional de pesca conxelada, con Máis de 700 expositores que destacan a fortaleza e as boas perspectivas do sector mar industria. // Véspera de San Froilán, comenza en Lugo a festa máis concorrida do outono en Galicia. Actividades culturais e concertos gratuítos animan a cidade, co protagonismo habitrual para as barracas e as tradicionais casetas do polvo. 04-10-2022

Todo preparado para a vista xudicial máis multitudinaria da historia en Galicia. Estas instalacións da Cidade da Cultura, en Santiago, acollerán a partir de mañá O xuizo do accidente do Alvia, no que perderon a vida 80 persoas e más de 140 resultaron feridas. // En Vigo arranca a feria internacional de pesca conxelada, con Máis de 700 expositores , que Destacan a fortaleza e as boas perspectivas do sector mar industria. Na inauguración, A Xunta amosa o seu apoio ao goberno central nas iniciativas para frear o veto europeo á pesca de arrastre. // Véspera de San Froilán e arranc en Lugo a festa máis concorrida do outono en Galicia. Actividades culturais e concertos gratuítos animan a cidade, co protagonismo habitrual para as barracas e as tradicionais casetas do polvo. 04-10-2022

Máis dun centro de avogados representarán, a partir de mañ no xuizo que comenza en Santiago, aos 446 perxudicados polo accidente do Alvia no que perderon a vida 80 persoas e máis de 140 resultaron feridas. // A Coruña ultima tamén a preparación do o cumio hispano-alemán que se celebrará mañá na cidade, encabezado polo presidente do Goberno Pedro Sánchez e polo canciller alemán Olaf Scholz. 04-10-2022

Reclamación de que se faga xustiza por parte das vítimas ante o arranque, este mércores en Santiago, do xuizo polo accidente do Alvia en Angrois, que se saldou con 80 persoas e 140 feridas. Hoxe os afectados pediron ante o Congreso, en Madrid, a dimisión da ex ministra Ana Pastor. // Expertos internacionais e representantes das industrias analizan no congreso de Conxemar a situación do sector pesqueiro ante o veto da UE que o goberno español pretende deixar sen efecto mediante un recurso pola vía xudicial.

// Qué efecto produce a música nos nosos xenes. É o que trata de averiguar un singular experimento en Santiago, con mostras tomadas a voluntarios antes e despois dun concerto da Real Filharmonía. // Vitoria do Celta, con moito sufrimento, ante o Betis, en Balaídos. O canteirán Gabri Veiga confírmase como unha das figuras do equipo. Na segunda, o Lugo cae derrotado na sua visita a Ibiza. // 03-10-22

Chega unha masa de aire cálido en superficie, que deixa un día de tempo seco e ceos pouco nubrados ou despexados, As temperaturas experimentan un lixeiro ascenso con valores en xeral elevados para a época do ano. 03-10-22

As vítimas reclaman que se faga xustiza, ante o arranque, este mércores en Santiago, do xuizo polo accidente do Alvia en Angrois. Hoxe os afectados pediron ante o Congreso, en Madrid, a dimisión da ex ministra Ana Pastor. // Expertos internacionais e representantes da industria analizan no congreso de Conxemar en Vigo a situación do sector pesqueiro, ante o veto da UE que o goberno español pretende deixar sen efecto mediante un recurso pola vía xudicial. // Qué efecto produce a música nos nosos xenes. É o que trata de averiguar un singular experimento, en Santiago, con mostras tomadas a voluntarios antes e despois dun concerto. // Vitoria do Celta, con moito sufrimento, ante o Betis, en Balaídos. O canteirán Gabri Veiga confírmase como unha das figuras do equipo. 03-10-22

O futuro da pesca, a debate en Conxemar, o congreso do sector que arranca hoxe en Vigo, coa ollada posta no veto da UE a 87 áreas do Atlántico. A representante do Goberno Central confia en que o recurso xudicial permita suspéndelo. // A Xunta e a Asociación de Mulleres con Discapacidade presentan unha campaña interactiva para implicar á sociedade na loita contra a violencia sexual nese colectivo. Son catro pezas audiovisuais con guións que xorden das experiencias de mulleres con discapacidade, que en Galicia son unhas 125 mil. // 03-10-22

A boa sintonía entre Mariano Rajoy e Felipe González, dous antigos inquilinos da Moncloa, volve deixarse sentir no Foro da Illa da Toxa. Ambos comparten opinións e receitas sobre cómo afrontar o futuro. // Os conselleiros de Pesca de cinco comunidades, entre elas Galicia, fan unha fronte común contra o veto da Unión Europea á Pesca de Fondo. Instan ao goberno central a que presente un recurso contra esa normativa. //  Comeza con bo pe a andaina dos equipos galegos de baloncesto no regreso da competición na ACB. O Obradoiro, con dificultades na casa fronte ao Zagoza e os lugueses con comodidade na sua visita á Murcia.// Maxia, danza e funambulismo a cargo de artistas galegos, no espectáculo Inventio, que hoxe se estrea en Ferrol, co Camiño de Santiago como fío conductor. 30-09-22

Hoxe o anticiclón dos Azores vai entrando en forma de cuña sobre Galicia. Bancos de néboa matinais en comarcas de interior foron dando paso a ceos con alternancia de nubes e claros. As temperaturas máximas ascenden lixeiramente, 30-09-22

A boa sintonía entre Mariano Rajoy e Felipe González, dous antigos inquilinos da Moncloa, volve deixarse sentir no Foro da Illa da Toxa. Ambos comparten opinións e receitas sobre cómo afrontar o futuro. // Os conselleiros de Pesca de cinco comunidades, entre elas Galicia, fan unha fronte común contra o veto da Unión Europea á Pesca de Fondo. Instan ao goberno central a que presente un recurso contra esa normativa. //  Comeza con bo pe a andaina dos equipos galegos de baloncesto no regreso da competición na ACB. O Obradoiro, con dificultades na casa fronte ao Zagoza e os lugueses con comodidade na sua visita á Murcia.// Maxia, danza e funambulismo a cargo de artistas galegos, no espectáculo Inventio, que hoxe se estrea en Ferrol, co Camiño de Santiago como fío conductor. 30-09-22

A actualidade nacional e internacional vista por Mariano Rajoy e Felipe González, dous antigos inquilinos da Moncloa, xa retirados da política activa, comparten no Foro da Illa da Toxa opinións e receitas sobre cómo afrontar o futuro. // No Foro, Alberto Núñez Feijóo arremeteu contra o que cualificou de "populismo fiscal" e invasión de competencias das comunidades autonomas por parte do Goberno Central. // 30-09-22

A Illa da Toxa congrega a responsables políticos, algúns en activo e outros retirados, para debater sobre os desafíos da actualidade, coa ollada posta no ameaza que representa a Guerra de Ucraína para a seguridade mundial. // A presenza de toxina mantén a mariscadores e bateeiros dende comenzo do verán sen poder traballar, especialmente na Ría de Pontevedra. Practicamente toda esta ría está pechada para a extracción de moluscos, unha situación que afecta tamén a depuradoras e conserveiras. //  Termatalia, A Feira internacional adicada a o turismo termal, comenza en Ourense co Uruguai, como país convidado. Os profesionais do sector poñen os produtos e servizos que ofrecen a disposición de empresas e a administracións. O gran reto dos balnearios, din, é solucionar a falta de persoal cualificado. 29-09-22

Hoxe recibimos unha nova fronte que deixa ceos nubrados e chubascos xeneralizados, máis frecuentes e intensos pola mañá, para ir moderándose conforme avanza o día. As temperaturas sofren un lixeiro descenso con máximas que non pasan dos 17 graos en Santiago ou 19 na Coruña. Ventos do noroeste frouxos en xeral. 29-09-22

A Illa da Toxa congrega a responsables políticos, algúns en activo e outros retirados, para debater sobre os desafíos da actualidade, coa ollada posta no ameaza que representa a Guerra de Ucraína para a seguridade mundial.// A presenza de toxina mantén a mariscadores e bateeiros dende comenzo do verán sen poder traballar, especialmente na Ría de Pontevedra. Practicamente toda esta ría está pechada para a extracción de moluscos, unha situación que afecta tamén a depuradoras e conserveiras. //  Termatalia, A Feira internacional adicada a o turismo termal, comenza en Ourense co Uruguai, como país convidado. Os profesionais do sector poñen os produtos e servizos que ofrecen a disposición de empresas e a administracións. O gran reto dos balnearios, din, é solucionar a falta de persoal cualificado. 29-09-22

A inflación dá un respiro, ao situarse en setembro no nove por cento interanual, despois de tres meses por riba do 10 por cento. Unha moderación que se debe sobre todo a baixada dos prezos da electricidade e tamen o abaratamento dos carburantes. //A inflación asfixia aos comedores escolares xestionados polas Anpas. Os pais fan malabarismos para afrontar a suba dos prezos dos alimentos pese a todo tiveron que subir o prezo do comedor un dez por cento máis co ano pasado.// 29-09-22

Portugal e Galicia, unidas por Alta Velocidade a partir de 2030. O goberno portugués presenta o proxecto da liña que irá de Lisboa ata Coruña, e que reducirá a unha hora a viaxe de Vigo a Porto. // A conselleira do Mar dixo que a Xunta recorrerá ese veto, se non o fai o goberno Central. Cualificou de Cafrada a normativa aprobada pola Unión Europea, que pode supoñer unha perda de 800 millóns de euros para a nosa comunidade. // Unha investigación da Universidade de Santiago indica que mediante a Balneoterapia os pacientes con depresión obteñen en dúas semanas unha mellora na calidade do sono e a sensación anímica. // Sangue artificial, extraterrestres e moito humor negro. É o Galicia Freaky Film Festival, que volve hoxe a Vigo coas produccións máis peculiares de fantasía e ciencia ficción e o terror. Entre as programadas nesta edición, as primeiras películas de Peter Jackson. 28-09-22

Chega unha nova fronte que deixr moita humidade e algo de auga na metade norte. Chuvias máis dispersas e menos frecuentes polo sur. Cantidades pouco importantes. As temperaturas máximas baixan sobre todo nas provincias de Ourense e Pontevedra. 28-09-22

Portugal e Galicia, unidas por Alta Velocidade a partir de 2030. O goberno portugués presenta o proxecto da liña que irá de Lisboa ata Coruña, e que reducirá a unha hora a viaxe de Vigo a Porto. // A conselleira do Mar dixo que a Xunta recorrerá ese veto, se non o fai o goberno Central. Cualificou de Cafrada a normativa aprobada pola Unión Europea, que pode supoñer unha perda de 800 millóns de euros para a nosa comunidade. //. Unha investigación da Universidade de Santiago indica que mediante a Balneoterapia os pacientes con depresión obteñen en dúas semanas unha mellora na calidade do sono e a sensación anímica. // Sangue artificial, extraterrestres e moito humor negro. É o Galicia Freaky Film Festival, que volve hoxe a Vigo coas produccións máis peculiares de fantasía e ciencia ficción e o terror. Entre as programadas nesta edición, as primeiras películas de Peter Jackson. 28-09-22

Os encoros seguen sen recuperar o déficit acumulado durante os últimos meses, con precipitacións entre o 40 e o 50 por cento por debaixo do habitual. As areas urbanas de Vigo e Pontevedra son as que máis preocupan. // A Xunta pide unha moratoria de dous meses contra a prohibición da pesca de fondo en 87 zonas do atlántico aprobada pola comisión europea a partir do nove de outubro. // 28-09-22